Nota aclaratoria
Este texto é unha biografía novelada. Ten, polo tanto, algo de biografía: todo aquilo que se conta sobre Nelson Mandela é estritamente conforme ao que foi a súa vida e a súa obra política. Mais tamén ten algo de novela e, xa que logo, apa recen varios personaxes de ficción, que non existiron na realidade, pero que son fundamentais pois, a través deles, é como nos chega a historia de Mandela. Eses personaxes de ficción son Walter, Sipho, Thandiwe, o director do museo e os pais de Walter. Os demais forman parte da extraordinaria vida dun home cuxo nome figurará para sempre entre os máis grandes que deu a humanidade.
1 O vello Sipho botoulle unha ollada ao seu reloxo, tirou o pano vermello que levaba no peto do pantalón e enxugou a fronte. A tarde caía sobre Qunu como sempre o facía no verán, vagarosa e sufocante, deixando nos corpos a pegada húmida dunha nova xornada de traballo e calor. Eran as tres e media da tarde. Aínda faltaba media hora para que o museo pechase as súas portas. Como sempre, el sería o derradeiro en saír, mais antes tería que percorrer
5
o edificio para avisar os visitantes de que chegara o momen to de abandonalo. Iso engadiría o habitual cuarto de hora adicional ao seu horario, e ata ese momento, non podería emprender o camiño de regreso á casa, o que lle levaría ou tros quince minutos máis. Polo xeral, os turistas que visitaban o museo en grupo chegaban a primeira hora da mañá ou unha hora antes do xantar. Ían sempre acompañados dun guía que lles falaba en linguas que el non entendía, agás cando o facía en inglés ou en xhosa.1 O vello Sipho coñecía todos os guías que pasaban por alí e con todos se levaba ben. Nunca deixaban de recadar entre os turistas unha propina para el, que recollía algo avergoñado, mais tamén aliviado porque o seu soldo non daba para chegar a fin de mes, e ese diñeiro extra permi tíalle, ademais, axudar na economía dos seus tres fillos na afastada cidade de Johannesburgo, onde vivían coas súas familias. Esta tarde, porén, un grupo de españois decidira pre sentarse a última hora e o guía rogoulle que atrasase uns minutos o peche do museo, ao que el, segundo o seu cos tume, accedeu. Mais, como sempre que entraba un deses grupos, que máis ben semellaban rabaños humanos seguindo guiadiños 1
Etnia maioritaria na rexión do Transkei, á que pertencía Mandela e onde naceu e pasou a súa infancia e mocidade ata os vinte anos. Tamén se denomina así a lingua que fala esta etnia.
6
o seu pegureiro, asolagouno unha sensación de desacougo, acompañada dunha pregunta: como nun paseo de tan só media hora podían eses homes e mulleres –moitos dos cales dedicaban máis tempo a tirar fotografías cos móbiles que a escoitar o home que intentaba instruílos– albiscar a dimen sión humana, a inmensidade da obra política, a portentosa fervenza de ensinanzas que vertera sobre o planeta a persoa á que ía dedicado o museo, Nelson Rolihlahla Mandela? Abofé que si, éralle imposible evitar sentir un belisco nalgún lugar da súa alma cando iso ocorría; pensar que, dalgún xeito, esas visitas masivas, rápidas e irreflexivas, constituían un acto de profanación do templo que era, para el, o museo en que se atopaban. Ao dar o seu acostumado paseo polo edificio para apurar os que se demoraban, viu que, á parte do grupo de estran xeiros, só quedaba no edificio un rapaz que entrara unhas tres horas antes. Sorprendeulle velo aínda alí. En poucas ocasións un visitante paraba tanto tempo diante dos obxec tos, fotografías ou documentos expostos, menos aínda ao tratarse dun mozo que seica non acadaba os vinte anos a xuízo do vello Sipho. Ao achegárselle para anunciarlle que chegara o momento do peche, o rapaz estaba na sala de lectura, absorto nas páxinas dun libro que, por ser o máis consultado da bi blioteca, o gardián recoñeceu decontado: Un longo camiño cara á liberdade, a autobiografía en que o propio Mandela
7
contaba polo miúdo os momentos máis relevantes da súa propia vida. –Síntoo, rapaz, xa é a hora de pechar –o rapaz sobre saltouse ao escoitar as palabras de Sipho, a quen non vira chegar. O lector devolveulle unha ollada en que se confundían sorpresa e decepción. O gardián faláralle en inglés e nese idioma respondeulle o mozo. Examinouno con atención, como quen procura nun rostro algunha lembranza, algún sinal que lle dese unha pista sobre a persoa a que tiña diante. –Grazas, deica mañá –limitouse a dicirlle mentres pe chaba o libro e se dispuña a volvelo ao seu espazo no andel. Cando estaba a piques de colocalo, volveuse cara ao gardián: –Supoño que non o podo levar, non é? –Levalo? –sorprendeuse o vello. –Quero dicir se teñen servizo de préstamo… –Non, non temos, síntoo. Pero telo aquí á túa disposi ción para cando queiras volver. –Abren ás nove, non é? –Abrimos ás nove, si. En punto. –Aquí estarei. Que teña boa tarde, señor.
2 O vello Sipho vivía só nunha casa pequena: un dormi torio, un salón, un cuarto de baño moi pequeno e unha
8
cociña na que, polo xeral, comía. Ademais da porta de entrada ao corredor que comunicaba todos os cuartos, a cociña dispuña doutra, de madeira, algo desconxuntada e pintada de azul, que daba acceso a un pequeno xardín onde se erguían dúas árbores: unha acacia vermella, ou árbore do lume, de fermosas flores vermellas, e mais unha mangueira. Do tronco desta última penduraba unha hamaca que, can do a calor expulsaba o home da vivenda, este recollía dun extremo para alongala ata a outra árbore. Deitado nela, coa ollada perdida no ceo, pasaba o vello boa parte das horas que lle quedaban ao día e, ás veces, á noite, tras a xornada de traballo. Aquela tarde, de volta ao fogar, respondeu coa habilidade de sempre aos saúdos das persoas coas que se cruzaba no seu camiño, pero prestándolles menos atención do habitual. Un rumor roldáballe a cabeza, xordo e afastado, semellan te a unha preocupación que vai asolagándote moi amodo, aínda que sen presentarse, sen dicir o seu nome, sen decla rar as súas intencións. Cando chegou á porta da súa casa e introduciu a chave na pechadura, xa pasara revista aos acontementos inusuais que algunhas xornadas che dei xan cunha sensación de inquedanza e non atopou ningún outro que o da presenza no museo daquel mozo educado e de modos requintados que pasou nel varias horas da tarde. Ao pouco de abrir a porta, Rohan enguedellóuselle en tre as pernas, movendo con furia o rabo dun a outro lado, e lambeulle os brazos ata que logrou arrincarlle un sorriso
9
e os cotiáns aloumiños de benvida. Cando o can o viu en trar na cociña, soubo que o seu amo se dispuña a preparar a cea de ambos os dous. Mais aínda cumpriría agardar a ducha con que se liberaba, cada tarde ao volver do traballo, da suor acumulada ao longo da xornada e da poeira reco llida no camiño de volta polas rúas terrosas que conducían á súa casa. Antes de entrar no cuarto de baño, o vello Sipho encheu de auga a cunca de plástico de Rohan. O animal lanzouse sobre el e baleirouno nun chiscar de ollos remexendo a lin gua con habilidade. –Pasaches calor –díxolle o amo, e o can deitouse sobre a súa esteira, baixo a mesa da cociña, a agardar que regresase da ducha. Ademais das conversas que Sipho puidese manter no mu seo, máis ben poucas e sempre curtas, o ser con quen máis falaba nesta época da súa vida era Rohan. A el contáballe as súas preocupacións, as anécdotas ocorridas no transcurso do día e, nas tardes de melancolía, as súas lembranzas do pasado. Levaba moito tempo vivindo só, pois os vinte anos que pasara no cárcere de Robben Island foron abondo pa ra que a súa muller se esquecese del e procurase un novo achego, e para que os seus tres fillos se convertesen, á súa saída do penal, nuns descoñecidos. Non regresou decontado a Qunu. O seu grande ami go, compañeiro de loita nos tempos da segregación racial e nos longos anos de cativerio, Nelson Mandela, non se
10
esqueceu del ao converterse en presidente da República de África do Sur. Sabía que, ao saír do cárcere, non lle sería nada doado atopar traballo. Desde que fixo dezaseis anos, só traballara como mineiro en Crown Mines, o xacemento máis grande de cantos existían en Johannesburgo, e xa non tiña idade nin forzas para volver vestir a funda de traballo. O seu amigo non o deixou chantado e contratouno como xardineiro no palacio presidencial. Foron os anos máis felices da súa vida. Non só polo pra centeiro do seu novo emprego, no que cambiou a rudeza das rochas, do pico e a pa pola delicadeza das plantas e o mi lagre de facelas crecer. Non, o mellor deses anos foi que o presidente atopaba case todos os días uns momentos para parolar con el, para intercambiar opinións e compartir evo cacións, como fixeran acotío, durante case dúas décadas, na cadea de Robben Island. Ao abandonar a presidencia e mais o palacio, Mandela quixo que permanecese ao seu carón para que seguise coi dando o xardín na casa na que acabou os seus días. E, cando decidiu pasar os derradeiros anos da súa vida en Qunu, a vila da súa infancia, pediu que lle concedesen a Sipho un posto de gardián no museo da pequena cidade en que ambos os dous viviron a infancia, aínda que sen chegar a coñecerse, pois, cando naceu aquel, xa Mandela abandona ra a aldea. Quería telo de man nos seus derradeiros anos de vida. Desde a morte de Mandela, o 5 de decembro de 2013, Sipho vivía rodeado de fotos e lembranzas de quen fora
11
o seu único amigo. Ao desaparecer, só lle quedaban, para acompañalo ao longo do seus últimos anos de vida, a soi dade e Rohan, que ao ser un cachorro lle permitiron traelo da casa do seu amigo. –E como ves un boerewors2 para cearmos esta noite, Rohan? –o can xurdiu do seu escondedoiro e chantou as patas dianteiras sobre a toalla que cubría o corpo de Sipho–. Ou case mellor vou prepararche un pouco de arroz… Elixe o que queiras, meu amigo, pero eu teño claro que vou quedar coas salchichas, préstame hoxe algo ben picante. Tirou da neveira unha cervexa fría, abriuna e sentou nunha cadeira do xardín. Desde que decidira mercar unha casa na súa vila natal co diñeiro aforrado durante os anos de xardineiro de Mandela, tivo claro que o seu derradeiro fogar debería ter unha horta pequena. Nin o tamaño nin a varie dade de flores e árbores poderían compararse cos do palacio presidencial, mais o que non cambiaría no máis mínimo, serían os mecos cos que coidaría o que tería que ser o espa zo predilecto da súa nova morada. Rohan sentou ao seu carón, fitándolle os ollos, á espera das seguintes palabras do amo: –Sabes, Rohan?, non podo tirar da cabeza un rapaz que visitou esta tarde o museo. Pasou alí máis de tres horas 2
Prato moi popular en África do Sur, cuxo ingrediente principal son as salchichas.
12
e xuraría que, de estar aberto a esta hora, alí seguiría neste momento. O can ladeou a cabeza, estricou as orellas aguzadas e dei xou fuxir un breve xemido interrogativo. –Pois si –respondeu o vello gardián–, eu estouche tan sorprendido coma ti. E o mellor é que me anunciou que mañá volverá ás nove en punto. Si, Rohan, o que che digo…
3 Walter apurou o paso para chegar á casa o antes posible. Non lle faltaba gana de botarse a correr, mais non desexaba chamar a atención. Xa non era o neno que, ata os sete anos, ía cada verán a Qunu, coa súa nai e irmáns, á casa da súa avoa. Desde que chegaron os problemas familiares: a morte da súa nai, as pelexas entre o seu pai e a súa avoa; non re gresara ao lugar dos días máis felices da súa infancia. A súa avoa, a súa queridísima avoa Thandiwe. Á separa ción dela sumouse o esgazamento pola morte da súa nai, unha dor que arrastrou ao longo de todos estes anos, ata que tomou a decisión de desobedecer o seu pai e xuntarse de novo coa avoa na súa casa de Qunu, aproveitando o final do primeiro curso da universidade. –Acabo de facer dezaoito anos. É unha idade suficiente para tomar as miñas propias decisións e elixir o meu propio camiño –retrucáralle ao pai cando o chamou para comuni carlle a súa decisión.
13
–A obediencia a un pai non caduca a idade ningunha. Non valeron de nada as ensinanzas dos teus maiores? –Vou xustamente á busca das ensinanzas dos meus maiores. Pero daqueles que axudan a coñecerte a ti mesmo e a medrar, non os que van guiándote polo camiño do odio. Aquela frase era máis do que o home podía tolerar. –Se esa é a túa decisión, acabas de perder o teu pai. –Sospeito que iso ocorreu xa hai tempo. –Só un malnacido diría iso. Non volverás verme. Non contes cun só rand3 meu para seguir cos teus estudos. Terás que amañarte ti soíño. Se cres que es tan maior como para tomar as túas propias decisións, tamén o serás para vivir polos teus propios medios. –Non teñas dúbida de que así será. –Lémbrote que non será a túa avoa a que che mande car tos. Apenas ten para sobrevivir. –Diso, boa parte da culpa tela ti. Xamais se me ocorre ría pedirlle unha soa moeda. –E Walter, sabendo que con esta frase fora máis alá do imaxinable, suspendeu a chamada antes de escoitar a resposta do seu pai. O que sentiu ao facelo foi moi diferente ao que agar daba: unha sensación de liberación, un peso antiquísimo na alma que se botaba a voar, unha opresión no peito que se esvaecía. 3
Moeda oficial de África do Sur.
14
Cando tres días antes chamara a súa avoa para dicirlle que quería pasar o verán con ela, e ambos os dous escoitaron as súas voces tras once anos de silencio, os dous romperon a cho rar. Non a enganou: confesoulle que se sentía perdido e que acudía a ela á busca dunha luz que alumease o seu camiño de saída. Que ía á súa procura, si, pero tamén á do seu bisavó. –A voz do teu bisavó apagouse, como sabes, hai uns anos, pero o seu eco permanecerá vivo ao longo de moito tempo. Nesta casa só atoparás unha lixeira presenza súa, mais se sabes dirixir o oído cara ao lugar axeitado, non du bides que volverás atoparte con el. –A esa casa só vou atoparte outra vez a ti, umakhulu.4 Foi tras esa conversa coa súa avoa cando Walter cha mara o seu pai. Ao día seguinte, colleu un autobús en Johannesburgo, onde vivía e, tras moitas horas de viaxe, chegou á fin a Qunu. Intentou recoñecer o camiño cara á casa, pero non deu con el. Pasaran doce anos desde que o expulsaran do seu paraíso estival e, asemade, da súa infan cia. El cambiara e a vila tamén. «Preguntando por ela diranme como chegar», pensou para si, e así foi. Escolleu entre os traseúntes os de máis idade e fixo ben, porque neles repousa, malia os embates do tempo, a memoria das cousas importantes. Tamén se fixo unha pregunta a si mesmo: «Recoñecereina?». Pero iso non chegou a preocuparlle, pois estaba certo de que ela si que o recoñecería a el. 4
«Avoa» en lingua xhosa.
15
Agardaba por el sentada nunha vella cadeira a carón da porta da casa. Cando aínda se atopaba a cen metros ergueu se, certa de que o rapaz que se achegaba era o seu querido neto Walter, fillo da súa defunta filla Galata, neto do seu defunto esposo, bisneto de Nelson Rolihlahla Mandela. E se nese momento, xa no seu terceiro día en Qunu, se esforzaba en apurar o paso sen botarse a correr como desexaría, para non chamar a atención dos traseúntes, era porque regresaba da súa primeira visita ao museo que a cida de creara en memoria do seu bisavó, o lugar no que ía poñer todo o seu esforzo en descubrir o grande home sobre cuxos xeonllos saltou cando era neno, cuxos aloumiños e pala bras doces recibiu, pero ao que xamais fixo as preguntas que lle darían acceso á inmensa sabedoría que atesouraba, á xigantesca figura histórica en que se convertera. Ese serán tamén agardaba por el a súa avoa sentada á entrada da casa, devecendo por velo e escoitalo, emocionada porque sabía o importante que fora para o seu neto esa primeira visita á que todos na vila chamaban a Casa de Madiba.
4 –Ti sempre chamas Madiba a Nelson Mandela, non é, avoa? –Chamo, si. Gústame máis nomealo así. Como a moita xente, eu creo que á maioría. É, ao mesmo tempo, un sinal de agarimo e de respecto. Supoño que sabes a razón, non?
16
–Sei, claro, porque ese é o nome do seu clan. –Así é, fillo. E do teu, tamén ti es Madiba, non o es quezas. E o clan leva o nome dun dos xefes da vosa tribo, os thembu, que gobernaba o Transkei, esta rexión en que vivimos, hai moito tempo, no século xviii. Os thembu5 for man parte do gran pobo dos xhosa, o noso pobo. Un pobo orgulloso e que sempre valorou, por riba de todo, as leis, a educación e a cortesía. O teu bisavó era un verdadeiro xhosa. Como sabes, foi avogado e loitou toda a súa vida contra a inxustiza. Era un home educado e culto e, en calque ra circunstancia en que se atopase, fose quer na cadea quer no palacio presidencial, sempre se preocupaba pola educación das persoas que estaban ao seu redor e de estendela por todo o país. En canto ao de ser cordial, nunca coñecín a ninguén que o fose máis ca el. Si, Madiba era un verdadeiro xhosa e, por iso, todos o respectaban, o querían e o recoñe cían como o seu líder na loita pola liberdade. Pero debes de estar sedento, queres beber algo? –Sempre que lembro os veráns na túa casa me chega o recen do das cuncas deliciosas dunha bebida que nos preparabas. Séguela facendo? A avoa ergueuse, riseira. Abriu a porta da única lacena da cociña, onde levaban un par de horas a falar. A casa era moito máis pequena de como a lembraba Walter, pero aí 5
Pobo ao que pertencen os xhosa.
17
estaban todos os cuartos da súa infancia: o dormitorio da avoa; ao seu lado, outro, onde, deitados sobre esteiras, se xuntaba cos seus irmáns e os curmáns que recalaban na casa de umakhulu ao longo dos meses do verán; tamén había un salón que os seus ollos infantís agrandaran e que ago ra lle resultaba pequeno, e o marabilloso patio no que pasaban a maior parte do día, onde se aloxaban un retrete e un cuarto de baño que non eran máis que catro táboas, que antes lle cubrían o corpo por enteiro e polas que agora lle sobresaían a cabeza e os ombros. O bosque encantado que lembraba convertérase nun pequeno patio rodeado de testos ben coidados, porque Thandiwe xamais, nos anos que levaba sobre a Terra, deixara morrer unha planta. Unha gran no gueira, un aguacate e outras dúas árbores que Walter non soubo recoñecer daban ao patio a sombra precisa para fa celo habitable nas tardes de calor. –Seguro que as seguiches tomando, como todo o mundo neste país. O que tomabas era rooibos, pero o que eu facía, e sigo a facer, traíanmo directamente das montañas de Cederberg. Polo que me dixeron, hoxe bébese e cultívase en todo o mundo, pero o único verdadeiro é este. –Thandiwe encheu dúas cuncas. –Non pode ser! Consumo rooibos todos os días e non ten que ver co sabor e o ulido do que ti nos dabas para merendar… –Xa me dirás cando o probes –sorriu a avoa, e Walter devolveulle o sorriso ao achegar a cunca aos beizos.
18
–É incrible, umakhulu. –Cerrou os ollos, alentou fondo e a avoa soubo que estaba intentando conter as bágoas. –Chora, fillo, eu levo facéndoo todos os días desde que nos afastaron. Creo que iso é o que me permitiu sobrevivir a túa ausencia e a da túa nai. Chora como tantas veces o fixo Madiba na cela, ferido por non poder ver os seus fillos, por sentir como as súas familias se ían esborrallando pola súa entrega á loita contra a segregación racial. –Este recendo e este sabor son parte do que vin buscar, umakhulu. Nel estás ti, e está a miña nai, e toda a miña infancia. Tras a morte da miña nai, ninguén me explicou nada. Dixéronme que non regresariamos a Qunu, que non volveriamos verte. Só tiña sete anos, non podes imaxi nar canta dor, canta soidade; perdinas ás dúas o mesmo día. –Thandiwe achegou a súa cadeira á do neto e abra zouno mentres este deixaba correr as bágoas tanto tempo agochadas. Cando o pranto remitiu, preguntou: –Que pasou, umakhulu? Preciso saber. Contarasmo? –Se chegaches ata aquí, é que estás preparado para saber a verdade. Pero tamén te advirto que terás que escoitar cousas que talvez non che guste saber. –Sabíao desde que lle dixen ao meu pai que viña a Qunu. Thandiwe ergueuse e convidou a Walter a pasar ao patio. Falarían baixo a sombra do aguacate. «As cousas importan tes fálanse baixo as árbores», díxolle. Aí contoulle ao seu neto a historia que viñera procurar á súa casa.
19
–Non sei que é o que sabes e o que non sabes sobre a vida familiar de Nelson Mandela, o teu bisavó. –Faláronme pouco del, mais se alguén ten culpa do meu descoñecemento ese son eu. Aprendín tarde que a maior fonte de coñecemento nos chega por medio das preguntas aos nosos maiores. Eu xoguei sobre os xeonllos dun dos homes máis sabios do planeta e xamais lle fixen unha pre gunta. Nunca me perdoarei que fose tan estúpido. –Supoño que o teu pai tampouco puxo moita atención en encher ese baleiro, pero diso xa falaremos. Comecemos polo principio. Tes que saber que a súa vida familiar foi un fracaso, un camiño marcado pola traxedia. Casou por primeira vez con Evelyn Mase, en mil novecentos corenta e catro. Coñecéraa uns meses antes na casa de Walter Sisulu, o curmán dela. Volverás escoitar este nome, era compañeiro de Madiba na dirección do Congreso Nacional Africano. Chámaste Walter por el, Nelson pediullo expresamente ao teu pai cando naciches. Tíñache moita lei e moito agari mo, eras un neno moi tranquilo e guiadiño. –O meu silencio debeu de defraudalo. –Podes estar certo de que nunca te xulgaría por iso. Pero deixa que che conte. Evelyn, a túa bisavoa, era unha en fermeira moi guapa, unha muller engaiolante. El namorou decontado e, como che digo, a voda non tardou en chegar. Mais tampouco as desgrazas: a sua primeira filla morreu aínda sendo un bebé. En mil novecentos sesenta e nove, o seu fillo, Madiba Thembekile, morreu nun accidente de
20
tráfico mentres o seu pai estaba no cárcere. E en dous mil cinco, o terceiro dos catro fillos que tivo con Evelyn morreu de sida. Pero naquela altura xa había moito tempo que o teu bisavó se separara dela. Vivían con crenzas irreconcilia bles: mentres durou o matrimonio, el pasou a ser un líder principal do Congreso Nacional Africano, o que o obrigaba a miúdo a manterse afastado da súa familia, e mesmo a in gresar no cárcere por vez primeira. Ela era testemuña de Xehová e iso non lle permitía participar en política, dedi cábase á relixión e a esixir unha vida familiar unida. Xa ves que, por moito que se quixesen, non formaban a parella ideal. Ela deulle un ultimato para reintegrarse á vida fami liar en mil novecentos cincuenta e cinco, pero o destino de Nelson xa estaba trazado. Divorciáronse, pero el sempre declarou o seu afecto e a súa admiración por ela e, cando Evelyn morreu no ano dous mil catro, Madiba suspendeu un acto de promoción do mundial de fútbol do dous mil dez no estranxeiro para acudir ao seu funeral. A tarde foi caendo sobre Qunu. Walter vivía eses instantes como un soño: case nin levaba dous días na cidade e alí estaba, sentado fronte á súa avoa á que, durante moitos anos, pensou que xamais volvería ver, no patio das mello res lembranzas da súa infancia, lonxe do seu pai e das súas recriminacións e prohibicións, reconstruíndo a memoria da súa familia, do bisavó ao que nunca nada lle preguntou e que, porén, tanto significaba para el. Sentíase feliz como xamais o volvera ser desde que a súa nai morrera e a súa
21
avoa desaparecera da súa vida. Aceptou cun sorriso a nova cunca de rooibos que umakhulu lle ofreceu. –Logo veu Winnie, casaron en mil novecentos cincuenta e oito –proseguiu a avoa–. Con ela tiña moitos puntos en común, foi a primeira muller negra en converterse en asis tente social no país e estaba dedicada de cheo á loita contra a segregación racial. Mais a relación tampouco foi doada, pois non tardou moito Mandela en ingresar unha e outra vez na cadea, ata comezar a súa longa estadía na de Robben Island. Winnie foi tamén encarcerada en varias ocasións, sufriu numerosas humillacións e un terrible desterro na rexión de Orange, a carón das súas dúas fillas, Zeni e Zindzi. Zeni, a máis pequena, tiña seis anos cando o seu pai ingresou en Robben Island e non a autorizaron a visi talo ata dez anos máis tarde, ao facer os dezaseis. A Winnie só lle permitiron visitar unhas poucas veces o seu marido durante a súa longa reclusión. Ao saír do penal, Mandela anunciou a súa separación de Winnie, e logo o divorcio. Ela vírase envolta en máis dun escándalo; entre eles, a súa complicidade no asasinato, de mans dos seus gardacostas, dun rapaz de catorce anos ao que acusaba de colaborar co goberno branco da segregación racial. Seica a súa radicali zación foi indo a máis, pero outros poderán falarche mellor ca min desa parte das súas vidas. O certo é que as desgrazas familiares seguiron caendo sobre Mandela. Por riba, a súa bisneta, a túa curmá Zenani, morreu nun accidente de coche
22
en dous mil dez, cando regresaba do concerto inaugural do mundial de fútbol. –Iso si que o sei. Eu tiña once anos cando sucedeu e lém broo ben. Ese drama nunca deixou de pesar no ánimo da nosa familia. A quen recordo mellor é a Graça, a súa ter ceira esposa. Era unha muller moi atenta e agarimosa. Por desgraza, nunca a volvín ver; xa sabes, o meu pai… –Si, o teu pai. Madiba fóisenos, e alégrome que aforrase o espectáculo de certos membros da familia pelexando coma cans pola herdanza. O último, supoño que iso si o sabes, é o das súas netas Swati e Zaziwe, que viven nos Estados Unidos de América. Alí gravaron algunhas entregas no xentas diso que chaman telerrealidade sobre elas mesmas, facendo ver ao mundo o normal que se pode ser malia seren netas de Nelson Mandela, empregando o parentesco para facerse ricas á custa da súa imaxe. –Si, todo iso lino na prensa. Deixaron o país consternado. –Mais non deixemos atrás a Graça. Foi unha gran muller e alegrou os derradeiros días da vida de Madiba. Fora antes a esposa de Samora Machel, o presidente de Mozambique. Foi ministra de Educación do seu goberno, fixo un gran la bor. Tras a morte do seu marido dedicou a súa vida a loitar polos dereitos das mulleres e os nenos. A súa obra foi re coñecida en todo o mundo con numerosos premios. Teño para min que Madiba tivo moita sorte, pois atopou nela a compañía e o amor precisos para vivir os seus derradeiros
23
anos na paz que ben merecía tras tanto tempo de cárcere e sufrimento. Walter respirou fondo. As primeiras estrelas comezaban a escintilar no ceo de Qunu. Desde a súa chegada non se sentira con forzas para visitar a tumba do seu bisavó, cuxo corpo repousa na súa casa natal a carón dos seus tres fillos falecidos: Thembekile, Makgatho e Makaziwe. Mais a con versa coa súa avoa insufláralle o ánimo preciso para facelo. Quedou coa súa avoa en ir á mañá seguinte, antes de volver ao museo. –Por que o meu pai nos separou de ti, avoa? –decidiuse a soltar a magoante pregunta que levaba anos roldándolle a ca beza sen atopar resposta. –Nunca llo preguntaches a el? –Pregunteille, si, cando nos dixo aos meus irmáns e mais a min que non volveriamos verte. A súa resposta foi clara e violenta: calquera que lle volvese preguntar tería un grave problema con el. Desde aquela, nunca máis me atrevín. –Nin eu mesma teño a resposta. Só podo dicirche que me odiaba, pois nunha ocasión defendín a túa nai nunha pelexa entre eles. Non se levaban ben, el era moi autoritario e que ría controlar todo aquilo que ela fixese. Ela levábao moi mal e non calaba, de maneira que as desavinzas eran frecuentes. A túa nai contábamo todo, e eu sufría pois a súa relación ía estragándose día a día. Foran tan felices nos primeiros anos… Mais pouco e pouco as súas vidas foron convertén dose nun inferno. Nunha ocasión en que fun visitarvos,
24
ao longo do xantar, estoupou unha nova lea. Pedinvos que fósedes xogar, porque odiaba que presenciásedes estas liortas. Ela, que, como sabes, era mestra, obtivera un posto nunha escola privada. Nunca tivera a ocasión de exercer a súa pro fesión e esa posibilidade facíalle moitísima ilusión. Nese momento traballaba no concello de Johannesburgo, pero estaba farta dese posto e quería cambiar. El negábase en redondo. «Seguirás onde estás, nada de ir a esa escola», berroulle. –Por que razón, que máis lle tiña se a ela lle facía máis feliz traballar como mestra? Seica o seu soldo sería menor, entrarían menos cartos na casa? –Ao contrario, a escola ofrecíalle un salario máis alto que o que cobraba no concello. El non achegaba ningún argu mento de peso e os dela eran moi sólidos: o seu dereito a decidir por si mesma, a mellorar a súa situación laboral, a exercer á fin a profesión dos seus soños, para a que estudara. Os tempos da segregación racial quedaran atrás. As leis do novo goberno favorecían a igualdade de dereitos para as mulleres, pero fai falta moito máis ca unha lei para cambiar a mentalidade dun home que se cre dono da súa esposa. Se o teu pai non achegaba argumentos é porque os que tiña eran inconfesables. Supoño que os celos terían moito que ver, non a quería ver moverse libremente nunha escola onde traballaría con homes. Non soportaba a idea de que ela decidise o seu futuro por ela mesma, sen ter en conta a súa vontade.
25
–E ti, que dixeches? –Eu nunca interviña nas súas liortas e pódoche asegurar que por falta de ganas non era. Permanecía calada, sufrindo. Iso si, cando estabamos a soas o meu consello era que fixese o que quixese, que decidise por si mesma, que non lle per mitise que o seu marido a tratase dese xeito nin que lle ditase o que tiña que facer coa súa vida. Pero ese día vin a miña filla tan humillada e tan indefensa que non puiden conterme e díxenlle ao teu pai que nós a educaramos para que fose unha muller libre, que debía respectar as súas de cisións. E que me gustaría saber que opinaba Madiba sobre este asunto. Mellor sería que non dixese nada. O teu pai púxose como un can adoecido, berroume que quen era eu para meterme nos seus asuntos matrimoniais nin para in miscir a Madiba nisto, eu non era unha Mandela por moito que presumise de que entrara na súa familia, que non esque cese que iso fora grazas a el, que si era unha verdadeiro Mandela e non uns miserentos campesiños coma nós. En fin, elixiu as palabras máis groseiras que atopou e, cando lle dixen que era unha mágoa que non aprendese do seu avó o sentido da palabra ubuntu,6 ergueuse, dispúxose a marchar da casa e, antes de pegar un golpe na porta cuxo eco aínda 6
Filosofía dos pobos surafricanos en que a comunidade está por riba de homes e mulleres e que considera o perdón, a solidariedade, a reconciliación e a compaixón como as maiores virtudes dun ser humano.
26
resoa en moitos dos meus soños, berroume que agardaba que ao seu regreso eu xa non estivese alí. –E que fixo a miña nai? –Ao saír o seu marido démonos unha aperta, envoltas nun pranto interminable. Propúxenlle que o deixase, que se separase del porque xamais sería feliz con ese home. Podería pedir permiso no seu traballo, alegar algunha en fermidade se fose preciso e refuxiarse algunhas semanas aquí, en Qunu. Despois, volvería á cidade, procuraría unha nova casa onde vivir convosco e podería aceptar ese posto de mestra. –Non che fixo caso. –Non. Quizais lle daba medo a reacción do marido, quizais seguía coa esperanza de que todo se arranxaría e que vol verían os tempos felices, non o sei. O caso é que ao final seguiu traballando no concello e só volvín vela ao longo dos dous veráns en que seguiu vindo verme convosco, logo daquela liorta. Xa non era a mesma. Ela sumírase nunha tristeza permanente, perdera a alegría de vivir. Eu sabía que a súa saúde non toleraría a depresión, e así foi. Por moito que o intentei, por moito que falei con ela, non fun quen de devolverlle a gana de vivir. Morreu antes do terceiro verán e esa mesma morte foi a que me roubou a miña filla e mais os meus netos. –Volviches ver o meu pai? –Despois daquela terrible lea, unha soa vez, no funeral dela. A vós deixouvos na casa para impedirme vervos, nin sequera vos puiden dar un derradeiro abrazo. Ata aí chegou
27
o odio infinito que sentía por min. Cando estabamos na igrexa, co corpo da miña filla aínda diante, achegóuseme e díxome ao oído que acabaran as viaxes a Qunu, que men tres el vivise, xamais volvería ver os seus fillos. Xunto á noite caeu sobre o patio un fondo e longo silencio. Thandiwe respectou a dor do seu neto. Todo o que cumpría dicir xa se dixera. Walter viñera á procura da verdade, com portárase como un home e sentíase orgullosa del. Gustaríalle poder abrazalo como nos tempos afastados da nenez. Mais sabía que nese momento só o seu corpo estaba no patio da vella casa de Qunu. A súa mente emprendera unha viaxe á súa infancia, aos tempos en que os seus pensamentos se deba tían en preguntas magoantes sobre o que ocorría entre os seus pais, da transformación da muller leda e agarimosa que fora a súa nai nun ser silandeiro e esmorecido, a aparición dunha persoa irascible e autoritaria no corpo do seu pai, amado e admirado antes, a perda da nai, a desaparición da avoa. Si, mergullárase no pasado para levarlle ao neno que fora as respostas ás preguntas que o atormentaran, que lle roubaran a paz infantil, poboando os seus soños de monstros e me dos e as súas vixilias da soidade máis absoluta. Mais Thandiwe sabía que dese soño, doloroso e preciso, o seu neto regresaría transformado nun home disposto a conti nuar os lazos coa súa propia historia e avanzar nun camiño, cuxo único faro sería, desde ese momento, a liberdade.
28
5 Sipho chegou ao museo con media hora de adianto para poñer o uniforme adxudicado aos traballadores «de se gunda fila» –como ás veces de brincadeira, pero noutras ocasións non tanto, se chamaban a si mesmas as persoas ás que se lles obrigaba a vestilo–, revisar que todo estaba no seu lugar e tomar un café cos compañeiros antes de abri ren as portas ao público: os outros dous gardiáns, as dúas mulleres que se ocupaban da recepción, os encargados da limpeza e o responsable da tenda; onde a imaxe de Madiba aparecía en toda sorte de obxectos: camisetas, chaveiros, postais, cadernos, bolígrafos, cuncas, quebracabezas, entre outros moitos cachifallos e unha fartura de libros. Os tres gardiáns facían quendas para abrir as portas ás nove en punto da mañá e, malia que aquel día non lle tocaba a el, díxolle ao seu compañeiro que se ocuparía de facelo. A imaxe do rapaz que o día anterior pasara varias horas no museo regresara a el nos frecuentes espertares que, como cada noite, lle interromperan o soño. Había moitísi mos anos que durmir toda a noite dun tirón deixara de ser posible. Quería comprobar se o rapaz cumpriría coa súa vontade de chegar ás nove en punto da mañá ao museo. E, en canto chegou, viu a través da porta de vidro transpa rente que si, que alí estaba el, primeiro visitante da xornada,
29