Issuu on Google+

TEXTURA A textura é un elemento máis na linguaxe visual e plástica, capaz de diferenciar profundamente unha obra de arte.


Casa de campo a orillas del lago Atter, Gustav Klimt, 1914


PERCEPCIÓN DO CONTORNO O noso organismo está preparado para comprender a complexidade do contorno e diferenciar a grande variedade de obxectos, seres vivos e imaxes que percibimos continuamente. Esta percepción é posible gracias a capacidade dos nosos sentidos, que nos permiten recoñecer os elementos que identifican os obxectos: forma,

tamaño,

cor

e

textura.


Que é a textura? O termo textura na súa acepción orixinal emprégase para describir o acabado dun tecido, determinado polo tipo de fío empregado e o xeito de tecelo. Fálase de tecidos de textura compacta, de textura solta, de textura suave, áspera,… dependendo do fío é fina ou grosa, e de se ten o seu tecido apretado ou floxo.


A palabra textura utilizase tamén para expresar o aspecto superficial dunha materia ou dun obxecto que o fai diferente aos demáis. Neste senso fálase da textura da lá, do cristal, da madeira, do papel, ... e dise que teñen unha textura branda, dura, lisa, rugosa,…


O termo textura tamĂŠn se emprega para describir o tratamento grĂĄfico que se teĂąa aplicado a unha superficie co fin de dotala de expresividade propia.


CARACTERÍSTICAS DAS TEXTURAS A característica principal das texturas é a uniformidade. Esto significa que están construidas a partir de moitos elementos simples que se reparten por toda a superficie do obxecto. A distribución destes elementos pode ser:


Orgรกnica

Cando eses elementos simples estรกn dispostos de forma natural seguindo as leis da naturais da propia materia.


Xeométrica Cando se distribúen de forma regular e ordenada seguindo as leis matemáticas da xeometría.


Casual Cando eses elementos col贸canse ao azar sen ningunha orde preestablecida.


Dende outro punto de vista, a infinidade de texturas apreciables no noso contorno poden clasificarse, atendendo a sĂşa orixe, en: naturais e artificiais.


Texturas naturais Son aquelas que presentan as características propias da materia da que estan feitas. Por exemplo, a textura da madeira dun tronco, as terras, as rochas, a pel, as plumas, o pelo,‌


Texturas artificiais

Son aquelas que foron creadas ou transformadas por un proceso de fabricación, como, por exemplo, os plásticos, as pinturas, as teas, os papeis,…


PERCEPCIÓN DAS TEXTURAS A textura dunha superficie é percibida polos sentidos do tacto e da vista ao mesmo tempo. Nembargantes, hai texturas con peculiaridades que se perciben mellor polo tacto e outras que se perciben mellor pola vista. Por iso distinguimos entre texturas táctis e texturas visuais.


Textura táctil Aquela que, debido a que presenta certo relevo, percibese mellor polo tacto. Por exemplo, con ver un papel de lixa percibimos que é rugoso e áspero, pero só pasando un dedo pola súa superficie ceñeceremos como é de rugoso e áspero. Son texturas tactis a blandura da lá, a rugosidade da madeira sen pulir, as pinceladas cargadas de materia dun cadro, etc


Textura visual Aquela que percibimos en superficies totalmente lisas e aprecianse case exclusivamente pola vista. Son texturas visuais, polo tanto, a disposici贸n das vetas no m谩rmore pulido, os grafismos usados nun debuxo, etc.


En moitas ocasiรณns, a contemplaciรณn dunha textura visual podenos transmitir unha sensaciรณn semellante a que nos procuce unha textura tรกctil. Por exemplo, se cubrimos toda a superfice dun plano con puntos e tinta, podenos dar a impresiรณn de que se trata dunha superfice rugosa.


Clasificación das texturas Polo tanto unha textura pode ser:  Orgánica, natural e táctil.  Xeométrica, artificial e visual.

Pero tamén podes atopar texturas:  Xeométricas, naturais e tactis, ou  Orgánicas, artificiais e visuais,

(entre outras)


EXPRESIVIDADE DAS TEXTURAS Non todas as texturas producen as mesmas sensacións en quen as contempla. Segundo estas sensacións poden ser suaves ou rugosas, opacas ou transparentes, duras ou blandas, mates ou brilantes, lixeiras ou pesadas, compactas ou porosas, vigorosas ou débis, enérxicas ou delicadas,… Tanto as texturas naturais coma as artificiais poden ser manipuladas para modificar o seu aspecto ou para crear outras novas.


Criterios de selección  Funcional. É a adecuación

da calidade da textura ao uso que se vai facer do obxecto. Por exemplo, a unha culler dáselle unha textura lisa e dura en función do seu uso.

 Estético. Obedece ao intento de agradar ao usuario ou espectador.

 Expresivo. Selecciónase

unha determinada textura co obxectivo de transmitir unha idea ou de suscitar unha reacción.


Pรณdese pulir o mรกrmore ou a pedra dunha escultura para comunicar a sensaciรณn de delicadeza ou pรณdese deixar unha parte basta ou sen pulir para comunicar a sensaciรณn de vigor ou de naturalidade.


ELABORACIÓN DE TEXTURAS Como podemos comprobar, o contorno e a arte presentan infinidade de texturas, pero, ¿Cómo podemos elaborar as nosas propias texturas? Crear texturas significa modificar a percepción dunha superficie por medio de puntos, trazado de liñas, pegado de obxectos, rasgado, pulido, etc…, até alterar o seu aspecto orixinal. Na elaboración de texturas é fundamental que saibamos distinguir a diferencia entre o soporte e a técnica.


Elementos  O soporte é o material sobre o que traballamos: papel, cartón, lenzo, madeira, cristal,…

 A técnica é o material e a forma de utilizalo para construir a textura: lapis, bolígafo, óleo, punzón. tesouras,…


Características materiais do soporte Se, por exemplo, detémonos a observar a ampla variedade de tipos de papeis, cartóns, lenzos, etc., que atopamos no mercado, comprobamos que cada un deles posúe unha textura propia: son máis ou menos finos, granulados, rugosos ou satinados,… De iso deducimos que cada materia ten unhas caractarísticas particulares en canto a súa dureza, cor e relevo, cualidades que lles otorgan unha textura propia.


Acabado da superficie do soporte A textura propia dos soportes pode ser alterada cortando, tallando, rasgando, pulindo, lixando, furando a súa superficie até facer novas texturas. Cando se trata de obxectos volumétricos, o material co que están relizados, sexa metal, madeira, arxila, ou calquera outro, pode dar a súa superficie un acabado liso ou rugoso. Cando se trata dun material de dúas dimensións pódese actuar de xeito que presente características diferentes ás orixinais.


Técnicas gráfico-plásticas A diferencia de utilización dos lapis, as ceras, os rotuladores, óleos, témperas, acrílicos… dan lugar a numerosas técnicas plásticas. ¿Cómo podemos utilizalas para crear testuras orixinais, belas e creativas? Coa combinación ou a superposición das técnicas gráfico-plásticas, a utilización da todas as posibilidades que nos ofrecen os soportes e un pouco de sentido estético conseguiremos texturas de grande calidade plástica.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas visuais Frottage Consiste en seleccionar superficies máis ou menos rugosas para reproducir o seu relevo nun papel. Débese proceder so seguinte xeito: unha vez escollido o relevo quemais nos agrade, colocase o papel sobre el e raiase coidadosamente axudandose de lápices de gráfito de cores, ceras,…


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas visuais Salpicado Este procedemento consiste en verter pintura sobre o soporte salpicando ou pingando. Un método consiste en impregnar de pintura máis ou menos fluida e sacudir a súas cerdas cun pau ou co dedo salpicando todo o soporte á vista. Outro xeito de obter esta textura consiste en empregar rotuladores de cores: vértese alcol no seu interior e sóplase para que caigan as pingas de tinta diluida sobre o papel.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas visuais Estampado Este procedemento basease en inpregnar de pintura unha superfice sólida coma pode ser un dedo, un tapón de corcho, unha esponxa,… para posteriormente estampalo sobre o soporte e deixa-las marcas coma se fora un selo.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas visuais Pintura flotante ou marmolado Este procedemento consiste en derramar pintura plástica – ao óleo?(que non se disolve na auga) nun recipiente cheo de auga. De seguido remóvese con coidado a pintura, para mesturar as cores. Póusase unha folla de papel sobre a capa de pintura que flota na auga e logo levántase co deseño impreso.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas tactis Ceras fundidas Para elaborar esta textura necesitase dispoñer de virutas de ceras duras de varias cores, unhas follas de papel e un pano vello. Poñense as virutas extendidas sobre o papel, tápanse co pano e pásaselle o ferro tibio. Cando se note que as ceras fúndironse sepárase o papel do pano.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas tactis Collage Consiste en pegar diversos tipos de papeis coma por exemplo revistas, xornais, cart贸n, papel charol... sobre o soporte, que posteriormente podense pintar ou non.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas tactis Materiais con relevo O uso de materiais con relevo (cart贸n, papeis enrugados, teas, paus, etc.) como soporte permite obter texturas tridimensionais.


PROCEDEMENTOS PARA OBTER TEXTURAS Texturas tactis Técnica mixta Mesturanse as pinturas con materiais naturais e artificiais de aspecto granuloso, coma area, serrín, terras, sucre, sal, …


O RESULTADO DO TRATAMENTO DAS SUPERFICIES O acabado dunha superficie potencia enormemennte a expresividade da obra de arte. Inflúe en grande maneira a natureza dos materiais cos que está feita. Nalgunhas ocasións o artista pode decidir conservar intactas as texturas da materia cas que traballa. Polo contrario, pode estar interesado en tratar as supeficies para lograr un acabado máis pulido o moi decorado e así trasmitir uns sentimentos e emocións ou provocar unha reacción determinada no espectador.


textura