O pingacho [ tradicional ]
Por beilar l pingacho dórun-me un real. Mas nun me dan nada se l beilar mal. Beila-lo, beila-lo picorcito. Beila-lo que te quiero un pouquito. Beila-lo. Beila-lo de lhado de l’outro ancustado cun la delantreira i tamien de traseira. Ora assi que te quiero morena, ora assi que te quiero salada. Por beilar l pingacho dórun-me dieç reis. Beila-se de quatro i tamien de seis. Non estou escrito en galego, tampouco en portugués, estou escrito en mirandés.
8
Un pasodobre? [ tradicional ] Dentro do meu peito teño dúas espiñas dun peixe. Unha dime que te ame e outra dime que te deixe.
Aínda que son divertida tamén me sei resgardar. Tamén sei tomar amores tamén os sei «olvidar».
Se souberas como eu teño o meu corazón por dentro. Non me dabas unha fala non tiñas atrevemento.
Esta noite a ronda [...]
Esta noite a ronda ai! non vén enteira, falta o meu amante que non vén con ela. Esta noite a ronda ai! non vén enteira. Ao pasalo regueiriño díxenche que si, que si. O regueiriño pasado quedeime rindo de ti.
Deiteime e adormecín ao pé da auga que corre. E a auga respondeume quen ten amores non dorme. Quen ten amores non dorme, quen non os ten non descansa. Que farei eu que os teño onde a vista non me alcanza? Esta noite a ronda [...]
É doado de bailar: atopa unha parella e sigue o ritmo ao camiñar.
10