Page 1


HabĂ­a unha vez unha manda de elefantes. Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados. Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor. Todos menos Elmer.


Elmer era diferente. Elmer era de cores. Elmer era amarelo e laranxa e vermello e rosa e violeta e azul e verde e negro e branco. Elmer non era de cor elefante.


Pero era Elmer quen facía felices os elefantes. Ás veces, era el quen lles facía brincadeiras. E, outras veces, eran os outros elefantes os que llas facían a el. Onde estaba Elmer, sempre había risas.


Elmer G - David McKee  

Kalandraka. Tras os Montes. Galego

Elmer G - David McKee  

Kalandraka. Tras os Montes. Galego