Cando romperon os ovos, os crocodilos reptaron ata a beira do río. Mais Cornelio ergueuse e foi o único que camiñou sobre as súas patas traseiras.
Aínda que cada vez era máis alto e máis forte, case nunca andaba a catro patas. Por iso descubría cousas que ningún outro crocodilo vira antes. –Podo ver o que hai máis alá da matogueira –dicía. E os outros respondíanlle: –E iso que importa?