Skip to main content

Bromas na escuridade G - Daniela Kulot

Page 1

Aquela noite era a primeira vez que a lebre Herminia e o verme Ringo quedaban a durmir na casa do oso Baldo.


A mamá lebre e o papá verme estaban un pouco nerviosos. –Trouxestes todas as vosas cousas? –Si! –responderon Herminia e Ringo–. Ata mañá!


Despois, os tres amigos xunto cos pais de Baldo cearon estupendamente. Cada un comeu do que máis lle gustaba.

–E agora a que xogamos? –preguntou Baldo cando remataron de cear. –Ás pantasmas –respondeu Herminia.


Herminia e Baldo disfrazáronse de pantasmas con sabas vellas. Pero a Ringo no lle gustaba disfrazarse e preferiu facer de técnico de iluminación.

–Xa xogamos bastante! Agora temos que lavarnos os dentes.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Bromas na escuridade G - Daniela Kulot by kalandraka.com - Issuu