Skip to main content

Cervatos G - Lucía Novas

Page 1

OS gatos monteses, os arandos, os lobos, os subterfuxios, as tobei-

ras, as casas de chocolate, as crisálidas, as orquídeas, o final; Alicia, as lebres, as agullas, o espello, as saias con amidón, a hora do té; os abetos, os réptiles, as cabanas, os ewoks, os teixos; o acuario, os crocodilos, o cloroformo; o cuarto da costura, o xenxibre, as hortensias, as campánulas, os fíos, as caixas dos botóns, o subterráneo, o calacú, os eucaliptos, a ratiña gris; os fentos e as estrugas, as rosas damascenas, o diadema de ouro; a loucura, a invasión, o invisible.

OS ENXERTOS, o espiño albar, as mesturas, a incisión, as poma-

das, as sementes; os bisturís, as pílulas, o purpúreo; as marxes, os acougos, as ervellas, as canles, o aceite, o estraño, o escuro, a periferia, Brancaneves.

7


OS medos, a intensidade, a beleza, o terror, o sinal, as estrugas,

os abetos, o pracer, as folerpas, as sebes, o escarlata.

A INOCENCIA, a arca, o desacougo, a estrela, os tulipรกns.

8


AS MARXES, os bordos, as insuas, as lagoas, as herbas.

E TANTA beleza, tanta transgresiรณn, tanto amor

(subterrรกneo)!

9


LEÓNS mariños, banana split, the cramps, o fastío.

ELEFANTES brancos, corazóns de papel, abelorios,

cerámicas de coellos (nas herbas), cadeas douradas, veludos mouros. E un beixo na palma da miña man. Pantera.

10


TAN kitsch que ĂŠ beleza intensa.

(At the Drive-In.)

LUNARES, camisa de outono, sandalias brancas,

lixos e peluxes, animais, cebras; e o rumor do raso.

11


RETALLOS, over me, orlas intensas, puntas dolorosas.

PLUMAS de avestruz, de galos quiricos, de overdose,

de figuras de marfil, de teitos baixos, de madeiras antigas.

12


PORQUE a chave habita no fondo do meu corazón, do meu corazón.

E a rosa de cerámica arrecende. E subiría polas escaleiras de chanzos azuis, mais non agardas por min.

CANDO morramos, atinxiremos os tulipáns.

Mais eu aínda non quero partir.

13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Cervatos G - Lucía Novas by kalandraka.com - Issuu