Skip to main content

Construtores. Animais extraordinarios

Page 1

XULIO GUTIÉRREZ NICOLÁS FERNÁNDEZ

ANIMAIS EXTRAORDINARIOS


Xulio Gutiérrez Ilustracións de

Nicolás Fernández

ANIMAIS EXTRAORDINARIOS


Construtores 1

páx. 4

Animais extraordinarios

2 páx. 6

3 A biodiversidade, ou variedade de seres vivos que exis-

páx. 8

ten na Terra, é o resultado de miles de anos de evolución. As especies empregan diferentes estratexias para adaptarse aos ambientes máis diversos porque só as

4

páx. 10

que teñen éxito sobreviven e as demais se extinguen. Algunhas especies habitan espazos abertos como as ex-

5 páx. 12

tensas praderías ou os inmensos océanos. Outras viven agochadas nos diversos ocos e acubillos naturais que proporcionan os ecosistemas: baixo a terra, nas fendas

6

páx. 14

das rochas ou nas pólas das árbores. Pero hai unhas poucas especies que non se conforman con estes espazos e realizan construcións extraordinarias.

7

páx. 16

Hai aves que constrúen niños sorprendentes pola súa complicada arquitectura, mamíferos que escavan complexas vivendas subterráneas, insectos minúsculos que

8

páx. 18

erguen edificios enormes, arañas que tecen elaboradas estruturas de caza. Todos son expertos construtores que sobreviven

9

páx. 20

grazas á súa habilidade.

10 páx. 22

11 páx. 24

12 páx. 26


CASTOR

Castor fiber, Castor canadensis

Noutros tempos habitaron en gran número en Norteamérica, Europa e Asia. Hoxe só abundan en Canadá e no norte de Rusia.

É un roedor da mesma familia que a rata e o hámster. Pode chegar a ter o tamaño dun can grande. Os seus longos dentes incisivos e a súa cola, ancha e plana, fano inconfundible. O castor é un animal de hábitos nocturnos. Está perfectamente adaptado á vida acuática. É un nadador áxil e veloz: as membranas que ten entre os dedos converten as súas mans e pés en aletas. Para impermeabilizar a pel, o castor refrégase o corpo cunha substancia aceitosa chamada castóreo que segrega pola glándula anal. Ás veces frétase contra as árbores para marcar o seu territorio co forte cheiro do castóreo. O castor é vexetariano: pasa moitas horas alimentándose das follas e a codia das árbores que derruba. Cando un castor percibe a chegada dun depredador, lánzase á auga e golpea a superficie coa súa poderosa cola para avisar aos seus conxéneres do perigo. Durante a Idade Media cazáronse miles de castores. A súa carne utilizábase como alimento, a súa magnífica pel como vestido e o castóreo como impermeabilizante, como medicamento e como base para elaborar perfumes. Hoxe o castor está protexido e comeza a recuperarse nalgunhas rexións de Francia, Alemaña, Polonia e outros países europeos. O castor é un dos animais que modifica máis profundamente o hábitat no que vive. Cando encontra un lago ou un río coas augas remansadas, constrúe na súa beira un gran túmulo de barro e pólas. Debaixo escava unha ampla toba con varias cámaras. Cando non encontra un lugar coas condicións adecuadas para instalarse, ergue un ou varios diques no medio do río ata formar un grande encoro de augas calmas onde poderá construír a súa casa. 4


ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |

O enxeñeiro dos rí os Para realizar estas construcións, o castor corta varias árbores, algunhas de tamaño considerable, cos seus poderosos dentes. Despois parte os troncos en anacos e os arrastra ata o medio do río. Pouco a pouco acumula sobre eles tal cantidade de terróns, pedras e ramallos, que acaba tupindo a canle do río e formando un encoro. Despois comeza a construción da súa gorida, normalmente no centro ou á beira do encoro. O edificio consta de varias estancias con saídas independentes que permiten a fuxida en caso de perigo.

A entrada principal está baixo a auga para evitar que entren os depredadores; a continuación está a zona de descanso e moi preto, a latrina. O dormitorio está no centro: o lugar máis seguro. Noutras cámaras o castor acumula alimentos para evitar saír ao exterior durante os meses máis fríos.

construtores

1


CAN DAS PRADERÍAS Cynomys sp

É un roedor da familia dos esquíos. Ten hábitos diúrnos e vive en colonias formadas por miles de individuos. O can das praderías é un animal moi sociable ao que lle gusta vivir en grupos numerosos. A súa alimentación é variada: principalmente come herba, sementes e raíces. Tamén captura miñocas, saltóns e outros insectos. Hai dous séculos, millóns destes roedores vivían esparexidos polas inmensas praderías norteamericanas. A maioría deles foron exterminados cando os agricultores ocuparon estes terreos. Só sobreviviron os que se refuxiaron nas zonas máis desérticas e afastadas. O can das praderías é a base da dieta de numerosos depredadores como o teixugo, o furón, o raposo do deserto, a aguia dourada, o falcón e numerosas serpentes. Por iso é unha especie clave para a supervivencia do ecosistema.

6

Vive nas praderías e desertos do centro e do leste dos Estados Unidos e México.


ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |

Cidade subterránea O can das praderías vive en familias formadas por un macho, tres ou catro femias e varios cachorros. Cada familia escava un gran tobo con varios túneles e cámaras que ocupan unha superficie duns 30 m2, ata unha profundidade de 5 metros. O conxunto de todos os tobos forma unha enorme cidade habitada por decenas de miles de individuos. Cada tobo ten, polo menos, dúas entradas para que circule o aire; deste xeito o interior mantense fresco e ventilado. Este sistema de aire acondicionado é imprescindible para que as crías poidan soportar as temperaturas extremas que se dan no verán.

Coa terra que extraen ao escavar, forman uns montículos nas entradas da gorida que utilizan como torres de vixilancia. Cerca da entrada están os cuartos de estar; máis abaixo a despensa, o dormitorio e a latrina; e debaixo de todo, no lugar máis profundo e inaccesible, está o cuarto de seguridade, onde se agochan se algún depredador entra no tobo. Os cans das praderías transforman considerablemente a paisaxe, os seus excrementos contribúen a mellorar a fertilidade do solo e os túneles que constrúen canalizan a auga da choiva evitando a erosión cando hai treboadas.

construtores

2


FICHAS CASTOR

CURIOSIDADES PÁXINA: 4

Os castores europeos e americanos son case idénticos. Os científicos clasifícanos en dúas especies diferentes porque posúen distinto número de cromosomas.

•

LAT: Castor fiber Castor canadensis

O americano non está en perigo de extinción (LC); o europeo está próximo á vulnerabilidade (NT).

•

ALE: Biber ESP: Castor FRA: Castor ING: Beaver ITA:

LONXITUDE 1m

Castoro

PESO 20 kg

LONXEVIDADE 5 anos

ALIMENTACIÓN herbívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC

POR: Castor

CAN DAS PRADERÍAS

CURIOSIDADES

PÁXINA: 6

O seu nome débese a que o seu débil ladrido recorda ao dun cachorro de can. •

LAT: Cynomys sp

• Para comunicarse entre eles soben a un montículo de terra, adoptan determinadas posturas e emiten ata once tipos de chamadas diferentes.

ALE: Präriehunde ESP: Perrito de las praderas FRA: Chien de prairie ING: Prairie dog ITA:

Cani della prateria

LONXITUDE 30 - 38 cm

PESO 800 g - 1,5 kg

LONXEVIDADE 3 - 4 anos

POR: Cão-da-pradaria

AVE MARTELO

ALIMENTACIÓN omnívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC

CURIOSIDADES PÁXINA: 8

A ave martelo adoita subirse sobre o lombo dos hipopótamos para capturar ras desprevidas. •

LAT: Scopus umbretta

Moitos menciñeiros e feiticeiros recollen obxectos do seu niño para realizaren rituais máxicos. •

ALE: Hammerkopf ESP: Ave martillo FRA: Ombrette du Sénégal ING: Hammerkop ITA:

Uccello martello

POR: Pássaro-martelo

28

ENVERGADURA 90 - 95 cm

PESO 415 - 480 g

LONXEVIDADE 30 anos

ALIMENTACIÓN depredador carnívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC


ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |

REPUBLICANO

construtores

CURIOSIDADES PÁXINA: 10

O republicano procura colocar os niños en árbores de tronco moi liso para evitar que entren as serpes, en especial a cobra do cabo. Ás veces constrúeno sobre postes do tendido eléctrico ou do teléfono. •

LAT: Philetairus socius ALE: Siedelweber ESP: Republicano, tejedor sociable FRA: Républicain social ING: Sociable weaver ITA:

Passero repubblicano

ENVERGADURA 14 cm

PESO 26 - 30 g

LONXEVIDADE 5 anos

POR: Tecelão-sociável

PETO REAL

ALIMENTACIÓN insectívoro, granívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC

CURIOSIDADES PÁXINA: 12

O peto sempre utiliza a mesma árbore como bigornia para romper as piñas. Ao seu pé é frecuente atopar restos de centos de piñas. •

LAT: Dendrocopos major

Para marcar o seu territorio busca unha árbore que teña moita sonoridade e bate o peteiro contra el moi rápido. Con este ruído característico advirte aos seus conxéneres da súa presenza para que non se lle acheguen.

•

ALE: Buntspecht ESP: Pico picapinos FRA: Pic épeiche ING: Great Spotted Woodpecker ITA:

Picchio rosso maggiore

ENVERGADURA 34 - 44 cm

PESO 70 - 90 g

LONXEVIDADE 11 anos

ALIMENTACIÓN insectívoro, herbívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC

POR: Pica-pau-malhado

ESPIÑENTO

CURIOSIDADES PÁXINA: 14

O espiñento é un dos animais de laboratorio máis utilizados polos científicos para realizar experimentos sobre a evolución das especies. •

LAT: Gasterosteus aculeatus

A cor dos machos débese ás algas vermellas que comen durante a época da reprodución. •

ALE: Dreistachlige Stichling ESP: Espinoso FRA: Épinoche ING: Three-spined stickleback ITA:

Spinarello

POR: Esgana-gata

LONXITUDE 5 - 10 cm

PESO 15 - 20 g

LONXEVIDADE 8 anos

ALIMENTACIÓN depredador, carnívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC

29


AVESPA DE CARA BRANCA

CURIOSIDADES

PÁXINA: 16

As avespas son animais beneficiosos para a agricultura porque se alimentan de larvas de insectos e así evitan a aparición de pragas.

•

LAT: Dolichovespula maculata

• A diferenza das abellas, as avespas non morren cando cravan o aguillón.

ALE: Wespenart ESP: Avispa de cara blanca FRA: Guêpe à taches blanches ING: Bald-faced hornet ITA:

Calabrone americano

LONXITUDE 12 - 14 mm

PESO 300 mg (obreira)

LONXEVIDADE 8 meses (obreira)

POR: Vespa-norte-americana

ALIMENTACIÓN ADULTO herbívoro, insectívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC (non avaliado)

TÉRMITE CONSTRUTOR

CURIOSIDADES

PÁXINA: 18

En África central a xente captura térmites alados porque se consideran un manxar delicioso. •

LAT: Familia macrotermitidae

O peso de todos os térmites do mundo é dez veces maior que o de todos os seres humanos xuntos.

•

ALE: Termiten ESP: Termita FRA: Termite ING: Termite ITA:

LONXITUDE 4 - 6 mm (obreira)

Térmiti

PESO 12 mg (obreira)

LONXEVIDADE 5 anos (obreira)

POR: Cupim, térmita

ALIMENTACIÓN detritívoro, xilófago

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC (non avaliado)

CANGREXO ERMITÁN

CURIOSIDADES

PÁXINA: 20 • Os cangrexos ermitaños son moi apreciados como cebo polos pescadores.

LAT: Eupagurus bernhardus

Cando un ermitaño non atopa unha cuncha axeitada ás súas necesidades pode utilizar outros obxectos: frascos e caixas de plástico ou metal.

•

ALE: Einsiedler-und Steinkrebse ESP: Paguro, Cangrejo ermitaño FRA: Bernard l'ermite ING: Hermit crab ITA:

Paguro Bernardo

POR: Caranguejo-eremita

30

LONXITUDE 3,5 cm

PESO 17 g

LONXEVIDADE 1 ano

ALIMENTACIÓN omnívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC (non avaliado)


ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |

ARAÑA DE AUGA

construtores

CURIOSIDADES PÁXINA: 22 •

O seu nome en latín significa arañeira prateada.

•

As arañas de auga son moi sensibles á contaminación dos ríos.

LAT: Argyroneta acuatica

Todas as arañas teñen oito patas, a diferenza dos insectos que teñen seis. •

ALE: Wasserspinne ESP: Araña de agua FRA: Argyronète ING: Diving bell spider ITA:

Ragno palombaro

ENVERGADURA 8 - 15 mm

PESO 20 mg

LONXEVIDADE 2 anos

ALIMENTACIÓN depredador carnívoro

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC

POR: Aranha-de-água

MIÑOCA ABANO

CURIOSIDADES PÁXINA: 24

O ser vivo máis resistente á calor é Alvinella pompejana, unha miñoca abano que habita nas chemineas hidrotermais do Pacífico Norte. Vive habitualmente en augas a 90 ºC e soporta unha presión 250 veces maior que a presión atmosférica. •

LAT: Familia Sabellidae ALE: Federwürmer ESP: Gusano abanico FRA: Ver tubicole à éventail ING: Fan worm ITA:

LONXITUDE 1 mm - 1m

Sabella

PESO variable

LONXEVIDADE variable

POR: Espirógrafo

ALIMENTACIÓN filtrador micrófago

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC (variable segundo a especie)

CORAL

CURIOSIDADES PÁXINA: 26 • A variedade de cores que adornan os corais é consecuencia das algas simbióticas que posúen nos pólipos. Cando as algas morren, o coral branquea e tamén morre.

LAT: Clase Anthozoa

A gran Barreira de Coral é a construción animal máis grande do planeta. É tan grande que se pode ver desde o espazo.

•

ALE: Koralle ESP: Coral FRA: Corail ING: Coral ITA:

Coral

POR: Coral

LONXITUDE 0,6 - 30 cm

PESO variable

LONXEVIDADE variable

ALIMENTACIÓN carnívoro, micrófago

EXTINTO

AMEAZADO

BAIXO RISCO

EX EW CR EN VU CD NT LC (variable segundo a especie)

31


GLOSARIO Carotenoides Pigmentos orgánicos que producen e acumulan as plantas, as algas, e tamén algúns fungos e bacterias. Poden ser de cor amarela, laranxa ou vermella. Son moi abundantes no tomate e na cenoria, aos que lle dan a súa cor característica. Castóreo Secreción glandular que o castor usa para impermeabilizar a súa pelaxe. É de natureza aceitosa. O seu forte e característico cheiro faino moi aprezado en perfumería para fixar as fragancias. Ciclo vital Serie de fases polas que pasa un ser vivo ao longo do seu desenvolvemento, desde que nace ata que morre. Hai moitos tipos de ciclos: algúns son simples, como o do ser humano, outros son moi complexos, como o dos anfibios ou a metamorfose das bolboretas e das medusas. Cigoto Célula que resulta da unión dun óvulo e un espermatozoide. En canto se divide en varias células convértese nun embrión. Detritívoro Animal que se alimenta de restos orgánicos como cadáveres, follas secas, troncos caídos, etc. Micrófago Animal que para alimentarse inxire partículas orgánicas moi pequenas ou ben animais e plantas microscópicas. Narinas Dous orificios que teñen as aves no peteiro para respirar.

Nematociste Órgano urticante que posúen moitos animais do grupo dos cnidarios. Consta dun arpón conectado a un mecanismo de dis-

paro e a unha bolsa de veleno. Dispárase ao contacto das presas coa pel do cnidario. Organismos coloniais Seres vivos que viven adheridos uns a outros formando grandes masas, como os corais. Pólipo Fase do ciclo vital dos cnidarios. Nesta fase, o cnidario presenta aspecto de bolsa cilíndrica cunha ventosa inferior pola que se adhire ao substrato e unha coroa de tentáculos, que rodean a boca, na parte superior. As medusas pasan por unha fase xuvenil como pólipos e unha fase adulta de vida libre. Quelíceros Pezas bucais propias dalgúns artrópodos, como as arañas. Normalmente teñen a punta afiada e unha canle no seu interior pola que inoculan veleno ás presas. Reprodución asexual Tipo de reprodución que consiste no desenvolvemento dun organismo completo a partir dunha soa célula ou dun grupo de células do organismo proxenitor. Non existe fusión de células sexuais ou gametos. Sedentario Animal que vive toda a súa vida no mesmo lugar, en oposición ao que viaxa cada certo tempo, que se denomina migratorio. No caso das miñocas refírese ás que durante a súa vida adulta viven dentro dun tubo que elas mesmas elaboran, polo que tamén se denominan miñocas tubícolas. Simbiose Relación ecolóxica entre dúas especies de modo que as dúas saen beneficiadas da relación e dificilmente poden sobrevivir unha sen a outra. Por exemplo, os corais e as algas zooxantelas. O coral proporciona protección á alga e esta dálle nutrientes ao coral.

Tanatocrese Relación ecolóxica na que unha especie aproveita algunha parte do corpo da outra despois da morte desta. Por exemplo, os cangrexos ermitáns aproveitan cunchas baleiras de moluscos gasterópodos. UICN Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Esta organización estuda o estado de conservación das especies e publica os resultados cada ano. As categorías establecidas son: - Extinto (EX) - Extinto en estado silvestre (EW) - Ameazado (TR) · En perigo crítico (CR) · En perigo (EN) · Vulnerable (VU) - Baixo risco (LR) · Dependente de medidas de conservación (CD) · Próximo á vulnerabilidade (NT) · Mínima preocupación (LC) - Datos insuficientes (DD) - Non avaliado (NE) Urticante Substancia que produce proído ou rañeira ao ser humano. Os produtos urticantes que utilizan algúns organismos, como as anémonas, poden ser mortais para os pequenos animais dos que se alimentan.

Xemación Tipo de reprodución asexual que consiste na formación dunha protuberancia no corpo dun individuo adulto que, ao crecer, dá lugar a un individuo fillo, xeneticamente idéntico ao seu pai.

Xilófago Animal que se alimenta de madeira.

© do texto: Xulio Gutiérrez, 2010

© desta edición: Kalandraka Editora, 2010

© das ilustracións: Nicolás Fernández, 2010

Italia 37. 36162 Pontevedra Telf.: 986 860 276 faktoria@faktoriakdelibros.com www.faktoriakdelibros.com

© da tradución: Chema Heras, 2010 Coordinación da colección Animais extraordinarios: Chema Heras

Faktoria K de libros é un selo editorial de Kalandraka Primeira edición: xuño, 2010 Impreso en C/A Gráfica, Vigo ISBN: 978-84-96957-79-4 DL: PO 243-2010 Reservados todos os dereitos


En Construtores, terceiro volume da colección Animais Extraordinarios, descríbense algúns dos niños, tobas e goridas máis espectaculares do reino animal. En próximos libros desta colección mostraranse as viaxes máis longas, os sentidos máis agudos e as estratexias máis sofisticadas que os seres vivos empregan para sobrevivir. Outros títulos publicados: Bocas Nacer


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Construtores. Animais extraordinarios by kalandraka.com - Issuu