Nacer ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
XULIO GUTIÉRREZ NICOLÁS FERNÁNDEZ
Nacer ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
Xulio Gutiérrez Ilustracións de
Nicolás Fernández
Nacer 1
páx. 4
Animais extraordinarios
2 páx. 6
3 A asombrosa variedade de animais que habitan a Terra
páx. 8
débese a que as especies evolucionan para adaptarse aos ambientes máis diversos: desde os máis benignos ata os máis inhóspitos, desde os altos cumios do
4
páx. 10
Himalaia ata as profundas foxas abisais do océano Pacífico, desde os fríos casquetes polares ata os tórridos desertos.
5 páx. 12
Cada especie posúe unha forma propia de nacemento e crianza adaptada ás condicións do medio en que vive. A finalidade da reprodución é transmitir o legado
6
páx. 14
xenético dunha xeración á seguinte, e así
perpetuar a especie. Neste libro veremos como nacen algúns animais extraordinarios. Uns son vivíparos e outros ovíparos. Uns teñen moitos fillos, dos que se desentenden e poucos
7
páx. 16
8
páx. 18
sobreviven, mentres que outros teñen pouca descendencia á que coidan con esmero durante moito tempo.
9
páx. 20
Existen multitude de estratexias reprodutivas pero, ao cabo, todas consisten en situar os fillos nunhas condicións axeitadas para que poidan sobrevivir por eles
10 páx. 22
mesmos.
11 páx. 24
12 páx. 26
ELEFANTE AFRICANO Loxodonta africana
É o maior dos animais terrestres. Distínguese do elefante indio polo seu maior tamaño, polas súas enormes orellas e porque ten os dentes incisivos moito máis longos. Os elefantes percorren a sabana buscando auga e alimento. A elefanta máis vella lidera a manda porque ten máis experiencia e coñece mellor a situación dos acuíferos. Ela decide cando deben poñerse en marcha e a dirección que deben tomar. Tamén se ocupa de manter as boas relacións dentro do grupo. A manda está formada por femias emparentadas entre si e mais as súas crías. Os machos abandonan o grupo cando chegan á adolescencia. Desde ese momento levan unha vida independente e solitaria. Os elefantes comunícanse mediante sons e tamén pola posición da trompa: meter a trompa na boca ou tocarse unha orella con ela indica submisión; cando a levantan é porque están nerviosos, e se a poñen contra o peito quere dicir que están a piques de atacar.
Os elefantes dunha manda están moi unidos. Cando algún deles enferma, os demais non se moven do seu carón; se algún morre, o resto do grupo permanece varios días xunto ao corpo, 4
aloumiñándoo coa trompa e berrando con angustia.
Habita nas sabanas de África central e do sur. Actualmente as poboacións de elefantes están moi fragmentadas e dispersas.
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
Longo embarazo Cando a elefanta entra en celo emite ultrasóns que os machos poden escoitar desde 15 quilómetros de distancia. Entón acoden apresuradamente e loitan entre eles porque só o vencedor ten dereito a cortexar a femia. A elefanta ten o embarazo máis longo de todos os mamíferos: 22 meses. Dá a luz unha soa cría dun metro de altura e aproximadamente 115 kg de peso. O parto é difícil. A femia pare de pé e, ao nacer, o elefantiño cae ao chan con estrépito. Inmediatamente, a nai retira a placenta coa trompa e axuda o seu fillo a levantarse. Mentres, os membros do grupo rodéanos para protexelos dos depredadores.
Despois, todos tocan a cría coa trompa para impregnarse do seu olor e recoñecelo como un novo membro da manda. A matriarca non permite que se reinicie a marcha ata que o pequecho sexa quen de seguir o ritmo do grupo. Mentres son pequenos, os elefantes son moi vulnerables aos ataques de leóns, hienas e leopardos. Por iso toda a familia está moi pendente da cría, á que defenderá con enorme violencia, se fose necesario. Os elefantes aliméntanse con leite materno ata os cinco anos, pero xa a partir dos seis meses comezan a probar distintas plantas para ir aprendendo a distinguir as que poden comer das que deben evitar.
nacer 1
BONOBO Pan paniscus
O bonobo, xunto co chimpancé, é a especie máis próxima ao home. O 98 % do seu ADN é idéntico ao do ser humano. O bonobo é máis pequeno e delgado có chimpancé común. Ten as patas traseiras máis longas e camiña ergueito polo chan con moita máis frecuencia. Os bonobos son animais tranquilos e pacíficos. Viven en mandas duns 50 individuos nas que se establecen unhas relacións sociais moi intensas. Os machos son máis grandes e fortes cás femias, e ás veces enrédanse en rifas entre eles. Pero son as femias as que gobernan, porque actúan todas xuntas e son quen de tranquilizar rapidamente o grupo. A vida social dos bonobos é moi complexa. Entre eles comunícanse mediante sons, xestos e posturas. Algúns bonobos criados en catividade aprenderon máis de 400 palabras para comunicárense cos humanos mediante un teclado de lexigramas. Os bonobos son omnívoros: aliméntanse principalmente de froitas e follas, aínda que tamén capturan animais pequenos como miñocas e insectos. En ocasións asaltan niños de paxaros para coller os ovos. Hoxe quedan menos de 10 000 bonobos en liberdade. A especie está en grave perigo de extinción debido á destrución do seu hábitat e á caza furtiva.
6
Vive unicamente nunha reducida zona boscosa e húmida ao sur do río Congo, en África central
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
Case humano Os bonobos desenvolven unha actividade sexual moi intensa e nunca forman unha parella estable. As femias normalmente paren cada catro ou cinco anos. A xestación dura oito meses. En cada parto nace unha cría de menos de 2 kg de peso; moi poucas veces nacen xemelgos. Cando unha femia sente que se aproxima o momento do parto, busca un lugar tranquilo e déitase no chan. O nacemento dun bonobo é moi semellante ao dun neno, pero máis fácil e rápido. En canto a nai dá a luz, todos os membros do grupo achéganse con moita curiosidade para dar a benvida ao acabado de nacer. Despois, todos axudan a nai no coidado do bebé, en especial as outras femias. A cría mama ata os tres anos de idade, aínda que durante o terceiro ano comeza a tomar algúns vexetais. A esa idade independízase, aínda que seguirá tendo unha relación moi estreita coa súa nai durante toda a vida.
Entre os oito e os dez anos chega á puberdade e comeza a comportarse como un adulto. Daquela, as femias adolescentes abandonan o grupo e buscan outra manda para así evitar a consanguinidade.
nacer 2
ARROAZ Tursiops truncatus
Vive en pequenos grupos de 10 ou 12 individuos.
É o cetáceo máis intelixente e sociable. Resulta moi fácil de domesticar. O arroaz ten unha visión magnífica e con frecuencia sae á superficie para observar todo aquilo que lle interesa, como barcos e bañistas. Para cazar non usa a vista senón un sentido chamado ecolocación: emite uns sons tan agudos que o oído humano non pode percibir; os ecos producidos por estes sons permítenlle descubrir e capturar as presas incluso cando están enterradas baixo a area do fondo do mar. Produce estes sons cun órgano redondo e graxo que ten na fronte, chamado melón. Para recoller os ecos destes sons utiliza como amplificador os grandes osos da mandíbula inferior, que están conectados co oído.
8
Prefire as augas cálidas e temperadas pero viaxa por todos os mares excepto os océanos Ártico e Antártico.
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
Nacer no mar Os mamíferos mariños, como os seres humanos, teñen pulmóns e necesitan aire para respirar. Por esta razón o nacemento dos arroaces é moi complicado. Cando comezan as contraccións do parto, a nai sobe á superficie para respirar e axítase violentamente para acelerar a saída da cría. As contraccións fanse cada vez máis frecuentes e intensas, ata que chega o momento do nacemento. O primeiro que sae é a cola e o último a cabeza. Así a cría recibe osíxeno da nai a través do cordón umbilical ata o último instante do parto. Desde ese momento, só ten uns segun-
dos para ascender á superficie e inspirar por primeira vez. Se non o consegue, morrerá afogada. Por iso, a nai ponse debaixo da súa cría e dálle suaves empurróns coa cabeza para mantela a flote durante uns minutos e que poida respirar. O nacemento dun arroaz é un momento moi delicado en que a nai e o fillo están nunha situación moi vulnerable ante o posible ataque dun depredador. Todo debe acontecer en poucos minutos, porque o sangue que se produce no parto pode atraer as quenllas, incluso desde grandes distancias.
nacer 3
FICHAS ELEFANTE AFRICANO
CURIOSIDADES
PÁXINA: 4 • O elefante é tan grande que diariamente bebe 190 litros de auga e come 250 kg de plantas, arbustos, raíces e codias de árbores.
LAT: Loxodonta africana
A súa trompa é tan forte que con ela pode abater unha grande árbore, e tan delicada que pode coller suavemente unha flor sen rompela. •
ALE: Afrikanischer Elefant ESP: Elefante africano FRA: Éléphant de savane d´Afrique ING: African Bush Elephant ITA:
LONXITUDE 3-4 m
Elefante africano
POR: Elefante-africano
PESO 5-6 t
LONXEVIDADE 60 anos
BONOBO
ALIMENTACIÓN herbívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES PÁXINA: 6
Os bonobos, como os seres humanos, recoñécense moi ben pola cara porque teñen trazos moi diferentes uns de outros. •
LAT: Pan paniscus
Os bonobos experimentan emocións que ata hai pouco se pensaba que só existían nos seres humanos, como a compaixón e a empatía. Tamén actúan con altruísmo, paciencia e sensibilidade.
•
ALE: Bonobo ESP: Bonobo FRA: Bonobo ING: Bonobo ITA:
ALTURA 70 90 cm
Bonobo
POR: Bonobo
PESO 30 40 kg
ARROAZ
LONXEVIDADE 40 anos
ALIMENTACIÓN omnívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES PÁXINA: 8
Hai casos documentados de mandas de arroaces que salvaron a vida de nadadores a punto de morrer afogados.
•
LAT: Tursiops truncatus
Nunha ocasión, un grupo de arroaces defendeu durante horas a dous submarinistas que estaban sendo atacados por unha gran quenlla branca. Finalmente foron rescatados. •
ALE: Große Tümmler ESP: Delfín mular FRA: Grand dauphin ING: Bottlenose Dolphin ITA:
Tursiope
POR: Golfinho-comum
28
LONXITUDE 2-4 m
PESO 150-650 kg
LONXEVIDADE 40-50 anos
ALIMENTACIÓN depredador carnívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
CANGURO VERMELLO
nacer
CURIOSIDADES
PÁXINA: 10
O canguro pode desprazarse a unha velocidade de 60 km/h, dando saltos de 3,30 m de altura e 9,15 m de lonxitude. •
LAT: Macropus rufus ALE: Rote Riesenkänguru
Os seus ollos están dispostos de tal xeito que pode mirar cara adiante a cara atrás ao mesmo tempo. •
ESP: Canguro rojo FRA: Kangourou roux ING: Red Kangaroo ITA:
Canguro rosso
POR: Canguru vermelho
ALTURA 110 180 cm
PESO 70 90 kg
LONXEVIDADE 22 anos
CUCO
ALIMENTACIÓN hervíboro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES PÁXINA: 12
O cuco captura todo tipo de miñocas, arañas e insectos; pero ten predilección polas eirugas moi peludas, que outras aves refusan por seren indixestas. •
LAT: Cuculus canorus ALE: Kuckuck
É un paxaro beneficioso para a agricultura porque as eirugas son unha praga para moitos cultivos. •
ESP: Cuco o cuclillo FRA: Coucou gris ING: Common Cuckoo ITA:
ENVERGADURA 33 cm
Cuculo
POR: Cuco-europeu
PESO 105-130 g
PINGÜÍN EMPERADOR
LONXEVIDADE 16 anos
ALIMENTACIÓN insectívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES
PÁXINA: 14 •
É un gran nadador que pode acadar os 20 km/h de velocidade punta.
O pingüín emperador é monógamo, é dicir, é fiel á súa parella durante toda a vida. •
LAT: Aptenodytes forsteri ALE: Kaiserpinguin ESP: Pingüino emperador FRA: Manchot empereur ING: Emperor Penguin ITA:
Pinguino imperatore
POR: Pinguim-imperador
LONXITUDE 120 cm
PESO 40 kg
LONXEVIDADE 25 anos
ALIMENTACIÓN depredador, carnívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
29
RA
CURIOSIDADES PÁXINA: 16
Existen 3800 especies de ras. A maioría delas viven nas selvas tropicais e ecuatoriais. •
LAT: Familia ranidae • A palabra anfibio procede do latín (anfi: ambas, bios: vida). Fai referencia á súa dobre vida: as larvas son acuáticas e os adultos, terrestres.
ALE: Frosch ESP: Rana FRA: Grenouille ING: Frog ITA:
LONXITUDE 10-30 cm
Rana
POR: Rã
PESO 15 g –3 kg
LONXEVIDADE 3-13 anos
ALIMENTACIÓN depredador, insectívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC (Variable segundo a especie).
CABALIÑO DE MAR
CURIOSIDADES
PÁXINA: 18
Hai 34 especies de cabaliños de mar. A maioría viven en augas temperadas e tropicais. •
LAT: Hippocampus hippocampus •
ALE: Seepferdchen
Nos cabaliños de mar é o macho o que queda embarazado.
ESP: Caballito de mar FRA: Hippocampe ING: Seahorse ITA:
Cavallucci marini
POR: Cavalo-marinho
LONXITUDE 15 cm
PESO 7g
LONXEVIDADE 3-5 anos
ANGUÍA
ALIMENTACIÓN depredador, micrófago
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES PÁXINA: 20 • Ao nacer, todas as anguías son femias. Co paso do tempo, aproximadamente a metade cambian de sexo e convértense en machos.
LAT: Anguilla spp ALE: Aal
Non comen nada durante a emigración, por iso, ás veces, o seu estómago atrofiase.
•
ESP: Anguila FRA: Anguille ING: Eel ITA:
Anguilla
POR: Enguia
30
LONXITUDE 150 50 cm
PESO 3,5 0,5 kg
LONXEVIDADE 8 12 anos
ALIMENTACIÓN omnívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
BOLBORETA DA SEDA
nacer
CURIOSIDADES
PÁXINA: 22 • A eiruga da bolboreta da seda é o animal que máis come en relación ao seu tamaño e ao tempo que vive.
LAT: Bombyx mori • As bolboretas ven moi mal. As femias atraen os machos mediante unha substancia que poden ulir a moitos quilómetros de distancia.
ALE: Seidenspinner ESP: Mariposa de la seda FRA: Bombyx du mûrier ING: Silkmoth ITA:
ENVERGADURA 9-12 cm
Baco da seta
POR: Bicho-da-seda
PESO 0,25-0,75 g
ABELLA
LONXEVIDADE 1 ano
ALIMENTACIÓN herbívoro
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES PÁXINA: 24
Os abázcaros e as raíñas non teñen aguillón, polo que non poden picar. •
LAT: Apis mellifera
As abellas exploradoras indican ás recolectoras a dirección e a distancia á que se encontra o alimento mediante complexos movementos que parecen unha danza.
•
ALE: Bienen ESP: Abeja FRA: Abeille à miel ING: Bee ITA:
LONXITUDE 17 mm (obreiras)
Ape
POR: Abelha
PESO 200 mg
ESPONXA DE MAR
ALIMENTACIÓN herbívoro
LONXEVIDADE 3 meses (obreiras)
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC
CURIOSIDADES
PÁXINA: 26 • Os soldados da antiga Roma utilizaban esponxas de mar en vez de vasos para beber auga.
LAT: Phylum porifera
A maioría das esponxas son moi resistentes á contaminación mariña. Toleran a presenza de hidrocarburos e de metais pesados sen sufrir grandes danos.
•
ALE: Schwämme ESP: Esponja de mar FRA: Éponge ING: Sponge ITA:
Spugne
POR: Esponja
LONXITUDE 2-205 cm
PESO variable
LONXEVIDADE variable
ALIMENTACIÓN micrófago, filtrador
EXTINTO
AMEAZADO
BAIXO RISCO
EX EW CR EN VU CD NT LC (Variable segundo a especie).
31
GLOSARIO Berrar
Feromonas
Própole
Referido a un elefante, dar berros moi agudos e potentes ao tempo que erguen a trompa. O berro é un dos sons máis característicos que emiten os elefantes para comunicarse entre si.
Substancias químicas que algúns animais liberan na atmosfera para comunicarse con outros da mesma ou distinta especie. Por exemplo, as bolboretas femia liberan feromonas sexuais no aire para atraer os machos.
Substancia resinosa producida polas abellas para construíren as partes exteriores da colmea. Procede da resina de xemas dalgunhas árbores como o bidueiro e o choupo. Respiración cutánea
Ciclo vital Serie de fases polas que pasa un ser vivo ao longo do seu desenvolvemento, desde que nace ata que morre. Hai moitos tipos de ciclos: algúns son sinxelos, como o do ser humano, outros son moi complexos como o dos anfibios ou a metamorfose das bolboretas e das medusas.
Freza Referido aos peixes, acto de soltaren óvulos e espermatozoides na auga para que se produza a fecundación. É un tipo de reprodución sexual con fecundación externa.
Teclado de lexigramas Hospedador
Cigoto
Tipo de respiración de moitos animais, entre eles os anfibios. Consiste na entrada de osíxeno e saída de dióxido de carbono directamente a través da pel.
Célula que resulta da unión dun óvulo e un espermatozoide. En canto se divide en varias células convértese nun embrión.
Organismo que sofre parasitismo por parte doutro. Por exemplo: o can é hospedador da pulga; a pulga é hóspede ou parasito do can.
Crisálida
Metamorfose
Etapa na vida dalgúns insectos na que a larva permanece dentro dunha estrutura protectora, como o casulo das bolboretas, ata que adquire a forma de adulto e eclosiona.
Transformación que sofren algúns seres vivos durante o seu desenvolvemento. Algunhas especies como as bolboretas e as abellas, cambian radicalmente de aspecto e de xeito de vida ao longo das etapas que constitúen o seu ciclo vital.
Panel que utilizan os científicos para comunicarse con algúns animais, como simios e arroaces. Nas teclas, en vez de letras, hai símbolos, esquemas ou debuxos moi simples. UICN Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Esta organización estuda o estado de conservación das especies e publica os resultados cada ano. As categorías establecidas son: - Extinto (EX) - Extinto en estado silvestre (EW)
Consanguinidade Parentesco entre os individuos dunha poboación. Cando o tamaño dunha poboación é moi pequeno e hai actividade reprodutiva entre individuos cun alto grao de consanguinidade, é frecuente a aparición de enfermidades xenéticas.
Placenta Conxunto de membranas que rodean o feto nos animais placentarios. A comunicación entre a placenta e o feto prodúcese a través do cordón umbilical. Poboacións fragmentadas
Embrión Organismo pluricelular nos primeiros momentos da súa vida. Desde que o cigoto se divide en varias células ata que adquire órganos, sistemas e aparatos. Fecundación Unión dunha célula reprodutora masculina con outra feminina para dar lugar a un cigoto.
Dise das poboacións que están illadas unhas das outras. Cando sucede isto, interrómpese o intercambio xenético entre elas e aparecen problemas de consanguinidade: redución da fertilidade e dexeneración da especie. Este é un problema moi serio para moitas especies de animais, como o elefante. Case sempre se debe á ocupación humana do territorio.
- Ameazado (TR) · En perigo crítico (CR) · En perigo (EN) · Vulnerable (VU) - Baixo risco (LR) · Dependente de medidas de conservación (CD) · Próximo á vulnerabilidade (NT) · Mínima preocupación (LC) - Datos insuficientes (DD) - Non avaliado (NE)
Voo nupcial Voo rápido e de grande altura que realiza a abella raíña cando sae da colmea, aos cinco días de nacer. Só os abázcaros máis fortes e veloces poderán seguila e copular con ela.
© do texto: Xulio Gutiérrez, 2009
© desta edición: Kalandraka Editora, 2009
© das ilustracións: Nicolás Fernández, 2009
Italia 37. 36162 Pontevedra Telf.: 986 860 276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com
Coordinación da colección Animais extraordinarios: Chema Heras
Primeira edición: maio, 2009 Impreso en C/A Gráfica, Vigo ISBN: 978-84-8464-693-8 DL: PO 227-2009 Reservados todos os dereitos
Nacer é o segundo volume da colección Animais Extraordinarios. Neste libro descríbese a forma asombrosa en que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de animais. No volume anterior, Bocas, explícase con detalle e rigor o modo peculiar no que algunhas especies obteñen o seu alimento. Noutros libros desta colección mostraranse as construcións máis sofisticadas do reino animal, as migracións máis espectaculares e as insólitas estratexias que algúns seres vivos utilizan para pasaren desapercibidos.