Skip to main content

Brinca vai. Paco Nogueiras / David Pintor / Sr. Sagüillo

Page 1

Se xogo á PITA CEGA non podo ver. Atentos ós reflexos, vén o BRILÉ. Teremos moito ollo xogando á RA. Pero co TRES EN RAIA hai que maquinar. Brinca vai! Brinca vai! (Brinca vai!) Brinca vai! Brinca vai! (Brinca vai!) Conta os da roda a ver quen sae.

Imos contar: Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Taco, taco, número catro, un, dous, tres e catro. Un, dous, tres, zapatiño inglés, sen mover as mans nin os pés. Vexo, vexo... Que ves? Vexo os nenos xogar.

[bis]

Colle a BUXAINA e tira ben. Ten tino na MARIOLA onde pos os pés. Colle a BILLARDA e mándaa lonxe. Nas CARREIRAS DE SACOS tes que apurar.

Dálle forte á CORDA, hai que saltar! Quen pille primeiro o PANO vai ganar. Nos ZANCOS parece que son moito máis alto. O ARO na corredoira vai xirar. (Retrouso)

(Retrouso)

[bis]


Vén o solpor, hai que correr. No Samaín todo pode acontecer. Voan cabazas e falan morcegos, luces que bailan todas enriba no ceo.

Néboa e fume, ferven os caldeiros. Lume nos potes para facer encantamentos. Unllas escuras, miañar de gatos negros, ruídos de pasos que nos seguen moi de preto.

Pelos de punta, cheiro a candeas, as sombras baixan todas pola cheminea. Cor de castaña, fiúncho menciñeiro, quedan atrás os que non corren os primeiros.

Ollos pintados, bruxas con sombreiro, nenos que brincan para coller os caramelos. Palabras máxicas, feitizos moi vellos. No Samaín todo semella verdadeiro.

Moito maxín, no Samaín é hora de contar historias de medo e fuxir. Moito maxín hai no Samaín, é hora de contar historias de medo e botar a rir.

Moito maxín, no Samaín é hora de contar historias de medo e fuxir. Moito maxín hai no Samaín, é hora de contar historias de medo e botar a rir.


1• 2• 3• 4• 5• 6• 7• 8• 9• 10• 11• www.kalandraka.com

12•


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Brinca vai. Paco Nogueiras / David Pintor / Sr. Sagüillo by kalandraka.com - Issuu