Skip to main content

Inventario ilustrado das aves G - Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel

Page 1

PEQUENO VOCABULARIO ILUSTRADO Morfoloxía das aves

Para identificar as aves podemos describir a súa forma, mais sobre todo as cores das plumas do corpo, as alas, a cola ou a cabeza, así como as cores do peteiro e as patas.

A cabeza das aves Fronte

Peteiro

Curuto Cella Ollo

Mandíbulas do peteiro

Fazula

Gorxa

Tucano de bico preto Ramphastos vitellinus

Caluga

O corpo das aves Cola: formada polas plumas caudais ou rectreces

Mitra

Plumas dos ombreiros ou escapulares Lombo

Picaouro

Alas: extremidades cubertas de plumas As plumas das alas son as rémixes, que van fixadas aos ósos e se dividen en tres categorías (rémixes primarias, secundarias e terciarias), e as tectrices, plumas de cobertura que se superpoñen para formar unha capa impermeable

Spinus spinus

Tarso Pé Dedos

Ventre Peito Flanco

Gorxa

Cabeza

As aves teñen ósos lixeiros e ás veces ocos, e a maioría delas contan cuns potentes pulmóns e sacos aéreos que lles dan a enerxía precisa para voaren. O corazón dalgunhas aves migratorias é máis grande para mellorar a capacidade de voo.


As plumas das aves As aves fan a muda polo menos unha vez ao ano, cando as novas plumas substitúen as vellas. A muda permítelles renovar a plumaxe gastada, e a súa frecuencia depende de cada ave: algunhas fan tres mudas anuais, mentres que a outras lles leva tres anos renovar toda a plumaxe. Algunhas especies, como os parrulos, teñen plumas de vivas cores antes da reprodución, mais logo cámbianas por outras de tons máis discretos para o inverno. Os machos adoitan ter unha plumaxe máis vistosa que as femias, xa que estas teñen que camuflarse mentres chocan os ovos e crían os pitos.

Rémixe primaria Vexilo ou estandarte

Barbas duras que se xuntan entre si por medio de minúsculos ganchos nas barbiñas

Cálamo (canón oco)

Barbas brandas e soltas

Raque (canón macizo)

Penuxe

A penuxe ten barbas brandas e soltas

Cálamo (canón oco)

A ave máis plumífera é o cisne adulto, que pode chegar a ter vinte e cinco mil plumas!


Unha ave en voo O voo máis habitual das aves é o voo batido: A ave bate con regularidade as alas e interrompe o batido de cando en vez para planar (como esta pomba); adoita levar as plumas da cola pregadas, mais desprégaas para pousarse ou para o cortexo.

Segundo a especie, as aves tamén poden facer: Voo a vela: a ave déixase levar polas correntes ascendentes de aire cálido e describe círculos conforme vai subindo; e, cando chega a unha grande altura, plana (como o falcón peregrino, lámina 48). Voo planado: a ave paira polo aire e descende sen bater as alas; este tipo de voo emprégano moito as aves migratorias (como a cegoña, lámina 44). Voo estacionario: a ave bate as alas mais mantense no mesmo sitio, quer para axexar as presas (como o lagarteiro americano, lámina 48), quer para chuchar nas flores (como o colibrí, lámina 32).

Voo en picado: a ave descende rapidamente coas alas pregadas, como o falcón peregrino ou o martiño peixeiro.


Primeira parte

PASERIFORMES Dentro da orde dos paseriformes clasifícanse máis de seis mil especies de aves, o que supón máis do 60 % das aves do mundo. Son os que adoitamos denominar «paxaros». En inglés a estas aves chámanlles songbirds, isto é, «aves cantoras», pois teñen a sirinxe (un órgano situado na base da traquea que lles permite emitir sons) máis desenvolvida ca as demais aves, cunha cartilaxe que fai vibrar unha membrana situada fronte a dúas cavidades que fan de caixa de resonancia. Presentamos 25 especies de paxaros, e en moitos casos describimos o seu canto e a súa chamada: o canto emprégano para marcaren territorio e a chamada, para expresaren medo ou manter o contacto cos conxéneres. Cando non se indica en que zona vive o paxaro é por ser propio de Europa.

Un tordo


paseriformes

Ferreiriño azul Cyanistes caeruleus Tamaño medio (cola incluída): 11,5 cm Envergadura media: 13 cm

O ferreiriño azul ten o curuto, as alas, a cola, as patas e os dedos de cor azul. O rostro teno branco, mais cun trazo azul que lle sae do peteiro e pasa sobre o ollo ata a caluga. O ventre é amarelo. Este paxariño gordecho vive en Europa, no norte de África e en Asia, e procura o alimento nas árbores. Aniña nos ocos das árbores, mais tamén lle prestan os acubillos que lle fornecemos os humanos, como as caixas do correo (ollo, señor carteiro!); fai o niño con musgo e fórrao de la. O ferreiriño azul canta facendo «tsitsitsitsi».

– lámina 1 –


paseriformes Ferreiriño abelleiro, carboeiro ou maceiro Parus major Tamaño medio (cola incluída): 14 cm Envergadura media: 25 cm

Este paxariño ten a cabeza negra, as fazulas brancas, o lombo verde, as alas grandes con listas negras e o peito e o ventre amarelos. Os seus variados cantos e as súas chamadas de tonalidade metálica poden oírse en bosques e parques. É unha ave moi activa: anda sempre a fedellar nas fendas das árbores e dos muros, a procurar comida polo chan ou nos troncos… insectos, arañas, froita e gran, ten unha alimentación moi variada. O ferreiriño abelleiro canta facendo «titiu titiu» ou «sisisi sisisi».

Os pitiños dos paseriformes nacen pouco desenvolvidos e os pais aliméntanos durante moito tempo no niño. Os pitos abren a boca para que os pais lles dean de comer. Denomínanse aves nidícolas por oposición ás aves nidífugas, que abandonan o niño pouco despois da eclosión. O ferreiriño alimenta os pitos con eirugas (a corenta peteiradas por hora!).

– lámina 2 –


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Inventario ilustrado das aves G - Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel by kalandraka.com - Issuu