ARNOLD LOBEL
Título orixinal: Mouse tales
Colección
© da edición orixinal: Harper Collins, 1972 © do texto e das ilustracións: Arnold Lobel, 1972 © da tradución ao galego: Xosé M. González Barreiro, 2000 © desta edición: Kalandraka Editora, 2013 Italia 37 - 36162 Pontevedra Telefax: 986 86 02 76 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com Impreso en Gráficas Anduriña, Poio Primeira edición: setembro, 1999 Cuarta edición: marzo, 2013 ISBN: 978-84-95123-51-0 DL: PO-339-99 Reservados todos os dereitos
ARNOLD LOBEL
ÍNDICE O POZO DOS DESEXOS
8
NUBES
17
RATO MOI ALTO E RATO MOI BAIXO
25
O RATO E OS VENTOS
32
A VIAXE
42
O RATO VELLO
48
O BAÑO
55
–Papá, xa estamos todos na cama –dixeron os ratiños–. Anda, cóntanos un conto. –Farei algo mellor –dixo o Papá–. Contareivos sete contos, un para cada un, se me prometedes poñervos a durmir en canto remate. –Claro que o faremos –dixeron eles.
E o Papรก comezou...
O POZO DOS DESEXOS
Un día, unha ratiña atopou un pozo dos desexos. –Agora, todos os meus desexos se van cumprir! –exclamou. 8
Ai
!
Botou unha moeda no pozo e pediu un desexo: –Ai! –dixo o pozo. 9
Ai
!
Ao día seguinte, a ratiña volveu ao pozo. Botou unha moeda dentro do pozo e pediu outro desexo. –Ai! –dixo o pozo. 10
Ai!
Ao día seguinte, a ratiña volveu e botou outra moeda no pozo. –Quero que este pozo non diga máis ai –dixo. –Ai! Como doe! –dixo o pozo. 11
–Que podo facer? Así, os meus desexos nunca se van cumprir. –choromicou a ratiña. 12
Entón, a ratiña correu ata a casa e colleu a almofada da súa cama. –Isto podería valerme! –dixo a ratiña. E volveu correndo ao pozo. 13
A rati単a tirou a almofada dentro do pozo. Despois, botou unha moeda dentro do pozo e formulou un desexo. 14
–Ah, isto é outra cousa! –dixo o pozo. –Ben! Agora podo empezar a pedir desexos –dixo a ratiña. 15
Despois daquel dĂa, a ratiĂąa pediulle moitos desexos ao pozo. E todos se cumpriron. 16
NUBES
Un ratiño foi pasear coa súa nai. Subiron ao cume dun monte e puxéronse a mirar para o ceo. 17