Skip to main content

Annus horríbilis G

Page 1

ANNUS -

HORRIBILIS E OUTROS MUSICAIS


MÁIS ALÁ DO MUSICAL

Annus Horríbilis é en realidade unha elaborada manobra para desviar a atención e non descubrir a priori a auténtica natureza da obra: unha subversiva e inclasificable ensamblaxe escénica que distorsiona o xénero musical e desestabiliza para sempre a nosa mirada sobre a ópera. A música que acompaña en escena este texto enriquece a historia de tal forma que a converte nun percorrido polos estilos musicais máis populares dos últimos séculos, do bel canto ao swing, da zarzuela ao music-hall, da revista ao jazz, do romanticismo ao heavy metal... Esta edición de Annus Horríbilis cumpre a función de documentar ese teatro feito a pé de escenario, incluíndo descricións máis ou menos detalladas da posta en escena, pistas para ir descubrindo como Chévere transforma o texto cun imaxinario propio e intransferible. O traballo da compañía para desmontar o teatro musical abrangue tamén outras obras como Big Bang (unha especie de comedia astronómica electrificada con boas doses de soul, funky, pop psicodélico, samba, disco e hardcore), Órbita Mutante (primeira filla natural da Ultranoite), Ana Pudor (un mito da canción popular nacido entre un mercadillo e un after), A rutina é o deber de todas as criaturas (un bestiario do cotián cunha sonoridade contemporánea sen concesións), hero.es (comedia performática cantada a capela) e o cento de Ultranoites feitas ata hoxe. Neste volume inclúese unha escolma de cancións e pezas pertencentes a algunha destas obras, como testemuña do ton irreverente e canalla que as caracterizan. Xron


A N N US H O R R Í B I L IS ....... 7

B IG BA N G ....... 73

Ó R B I TA M U TA N T E ....... 81

A N A PU DO R .......86

O EL EC T R ICIS TA DA C AT ED R A L ....... 101

U LT R A N O I T E N O PA ÍS DOS A N A N OS ....... 119


A Fran Pérez


ANNUS HORRÍBILIS PÍCCOLA ÓPERA PORTÁBILE

(1994)


ANNUS HORRÍBILIS En escena Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Fran Pérez, Pepe Sendón Pianista Suso Alonso Presentador Xron Libreto Pepe Sendón Música Fran Pérez Son Carlos Santiago Vestiario, dirección e dramaturxia Chévere

Annus Horríbilis estreouse na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa o 14 de outubro de 1994 e catro días despois na Sala Nasa de Santiago de Compostela, onde permaneceu en tempada tres semanas.

8


A NNUS HOR R ÍBILIS · CHÉV ER E

A C T O

P R I M E I R O

ESCENA PRIMEIRA No escenario hai un piano e catro cofres detrás. Entra o pianista e toca a abertura. Despois entran en escena os cantantes, divos e solemnes. Todos menos LUCAS soben aos cofres co seu libreto na man. LUCAS vai ao proscenio para cantar. LUCAS

Fantástico artificio que arremeda o triste decorrer do meu destino. Cativo heroe que é preso dun camiño de idéntica fortuna e sorte adversa, que corre mil e unha peripecias e sofre a cada volta igual castigo. Non sentes coma min a mesma urxencia de achar un día a fin do labirinto? Non morres por facer algo distinto que rompa a túa monótona existencia? Amar!... Sentirse vivo! Eu non teño irmáns, príncipe nacín, maldigo a estrela que mirou por min. Príncipe ou mendigo, absurdo dilema, os dous somos fillos da mesma miseria. LUCAS E CORO

Hipócrita, mesquiño, demagogo! Non finxas que en verdade renegas! Asume o teu papel protagonista na pútrida comedia! 9


A NNUS HOR R ÍBILIS · CHÉV ER E

Engana, amordaza o teu instinto, pois ese é o estigma do teu berce. Que queres, ser un príncipe insubmiso? Permite que me sente. Permite que me sente. LUCAS

Cal será o meu futuro? Cal será a miña fama? O Príncipe Nintendo? O Príncipe Inmaduro? Como me hei facer querer, se só saben como penso as paredes que me ven dicir o que por covarde aínda non oíu ninguén? LUCAS E CORO

Para que vale un príncipe? Para que vale un rei?

Entra o rei LANDRÚ. LANDRÚ

Lucas, fillo, non te vía. Chamaches, como che dixen, a infanta de Normandía? LUCAS

Chameina, conteille o conto e dixo que non quería. LANDRÚ

Nada, fillo, ti non mollas nin con recomendación, eu cando era dos teus anos tíñache máis picardía. 10


A NNUS HOR R ÍBILIS · CHÉV ER E

Nas casas reais de Europa non houbo un máis fodón. LUCAS

Nin tan sequera o Borbón? LANDRÚ

Non compares, por favor! Se a Sofía era un choio! LUCAS

As infantas que me buscas son estreitas e son croios. Non chamaches a Rainiero? Que me dis de Estefanía? LANDRÚ

Gústache ese marimacho? LUCAS

Carallo, gústame un cacho! Esa si que é moderna! LANDRÚ

Tanto ensinar a perna… Non sei eu que che diga… Mónaco é mal partido, tan grande coma unha leira. Lucas, é mellor que escollas unha que teña máis dote. BUFÓN

Creo, señor, que o seu fillo pensa máis en darse o lote. 11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Annus horríbilis G by kalandraka.com - Issuu