Skip to main content

Inventario ilustrado de animais con cola G

Page 1

movemento

Pantera das neves Panthera uncia Clase: MAMÍFERO Este maxestoso felino vive nos altos cumes de Asia central, e percorre o seu territorio na procura de presas como iacs ou marmotas. Ten unha cola de arredor dun metro de lonxitude que lle permite manter o equilibrio conforme avanza por cornixas ou cavorcos escarpados.

– lámina 1 –


movemento

Londra ou lontra fig. 1

Lutra lutra Clase: MAMÍFERO A londra vive preto de lagos e ríos, onde caza peixes e anfibios. É unha excelente nadadora que se serve da súa gran cola musculosa para moverse con rapidez debaixo da auga ou na superficie.

Raposo ou golpe

Vulpes vulpes Clase: MAMÍFERO Cando anda á espreita de ratos de campo, o raposo avanza silandeiro e chimpa sobre eles valéndose da cola para manter o equilibrio. Ao topar con outro raposo levanta e axita a cola, e emite un olor semellante ao das violetas.

fig. 2

– lámina 2 –


movemento

Cobra de mar Laticauda colubrina Clase: ESCAMADO Esta serpe vive en mares cálidos, onde caza peixes pequenos. É capaz de nadar con rapidez grazas ás ondulacións que produce a súa cola. Regresa á terra firme para descansar, beber ou reproducirse.

– lámina 3 –


movemento

fig. 1

Atún Thunnus sp. Clase: PEIXE ÓSEO Os atúns agrúpanse en bancos. Cóntanse entre os mellores nadadores dos océanos, xa que chegan a percorrer grandes distancias cada día. A súa potente cola en forma de lúa crecente propúlsao a velocidades duns 30 km/h.

fig. 2

Peixe voador Exocoetus volitans Clase: PEIXE ÓSEO Este peixe é propio dos mares tropicais. Os rápidos movementos da súa cola permítenlle propulsarse fóra da auga, onde se serve das súas aletas con forma de ás para planar polo aire ata doce segundos. É así como escapa dos seus depredadores, como os delfíns e os atúns.

– lámina 4 –


movemento

fig. 1

Musaraña elefante ou muraño de Peters Rhynchocyon petersi Clase: MAMÍFERO Este mamífero africano ten un fociño a xeito de trompa flexible cuxa sensibilidade lle permite detectar as presas. A musaraña foxe dos perigos a saltos, axudándose da súa longa cola para manter o equilibrio.

Toupa

ou toupeira Talpa europaea Clase: MAMÍFERO A toupa ten moi mala vista e oriéntase polas galerías que escava grazas a un potente sentido do olfacto e a uns pelos moi sensibles que lle cobren o fociño e a cola. Adoita levar a cola levantada para ir sentindo o teito das galerías por onde se move.

fig. 2

– lámina 5 –


movemento

Mono araña Ateles fusciceps Clase: MAMÍFERO Este mono de América do Sur vive en grupos de vinte a trinta individuos, aliméntase de froitas ben maduras que atopa nas copas das árbores e berra con forza ante os perigos. A longa cola e as patas permítenlle moverse con rapidez polas árbores. Ten a punta da cola desprovista de pelo para agarrarse mellor ás pólas.

– lámina 6 –


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Inventario ilustrado de animais con cola G by kalandraka.com - Issuu