Skip to main content

Elefante comellón. Rafael Ordóñez / Marc Taeger

Page 1

Rafael Ordóñez

Marc Taeger

ELEFANTE COMELLÓN


N

a inmensa sabana o león dorme, ronca, soña. Soña o león cun melocotón… O león esperta coa boca aberta. Entón lémbrase do melocotón dourado…, saboroso…, delicioso… O león estírase, levántase. Despois mexa detrás dunha planta. Ole o aire e ponse en marcha.


Camiñando, camiñando, atópase cunha pantera: –Ola, león, onde vas? –Vou buscar un melocotón. Soñei co seu aroma e co seu delicioso sabor. –Eu tamén soñei. Pero cunha pera asombrosa, unha pera deliciosa. –Vés comigo? –Vale, vou contigo, amigo. Pola sabana, camiñando, camiñando, un león busca un melocotón e unha pantera quere unha pera.


www.kalandraka.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Elefante comellón. Rafael Ordóñez / Marc Taeger by kalandraka.com - Issuu