Skip to main content

Ferramentas básicas para ser artista-G

Page 1

Ferramentas básicas para ser

Ferramentas básicas para ser

ISBN 978-84-19213-65-5

9 788419 213655

UN UNIVERSO POR EXPLORAR

AS PROFUNDIDADES DO OLLO HUMANO

O pracer de ver o mundo

Todos os seres vivos temos a capacidade de percibir o mundo que nos rodea, pero non todos o facemos do mesmo xeito. Así, algúns animais teñen un sentido auditivo moi aguzado, outros posúen un olfacto asombrosamente desenvolto para ulir as súas presas e incluso hai algúns, como as ratas, que poden percibir o movemento «a cámara lenta» e, deste xeito, fuxir dos depredadores. Aos humanos, os sentidos permítennos percibir cada obxecto para considerar se nos resulta agradable ou se nos transmite outras sensacións. Na arte, esta reflexión sobre o que nos fai sentir unha obra

A través do sentido da vista, percibimos o mundo que nos rodea para logo podelo plasmar nas distintas disciplinas artísticas. Os nosos ollos funcionan como unha cámara fotográfica que capta as imaxes e as transmite ao cerebro para que este poida interpretalas. O ollo está formado por unha serie de pequenos elementos:

RETINA

IRIS

É a parte do ollo que ten cor. Rodea a pupila e controla a súa dilatación, como se fose un diafragma que abre e pecha para deixar pasar maior ou menor cantidade de luz ata o interior.

Membrana composta por células sensibles á luz que cobre a parte posterior do ollo. Encárgase de recibir as imaxes e transformalas en impulsos nerviosos que logo se transfiren ao cerebro.

é o que coñecemos como estética.

Na súa orixe o mundo da arte entendía a estética como a busca da beleza ideal, mentres que hoxe en día é un concepto moito máis aberto e as obras invitan á reflexión e ao debate máis aló da súa fermosura.

NERVIO ÓPTICO

Encárgase de enviar a información visual dende a retina ata o cerebro a través de impulsos eléctricos.

CÓRNEA

É unha fina membrana transparente que protexe o exterior do ollo e permite a entrada da luz. Ademais, axuda a que o ollo enfoque a medida que a luz se abre camiño.

CRISTALINO

PUPILA

Este pequeno orificio no centro do iris regula a cantidade de luz que entra no ollo. Cando a luz é moi intensa a pupila contráese, mentres que cando é tenue se abre.

Funciona como o obxectivo dunha cámara e defórmase para poder enfocar os obxectos. Así, toma unha forma arqueada cando os obxectos están preto e aplánase cos máis afastados.

PERO COMO FUNCIONAN OS NOSOS OLLOS?

1

A CAPTACIÓN

A luz entra no ollo pola córnea e atravesa a pupila. Logo o cristalino enfoca esta luz na retina.

2

A TRANSFORMACIÓN

A retina converte a luz en impulsos nerviosos a través dos conos e os bastóns.

3 A TRANSMISIÓN

Dende o nervio óptico, os impulsos xerados na retina son enviados ao cerebro.

4 A INTERPRETACIÓN

Por último, o cerebro procesa toda a información recibida e interpreta estes impulsos nerviosos en forma de imaxes.

O MUNDO A TODA COR Cores por aquí, cores por alá!

Se miras ao teu redor, verás que todas as cousas teñen unha aparencia única, pois unha pelota é ben distinta dun testo de xeranios, pero que é o que os diferencia? Poderiamos dicir que teñen distinto tamaño, tampouco as súas formas son iguais e, dende logo, non se senten da mesma maneira ao tacto. Pero a súa cor é a calidade que mellor os diferencia.

COMO PERCIBIMOS AS CORES?

OUTRAS MANEIRAS DE VER

A cor non é unha característica propia das cousas, senón unha percepción visual, é dicir, a maneira en que o noso cerebro interpreta o que está a ver.

Non todos os animais ven da mesma maneira nin coas mesmas cores. Hainos que só ven en branco e negro, outros con dúas cores apáñanse ben, e incluso algúns ven máis aló do que nós podemos percibir.

Os humanos vemos tres dimensións de cor, é dicir, que somos tricromáticos, pois posuímos na nosa retina tres tipos de conos sensibles a diferentes lonxitudes de onda:

AGUIAS

Ven a luz ultravioleta, a cal lles permite detectar detalles que a nós se nos escapan, facilitándolles a caza.

a vermella, a verde e a azul.

No medio destas tres ondas atópanse todas as cores que coñecemos. Os humanos podemos distinguir arredor dunhas 20 000 cores diferentes!

A cor é unha das características que define o obxecto.

CANS

Son dicromáticos, con especial sensibilidade aos azuis e amarelos. Cos verdes e vermellos, complícase a cousa!

VERMELLO

CARPAS

Poden ver as mesmas cores que os humanos, pero dependen da profundidade. A pouca profundidade distinguen mellor os vermellos, mentres que os verdes e azuis venos mellor nas augas máis fondas.

Ímolo descubrir!

VERDE

AZUL

DE ONDE SAEN AS CORES? A cor provén da luz, que trae consigo todas as cores. Este feixe de luz choca contra os obxectos, pero non nos devolve todas as cores, senón que absorbe unha parte e reflicte outra. Esta luz que sae rebotada en forma de onda cunha lonxitude concreta é a que chega ata os nosos ollos.

VÍBORAS

Posúen visión térmica, coa que son capaces de detectar o calor das súas presas. Mesmo parece que levasen infravermellos.

ABELLAS

Son tricromáticas, pero non ven as mesmas cores ca nós. As abellas ven as cores azuis, verdes e a luz ultravioleta, o que lles resulta moi útil para atopar o pole das flores.

FOCAS

Son monocromáticas, polo que só ven nunha escala de grises.

O CÍRCULO CROMÁTICO Unha orde para as cores

O círculo cromático é unha maneira de representar, de forma ordenada, as cores visibles. Este círculo de cores parte de tres cores principais, ás que chamamos cores primarias, que son o amarelo, o vermello e o azul.

UN CÍRCULO MOI ÚTIL Ademais de para lles dar unha orde ás cores que podemos ver, o círculo cromático pode resultar de grande utilidade no mundo da arte e o deseño. Velaquí algúns dos seus usos.

Da mestura desas tres cores xorden as cores secundarias e todas as demais.

CORES PRIMARIAS

CORES SECUNDARIAS

2 1

Podemos ver que cores primarias temos que mesturar, e en que proporción, se queremos obter algunha cor concreta. Con só tres cores, teremos unha infinidade de opcións!

3

O círculo é unha ferramenta moi útil para poder xogar a combinar as cores da roupa e crear así conxuntos moi atractivos.

CÁLIDAS

A HARMONÍA TRIÁDICA

Son as tres cores que se atopan ao debuxar un triángulo equilátero dentro do círculo. Estas tres cores contrastan moi ben entre si.

CORES ANÁLOGAS

Son as cores que están a cada lado de outra. A combinación destas dá como resultado un traballo harmonioso.

Mediante o uso das cores complementarias, poderás saber que cores contrastan e como funcionan xuntas.

FRÍAS

CORES COMPLEMENTARIAS

Cada cor da roda ten unha complementaria, que é a que se atopa no lado oposto. Estas dúas cores resaltan moito unha fronte á outra.

4

Axúdanos a escoller paletas de cor para os nosos proxectos.

5

Permítenos visualizar ben as cores cálidas e frías e así empregalas segundo o contexto no que se precisen.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Ferramentas básicas para ser artista-G by kalandraka.com - Issuu