

Elmer, o elefante de retallos, e o seu primo Wilbur foran visitar o avó Eldo.
–Cando eu tiña a vosa idade –dixo o avó–, nesta época do ano, deixábame ir río abaixo ata o mar para ver o paso das baleas.
–Baleas? Estupendo! –exclamou Elmer–. Veña, Wilbur, vamos velas.



–Ven con nós, León –propuxo Elmer–. Ti tamén, Tigre.
–Encantaríame –dixo León–, pero estou botando a sesta.
–Síntoo –desculpouse Tigre–. Teño que estar de volta para a hora do té e o mar queda moi lonxe.
–Só tendes que seguir o río –insistiu o avó Eldo.
