CANDORCA É un dos maiores depredadores do océano. Usa a súa forza, velocidade e intelixencia para cazar peixes, luras e focas.
Chámanlle balea asasina, pero en realidade é un golfiño tan longo coma un autobús. Á candorca encántalle chapuzar, mergullarse e saltar fóra da auga. Ten unha grande aleta dorsal e a pel de cor negra cun debuxo branco diferente en cada unha delas.
OSO POLAR O oso polar nada moi ben e pasa moito tempo na auga en busca de comida. Cando caza unha foca, achégase amodo, sen facer ningún ruído. A foca non o ve porque a cor do seu pelo confúndese coa neve.