Skip to main content

A coelliña Marcela G - Esther Tusquets / María Hergueta

Page 1

Nun prado verde, á beira do gran río, vivía un pobo de coellos. As augas baixaban moi frías e limpas dende o alto das montañas, e xunto ao río medraba a herba, tenra e abundante. Había boa comida e boa auga para todos. De cando en vez aparecía por alí un lobo ou unha raposa ou unha aguia, e roubaba algún dos coelliños máis pequenos. Mais isto acontecía moi poucas veces, así que aquel pobo de coellos vivía en paz e harmonía.


Era un pobo ben organizado. Había coellos brancos e coellos negros. As coellas brancas casaban cos coellos brancos e parían coelliños brancos. As coellas negras casaban cos coellos negros e parían coelliños negrísimos. Sempre fora así e todos sabían moi ben o que tiñan que facer.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A coelliña Marcela G - Esther Tusquets / María Hergueta by kalandraka.com - Issuu