Skip to main content

Inventario ilustrado de flores G - Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel

Page 1

Cáncaro ou panqueixo Primula vulgaris Familia: PRIMULÁCEAS Altura máxima: 15 cm Floración: de febreiro a maio / vivaz

Unha chincha das malvas

O cáncaro é unha planta de talo curto e laxo. Ten flores pequenas con cinco pétalos planos que ás veces se superpoñen entre si. As follas son rugosas e vilosas, e agrúpanse en roseta na base do talo. O seu nome latino, primula, significa «primeira», pois é unha das primeiras flores da primavera. Dáse nas veigas húmidas. As súas flores e follas son comestibles. A raíz ten un cheiro anisado e emprégase en fitoterapia (isto é, na medicina con plantas), igual ca as súas flores e abrochos. A familia das primuláceas consta de 400 especies.

– lámina 1 –


Prímula Primula veris Familia: PRIMULÁCEAS Altura máxima: 30 cm Floración: de abril a xuño / vivaz

A prímula é curmá do cáncaro. Ten flores de recendo suave e delicado que se agrupan en inflorescencias en umbela, isto é, nun feixe. A corola é amarela, componse dun tubo floral e cinco pétalos, e está protexida por un cáliz de sépalos soldados. As follas ovadas e alongadas están dispostas en roseta. Tanto as follas como as flores son comestibles, e a raíz ten un olor anisado. Emprégase en fitoterapia, sobre todo contra a bronquite e a tose, mais tamén se toma en infusión contra o insomnio e como tranquilizante.

– lámina 2 –


fig. 2

Xanzá

ou xenciana

fig. 1

Gentiana lutea Familia: XENCIANÁCEAS Altura máxima: 140 cm Floración: de xuño a agosto / vivaz

Aínda que custe crelo, a xanzá non florece ata o décimo ano de vida. Conta con substancias amargas que a protexen durante todo ese tempo da voracidade dos animais. As flores brotan en inflorescencias situadas na metade superior do talo, nos ocos das follas, e constan de cinco pétalos amarelos soldados na base. As raíces alcanzan unha lonxitude dun metro baixo o rizoma, que chega a medir ata 8 centímetros de diámetro e co que se fai o amargo licor de xanzá. Tamén se emprega en fitoterapia: é unha das plantas máis utilizadas polas súas propiedades medicinais.

– lámina 3 –


Herba de ouro Ranunculus acris Familia: RANUNCULÁCEAS Altura máxima: 30 cm Floración: de maio a setembro / vivaz

A herba de ouro ten unha flor con cinco pétalos moi xuntos e brillantes, de cor amarela dourada, que forman unha copa. Presenta numerosos estames, tamén de cor amarela, e follas finas e recortadas. A herba de ouro fresca é tóxica, cómpre evitar que o gando paste en lugares onde prolifere, mais pode segarse e empregarse como feo, pois ao secar perde a toxicidade. Ás persoas pode provocarlles irritacións ou bochas, mais é comestible seca ou cocida. Se pos unha flor de herba de ouro no queixelo, sairache un reflexo amarelo na pel. En alemán chámanlle Butterblume, que quere dicir «flor de manteiga».

– lámina 4 –


fig. 2

Leitaruga,

carrelo ou mexacán Taraxacum officinale Familia: ASTERÁCEAS Altura máxima: 40 cm Floración: de abril a xullo / vivaz

fig. 1

– lámina 5 –

A leitaruga ten moitas flores liguladas (con forma de lingüeta) de pequeno tamaño que se xuntan en capítulos de cor amarela dourada. Cada flor dá un froito (ou aquenio) recuberto por un penacho suave que se solta (figura 2). Ao romperlle o talo, libera unha especie de látex. O consumo das follas crúas ten efectos diuréticos, isto é, dan gana de ouriñar; pode que de aí lle veña un dous seus nomes tradicionais: mexacán.


O aquenio do xirasol

fig. 2 fig. 1

Xirasol ou tornasol Helianthus annuus Familia: ASTERÁCEAS Altura máxima: 100 cm Floración: xullo / anual

O xirasol é unha planta grande orixinaria de América do Sur, que xa cultivaban os pobos amerindios hai máis de cinco mil anos e que os españois introduciron en Europa no século xvi. Ten o talo recto e unha grande inflorescencia en capítulo, cun diámetro de entre 10 e 30 centímetros, que está formada por dous tipos de flores: unhas exteriores, liguladas e amarelas, que atraen as abellas mais son estériles, e entre 1000 e 2000 flores tubulares fértiles dispostas en dúas espirais no centro. No agro, os xirasoles sempre están orientados do mesmo xeito, mirando para o sol. Teñen raíces fondas que lles permiten resistir as secas do verán. As follas son apuntadas nos extremos e algo rugosas debido ás pilosidades que presentan. Os froitos de xirasol, tostados, consómense de forma habitual. O xirasol cultívase moito en Europa polo aceite que se extrae das súas sementes. Un liñaceiro papa os froitos (aquenios) do xirasol.

– lámina 6 –


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Inventario ilustrado de flores G - Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel by kalandraka.com - Issuu