ARNOLD LOBEL
–Papá, xa estamos todos na cama –dixeron os ratiños–. Anda, cóntanos un conto. –Farei algo mellor –dixo o Papá–. Contareivos sete contos, un para cada un, se me prometedes poñervos a durmir en canto remate. –Claro que o faremos –dixeron eles.
E o Papรก comezou...
O POZO DOS DESEXOS
Un día, unha ratiña atopou un pozo dos desexos. –Agora, todos os meus desexos se van cumprir! –exclamou. 8
Ai
!
Botou unha moeda no pozo e pediu un desexo: –Ai! –dixo o pozo. 9
Ai
!
Ao día seguinte, a ratiña volveu ao pozo. Botou unha moeda dentro do pozo e pediu outro desexo. –Ai! –dixo o pozo. 10
Ai!
Ao día seguinte, a ratiña volveu e botou outra moeda no pozo. –Quero que este pozo non diga máis ai –dixo. –Ai! Como doe! –dixo o pozo. 11
–Que podo facer? Así, os meus desexos nunca se van cumprir. –choromicou a ratiña. 12
Entón, a ratiña correu ata a casa e colleu a almofada da súa cama. –Isto podería valerme! –dixo a ratiña. E volveu correndo ao pozo. 13
A rati単a tirou a almofada dentro do pozo. Despois, botou unha moeda dentro do pozo e formulou un desexo. 14
–Ah, isto é outra cousa! –dixo o pozo. –Ben! Agora podo empezar a pedir desexos –dixo a ratiña. 15
Despois daquel dĂa, a ratiĂąa pediulle moitos desexos ao pozo. E todos se cumpriron. 16
NUBES
Un ratiño foi pasear coa súa nai. Subiron ao cume dun monte e puxéronse a mirar para o ceo. 17