Skip to main content

A volta ao mundo G - Javier Villafañe / Juan Ramón Alonso

Page 1

Unha vez, un rapaz…


… que se chamaba Iago saíu da súa casa nun triciclo para dar a volta arredor do mundo. Ía pedaleando pola beirarrúa e no seu camiño atopou un can e un gato e preguntáronlle: −Onde vas, Iago? E Iago respondeulles: −Vou dar a volta ao mundo. −Podemos acompañarte? −Claro que podedes. Seguídeme. E o can e mais o gato puxéronse detrás do triciclo.


Iago seguiu a pedalear e atopou un coello e unha formiga, que lle preguntaron: −Onde vas, Iago? E Iago respondeulles: −Vou dar a volta ao mundo. −Podemos ir tamén nós os dous? −Claro que podedes. Seguídeme. E o coello e mais a formiga puxéronse detrás do can e do gato, que ían detrás do triciclo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A volta ao mundo G - Javier Villafañe / Juan Ramón Alonso by kalandraka.com - Issuu