Skip to main content

Orientación

Page 1

Programaciรณn do Departamento de Orientaciรณn 2018-2019

1


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019 ÍNDICE:

1. XUSTIFICACIÓN 1.1 XUSTIFICACIÓN TEÓRICA: A ORIENTACIÓN EDUCATIVA 1.2 XUSTIFICACIÓN LEGAL 1.3 XUSTIFICACIÓN CONTEXTUAL 2. DETECCIÓN DE NECESIDADES 3. OBXECTIVOS 3.1.- OBXECTIVOS XERAIS 3.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 4. PLANIFICACIÓN E DEFINICIÓN DAS ACCIÓNS PRIORITARIAS 4.1. TEMPORALIZACIÓN DAS ACCIÓNS 4.2. PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN 5. ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN §

MODELO DE PROGRAMAS

§

ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS

6. RECURSOS: persoais, espaciais, materiais e organizativos 7. PROCESO DE AVALIACIÓN 8. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA

2


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

1. XUSTIFICACIÓN

- 1.1 XUSTIFICACIÓN TEÓRICA

.

A ORIENTACIÓN EDUCATIVA é un elemento esencial para conquerir un dos obxectivos máis importantes que se propón o noso Sistema Educativo: A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA. Partimos dun Modelo de Escola Inclusiva que pretende unha Educación de Calidade por e para todos/as e onde a concepción da orientación educativa enténdese como actuacións desenvoltas dentro da actividade educativa, nun contexto normalizado e que inclúe a toda a comunidade educativa. Actualmente, considérase a Orientación como unha actividade inherente ó proceso de ensino-aprendizaxe (E-A) e que defende o principio básico e imprescindible de ESFORZO COMPARTIDO. A orientación inclúe importantes vertentes: ü ESCOLAR: Optimizar o proceso de ensino-aprendizaxe, así como favorecer a aprendizaxe ao longo da vida. ü VOCACIONAL: Promover a madureza vocacional, a toma de decisións e favorecer a transición no sistema educativo e ó mercado laboral. ü PERSOAL: Propiciar o desenvolvemento integral de todas as capacidades e competencias clave como enriquecemento persoal e inclusión social. Débese facer especial mención ó ámbito da ATENCIÓN Á DIVERSIDADE tal e como propón a o noso SE a través da atención ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) e da educación compensatoria baseándose nos principios de EQUIDADE, IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, NON DISCRIMINACIÓN, NORMALIZACIÓN e INCLUSIÓN. A Orientación educativa parte dunha perspectiva globalizadora, onde a orientación se desenvolve a través da Acción Titorial, formando parte das actividades ordinarias da aula. O Departamento de Orientación (DO) vai ser o dinamizador deste proceso a través do asesoramento, apoio, participación e colaboración; e, se fora necesario, tamén poderá realizar intervencións directas e individuais co alumnado, familia ou outros axentes educativos. A Orientación ten principalmente carácter global e preventivo e é un proceso CONTINUO ó longo da escolaridade do alumno/a; aínda que como é obvio, este proceso non é uniforme xa que hai momentos decisivos que requiren unha atención máis específica. Seguindo a M.A. Hortelano (1997), a función básica da orientación educativa é o ASESORAMENTO á comunidade educativa. “A Educación é a mellor Orientación Educativa” (Isabel Solé, Documento do MEC/1990).

3


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

1.2 XUSTIFICACIÓN LEGAL

-

è ÁMBITO NACIONAL:

Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, regula o Dereito á Educación. (LODE) No Art. 6 recoñece o dereito do alumnado a recibir orientación escolar e profesional así como unha formación que favoreza o pleno desenvolvemento.

Texto consolidado: LOE - LOMCE -Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación -Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, de Mellora da Calidade Educativa

RD Lexislativo 1/2013, que aproba o texto refundido da Lei Xeral dos dereitos das persoas con discapcidade e a súa inclusión social.

RD 1635/2009, regula a admisión do alumando en centros e a atención do alumnado con NEAE Pretende facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación a través de accións de carácter compensatorio. (Derroga o RD 696/1995)

RD 1105/2014, estabelece o Currículo Básico da ESO e do Bacharelato. Recolle a nova concepción do currículo, os seus elementos curriculares e a organización destas ensinanzas a través das materias e itinerarios da LOMCE.

Orde ECD 65/2015, describe as relacións entre competencias, contidos e criterios de avaliación da EP, da ESO e do Bacharelato.

OUTROS REFERENTES A NIVEL ESTATAL: ü Lei 27/2005, de fomento da educación e a cultura de paz ü Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes ü Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

è ÁMBITO AUTONÓMICO:

• •

D.120/1998: regula a orientación educativa e profesional en Galicia

Orde 24 de Xullo/1998: organización e funcionamento da orientación educativa e profesional regulada polo D.120/98. Nestes referentes legais recóllese a composición dos Servizos de Orientación así como as funcións dos mesmos e a elaboración da Programación do Departamento: Plan Xeral de Actuación: PLAN DE ORIENTACIÓN e da súa MEMORIA. PLAN DE ORIENTACIÓN - Xustificación baseada no contexto. - Obxectivos. - Planificación xeral e definición das accións prioritarias. - Estratexias de intervención. - Criterios de avaliación.

MEMORIA - Modificacións introducidas. - Dificultades atopadas. - Grao de consecución dos obxectivos previstos. - Conclusións e propostas concretas de mellora.

4


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019 FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ü Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar, desenvolver e avaliar Programas de Intervención. ü Elaborar a proposta do PAT e POAP, coas directrices da CCP. ü Participar na elaboración e seguimento dos documetos do centro, incluíndo a atención á diversidade. ü Deseñar accións de Atención Temperá e de Prevención. ü Participar na Avaliación Psicopedagóxica e no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade (MAD). ü Apoio e asesoramento ó alumnado nos momentos máis decisivos: cambio de curso/etapa, elección de optativas, TVA ü Favorecer o proceso de madureza vocacional do alumnado. ü Informar ó alumnado sobre os recursos laborais e profesionais que lle faciliten a toma de decisión vocacional. ü Cooperar cos membros do Equipo de Orientación Específico. ü Impulsar programas de Investigación e Innovación. ü Promover a cooperación entre o centro e as familias. ü Establecer relación con outros servizos ou institucións FUNCIÓNS DA XEFA DO DEPARTAMETNO DE ORIENTACIÓN: ü Representar ó DO na comisión de coordinación pedagóxica (CCP) ü Dirixir e coordinar as actividades propias do Dpto. de Orientación. ü Redactar o Plan Anual do DO e velar polo seu cumprimento e elaborar a Memoria Final. ü Convocar e presidir as reunións do Departamento de Orientación. ü Velar pola confidencialidade dos documentos. ü Coordinar a dotación e organización de recursos, espazos e instalacións para a Orientación. ü Realizar Avaliacións Psicopedagóxicas e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das MAD en relación ós criterios establecidos na concrecións curricular do centro no Proxecto educativo. ü Elaborar o Informe psicopedagóxico, cando corresponda. ü Facilita-la colaboración entre os membros do DO ü Coordinar co xefe/a de estudos as accións dos Profesores/as de Apoio na atención ó alumnado con NEAE ü Participar nas Sesións de Avaliación para adecuar a coherencia das respostas educativas.

• •

D.324/1996: establece o Regulamento Orgánico dos IES.

Orde 1 de Agosto/1997: organización e funcionamento dos IES. Nestos referentes legais establécense os órganos e os documentos do IES. Destacamos a programación xeral anual do centro (PXA) que inclúe a concreción anual do Departamento que é o PLAN DE ORIENTACIÓN. O Plan de Orientación defínese como a “programación” das actuacións relacionadas coa titoría, a orientación e a atención á diversidade para un curso.

5


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

D.229/2011: regula a Atención á diversidade do alumnado en Galicia Este referente recolle a definición, principios e medidas para a atención á diversidade, establecendo as MAD ordinarias e extraordinarias, as Modalidades de escolarización e a promoción da mesma. Establece aspectos da Avaliación e Informe Psicopedagóxico e inclúe nas nosas funcións a de elaborar O PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE coas directrices da CCP e achegas dos DD.

CIRCULAR 10/2010: Accións Prioritarias dos Servizos de Orientación. 1. INCLUSIÓN E DIVERSIDADE: 2. ACCIÓN TITORIAL 3. CONVIVENCIA E EDUCACIÓN EN VALORES 4. PLAN DE ORIENTACIÓN E MEMORIA 5. PROCESOS DE AVALIACIÓN E CALIDADE 6. DRDORIENTA 7. COORDINACIÓN 8. APRENDIZAXE PERMANENTE E SAÍDAS PROFESIONAIS

v OUTRAS DISPOSICIÓNS AUTONÓMICAS, entre as que destacamos: ♦ EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO § D.86/2015, regula o currículo da ESO e do Bacharelato en Galicia § O. do 15 de xullo do 2015, relación de materias de libre configuración § Resol. do 9 de maio do 2018, instrucións para o curso 2018-2019 ♦ FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA § D.107/2014, regula aspectos específicos da FP Básica § O. do 13 de xullo/2015, regula as ensinanzas, acceso e admisión da FPB ♦ ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, destacamos os seguintes referentes: - O. do 6 de outubro/1995 - O. do 31 de outubro/1996 - O. do 27 de decembro/2002 - O. do 20 de febreiro/2004 (...) ♦ CONVIVENCIA ESCOLAR § Lei 4/2011, de Convivencia e participación da comunidade educativa § D.8/2015 que desenvolve a Lei 4/2011 en matéria de convivencia escolar § Estratexia Galega de Convivencia educativa 2015-2020 educonvives.gal ♦ PROTOCOLOS: § Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar § Protocolo xeral para a prevención, detección do acoso escolar e ciberacoso § Protocolo de consenso TDAH na infancia e na adolescencia § Protocolo de urxencias sanitarias e enfermidade crónica § Protocolo de Protección de datos § Protocolo de identidade de xénero § Protocolo de atención educativa domiciliaria § Protocolo para a atención educativa do alumnado con S. de Down e com Discapacidade Intelectual § Protocolo de prevención, detección e intervención do risco suicida no ámbito educativo. 6


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

1.3 XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

.

ü V

a Este plan contextualízase no Instituto de Educación Secundaria (IES) l Xesús Taboada Chivite de Verín. A información do centro vén proporcionada polo Proxecto Educativo, o documento que caracteriza ó centro e que establece a súas notas de identidade así como todos os aspectos educativos do centro. Destacamos o máis salientable: A Heteroxeniedade e a diversidade son as características máissr salientables do noso contorno e centro. Peculiaridades que se traducen nas aulas cpm alumnos e alumnas procedentes de ambientes raciais, sociais e culturais moi adiferentes e diversos, con niveis educatios moi dispares, situación social diversa e con distintos r niveis de interese e motivación. Na comarca de Verín está aumentando a problemática social: dificultades económicas, novos modelos de familia, risco de exclusión social, situaciónns diversas que inflúen no desenvolvemento académico dos nosos alumnos/as: dificultades de a aprendizaxe, alteracións no comportamento dentro e fora do centro, problemas de ámbito afectivo, dificultades integración, escasas habilidades sociais,… Destacamos tamén a existencia do colectivo de etnia xitana quq conleva algunha sproblemática engadida: absentismo, falta de motivación hacia o ámbito académico, fracaso e abandono escolar e escasas expectativas de integración socio-laborar, adicandose maiormente á venda ambulante, aos negocios da ferralla e a traballos temporais. n Portugal, Nos últimos anos recibimos alumnado de diferentes países: Brasil, Marrocos, Romanía, Chile, China, Rep. Dominicana, Colombia, Bulgaria, … Esta e inmigración vaise reducindo ano a ano pero case todos os anos temps algún alumno de nova incorporación. Tamén debemos nomear que tamén recibimos alumnado,c fillo/as de inmigrantes españois retornados: Alemania, Francia, Suiza, … e alumnado doutras e comunidades que se desprazan por mor do traballo familiar Todos estes aspectos e outros son tidos en conta para elaborar a programación do noso departamento onde a atención á diversidade sten un valor fundamental. i ETAPAS EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA BACHARELATO

CURSOS 1º 2º 3º 4º 1º 2º

UNIDADES 4 4 (PMAR) 3 (PMAR) 3 3 3

d a d e

s seguintes O Departamento de Orientación do IES está formado polos membros: Xefa do DO, 2 especialistas en PT, 1 especialista de AL, outro especialita de AL compartido co CEIP de Laza e 2 titores de ámbitos (socio-lingüístico e cientifico-tecnolóxico) así como os Xefe/as do DO dos 2 Centros Adscritos: CEIP e Amaro Refojo e CEIP Princesa de España d u c a

7


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

2. DETECCIÓN DE NECESIDADES. Todo Plan, Programa ou Proxecto debe comezar por unha análise ou avaliación da situación para que a posta en marcha do mesmo sexa o máis coherente coa realidade presente. Nesta avaliación é preciso priorizar os aspectos que sexa necesario prever ou atender. Para levar a cabo unha rigorosa detección de necesidades, sería importante que o DO participase na coordinación, elaboración e aplicación de Instrumentos e Técnicas: ü Observación do clima, organización e accións do centro. ü Revisión dos documentos de centro e informes dos titores/as, CCP ou DO que nos indicarán os detalles e o transcorrer da acción orientadora anterior. ü Lexislación ou outros referentes sobre a nova realidade (LOE-LOMCE). ü Expediente académico ou informes psicopedagóxicos dos alumnos/as. ü Entrevistas, Cuestionarios, Tests ou probas psicométricas, ... ü Reunións ó comezo de curso: opinións e inquedanzas do profesorado e demais axentes educativos: sesións de avaliación, CCP, reunións titores, titorías a pais e nais do alumnado, claustro de profesores e consello escolar ü Reunións Informais (microtempos e microespacios): encontros nos corredores, momentos durante os descansos, no café, charlas despois da xornada escolar. Neste clima distendido é onde mellor se poden captar as necesidades. ü Demandas efectuadas polos membros da comunidade educativa. Como instrumento esencial para facilitar esta detección, salientamos: ü REFLEXIÓN SOBRE A MEMORIA ANUAL DO CURSO PASADO, que nos pode dar as pautas e as propostas de mellora sobre moitos aspectos e variables que poidan xurdir. NECESIDADES DETECTADAS

O O O O O O O O O

Revisión do PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: establecendo intervencións inclusivas para o alumnado NEAE e os Protocolos da Consellería. Potenciación da ACCIÓN TITORIAL coma un proceso ó longo do curso, planificado e sistemático. Asesoramento a titores/as Mellora do CLIMA NO CENTRO E NAS AULAS: promoción da convivencia, a tolerancia e previr problemas de conduta: bullying, discriminación, ... Promoción das accións e actividades do PLAN DE CONVIVENCIA do Centro, así como desenvolver o PROGR. DE HABILIDADES E COMPETENCIA SOCIAL. Fomento de HÁBITOS SAUDABLES, especialmente relacionados co consumo de substancias nocivas para a saúde e Asesoramento na elaboración das PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS dos departamentos e do profesorado adaptándose a normativa actual (LOMCE). Optimización da AVALIACIÓN INICIAL e fortalecemento das AIB para PREVIR DIFICULTADES DE APRENDIZAXE. Prevención do FRACASO E ABANDONO ESCOLAR: Seguemento e atención, principalmente co alumnado da ESO Información á COMUNIDADE EDUCATIVA sobre as novidades LOMCE. 8


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

O O O O O

O O O

O

Implicación da FAMILIA e participación no proceso educativo dos seus fillos/as. Establecer canles de comunicación para mellorar a coordinación Centro-Familia. Integración do CONTORNO no quefacer do centro. Accións conxuntas con outras institucións, servizos ou centros. CENTROS ADSCRITOS: Coordinación entre etapas: liña de actuación común e continuidade na Educación Básica. Transición do alumnado de 6º EP á 1º ESO. AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA: Revisión, actualización e realización de novas avaliacións, cando sexa necesario co seu correspondente Informe. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: o Coordinación entre profesorado de apoio - equipo docente - titores/as. o Actualización das ACS e establecemento dos apoios necesarios. o AGRUPAMENTOS: Organizar, dinamizar e apoiar o seu desenvolvemento. o PMAR: Selección e seguemento. Elaboración da PD que teña en conta as características deste alumnado. o Optimización doutras MAD: Programas de RE nas AIB para 1º e 2º, Programas de Recuperación para 2º de ESO, Exención da 2ª Lingua Estranxeira, Adaptación Curricular Non Significativa,... o Pautas para o desenvolvemento do Protocolo de TDAH: informar, sensibilizar e estabelecer pautas de actuación. o Promover que toda medida é revisable e reversible. ESTRANXEIROS: integración do alumnado estranxeiro e das súas familias a través de accións de acollida, información e atención. ALUMNADO DE ETNIA XITANA: favorecer a sua integración socio-escolar. ORIENTACIÓN VOCACIONAL E PROFESIONAL: o Asesoramento ao alumnado que finalice 4º de ESO ou Bacharelato e recondución do alumnado en situación de risco de abandono. o Información sobre itinerarios, materias e novidades actuais (LOMCE). SENSIBILIZACIÓN da importancia da Orientación educativa e profesional.

Hai que salientar que o Plan de Orientación é ABERTO e FLEXIBLE e vaise adaptando a posibles modificacións e/ou inclusión de accións pertinentes.

3. OBXECTIVOS En función da Detección de Necesidades, da Circular 10/2010 de Accións Prioritarias e das novidades establecidas na lexislación e protocolos, estableceremos os obxectivos do Plan dacordo coas demandas do noso contorno, centro e alumnado. DETECCIÓN DE NECESIDADES - Coordinación Centro-Familia - Orientación e Acción Titorial. - Diversidade de alumnado. - DA e necesidades educativas. - Prevención de drogas. - Actualización de MAD

ACCIÓNS PRIORITARIAS CONVIVENCIA e VALORES INCLUSIÓN E DIVERSIDADE. ALUMNADO CON NEAE COORDINACIÓN INTERPROFESIONAL ORIENTACIÓN VOCACIONAL APRENDIZAXE AO LONGO DA VIDA 9


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

3.1.- OBXECTIVOS XERAIS ü Formar un DO cohesionado e integrado na estrutura do centro. ü Levar á práctica un deseño funcional de Orientación Educativa, Acción Titorial e Atención á Diversidade, con fins preventivos, compensadores e inclusivos. ü Asesorar aos órganos de goberno e de coordinación docente na elaboración, revisión e avaliación dos diferentes documentos e/ou informes. ü Promover accións que favorezan a Convivencia do centro. ü Optimizar o proceso de Ensino-Aprendizaxe. ü Favorecer a coordinación docente, interprofesional e familia-centro. ü Cooperar con toda a comunidad educativa favorecendo a súa implicación. ü Adquirir e deseñar recursos para atender as demandas do centro.

3.2.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS ALUMNOS/AS § Favorecer a integración do alumnado no seu grupo e no centro, fomentando actitudes cooperativas e democráticas. § Establecer mecanismos de mellora da aprendizaxe do alumnado a través da motivación, reducindo o fracaso escolar. § Favorecer o proceso de madurez persoal e vocacional do alumnado e a interiorización dun axeitado sistema de valores. § Atender ó alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE), asegurando unha resposta adaptada ás súas posibilidades. § Realizar a Avaliación Psicopedagóxica ós alumno/as que o necesiten para propor a medida de atención á diversidade máis axeitada. § Proporcionar Orientación e Información Académico-Profesional, para posibilitar unha toma de decisións autónoma e reflexiva. § Orientar a través das tecnoloxías da información e comunicación (TIC). PROFESORES/AS § Contribuir ó desenvolvemento da acción titorial, da atención á diversidade e do Plan de Convivencia, consensuado e asumido por todos/as. § Proporcionar asesoramento didáctico para optimizar o proceso de ensinanza, previndo dificultades de aprendizaxe (DA) e asumido as novidades LOMCE. § Informar sobre as necesidades específicas de apoio educativo e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación de medidas e actuacións. § Propiciar a avaliación inicial e a avaliación continua con carácter formativo. § Promover a coordinación docente e a formación permanente. FAMILIAS § Potenciar a cooperación e participación entre centro-familias. § Establecer canles de comunicación fluída e periódica dos pais/nais cos titores/as do alumnado, principalmente na ESO. § Promover a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos/as. § Informar e asesorar ás familias do alumnado con NEAE, así como crear pontes coas distintas asociacións e profesionais. § Cooperar no proceso de acollida do alumnado que se incorpora por primeria vez ao centro, especialmente ao de orixe estranxeiro.

10


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

CONTORNO § Realizar actuacións que impliquen a toda a comunidade educativa. § Fomentar, mediante grupos de traballo, a colaboración, coordinación e intercambio de experiencias con outros orientadores/as. § Cooperar cos membros do equipo de orientación específico (EOE) e os asesores/as do centro de formación e recursos (CFR). § Establecer relacións coas distintas administracións, entidades e servizos do contorno, así como cos distintos profesionais que poidan colaborar no proceso educativo e orientativo. CENTROS-ADSCRITOS (Ademáis dos anteriores, concretamente:) § Establecer unha liña común de coordinación entre etapas da Educación Básica para que haxa unha continuidade no proceso educativo e evitar desaxustes. § Deseñar accións de atención temperá e prevención de dificultades. § Establecer accións conxuntas de tránsito intercentros (CEIP- IES).

4. PLANIFICACIÓN DAS ACCIÓNS PRIORITARIAS: Para acadar os obxectivos necesitamos dunhas accións que é necesario establecer de forma temporalizada ao longo do curso. Toda organización da Orientación Educativa e Profesional conleva a constitución anual do Departamento de Orientación con todos os seus membros: Ø Xefa do DO: LUCÍA RÚA LÓPEZ Ø 2 Mestras de PT: Ø ANGELES GARCÍA Ø RUTH DÍAZ Ø 1 Mestra de AL: Ø VICTORIA ÁLVAREZ Ø 2 Titores por cada ámbito Ø ROSA ALONSO Ø Mª LUZ BLANCO Ø Xefes do DO dos CEIP Adscritos: Ø FRANCISCO DANTA GAGO Ø MARIÁN TIERNO Por outra banda, tamén ao inicio de curso débese organizar o horario do DO, que tendo en conta a Orde do 23 de xuño do 2011 que regula a xornada de traballo do persoal docente, deberase contemplar nas 37,5 horas semanais, ademáis da tarefa propia da orientación escolar, aspectos tan importantes como: - Atención a pais, nais ou titores/as legais e Atención a alumno/as - Reunión cos membros do DO - Reunión cos xefes do DO do C. Adscritos - 2 periodos de Garda - Labores de xefatura do departamento - Asistencia ás Sesións de Avaliacións - Horas de participación en actividades de formación e innovación, nas actividades complementarias, de apoio á convivencia, entre moitas outras. 11


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

4.1.- TEMPORALIZACIÓN DAS ACCIÓNS. O Plan será desenvolto Ó LONGO DE TODO O CURSO ESCOLAR, tendo en conta os momentos clave e as situacións de risco onde primarán unhas actuacións sobre outras. A temporalización céntrase nestes momentos: ó inicio e final de curso, así como durante o desenvolvemento ó longo dos trimestres.

ü ü ü ü ü ü ü ü ü ü

INICIO DO CURSO: Mes de Setembro Elaborar o Plan de Orientación (en coordinación co C. adscrito e a CCP). Revisión dos documentos do centro (Proxecto educativo), principalmente do Plan Xeral de Atención á Diversidade e do Plan de Convivencia. Colaborar no desenvolvemento das probas extraordinarias de Setembro e asistir á Sesión de avaliación extraordinaria. Elaborar en colaboración cos equipos docentes a listaxe definitiva do alumnado candidato a FPB e informar á familia e alumnado desta proposta. Establecer a relación definitiva do alumnado proposto para cursar PMAR Elaborar os informes e documentos necesarios para o desenvolvemento das MAD: PMAR, Exención da 2ª Lingua Estranxeira, Agrupamentos,... Presentar á CCP e ós titores/as, os elementos esenciais da acción titorial e da orientación voacacional para coñecer as liñas prioritarias de actuación. Asesorar ó alumnado no momento da matrícula e da elección de itinerarios, modalidades e materias, favorecendo a toma de decisións. Promover a coordinación docente, principalmente cos titores/as para establecer desde o inicio de curso un contacto continuado. Enviar, vía Dirección, todo o requerido para establecer o PMAR en 3º de ESO

1º TRIMESTRE: Outubro, Novembro e Decembro ü Dinamizar accións de acollida (principalmente co alumnado de 1º de ESO, de nova incorporación e co alumnado estranxeiro). ü Establecer coordinación cos centro adscrito para garantir a continuidade entre etapas no intercambio de informes e información. ü Colaborar co profesorado na elaboración das Programacións Didácticas axustadas ao alumnado e ás novidades e normativa LOMCE. ü Propor ó Equipo Directivo e á CCP actuacións de acción titorial e actividades relacionadas coa convivencia e a educación en valores. ü Difundir o Programa de Habilidades e Competencia Social, establecido na lexislación, e considerado desde unha perspectiva preventiva. ü Asistir á Sesión de avaliación Inicial da ESO para establecer as actuacións e o axuste educativo necesario. ü Actualizar as MAD necesarias e recoller demandas que poidan xurdir con respecto ao alumnado, familia ou profesorado. ü Revisar as ACS e se é o caso, actualizar ou crear as que sexan necesarias. 2º TRIMESTRE: Xaneiro, Febreiro e Marzo.

ü Desenvolver en colaboración co profesorado os Programas temporalizados nestes meses e promover atividades complementarias que complementen os programas en colaboración con outras entidades e asociacións. ü Formular propostas de análise trimestral do proceso de E-A, para unha avaliación máis continua e formativa que permita atender ás dificultades. ü Avaliar o progreso dos alumnos/as con NEAE e establecer medidas necesarias 12


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

ü ü ü ü ü ü ü ü

3º TRIMESTRE: Abril, Maio e Xuño. Asesoramento didáctico para optimizar o proceso educativo cos alumno/as con DA ou situacións de fracaso escolar ou abandono. Priorizar o Programa de orientación vocacional insistindo no proceso de toma de decisións e no coñecemento do SE e de todas as súas novidades. Informar ao alumnado e familia das novidades LOMCE e da total implantación da mesma no seguinte curso escolar para ESO e Bacharelato. Elaborar un protocolo de indicadores para avaliar a orientación que recibiron os alumno/as sobre distintos aspectos, para a elaboración da memoria final. Colaborar na elaboración do Informe individualizado dos alumnos/as con NEAE, facilitándolles modelos ou información. Insistir no aseseoramento ao alumnado de cursos terminais: 4º de ESO e 2º de Bach sobre as possibilidades e itinerarios académicos Favorecer a transición entre etapas ou á vida activa. Desenvolver actuacións de tránsito e acollida para o alumnado de 6º EP FINAL DO CURSO.

ü Asesorar e orientar ó alumnado sobre a súa decisión vocacional. ü Informar sobre o proceso de admisión e matrícula do curso seguinte. ü Realizar unha análise e valoración final de tódalas actuacións realizadas polo DO nos ámbitos: Acción Titorial, Orientación Académico-Profesional e Atención á Diversidade. (Ficha de criterios e indicadores) ü Colaborar na elaboración do Consello Orientador para 1º e 3º de ESO ü Elaborar a Memoria Anual. DURANTE TODO O CURSO.

ü Dinamizar recursos e actividades para o desenvolvemento da hora de titoría: Programas de Educación en Valores, Saúde, Autoestima, Habilidades Sociais, Orientación Vocacional ou Hábitos e Técnicas de Estudio. ü Promover as Competencias Clave no proceso de E-A e no quefacer diario. ü Impulsar o coñecemento dos Protocolos elaborados pola Consellería e desenvolver as pautas estabelecidas nos mesmos. ü Favorecer a prevención de condutas contrarias á convivencia e asesorar á Comisión de convivencia sempre que sexa necesario. ü Levar un seguimento das MAD e do alumnado con NEAE ü Análise mensual do Plan de Orientación, coa implicación dos distintos axentes educativos. (Reunións do Dpto. de Orientación) ü Coordinación trimestral co DO do Centro Adscrito, para establecer unha continuidade entre etapas, sen desaxustes no proceso educativo e prestar apoio técnico e psicopedagóxico cando se necesite. ü Asistencia e participación nas sesións de avaliación (final do trimestre). ü Cubrir o DRDADI e DRDORIENTA cando se determine na aplicación. ü Asesoramento e Orientación nas vertentes: escolar, persoal e vocacional. ü Información á comunidade educativa sobre itinerarios, bolsas e axudas, probas específicas e outras demandas. ü Participación do DO en iniciativas de innovación e investigación, así como dinamización da formación permanente do profesorado.

13


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

4.2.- PROGRAMAS DE ORIENTACIÓN Partindo do Modelo de Orientación educativa, establecemos diferentes Programas de intervención. Estes detallarán os obxectivos, os contidos, a secuenciación e temporalización, as actuacións e actividades a desenvolver así como o proceso de avaliación con carácter formativo. Os programas agrúpanse en 3 ámbitos de actuación: A POTENCIACIÓN DA ACCIÓN TITORIAL pretende favorecer o desenvolvemento integral e harmónico do alumnado, promovendo a consecución das COMPETENCIAS CLAVE como aquelas destrezas que van garantir o desenvolvemento persoal, o exercicio da cidadanía activa, a inclusión social e o emprego. Ademáis promoverá a EDUCACIÓN EN VALORES así como a CONVIVENCIA ESCOLAR en base aos principios de equidade, non discriminación e igualdade de oportunidades. Dentro do ámbito de APOIO AO PROCESO DE E-A preténdese optimizar este proceso a través do axuste educativo, prevención das DA, consolidación das aprendizaxes instrumentais básicas (AIB), promoción dos hábitos e técnicas de estudo (HTE) así como das técnicas de traballo intelectual (TTI). Neste eido debemos promover aspectos esenciais como a motivación, a integración das TIC, prevención do absentismo e abandono temperá. En estreita relación debemos contemplar a atención á diversidade, principalmente do alumnado con NEAE, a través das MAD. En relación á ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL debemos favorecer a madurez vocacional, o proceso de toma de decisión de forma autónoma e reflexiva e o coñecemento exhaustivo do sistema educativo e de todas as súas posibilidades; así como fomentar o ESPIRITU EMPRENDEDOR e favorecer a transición á vida activa coñecendo a situación do mundo laboral. PROGRAMAS POTENCIACIÓN DA ACCIÓN TITORIAL PROGRAMA DE ACOLLIDA , CONVIVENCIA E VALORES: PROGRAMA DE TITORÍA ENTRE IGUAIS (TEI) PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: PROGRAMA DE HABILIDADES E COMPETENCIAS SOCIAIS: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DIFICULTADES DE APRENDIZAXE PROGRAMA DE ATENCIÓN ÓS ALUMNOS/AS CON NEAE ORIENTACIÓN PROFESIONAL Ó LONGO DA VIDA PROGRAMA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

14


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

5. ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. Dada a diversidade do alumnado e os distintos programas e actividades que se propoñen neste Plan, non é doado establecer unha liña de intervención común para tódalas situacións, máis ben será necesario optar por unha postura ecléctica, dependendo da situación, momento ou outra variable. Como plantexamos, o modelo de intervención que segue a Orientación é o Modelo de Programas (baseándose na consulta colaborativa, no modelo de servizos actuando por progamas e no modelo ecolóxico), que se desenvolve en función das necesidades detectadas, coa intención de adiantarse ós acontecementos e prestar atención desde un enfoque PREVENTIVO, sempre que sexa posible. Destacamos a importancia que otorga M.A. Hortelano á función básica da Orientación que é o ASESORAMENTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA. Aínda que a estratexia de intervención prioritaria é o modelo de programas, debemos contar con que non sempre se pode actuar con carácter preventivo. Ante situacións ou demandas manifestadas ou xurdidas, utilizarase un Modelo de Intervención máis intencional (denominado por moitos autores Modelo Couseling). Este modelo aplicarase nas avaliacións psicopedagóxicas e/ou nas demandas do profesorado con respecto ás necesidades grupais, individuais ou NEAE, así como outras situacións que o requiran. O Plan de Orientación levarase a cabo desde un ENFOQUE INTERDISCIPLINAR E PARTICIPATIVO, a través dunha implementación de tipo mixto, según M. L. Rodríguez Moreno, que consiste en desenvolver o plan a través das materias, da hora de titoría, das actividades complementarias e coa implicación de todo o profesorado. A orientación e titoría é responsabilidade de todo o profesorado (artigo 91 da LOE que recolle a función docente). Propoñemos unha METODOLOXÍA ACTIVA E PARTICIPATIVA onde prima a COOPERACIÓN E O TRABALLO EN EQUIPO, partindo sempre dunha visión construtivista do proceso de E/A e dunha PERSPECTIVA SISTÉMICA onde todos os membros da comunidade educativa teñen as súas funcións e responsabilidades. Neste sentido e debido á cantidade de profesionais sobre os que recae a aplicación do plan, resulta de vital importancia o establecemento de canles de comunicación axeitados e fluidos que permitan unha coordinación eficaz. ü PARTICIPACIÓN: É necesario que todos se impliquen na posta en práctica do Plan e nos programas que no mesmo se integran. Debe dinamizarse unha participación activa do alumnado, profesorado, familia e demais axentes. ü COORDINACIÓN: Un reto irrenunciable é a loita por unha proposta común e consensuada a través do traballo en equipo. A xefa de estudos, conxuntamente co DO, deberá crear esa cultura de coordinación e colaboración no centro, buscando o maior grao de consenso e sintonía en cada actuación. ü IMPLICACIÓN FAMILIAR: A familia debe formar parte do proceso educativo dos seus fillos/as e desde o centro débese favorecer a colaboración, implicación, información e prestación de apoio psicopedagóxico, técnico ou emocional. 15


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019 ü A Lei 3/2011 de apoio á Familia e á Convivencia na C.A. de Galicia define a familia como o medio transmisor de vida, valores e educación. En relación ás nosas tarefas debemos destacar os principios establecidos por A. Fierro para desenvolver a Atención á Diversidade e a Orientación educativa: v Flexibilidade curricular v Precocidade na detección e atención temperá v Regularidade no tratamento v Dotación de Recursos As ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS a seguir para desenvolver os programas son: Participación activa e colaborativa. Profesor/a: reflexivo e “MEDIADOR”. Significatividade e Funcionalidade. Motivación: intereses dos alumnos/as. Aprendizaxe aplicable e transferible. Partir do seu propio ritmo evolutivo. Aprender e Ensinar a aprender. Uso de recursos: Novas Tecnoloxías. Interdisciplinariedade. Interacción bidirecciónal: diálogo. Ademáis das estratexias didácticas en relación coa metodoloxia, existen outras ESTRATEXIAS máis específicas para desenvolver os programas: ü CURRICULARIDADE: Os contidos dos programas serán canalizados a través das materias, ámbitos ou módulos e desenvoltos dentro da práctica diaria do docente. Por iso, a orientación educativa debe estar explicitada no currículum, nas distintas concrecións curriculares (a nivel de centro e de aula); é dicir, no PE, nas PD da PXA e nas programacións docentes. ü TITORÍA: A hora de titoría cos alumnos/as da ESO e do Ciclo de FPB, así como a hora de titoría coa familia ou a acción titorial no centro é unha das mellores estratexias para a posta en práctica do Plan, xa que ofrece a posibilidade de desenvolver actuacións máis específicas e directas. Destacar que a acción titorial é un labor da totalidade do Equipo docente, non só do titor/a.

O DO pretende ser unha entidade colaboradora en todo momento con calquera membro da comunidade educativa, así como estar dispoñible para toda necesidade ou iniciativa proposta por titores/as, profesores/as, familias, alumnos/as ou outro axente educativo.” M. Álvarez e R. Bisquerra: Manual de Orientación y Tutoría

16


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

6. RECURSOS. Para a posta en práctica do Plan de Orientación: v RECURSOS HUMANOS: ♦ Membros do departamento de orientación ♦ Órganos de goberno e de participación ♦ Órganos de coordinación docente ♦ Persoal de administración e servicios. ♦ Equipos docentes ♦ Titores/as. ♦ Equipo de Orientación Específico ♦ Inspección educativa ♦ CFR- CAFI. ♦ Familia. ♦ Alumnado. ♦ CentroS Adscritos v RECURSOS DO CONTORNO: ♦ Institucións sociais: ü Concello, Deputación, Servicios Sociais, Sanidade,… ü Centros deportivos, culturais, de ocio, ... ü Servizo de menores, CIM, Orientación familiar,… ♦ Institucións laborais: SEPE, PeMES, Empresas, ETTs, Cámara de Comercio, Sindicatos, Orientador/a ocupacional,… ♦ Institucións educativas: IES do contorno, Centro de EE, Consellería, CIUG, Universidades, movementos de renovación pedagóxica… ♦ Asociacións: FAXPG, Down Galicia, COGAMI,... ♦ ONGs: Cruz Vermella, Asoc. ARELA, SI Galicia,.... ♦ (...) v RECURSOS MATERIAIS: - Documentos do centro: proxecto educativo, PXA, NOF... - Documentos do alumnado: Expediente académico, Información XADE, Informes individualizados, psicopedagóxicos, médicos,... - Material Psicopedagóxico: Escalas de observación, Tests, Probas psicométricas, Cuestionarios, Inventarios, ... - Información Impresa sobre: DA, NEAE, HHSS, TTI, AIB, técnicas de Estudio, Orientación Vocacional,... FOLLETOS INFORMATIVOS. - Dossier de Lexislación educativa: BOE / DOG / Circulares / Protocolos. - Orzamento do DO - Ordenador (con acceso a Internet, escáner e impresora). - Materiais Audiovisuais: Vídeos, DVD, Programas, ... - Servicio de reprografía. - Recursos Didácticos do CFR. - Recursos específicos do Centro de E.E. e de Asociacións. - Revistas: Cuadernos de Pedagogía, Entre estudiantes, Revista galega do ensino, Y ahora qué?, Emprendedores,… - Bibliografía básica do D.O.:

17


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019 v RECURSOS ORGANIZATIVOS:

§ § § § §

XE-- DO DPTOS. DIDÁTICOS TITORES/AS Equipo Docente

COORDINACIÓNS Semanalmente: Coordinación entre os seus membros. Mensualmente: Reunión e seguimento do Plan e das nosas funcións Colaboración mutua co equipo directivo Inicio e Final de curso: Intercambio de información e desenvolvemento das acción de tránsito entre etapas. Trimestralmente: Reunión para o seguemento do proceso educativo.

§

Mensualmente: Seguimento do acción titorial, así como asesorar ós xefes/as dos DD no proceso de E-A e a atención diversidade.

§

Reunións periódicas: Desenvolvemento dos programas, introdución de axustes necesarios e dotación de recursos persoais e materiais. Colaboración coa Comisión de convivencia

CCP

CENTRO ADSCRITO

DO

Entre os recursos organizativos destacamoms as reunións, titorías, sesións de avaliación, horarios, distribución das tarefas, calendarios e plans de traballo, organización das actividades, temporalización dos contidos dos programas,… así como o traballo en equipo para aunar esforzos e para compartir experiencias.

§ § § § § § § §

1ª Quincena de Outubro: apoio na elaboración das PD Ó principio dos trimestres: garantir a acción titorial e a convivencia Inclusión das MAD e a atención ao alumnado NEAE nas PD Inicio de Curso e quincenalmente: organización da TITORÍA Sesión de avaliación inicial na ESO e na FPB Sesións de Avaliación: Seguimento da aprendizaxe alumnado. Reunións periódicas dos Mestres de Apoio co profesorado.

do

Tamén se establecerá un Horario para as Familias. Este horario será totalmente flexible dada a diversidade das xornadas laborais. Os Alumnos/as do Centro tamén poderán acudir ó DO en busca de calquera orientación, pero principalmente establecerase para o alumnado os tempos dos recreos (para non perder horas lectivas), como tamén pola tarde. Por outra parte, o DO estará aberto a calquera demanda, suxerencia, petición ou necesidade. Tódolos membros da comunidade educativa poderán acudir ó Departamento en busca de Asesoramento e Información.

18


PARA QUE AVALIAR?

QUE AVALIAR?

COMO AVALIAR?

CANDO AVALIAR? Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

7. AVALIACIÓN. A avaliación enténdese coma un PROCESO de recollida de información, análise e reflexión para emitir xuizos de valor que permitan a retroalimentación e a toma de decisións acertada para conseguir unha mellor calidade educativa. Todo proceso de Avaliación responde a catro preguntas:

·

PARA QUE AVALIAR? Desenvolveremos este proceso por dous MOTIVOS principalmente: § Para valorar a consecución de obxectivos § Para retroalimentar e mellorar o proceso de orientación

·

QUE AVALIAR? Da resposta ós CRITERIOS DE AVALIACIÓN que están definidos en función dos Obxectivos para avaliar as actuacións do Plan de Orientación e garantir a reflexión sobre ditas actuacións. Os criterios propostos proporcionan o “Grao de”: - Consecución de Obxectivos. - Adecuación das actuacións propostas e realizadas. - Coordinación co centro adscrito e coordinación interprofesional - Optimización de recursos e uso dos espazos - Satisfacción dos implicados/as. - Colaboración e Participación de TODOS/AS. - Cumplimento das actuacións establecidas. - Dificultades atopadas e solucións propostas.

Para optimizar a nosa labor deberemos reflexionar sobre os INDICADORES DE LOGRO que van guiar o noso proceso de avaliación: Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø

Existe coherencia cos principios e valores do Proxecto Educativo Ten en conta as necesidades do centro e as directrices da CCP Ten en conta as propostas dos titores/as e demáis profesores/as Coordina a XE a posta en marcha do Plan e do programas Axústase á normativa vixente en canto estrutura, contidos e novidades Inclúe sensibilización da comunidade educativa Informouse suficientemente das actuacións cos diferentes membros Fomenta o traballo en equipo e a implicación docente Favorece a participación da familia nas actividades do centro Existen vías de coordinación entre os responsables Están previstos tempos para que o DO leve as súas actuacións Cumple as reunión previstas no plan para o seu desenvolvemento Coherencia entre o modelo teórico previsto e a práctica educativa Facilidade no desenvolvemento das medidas e accións 19


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019 Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø Ø

Usa metodoloxía activa e cooperativa Axústanse os recursos ás necesidades e situación do centro. Favorece o desenvolvemento das capacidades e das competencias clave Atende os intereses e motivacións do alumnado Fomenta a investigación e innovación educativa Prevé a formación do profesorado no centro Revísase periódicamente para favorecer a retroalimentación do plan Inclúense modificacións ó longo da súa aplicación Lévase a cabo unha avaliación continua e formativa

·

COMO AVALIAR? Responde ás TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN, que son os métodos usados para desenvolver, ó longo do curso, a avaliación coma un “proceso”: fichas de rexistro acumulativo de información, cuestionarios, listas de control, fichas de observación , intercambios orais informais, entrevistas, enquisas, revisión de documentos e informes, triangulación de datos, probas psicométricas, dinámicas de grupos, sociogramas, reunións, opinións e demandas dos distintos implicados (profesorado, alumnado, familias, dirección,...), favorecendo a Coavaliación e Autoavaliación.

·

CANDO AVALIAR? Cuestión que da resposta ós MOMENTOS DA AVALIACIÓN: o AVALIACIÓN INICIAL: É a que nos permite establecer as necesidades do centro e da comunidade educativa. Mediante a mesma coñecemos onde estamos, con quen traballamos e a quen nos diriximos. Permítenos establecer os obxectivos a conseguir. o AVALIACIÓN CONTINUA: É necesario levar a cabo un seguemento que permitirá a toma de decisións durante a implementación de cada programa. Permite introducir modificacións para adaptarnos ó dinamismo da realidade, por iso, será desenvolta a través dos trimestres e mensualmente na reunión do DO. Esta avaliación ten carácter formativo. o AVALIACIÓN FINAL: Non é a simple constatación de datos finais senón a toma de conciencia e reflexión continuada ó longo dos distintos momentos, concretándose na avaliación sumativa, que é a concreción de todo o proceso desenvolto durante o curso.

A finalidade do Proceso de Avaliación ten carácter FORMATIVO, xa que ó longo do desenvolvemento das nosas actuacións, preténdese que se vaia analizando e reflexionando para reorientar o proceso e para lograr establecer propostas de mellora do Plan (para o curso seguinte).

Esta avaliación verase reflexada na Memoria Anual do Plan. 20


MEMORIA ANUAL do CENTRO: §

Programación do Departamento de Orientación 2018-2019 Modificacións introducidas.

Dificultades atopadas. Ó final do curso escolar elabórase a MEMORIA FINAL DO PLAN, na que se recollen os datos e valoracións máis importantes obtidas no proceso de avaliación, § durante Grao de consecución dos obxectivos o curso no desenvolvemento doprevistos. Plan e dos Programas. Na elaboración da Memoria participan todos os membros do DO coas súas § aportacións Conclusións propostas así concretas mellora. e epropostas, como de a participación doutros axentes implicados. A redacción final será responsabilidade da Xefa do DO. §

Na MEMORIA FINAL axustarémonos ó establecido na Orde do 24 de xullo de 1998, e enviarase á Inspección antes do 10 de xullo. Incluirá os seguintes apartados:

“La Evaluación es un proceso de diálogo, comprensión y mejora” M. A. SANTOS GUERRA, 1995.

21


Programación do Departamento de Orientación 2018-2019

8. FONTES DE INFORMACIÓN. Î Bibliografía: i. Manual de Orientación y Tutoría. M. Álvarez y R. Bisquerra. Ed. Praxis. Barcelona, 1996 ii. Necesidades Educativas Especiales. AA.VV. Coord: R. Bautista. Ed. Aljibe, 1993 iii. Manual de Asesoramiento Vocacional. Francisco Rivas. Ed. Síntesis. Madrid, 1995 iv. La Orientientación Educativa y Profesional en la E.S. E. Martín e V.Tirado. Horsori editorial. v. Acción psicopedagógica en E.S. Reorientando la orientación. J. Fernandez Sierra. Ed. Aljibe, 1999 vi. Atención a la diversidad. V. Tirado. Ed. Graó. Barcelona,2000 vii. La evaluación: proceso de diálogo, comprensión y mejora. viii. Una flecha en la diana. M. A. Santos Guerra. Ed. Aljibe. Málaga, 1993 - 2003 ix. La práctica de la orientación y la tutoría. R. Bisquerra. Praxis. Barcelona, 2002. Î Webgrafía: §

www.orientared.com

§

www.psicopedagogia.net

§

www.orientacionescolar.com

§

www.ite.mecd.es/recursos/orientacion

§

www.brujulaeducativa.com

§

www.edu.xunta.gal 22


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook