Elmer, o elefante de retallos, agardaba polo seu curmán, Wilbur, que viña a visitalo. –Tarda moito –dixo Elmer–. Se cadra, perdeuse. Vamos buscalo.
–Como é Wilbur? –preguntou un elefante. –Estade atentos e mirade –dixo Elmer rindo–. A Wilbur gústalle gastar bromas, sobre todo coa voz. É ventrílocuo! Pode facer crer que a súa voz vén dun lugar diferente ao sitio onde está. –Que divertido! –dixo outro elefante cando comezaron a buscalo–. É coma xogar ás agachadas!