Era unha vez dous amigos que andaban sempre xuntos.
Xuntos xogaban
e corrían
e bailaban
e contábanse segredos.
Mais un día, o rapaz quedou só. A súa amiga marchara. Mudárase moi lonxe de alí. –Bótoa tanto en falta… –dixo–. Onde queira que estea, teño que encontrala.
Despois respirou fondo, contou ata dez e…