Skip to main content

Eu curareite, dixo Oso Pequeno G / Janosch

Page 1

Un día tigre pequeno regresou do bosque coxeando, xa non podía camiñar máis nin manterse en pé e caeu. E quedou alí tombado no chan, no medio do prado.


Deseguida chegou correndo oso pequeno e preguntoulle:

–Que che pasa, tigre pequeno? Estás enfermo? –Oh, si, estou moi enfermo –respondeulle tigre pequeno–,

case non podo nin moverme. –Xa verás como non é nada –dixo oso pequeno–, eu curareite. Tigre pequeno non recollera ningún cogomelo, nin lle escribira ningunha carta a oso pequeno polo camiño, nin tampouco tirara do seu pato-tigre.

–Onde che doe, máis ou menos? –preguntou oso pequeno–. Ensínamo! –Aquí –dixo tigre pequeno, e sinalou a pata–, e tamén aquí –e sinalou a outra–. E as pernas tamén e diante e atrás e á dereita e á esquerda e arriba e abaixo.


–Por todas as partes? –preguntou oso pequeno–.

Entón terei que levarte. E levouno para a casa:

–Pero tes que vendarme –díxolle tigre pequeno.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Eu curareite, dixo Oso Pequeno G / Janosch by kalandraka.com - Issuu