Page 1


coleópteros As xoaniñas As xoaniñas, maruxiñas ou reirreis son pequenos coleópteros voadores con forma semiesférica e patas e antenas curtas que se alimentan de pulgóns, polo que desempeñan un papel importante no equilibrio da vida nos xardíns.

fig. 3

fig. 1

fig. 2

Xoaniña de catorce puntos

Xoaniña amarela

Calvia quatuordecimguttata

Propylea quatuordecimpunctata

Tamaño: 5 mm É unha xoaniña alaranxada ou de cor escura cuns prominentes ollos negros.

Tamaño: 6 mm Moitos dos seus puntos xúntanse formando trazos negros.

Xoaniña asiática Harmonia axyridis Tamaño: 8 mm Esta xoaniña de gran tamaño e de cor vermella, laranxa, negra ou amarela é orixinaria da China. Introduciuse en Europa para combater os pulgóns, pero tamén come uvas maduras e as larvas das xoaniñas europeas.

Xoaniña de sete puntos

fig. 4

Coccinella septempunctata

Xoaniña ocelada Anatis ocellata Tamaño: 10 mm Esta xoaniña grande e con «ollos» ou ocelos nos élitros dáse en Europa e en América do Norte.

fig. 5

– lámina 1 –

Tamaño: 7 mm É a máis común en Galicia, e ten manchas brancas detrás da cabeza.


coleópteros A cetonia debuxada sobre esta flor está representada en tamaño real.

Cetonia dourada Cetonia aurata

Tamaño: 20 mm Este insecto de cor verde con reflexos metálicos e algúns toques de vermello ou azul ten os élitros parcialmente soldados. Para voar desprega as alas membranosas polos lados. Á cetonia gústalle o pole de flores como as rosas ou as das árbores froiteiras. As larvas viven na madeira podre e reciclan a súa materia orgánica.

fig. 1

Escaravello sagrado Scarabaeus sacer fig. 2

Tamaño: 30 mm O escaravello sagrado é o máis grande dos escaravellos bosteiros. Ten os bordos da cabeza e das patas dianteiras dentados, e emprégaos a xeito de pas para formar e empurrar a bóla de esterco onde porá un ovo, e da cal se alimentará a larva. Coas patas traseiras vai dándolle forma redondeada á bóla, que pode alcanzar o tamaño dunha mazá pequena. É un animal coprófago, isto é, que come excrementos, polo que desempeña unha función de reciclaxe.

– lámina 2 –


coleópteros

Escaravello de San Xoán e a súa larva Melolontha melolontha

Tamaño: 30 mm A larva, de cor branca, vive na terra durante tres anos, durante os cales fai dúas mudas. Aliméntase de raíces, polo que é prexudicial para a agricultura. Os ourizos, as toupas, as ras e outros escaravellos comen estas larvas, polo que son útiles para controlar as poboacións. O escaravello de San Xoán xorde da terra na primavera e non vive máis ca un mes. Durante ese tempo migra en grupos polas árbores para alimentarse e reproducirse.

– lámina 3 –


coleópteros

O escaravello Goliat aparece representado en tamaño real.

Escaravello Goliat Goliathus goliatus

Tamaño: 100 mm o macho, 80 mm a femia Este escaravello vive na parte superior da selva tropical, no denominado dosel forestal. É un dos coleópteros de máis peso, xa que chega a alcanzar os 100 gramos. Ten raiado o pronoto (a parte dorsal do tórax que pode verse entre a cabeza e os élitros) e os élitros unidos. O macho ten dous cornos na cabeza.

– lámina 4 –


coleópteros

Capricornio das aciñeiras Cerambyx cerdo

Tamaño: 53 mm Este escaravello vive sobre as follas, sobre todo nas dos carballos e aciñeiras de máis idade, pero, debido á desaparición destas árbores, cada vez é máis escaso. Adoita verse sobre todo nos meses de xuño e xullo. Agóchase ao abrente nunhas galerías que escava na madeira e que resultan mortais para a árbore. Emite unhas intensas estridulacións ao fretar dúas partes do corpo entre si.

– lámina 5 –


coleópteros A rosalia alpina aparece representada en tamaño real.

Rosalia alpina Rosalia alpina

Tamaño: 38 mm Este coleóptero dos bosques é un lonxicornio, pois ten unhas longas antenas azuis con guedellas de sedas negras a intervalos regulares. Ten o corpo plano e de cor gris azulada, con pintas negras nos élitros. Malia o seu nome, pode atoparse tamén en faiais dos Pireneos e en diversos países de Europa. É unha especie protexida, conque non se pode capturar.

Un peto negro á procura de larvas de coleópteros.

– lámina 6 –


Inventario ilustrado de insectos G - Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel  

Faktoría K de Libros. Ciencia. Gallego

Inventario ilustrado de insectos G - Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel  

Faktoría K de Libros. Ciencia. Gallego