noite-de-golpes-G

Page 1


NOITE DE GOLPES

No escuro, escurísimo soto dunha escura, escurísima casa, un esqueleto pequeno está a ler un cómic. Nunha escura, escurísima rúa dunha escura, escurísima cidade, un esqueleto grande está a pasear o can.

SOCORRO!

O esqueleto grande entra correndo na casa ao mesmo tempo que o pequeno sae ás présas.

– Socorro!

Chocan e levan un bo golpe.

–Que veña o doutor Ósos!

DOUTORÓSOS

Na escura, escurísima aula

da escura, escurísima Escola Nocturna, o esqueleto pequeno pinta un cadro. No escuro, escurísimo obradoiro da escola, o esqueleto grande constrúe unha cadeira.

Entón o esqueleto pequeno leva o seu cadro para mostrarllo ao grande, e o grande leva a súa cadeira para mostrarlla ao pequeno e, –Au!

Volven chocar un co outro no medio da noite.

–Que veña o doutor Ósos!

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.