
1 minute read
CASTRO DE SANTA TREGA
from CULTURA CASTREXA
by ifigueiro

Localizaci N
Advertisement
O castro de Santa Trega está situado no concello de A Guarda (Pontevedra).
Historia
As esváticás, que son uns motivos decorativos atopados nalgunhas casas do castro, representan o sol e a lúa. Eran adorados na cultura castrexa pola importancia que tiñan nos cultivos.
Tamén se atoparon varios torques, que eran unha éspecie de colares de ouro, que pertencían á elite guerreira do poboado. Ademáis, atopouse neste castro o cabezón do Trega, unha figura de pedra que representa a cabeza dun humano.
Datos Curiosos


Crese que vivirón arredor de 5.000 castrexos e castrexas neste castro. Os seus habitantes comerciaban a través de rutas marítimas con outros poboados.


Localizaci N
Está situado no termo parroquial de Pías, no municipio de Ponteareas (Pontevedra).
Historia
O Castro de Troña tivo o seu esplendor cara aos séculos I a.C. e ll d.C.
Como moitos dos asentamentos castrexos de Galicia, os restos das edificacións conservadas datan de pouco máis de seiscentos anos a.C.
Atopamos cerca de 30 construcións de disitinto tipo: planta circular, cadrada, rectangular... Cabe destacar o torreón da primeira muralla, pois é un dos poucos exemplares que se coñecen deste tipo no noroeste peninsular. Ademais, ten un foso moi fondo, duns 18 metros de altura.

O Castro de Troña foi declarado Ben de Intrese Cultural (BIC) no 2.009.

Datos Curiosos
Destaca o importante petróglifo que representa unha serpe na posición heráldica. Serpe de Troña, grabada nunha rocha dunha das construcións do castro.

Dise que a serpe representa a fertilidade, tan apreciada por aqueles pobos, para asegurar a supervivencia da estirpe. Outras teorias afirman que é só un símbolo que ofrecía paz e tranquilidade ao poboado.
1º E.P.

Localizaci N
O castro de Viladonga está situado em Castro Rei, no noroeste da Terra Cha lucense, a 23 km da cidade de Lugo.
Historia
É un conxunto arqueolóxico da época tardorromana formado polo xacemento e un museo. Posúe varios recintos de murallas e fosos, dous antecastros, aínda sen escavar e a coroa central ou acrópole, onde se fan a meirande parte das construcións.

Atopáronse numerosas moedas, pendentes, xoias de ouro, broches, muíños, etc. Estas pezas consérvanse no museo.
As escavacións comezaron en 1972 e o museo rematouse en 1983, ainda que o público non puído visitalo ata1986. Na actualidade, está considerado coma un dos museos castrexos máis importantes de Galicia.
Datos Curiosos



A acrópole está rodeada por unha alta muralla que defendía dos ataques ao poboado. A altura da muralla débese a que a súa localización xeográfica está nun lugar pouco elevado. 6º E.P.
