Skip to main content

Inventario ilustrado de froitas e verduras G - Virginie Aladjidi | Emmanuelle Tchoukriel

Page 1

Melón Froito do MELOEIRO

Cucumis melo Esta planta é unha cucurbitácea, coma a cabaza ou o cogombro. Os talos esténdense polo chan ou ruben por gallas cuns gabiáns en espiral que empregan para agarrarse. O froito é doce e moi saboroso, e ten moitas pebidas.

Unha abella

– lámina 1 –


Un coello

Cenoria Raíz da planta homónima

Daucus carota Esta planta ten unhas follas moi finas e divididas. As cenorias máis coñecidas son alongadas e de cor laranxa, pero tamén as hai vermellas, brancas, amarelas e redondas. Como verdura tómase crúa ou cociñada, pero con ela tamén poden facerse marmeladas, tortas ou pasteis.

– lámina 2 –


Albaricoque Froito do ALBARICOQUEIRO

Prunus armeniaca O albaricoque ten a pel aveludada e unha carabuña leñosa. No interior da carabuña atópase a semente, que se denomina améndoa. Engadir unha améndoa por cada quilo de froita durante a cocción da marmelada dálle un sabor delicioso.

– lámina 3 –


Cebola Bulbo da CEBOLEIRA

Allium cepa O bulbo da cebola medra na terra e está composto por varias capas carnosas que se corresponden coa grosa base das follas da planta, que van encaixadas unhas sobre outras. Ao cortala, libera unha substancia que fai chorar.

– lámina 4 –


fig. 1

Cabaza do verán Cucurbita pepo

– lámina 5 –


fig. 2

Cabaza de turbante Cucurbita maxima

fig. 3

Caiota Cucurbita maxima

fig. 4

Calacú Cucurbita maxima

Cabaza ou cabazo Froito da CABACEIRA

Diversas especies da familia das cucurbitáceas Estes froitos medran en plantas con talos rastreiros e teñen un sabor doce. Con eles fanse sopas, cremas, tortas, marmeladas, aceites (coas pebidas) etcétera. Unha mesma especie de cabaza pode presentar diversas formas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Inventario ilustrado de froitas e verduras G - Virginie Aladjidi | Emmanuelle Tchoukriel by kalandraka.com - Issuu