Esta historia que vos conto comezou unha tardiña nunha enorme e gris cidade, na súa grande avenida. Ao pé dun farol verde e sen que ninguén o vira, agromou un talo verde, baixo unha luz acendida.
Ao seu redor, rañaceos e mil fumeiras había. Grandes carteis, luces, voces, motores que enxordecían.