XULIO GUTIÉRREZ NICOLÁS FERNÁNDEZ
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
Bocas 1
páx. 4
Animais extraordinarios
2 páx. 6
3 Entre o ecuador e os polos hai unha enorme cantida-
páx. 8
de de ecosistemas: desde os ambientes extremadamente fríos do ártico ata os cálidos trópicos, desde os áridos desertos ata as húmidas selvas ecuatoriais. En
4
páx. 10
cada ecosistema miles de animais loitan pola súa vida segundo a dura lei da selección natural:
«comer e que non me coman». Para sobrevivir, cada especie adáptase a un ecosistema, a un clima, a un tipo de alimentación. Cada espe-
5 páx. 12
6
páx. 14
cie ten un xeito especial de obter o seu alimento, para o que desenvolve uns órganos propios e unhas formas de comportamento que a diferencian do resto. Ás
7
páx. 16
veces estes órganos están moi especializados. Neste libro veremos algúns exemplos de animais extraordinarios que presentan complexas adaptacións para conseguiren o alimento que precisan. Uns son carnívoros, outros herbívoros; todos eles especialistas que amosan a gran variedade de estratexias alimenta-
8
páx. 18
9
páx. 20
rias que existen na natureza.
10 páx. 22
11 páx. 24
12 páx. 26
OSO FORMIGUEIRO Myrmecophaga tridactyla
O oso formigueiro é un mamífero robusto do tamaño dun can grande. A pesar do seu nome non ten nada que ver cos osos. Está emparentado cos preguiceiros. O oso formigueiro come moi pouco, polo que non se pode permitir gastar demasiada enerxía. Sempre trata de aforrar esforzos: móvese moi devagar e dorme moito, ata 16 horas cada día. É un animal solitario. Só busca compañía uns poucos días ao ano, durante a época de reprodución. Despois a parella desfaise e cada un volve ao seu territorio. As femias teñen unha soa cría por parto, que levan no lombo perfectamente camuflada polos debuxos da súa pel.
A súa forte pel, cuberta de grosos pelos, forma unha barreira que protexe dos ataques e picaduras das formigas soldado. Os seus únicos inimigos son os pumas e os xaguares. Con todo, a especie está en perigo de extinción a causa dos seres humanos. Os atropelos en zonas urbanizadas, a caza furtiva e, sobre todo, a destrución do seu hábitat natural están a reducir dramaticamente o seu número. 4
Vive nas selvas e nas grandes pradarías de América Central e do Sur. Gústanlle os espazos abertos que percorre á busca de formigueiros.
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
Superlingua As rexións tropicais son cálidas e húmidas durante todo o ano. A vexetación medra con tanta forza que se amorean baixo o chan toneladas de follas e madeira morta que serven de alimento a millóns de pequenos insectos. O oso formigueiro é un gran cazador de insectos, sobre todo de formigas, o seu alimento preferido. Un adulto pode comer ata 35.000 nun só día. Cando atopa un formigueiro rompe a entrada coas súas enormes poutas. Deseguido, escava coas súas afiadas uñas ata chegar ás galerías onde habitan as formigas. Logo introduce o seu estreito fouciño no burato e furga nel coa súa longuísima lingua, que pode sacar e meter ata tres veces por segundo, en busca de alimento.
As formigas quédanlle adheridas á lingua ao contacto coa saliva densa e pegañenta. Despois, trágaas sen mastigar: o oso formigueiro non ten dentes. Cando escarva só destrúe a parte superior do formigueiro. As formigas non tardarán en reconstruílo, e así poderá volver ás poucas semanas á busca de máis alimento. Deste xeito, o oso formigueiro non rompe o equilibrio do ecosistema e garante a súa supervivencia.
bocas 1
BALEA CORCOVADA Megaptera novaeangliae
A balea corcovada é unha balea de tamaño medio, a metade que as grandes baleas azuis. É inconfundible polas súas longas aletas e o seu lombo arqueado.
Pasa a vida facendo longuísimas viaxes pola maioría dos mares do mundo. Nada devagariño, máis ou menos á velocidade que camiña unha persoa.
As baleas son animais moi sociables que viven en pequenos grupos familiares. Entre elas comunícanse mediante variados sons que parecen música. Algúns destes sons son tan graves que os seres humanos non podemos percibilos. Ás veces saltan fóra da auga e fan xiros e manobras acrobáticas, realmente rápidas e espectaculares. Durante o cortexo, os machos compiten por achegarse ás femias dando formidables saltos. Na época da reprodución viaxan aos trópicos para parir as súas crías en augas cálidas. A maior ameaza para estas baleas é o ser humano. No século XX capturáronse máis de 100.000, quedando a especie a piques da extinción. Hoxe quedan unhas 28.000. Desde 1966 están protexidas en todo o mundo pero algúns países queren que se volva permitir a súa pesca. A pesar do seu aspecto tranquilo e pacífico, a balea corcovada é un gran depredador. Durante o verán viaxa ata os océanos polares para capturar toneladas de diminutos camaróns árticos e pequenos peixes, como arenques e sardiñas. O resto do ano non come nada e vive das reservas de graxa que acumula baixo a pel. Para pescar golpea a auga coa cola e as aletas ata atordar as súas presas. Logo, devóraas nun ataque directo e veloz. Pero, en ocasións, utiliza unha téc-
6
A balea corcovada é unha das máis doadas de avis-
nica de pesca moito máis sofisticada que necesita
tar porque lle gusta achegarse ás embarcacións a
da colaboración de todos os individuos do grupo: a
curiosear.
pesca con burbullas.
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
Pesca con burbullas Cando as baleas atopan un banco de peixes bótanse a nadar rapidamente en círculos, ao tempo que expulsan aire para formar unha rede de burbullas arredor das súas presas. Os peixes non poden ver ás baleas e, desorientados polas burbullas, soben á superficie reuníndose no centro dunha gran trampa.
Entón, as baleas ascenden desde o fondo coa boca aberta, recollendo centos de litros de auga e capturando miles de presas dun só bocado. Despois, coa súa enorme lingua, expulsan a auga a través das barbas. Alí queda retido o alimento que, ao cabo, engolen pola súa estreita gorxa.
bocas 2
En Bocas, primeiro volume da colección Animais extraordinarios, descríbense con detalle e rigor doce especies que obteñen o seu alimento de forma moi peculiar. Noutros títulos desta mesma colección, como Nacer ou A miña casa, o lector descubrirá a forma asombrosa en que algúns seres se reproducen e as construcións máis sofisticadas do reino animal.