Skip to main content

Correo para tigre G - Janosch

Page 1

Un día, cando oso pequeno ía pescar ao río, tigre pequeno díxolle:


–Cando ti non estás, síntome só. Escríbeme unha carta desde onde esteas para que poida alegrarme. –De acordo –dixo oso pequeno. Levou tinta azul nun botiño, unha pluma de canario, porque con ela escríbese ben, e papel de carta e sobre para gardala. Cando chegou á beira do río, puxo unha miñoca no anzol, e a cana na auga.

Logo colleu a pluma e, coa tinta, escribiu unha carta no papel:


«Querido tigre: Comunícoche que estou ben. E ti? Vai pelando cebolas e poñendo unhas patacas a cocer porque pode que hoxe teñamos peixe. Un bico do teu amigo oso».


Despois meteu a carta no sobre e cerrouno. Logo pescou dous peixes: un para comer e outro para devolvelo á auga, para que se alegrase; porque a alegría é boa para todos. Pola tarde colleu o peixe e o caldeiro, a tinta e a pluma, e a carta, e foise para a casa...

Un momento, oso, que esqueces a cana de pescar!

–Ai, si, grazas –dixo oso pequeno.


Desde o alto dun outeiro, alá ao lonxe, berrou:

–Co–rre–o–pa–ra–ti–gre!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook