-
EROSKI PARAISO
O ESTADO DO BENESTAR DESDE O LADO DA SOMBRA
Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, coma se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra de retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria. Eroski Paraíso é tamén unha reflexión sobre a posibilidade de documentar a realidade, sobre a distancia entre a ficción e a realidade, entre o que significa ser un mesmo e actuar como un mesmo. Por iso planeamos a obra coma se fose unha película documental, superpoñendo no escenario a mirada cinematográfica e a teatral, reutilizando a linguaxe do cinema e os recursos do documental para facer unha obra de teatro na que os personaxes chegan a resultar máis reais que as persoas que os interpretan. O proceso de creación de Eroski Paraíso comezou explorando a memoria colectiva dunha pequena comunidade, a partir das historias reais recollidas sobre unha sala de festas que se transformou nun supermercado. A sala de festas chamábase O Paraíso, funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e, no seu lugar, agora hai un supermercado Eroski. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas parellas da zona. Casaron ao quedar ela embarazada, e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou O Paraíso. Despois emigraron e andaron dando tombos dun lado para outro. Vinte e cinco anos despois, Álex estuda cine en Barcelona e volve a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado. Porque o paraíso prometido era en realidade un hipermercado no que temos que devolver con intereses o feito de aceptarmos a promesa dun futuro mellor. A transformación da sociedade programada polo Réxime do 78 consistiu precisamente na privatización do desexo de vivir mellor e na deslocalización das nosas comunidades afectivas. Xron
EROSKI PARAÍSO Unha creación colectiva de Chévere. En escena Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez, Luís Martínez/Ricardo Lacámara. Dramaturxia e dirección Xron Escrita Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xron. A xudante dirección Arantza Villar Música Terbutalina
Eroski Paraíso estreouse no Teatro Principal de Donostia/San Sebastián o 7 de marzo de 2016 e na antiga fábrica de Sel de Muros o 18 de marzo de 2016. Durante dous anos xirou por toda Galicia, fixo tempada no Matadero-Madrid e presentouse en máis de 20 cidades de 9 comunidades autónomas, superando as 100 representacións. Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo, mellor dirección, mellor actriz protagonista, mellor canción orixinal. O noso agradecemento a Manolo Caamaño, Tucho Carou, Avelino Ajeitos, Pepe do Cuco, Santiago da Reina, José María Beiro París, Chefa Fernández Formoso, Beatriz Fernández Torea, Mª del Carmen Rodríguez Rey, Elisabeth Jurjo Noya, Victoria Martínez, Mari Dolores Caamaño Tajes, Teresa Rey Lestón, Madi Fernández Lago, Ángel Martínez Carou, Carmen Rey, Humberto Santos, Kathy Beiro, Beatriz Alvite e a toda a xente de Muros e Mazaricos que nos contou algunha historia que dun xeito ou doutro está presente nesta obra.
E ROSK I PA R A Í SO · C H É V E R E
Mentres entra o público, no escenario a acción xa comezou. Estas son algunhas das cousas que poden estar pasando: e MARC están preparando todo para unha rodaxe nun pequeno plató que reproduce un supermercado. ÁLEX dá indicacións. MARC proba unha xirafa e grava ambientes do público entrando, move algún foco dun lado para o outro, tira cable... ÁLEX toma notas no seu caderno. EVA entra levando pola man ao seu pai, séntao, pon a tele e déixalle algo de comer. MARC sae. EVA e ÁLEX falan entre elas, practicamente non se lles oe. O texto dos diálogos proxéctase sobre o fondo do decorado traducido ao idioma do público, coma se fosen os subtítulos dunha película en versión orixinal. ÁLEX
ÁLEX
Está tardando un pouco, non? EVA
(Rindo.) No te creas. Puede tardar más aún. Y mira, ¿cómo está? ¿Engordó? ÁLEX
Non... Está coma sempre, a verdade. 7
E ROSK I PA R A Í SO · C H É V E R E
Entra TOÑO desde o lado contrario a onde están elas. Vén con dúas bolsas e unha zamarra de coiro das que se levaban nos anos 80. Seguen falando entre eles, sen proxectar a voz. TOÑO
(A ÁLEX, mentres lle dá un bico.) Ola! Tendes todo aberto! ÁLEX
Ola, papá! Chegas tarde. TOÑO
É que... ando pola hora canaria, ho (A EVA.) Ola! EVA
¡Hola, hombre! TOÑO
Como estás? EVA
Bien. Un beso, ¿no? TOÑO
Home, mira quen está aí! Que pasa, Cuncheiro? Pero a min dixéronme que estaba mal e véxoo de marabilla!
Vai cara a AVELINO, que queda mirando para el fixamente. TOÑO
(A EVA.) Leva moito tempo así, ló? 8
E ROSK I PA R A Í SO · C H É V E R E
EVA
Bueno, tan así no. Pero desde Navidad ya no conoce a nadie. TOÑO
A ti tampouco? EVA
A veces sí... Otras veces pienso que no. TOÑO
(Animándose.) Pero do viño seghuro que se acorda... (A AVELINO.) Tróuxenlle unha botella de viño de alá de Lansarote. É un viño que fan en Timanfaia, no medio do deserto practicamente! EVA
Deja, deja estar... ÁLEX
Si, papá, non enredes. Temos que empezar. TOÑO
Espera aí! Mirade o que traio aquí! EVA
Era raro que tú no trajeras un detalle. TOÑO
Primeiro... (Dándolle unha das bolsas a ÁLEX.) Esta é unha camiseta que me dou para ti Catuxa, a túa curmá de 9
E ROSK I PA R A Í SO · C H É V E R E
Masaricos... Que, por serto, di túa tía a ver cando lles fas unha visita.
Despois, TOÑO mostra a chaqueta de coiro que leva no brazo. TOÑO
E tamén trouxen esta casadora daquela época… Por se vai ben para a película. EVA
¿Aún la conservas? Ya no te va a servir. ÁLEX
Déixaa por aí, mamá. TOÑO
(Achegando a outra bolsa aberta á cara de ÁLEX.) E mirade o que traio aquí. Mira! Vistes? Unhas boliñas redondas e calamares á romana! Para facer os auténticos bocadillos de calamares do Ghaviotas. Mira que ben arresenden, aínda veñen quentiños. TOÑO
pásalle a bolsa a ÁLEX.
ÁLEX
Isto cheira a fritallada! TOÑO
Fritallada, si, pero da boa! E como todos pasabamos antes polo Ghaviotas, despois levabamos este cheiro para o Paraíso. Pódese disir que este é o cheiro do Paraíso. 10
E ROSK I PA R A Í SO · C H É V E R E
ÁLEX
O cheiro do Paraíso! Papá, iso é boísimo! Oíches, Marc? (MARC anda fedellando polo outro lado do set de rodaxe.) Marc, vine cap aquí! (MARC volve.) L’olor del paradís! Això és molt bo. (Aos pais.) Despois imos repetir esta escena, vale? Máis ou menos como pasou agora. Nós estamos esperando a papá, ti chegas e contas o do cheiro do Paraíso. TOÑO
Non sei se me acordarei de faselo todo igual. ÁLEX
Vale con que saia parecido. Mamá, colle estas cousas mentres lle poño o micro a papá. EVA
recolle. ÁLEX colle a TOÑO e ponlle o micro sen fíos.
ÁLEX
Dá a volta, papá. Despois xa miramos en que momento entras cos calamares e todo iso. TOÑO
Pero despois van «arrufiar», nena. ÁLEX
Arrufar o que? TOÑO
Arrufar non, muller, iso é remancarse. Arrufiar. Enfriar! 11