Skip to main content

Cantarolas G - Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas / Leandro Lamas

Page 1

Onde vas? –Cóbrega, onde vas? –Pola beiriña do río chegarei onde está o mar. –Ranciña, onde vas? –Choutando cara á lagoa na que quero batuxar. –Curuxa, onde vas? –Voando vou polo aire pra chegar ao palmeiral.

7


De paseo Aí vén a Caracola, paso a pasiño; non a apuren que trae consigo o fillo. Ela vai, churrusqueira, vai moi garrida; leva unha flor moi branca: a margarida. O fillo pequerrecho témelle ao sol e leva como sombra un xirasol.

8


Corre, corre, meu cabalo Corre, corre, meu cabalo. Trota, trota, fiel Luceiro. Sube outeiros e montañas, camiña fraga e xesteira, baixa ao val, vai ás camposas, galopa pola ribeira. Lévame ao vello carballo, cruza o piñeiral voando, escoita o canto do merlo que o seu niño está coidando. Corre, corre, meu cabalo. Trota, trota, fiel Luceiro.

9


A Paxara Pinta Outeaba a Paxara Pinta no curuto dun verde loureiro, e achegóuselle a fiel Carricanta cunha presa de mel nun pucheiro. Quer probar, dona Paxara Pinta, un bocado deste rico mel? Déronmo unhas abellas amigas que tan doce o saben facer. E a Paxara Pinta, lambona, papou soa nun tristrás todo o mel. –Ai, Paxara Pinta larpeira –dicía Carricanta enfadada–, por ruín, egoísta e vaidosa nunca máis che hei traer lambetada!

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Cantarolas G - Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas / Leandro Lamas by kalandraka.com - Issuu