


Un bonito día de primavera, Artur e Clementina, dúas tartarugas rosadas, noviñas e fermosas, coñecéronse á beira dun lago.
E decidiron casar aquela mesma tarde.

Clementina, alegre e despreocupada, facía moitos plans para a súa vida en común mentres paseaban pola beira e pescaban algunha cousiña para cear. Clementina dicía:
–Xa verás o felices que habemos ser: imos viaxar, descubrir novos lagos e coñecer outras tartarugas; imos pescar peixes distintos e encontrar outras plantas e flores nas beiras; vai ser unha vida marabillosa...
Mesmo habemos ir ao estranxeiro! Sabes o que?
Sempre soñei con ver Venecia.
Artur sorría e dicíalle que si.


Hai máis de trinta anos, Adela Turín
comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine».
Moi pronto Esther Tusquets editouna en España como «A favor de las niñas», e converteuna nunha colección de referencia para a coeducación e a igualdade.
Transcorreu moito tempo desde aquela primeira edición, pero hoxe estes libros seguen sendo necesarios.