Skip to main content

Cara de velocidade G - Marga Tojo / María Hergueta

Page 1

Horses Debuxo crocodilos con puré de patacas e, ai!, achéganse os cabalos. Son sete. Gústanlles as carreiras de réptiles, apostárense as miñas cenorias, levar chapeu e saia. Entran na cociña, derraman o café, ensucian a coada. Pártense de risa. Cántanlle ao meu prato:

5


«Oh, pequena, puré de patacas, fai o crocodilo; fai o crocodilo1.»

Fagan as súas apostas.

«Vale», anímome. «Tres das grandes polo do grumo no embigo.»

Carreira de hidratos. E sempre o meu crocodilo papa os chícharos e escapa do prato.

1

Tradución dos versos «baby mash potato, / do the alligator, / do the alligator»,

da canción Horses da roqueira Patti Smith, que lle gusta ao meu avó.

6


Aconteceu esta mañá Un barco naufragou no meu caderno. Sen querer, borrei o temón. Caeu o temoneiro. Torcéronse os plans. «Home á auga!», berraron en proa. Aínda non tiña remos o bote salvavidas. O barco á deriva chocou contra un vaso moi cheo. Derramouno todo sobre o ordenador de mamá.

Non puiden facer nada. Mirar como afundían.

Foi un gran naufraxio.

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Cara de velocidade G - Marga Tojo / María Hergueta by kalandraka.com - Issuu