Skip to main content

Carta a unha profesora G - Escola de Barbiana

Page 1

Este libro non se escribiu para os docentes, senón para os pais. É un chamamento a organizarse. A primeira vista semella escrito por un só rapaz. En realidade, os autores somos un grupo de oito rapaces da escola de Barbiana. Outros compañeiros nosos, que están a traballar, axudáronnos os domingos. Ante todo, debemos darlle as grazas ao noso cura, que nos educou, nos ensinou as regras da arte e dirixiu os traballos. Tamén a moitísimos amigos que colaboraron doutro xeito: na simplificación do texto, a varios pais; na compilación de datos estatísticos, aos secretarios, docentes, directores de primaria e secundaria, funcionarios do Ministerio e do Instituto Nacional de Estatística e aos curas párrocos; por outras informacións, a sindicalistas, xornalistas, funcionarios municipais, historiadores, estatísticos e xuristas.

13


PRIMEIRA PARTE


Benquerida señora: Vostede non ha de lembrar sequera o meu nome. Suspendeunos a tantos! Mais eu si que teño pensado moito en vostede, nos seus colegas, nesa institución que chaman escola, nos rapaces que vostedes «rexeitan». Rexéitannos, bótannos aos campos e ás fábricas e despois esquécennos. Hai dous anos, en primeiro de Maxisterio, vostede intimidábame. Por outra parte, a timidez é algo que me acompañou toda a vida. De pequeno non levantaba a ollada do chan. Andaba pegado ás paredes para que non me visen. Ao principio pensaba que se trataba dunha doenza miña ou, como moito, da miña familia. Miña nai é das que se asustan diante dun formulario para mandar un telegrama. Meu pai observa e escoita, mais non fala. Andando o tempo cheguei a pensar que a timidez era a doenza da xente da montaña. Os labregos do val parecíanme seguros de si. Por non falar xa dos obreiros.

a timidez

17


Iso si, tamén vin que os obreiros lles deixan aos fillos de papá todos os postos de responsabilidade nos partidos e todos os escanos no Parlamento. Conque son coma nós. E a timidez dos pobres é un misterio máis antigo. Non llo sei explicar eu, que estou dentro. Se cadra non é nin covardía nin heroísmo. Só é falta de prepotencia. A xente da montaña Na primaria o Estado ofreceume unha escola de a escola unitaria segunda categoría. Cinco cursos nunha soa aula. Unha quinta parte da escolarización á que tiña dereito. É o sistema que seguen nos Estados Unidos para crearen as diferenzas entre brancos e negros. Unha escola peor para os pobres desde pequenos. Rematada a primaria, tiña dereito a outros tres ensino obrigatorio anos máis de escola. Aínda máis: a Constitución di que eu tiña a obriga de asistir. Pero en Vicchio aínda non había escola media. Ir ata Borgo era unha aventura. Quen o tentara, gastaría unha chea de cartos para despois acabar rexeitado coma un can. Aos meus pais a mestra dixéralles que non malgastasen os cartos: «Métano a traballar no campo. Non vale para estudar». 18


Meu pai non lle respondeu. Pensaba para si: «Se vivise en Barbiana, si que valería». En Barbiana todos os rapaces ían á escola do cura. Desde a mañá cedo ata o serán, verán e inverno. Ninguén era «negado para os estudos». Pero nós eramos doutra aldea, de lonxe. Meu pai xa estaba para renderse. Despois soubo que alí tamén ía un rapaz de S. Martino. Entón botoulle valor e foi informarse.

Barbiana

Cando volveu, vin que me comprara unha lanterna para andar de noite, unha tarteiriña para a sopa e mais un par de botas de goma para a neve. O primeiro día acompañoume el. Botamos dúas horas porque tiñamos que ir abrindo camiño co podón e a fouce. Despois aprendín a chegar en pouco máis dunha hora. Pasaba preto de dúas casas illadas. Cos vidros rotos, abandonadas había pouco. Ás veces botaba a correr por culpa dalgunha víbora ou por un tolo que vivía só na Rocca e que me berraba de lonxe. Tiña once anos. Se chega a ser vostede, morría de medo. Non ve? Cadaquén ten as súas timideces. Conque estamos empatados. Pero só se cada un queda na súa casa. Ou se vostede tivese que examinarse ante nós. Pero non o necesita.

o bosque

19


as mesas

A de Barbiana, cando cheguei, non me pareceu unha escola. Nin mesa do profesor, nin encerado nin pupitres. Só unhas mesas grandes arredor das cales se daba clase e se comía. Só había un exemplar de cada libro. Os rapaces arremuiñábanse arredor deles. Custaba decatarse de que había un que era un pouco maior e lles ensinaba aos demais. O máis vello daqueles mestres tiña dezaseis anos. O máis novo, doce, cousa que me enchía de admiración. Decidín desde o primeiro día que eu tamén había de dar clase.

o favorito

A vida tamén era dura alá arriba. Disciplina e reprimendas que quitaban a gana de volver. Iso si, quen carecía de coñecementos básicos, era lento ou desganado, sentíase o favorito. Acollíano igual que vostedes acollen o rapaz máis aplicado da clase. Semellaba que a escola era toda para el só. Mentres el non entendese a cuestión, os demais non proseguían.

o recreo

Non había recreo. Non había días libres, nin sequera os domingos. A ningún de nós nos preocupaba moito, porque ir traballar é peor. Pero todos os burgueses que viñan visitarnos armaban unha polémica sobre esta cuestión.

20


Un profesor, moi autorizado el, dixo: «Reve­ rendo, vostede non estudou pedagoxía. Polianski di que o deporte é para o rapaz unha necesidade fisiopsico…».4 Falaba sen mirar para nós. Os que imparten pedagoxía na universidade non necesitan ollar os rapaces. Coñécenos de memoria, igual que nós sabemos de memoria as táboas de multiplicar. Ao final marchou, e Lucio, que tiña 36 vacas na corte, dixo: «A escola sempre será mellor que a merda». Esta frase debería esculpirse sobre a porta das os labregos do mundo vosas escolas. Millóns de rapaces labregos están dispostos a subscribila. Que os rapaces odian a escola e só lles gusta xogar dino vostedes. A nós, os labregos, non nos preguntaron vostedes nada. Pero somos mil novecentos millóns.5 Seis de cada dez rapaces pensan o mesmiño que Lucio. Dos outros catro non se sabe. Toda a cultura de vostedes está construída así. Coma se vostedes fosen o mundo. 4

Polianski: non sabemos quen será, pero ha de ser un famoso educador. Pedagoxía: arte de educar os rapaces. Fisiopsico: metade dun palabrón que empregou o profesor este e que non recordamos enteiro. 5

Incluímos nesa cifra os que viven peor ca os labregos: cazadores, pescadores e pastores (Compendium of Social Statistics, onu, Nova York, 1963).

21


rapaces mestres

Ao ano seguinte eu xa era mestre. Vaia, érao durante tres medias xornadas por semana. Ensinaba xeografía, matemáticas e francés en primeiro de secundaria. Para follear un atlas ou explicar quebrados non fai falta título universitario. Se fallaba en algo, non pasaba nada. Era un alivio para os rapaces. Investigabamos todos xuntos. As horas pasaban serenamente, sen medo e sen vergonza. Vostede non sabe dar clase coma min.

Por outra parte, ao ensinar aprendía moitas política ou avaricia cousas.

Por exemplo, aprendín que o problema dos demais é igual ao meu. Saírmos todos xuntos del é a política. Saírmos sós é a avaricia. Contra a avaricia non estaba vacinado. Fronte aos exames dábame gana de mandar ao carafio os rapaces e estudar o meu pola miña conta. Era un rapaz coma os seus, pero eu alí arriba non llelo podía confesar aos demais nin a min mesmo. Tiña que ser xeneroso incluso cando non o era. A vostedes ha de parecerlles pouco. Pero cos seus alumnos fan aínda menos. Non lles preguntan nada. Só os animan a abrirse camiño. Os rapaces da vila

confundidos

22

Tras a creación da escola de ensino medio en Vicchio, chegaron a Barbiana rapaces procedentes da vila. Todos suspensos, naturalmente.


Polo visto, o problema da timidez para eles non existía. Pero estaban confundidos noutras cousas. Por exemplo, consideraban que o xogo e as vacacións eran un dereito, e a escola, un sacrificio. Nunca oíran dicir que á escola se vai para aprender, e que asistir é un privilexio. Para eles, o mestre estaba no outro lado da barricada e había que enganalo. Mesmo tentaban copiar. Custoulles tempo comprender que alí non había notas. E os mesmos subterfuxios acerca do sexo. Pensaban que do sexo había que falar ás agachadas. Se vían un galo a galar unha galiña, dábanse co cóbado entre eles coma se acabasen de ver un adulterio. Ao principio, parecía que era a única materia escolar que os atraía. Tiñamos un libro de anatomía.6 Encerrábanse a miralo nun recanto. Había dúas páxinas que estaban todas desgastadas. Máis adiante descubriron que as outras tamén eran fermosas. Despois decatáronse de que a historia tamén é fermosa. Houbo algún que non se detivo aí. Agora interésase por todo. Dálles clase aos máis cativos, acabou coma nós. A algún si que conseguiron vostedes conxelalo de novo.

o galo

6

Libro de anatomía: libro que empregan os estudantes de medicina; nel estúdase o corpo por partes.

23


as rapazas

Das rapazas da vila non veu nin sequera unha. Se cadra era pola dificultade do camiño. Se cadra, pola mentalidade dos pais. Cren que unha muller pode vivir co cerebro dunha galiña. Os homes non lle piden que sexa intelixente. Iso tamén é racismo. Sobre este aspecto non temos nada que reprocharlles a vostedes. Ás rapazas estímanas máis que os seus pais.7

Sandro tiña 15 anos. Metro setenta de altura, Sandro e Gianni humillado, adulto. Os profesores tomárano por

imbécil. Querían que repetise primeiro por terceira vez. Gianni tiña 14 anos. Distraído, alérxico á lectura. Os mestres xa o tiñan por delincuente. E non lles faltaban razóns, mais iso non é motivo para quitalo do medio. Nin un nin o outro tiñan intención de repetir. Non lles quedaba outra que iren traballar á fábrica. Viñeron onda nós soamente porque nós ignoramos as repeticións que vostedes mandan, e metemos a cada rapaz no curso apropiado para a súa idade. Sandro entrou en terceiro de ensino medio, e Gianni en segundo. Foi a primeira satisfacción escolar que levaron na súa ruín vida. Sandro 7

Por exemplo, no curso 1962-63, en primeiro de ensino medio aprobaron o curso o 65,2 % dos rapaces e o 70,9 % das rapazas. En segundo de ensino medio, o 72,9 % dos rapaces e o 80,5 % das rapazas (Annuario Statistico dell’Istruzione, 1965, p. 81).

24


ha de lembralo sempre. Gianni lémbrao un día si e outro non. A segunda satisfacción consistiu en cambiar por fin de programa. Vostedes querían telos alí parados ata alcanzaren a perfección. Unha perfección que é absurda porque o rapaz escoita as mesmas cousas ata a fartura, mentres el non para de crecer. As cousas son sempre as mesmas, pero el vai cambiando. Acaban resultándolle puerís entre as mans. Por exemplo, en primeiro ían mandarlles ler por segunda ou terceira vez A vendedora de mistos e a «neve que cae e cae e cae».8 Pola contra, en segundo e terceiro teñen que ler cousas escritas para adultos. Gianni non sabía que o verbo haber se escribe con hache e con be. Pero do mundo dos adultos si que sabía moitas cousas. Do traballo, das familias, da vida na aldea. Algúns seráns ía co seu pai á sede do Partido Comunista ou ás sesións do pleno municipal. Vostedes, con tantos gregos e romanos, lograron que el odiase toda a historia. Connosco, ao tratarmos o tema da última guerra aguantaba catro horas sen respirar.

a vendedora de mistos

8

A vendedora de mistos: conto de Hans Christian Andersen, escritor danés do século xix. La neve fiocca fiocca fiocca: verso dun poema de Giovanni Pascoli.

25


En xeografía vostedes obrigaríano a estudar Italia por segunda vez. Abandonaría a escola sen oír falar do resto do mundo. Vostedes ían facerlle un dano grave. Aínda que só fose para ler o xornal.

non sabes En pouco tempo, Sandro apaixonouse por toexpresarte do. Polas mañás seguía o programa de terceiro.

Entrementres, tomaba nota das cousas que non sabía, e polo serán buscaba nos libros de segundo e primeiro. En xuño o «imbécil» presentouse á reválida para sacar o graduado e vostedes tiveron que aprobalo. Para Gianni foi máis difícil. Da súa escola saíra analfabeto e odiando os libros. Nós fixemos marabillas con el. Conseguimos que amase se non todas, polo menos algunhas materias. O único que facía falta era que vostedes o enchesen de eloxios e o promovesen a terceiro. Xa nos encargariamos nós despois de facer que lle gustase o resto. Pero nos exames unha profesora díxolle: «Para que vas a unha escola privada? Ti non ves que non te sabes expresar?». «…»9 Que Gianni non sabe expresarse tamén o sei eu. Deámonos golpes de peito todos. Pero primeiro vostedes, que o botaran da escola o ano anterior. Boa solución a que vostedes dan. 9

Neste punto quixemos pór a palabra que nos viña á mente aquel día, mais o editor non quixo imprimila.

26


Por outra parte, cumpriría pórnos de acordo sobre cal é a lingua correcta. As linguas créanas os pobres e despois continúan a renovalas ata o infinito. Os ricos conxélanas para poderen burlarse dos que non falan coma eles. Ou para suspendelos. Vostedes din que Pierino, o fillo de papá, escribe ben. Claro que si: fala coma vostedes. É da casa. En cambio, a lingua que fala Gianni é a do seu pai. Cando Gianni era pequeniño, á radio chamáballe lala. E o pai púñase serio: «Non se di lala, dise arradio». Ora ben, se é posible, é boa cousa que Gianni aprenda a dicir radio. A lingua de vostedes pode que lle veña ben. Pero, polo de agora, non poden botalo da escola. «Todos os cidadáns son iguais sen distinción de lingua.» Iso é o que di a Constitución pensando nel.10

sen distinción de lingua

Mais vostedes réndenlle máis honores á gramática ca á Constitución. E Gianni xa non volveu máis, nin sequera connosco. Nós non nos resignamos. Seguímolo de lonxe. Sábese que xa non vai á misa, nin á sede de ningún partido. Traballa facendo limpeza nunha fábrica. Nas horas libres segue as modas como boa

marioneta obediente

10

En realidade, as súas señorías constituíntes estaban a pensar nos do Tirol do Sur (ou Alto Adige), que falan alemán, pero, sen querer, tamén pensaron en Gianni.

27


marioneta obediente. Os sábados vai ao baile; os domingos, ao fútbol. Vostedes nin sequera saben que el existe.

o hospital

Así foi o noso primeiro encontro con vostedes. Por medio dos rapaces que non queren. Tamén nos decatamos de que con eles a escola resulta máis difícil. De cando en vez temos a tentación de quitalos do medio. Pero se os perdemos a eles, a escola xa non é escola. É un hospital que cura os sans e rexeita os doentes. Convértese nun instrumento de diferenciación cada vez máis irremediable. E vostedes son capaces de desempeñar ese papel no mundo? Pois entón volvan chamalos, insistan, empecen todo de cero ao infinito aínda que os tomen por tolos. Mellor pasar por tolo que ser instrumento do racismo. Os exames

En xuño do terceiro ano en Barbiana, presenas regras da escritura teime por libre á reválida de terceiro de ensino medio.11 11

No sistema educativo vixente daquela en Italia, o terceiro de ensino medio era o oitavo e último curso do ensino obrigatorio, e remataba cuns exames de reválida para a obtención do graduado escolar. (N. do T.)

28


O tema da redacción foi: «Falan os vagóns do tren». En Barbiana aprendera que as regras da escritura son: ter algo importante que dicir e que lles sexa útil a todos ou a moitos; saber a quen se lle escribe; recompilar todo o que faga falta; establecer unha lóxica para ordenalo; eliminar toda palabra que non faga falta; eliminar toda palabra que non utilicemos na fala; non imporse límites de tempo. Así é como escribo esta carta cos meus compañeiros. Así espero que escriban os meus alumnos cando sexa mestre. Pero, diante daquel tema, que ía facer eu coas regras humildes e cabais desta arte intemporal? Se quería ser sincero, tería que deixar a folla en branco. Ou ben criticar o tema e criticar a quen mo puxera. Mais tiña catorce anos e viña da montaña. Para entrar na Escola de Maxisterio necesitaba o graduado. Aquel tituliño estaba en mans de cinco ou seis persoas alleas á miña vida e a case todo canto eu amaba e sabía. Xente indiferente que tiña a tixola polo rabo. Conque tentei escribir como queren vostedes. Abofé que non o conseguín. Por suposto que fluían moito mellor as redaccións dos señoritos

a tixola nas súas mans

29


que a vostedes tanto lles gustan, expertos en remoer unha e outra vez lugares comúns. O exercicio de francés era un compendio de a obsesión polas trampas excepcións. Os exames habería que abolilos. Pero se os poñen, polo menos sexan honrados. As dificultades deben introducirse en proporción ás que se dan na vida. Se vostedes aumentan a súa frecuencia, é porque lles gusta pór trampas. Coma se estivesen en guerra cos rapaces. Por que o fan? Polo ben deles?

bufos, seixos Polo ben deles non. Aprobou cun nove un rapaz e abanos que en Francia non sabería nin preguntar onde está o cuarto de baño. Só sabía preguntar por bufos, seixos e abanos, tanto en plural como en singular.12 Como moito debía de coñecer duascentas palabras escollidas por seren excepcións, non por ser frecuentes. O resultado é que odiaba o francés tanto como se poden odiar as matemáticas.

o fin

Eu aprendín as linguas cos discos. Sen sequera decatarme, aprendín primeiro as cousas máis útiles e frecuentes. Exactamente como aprendín o italiano. 12

Bufos, seixos e abanos: estas tres palabras en francés (hibou, caillou, éventail) son das que presentan máis dificultade. Os profesores á antiga obrigan a aprendelas de memoria xa desde os primeiros anos de escola.

30


Aquel verán estivera en Grenoble a traballar de fregador nun mesón.13 Axiña me sentira cómodo alí. Nos albergues comunicárame con mozos de Europa e de África. Volvera decidido a aprender linguas sen parar. Moitas linguas mal antes que unha soa ben. Co fin de poder comunicarme con todos, coñecer homes e problemas novos, rirme das sagradas fronteiras das patrias. Nos tres anos de ensino medio aprenderamos dúas linguas en vez dunha: francés e inglés. Tiñamos un vocabulario suficiente para manter calquera conversa. Sempre que non nos enredásemos con algún fallo gramatical. Mais a gramática, practicamente, só fai falta á hora de escribir. Para ler e falar pódese prescindir dela. Despois, pouco e pouco, vaise collendo de oído. E máis adiante, quen ten interese pode estudala. Por outra parte, é así como facemos coa nosa lingua. Recibimos a primeira lección de gramática despois de oito anos falándoa. Despois de tres é cando se le e se escribe. Nos programas novos aconsellan os discos tamén para vostedes. Mais os discos están ben para unha escola a tempo completo, onde as linguas 13

os medios

Grenoble: cidade de Francia. Albergues: hostais para a xuventude.

31


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Carta a unha profesora G - Escola de Barbiana by kalandraka.com - Issuu