MODESTIA FORA
Nacín (modestia fora) nun lugar onde o mundo se chama Celanova. Moitas vegadas a miña nai contóumo. O día que ti naciche houbo estranas sinales no ceo. Outo era entón o vento de xaneiro, as pombas do solpor tornaban lentas na serán sosegada. Arpas invisíbeles, penduradas das torres centinelas, mentían un rumor de frautas doces. Cando chegóu a noite envolta en nardos coutóu a derradeira luz do día que aguniaba alá lonxe como brasa mortiza dun rescaldo. (Como brasa mortiza ten sido a miña vida, como brasa mortiza dun rescaldo. Por eso vivo coa angueira de non saber si son lume ou si son somente fume dunha remota fogueira.)
De Onde o mundo se chama Celanova
9
TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Teño o corazón senlleiro e orfo na noite fría. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Teños lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Que está comigo a esperanza, fiando, fía que fía... Ela fía i eu confío no albor do novo día.
De Viaxe ao País dos Ananos
11