Skip to main content

Bechopoemas e outras bestas G - Leire Bilbao e Maite Mutuberria

Page 1

O tremendo susto da curuxa Catapún, pan, foxe! Tremendo susto que lle deu a curuxa ao coche. Catapún, pan, diantre! Tremendo susto que lle deu o coche ao que ía diante. Catapún, pan, xeito! Tremendo susto que lle deu ao tronco do ameneiro. Catapún, pan, puxa! Tremendo susto que lle deu o ameneiro á curuxa!

9


A curuxa cántalle á Lúa Luzada da lúa de agosto, acariñarás o meu rostro? Ollo branco, pupila negra, son eu quen te miro a ti. Ollo negro, pupila branca, es ti quen me mira a min. Luzada da lúa de abril, deixarás a terra mollada? Lueiro das mil luzadas, pecha os ollos e vai durmir.

10


Roubaron a Lúa Roubaron a Lúa, roubaron a Lúa!, berraron os animais do bosque. Os corvos, foron os corvos, dixo a curuxa na noite. Foi na escuridade, foi en silencio, dixo tamén o morcego. No lago, metérona no lago, engadiu axiña o oso. Pero por que? Por que o fixeron?, preguntou o porco bravo. Porque a Lúa quería bañarse, bisboulles a todos o sapo.

11


O canto nocturno do grilo Teño un grilo grileiro, gri-gri-grí, artista e cantareiro, gri-gri-grí, sexa outono ou primavera, gri-gri-grí, canta á leituga e ás verzas, gri-gri-grí, ao brillo da terra na lama, gri-gri-grí, á danza das follas nas ramas, gri-gri-grí, á lúa fresquiña do inverno, gri-gri-grí, cántalle ao riso do vento, gri-gri-grí, aos peixes que asoman na ría, gri-gri-grí, á última luzada do día, gri-gri-grí. Teño un grilo no corazón, gri-gri-grí, que cala ao raiar o sol, gri-gri-grí. 12


A xoaniña e o escaravello Xoaniña enriba da flor, eu non quero chuvia, quero sol. Escaravello, escaravello, sempre estás con lamentos. Xoaniña, voa, voa, heiche dar pan de broa. Escaravello, escaravello, non me sexas traveso. Xoaniña da saia vermella, encántanme as túas prendas. Escaravello, escaravello, limpa os teus pantalóns negros. Xoaniña, xoaniña, se non queres vir comigo, comerei eu o pan de millo!

13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Bechopoemas e outras bestas G - Leire Bilbao e Maite Mutuberria by kalandraka.com - Issuu