IES XESÚS TABOADA CHIVITE - VERÍN
Número 13 - Segunda Época
© Javier Díaz. Deseño e Maquetación Verín - 2018
2019
4
l
w
G
T.E.I
ARTES
CIENCIAS
ANTIGOS ALUMNOS
Presentación Opinións
Bela e Besta Concurso ANPA Fotoentroido
Viticultura Modelos e maquetas
Yolanda Prezado
DEBUXO: NOELIA GALLEGO CAMPOS
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
DESPEDIDA DO DIRECTOR Despois de trece anos consecutivos desempeñando de forma voluntaria a dirección do IES Xesús Taboada Chivite, é hora de deixar o cargo e apoiar a quen pode mellorar, a partir do próximo curso académico, o trabalo feito neste longo período. Analizaba nesta mesma revista Faíscas hai tres anos, o desenvolvido nestes tres mandatos e un ano máis, tanto no relacionado coas instalacións e dotacións de material coma na análise da nosa problemática e busca de solucións, nas relacións cos alumnos e os seus pais, nas actividades académicas e extraescolares, na implicación dun claustro sempre colaborador etc., etc. Hoxe non quero facer balance de todo o feito, senón simplemente agradecer a todos os colectivos que formamos esta comunidade escolar o seu apoio e despedirme como director. Foi para min un grande orgullo dirixir este centro, o meu centro, durante tantos anos, e digo o meu centro xa que aquí foi, estreando as instalacións, onde rematei, no curso 1977-78, o Curso de Orientación Universitaria (COU) o equivalente ao actual segundo de Bacharelato. Daquela era o único instituto de Verín, un instituto perseguido durante os últimos anos do franquismo por unha vila que padecía a ausencia de formación secundaria para os seus estudantes sen recursos. Os afortunados que puidemos estudar fóra antes de que este instituto se construíse, desembarcamos no Chivite tan pronto a ocasión nolo permitiu, e todos aqueles que non podían facelo tiveron a partir de entón a oportunidade que un pasado escuro lles roubara. O curso 2006-07 foi o meu primeiro como director, nomeado directamente, co meu beneplácito, polas autoridades educativas nun ano no que non houbo concurso para as direccións dos centros por ser de tránsito entre unha lei que non chegou apenas a implantarse (LOCE) e outra que substituía apresuradamente a anterior (LOE). Os outros doce anos foron xa presentando voluntariamente un proxecto de dirección, cun primeiro mandato de catro anos e dúas prórrogas de catro anos cada unha, cun
apoio unánime das comisións encargadas de valoralos. E fago fincapé no de voluntariamente, xa que foi algo que perseguín porque eu quixen, sen ningún tipo de presión, motu proprio, porque estaba ilusionado coa difícil e apaixonante misión de dirixir o noso centro. O meu primeiro agradecemento é para Alberte Blanco Casal quen pilotou unha dirección previa á miña na que eu desempeñei o cargo de xefe de estudos. Foi con el cando este centro emprendeu un cambio necesario e sen volta atrás, con novas praxes, métodos e resultados. En segundo lugar, e non por isto menos importante, o meu total agradecemento a todos os que formaron parte dos meus equipos directivos: Esther Francisco Manso, Alfredo Conde Mariñas, Marcos Fernández Álvarez, Rubén Veloso Carnero, Jose Pérez Rolán, César Sánchez Pampín e Eduardo Cabido Sabariz. O seu traballo foi encomiable, duro, constante, cheo de desvelos, achegando continuamente brillantes ideas e formando sempre equipo, conxunto, bloque. En terceiro lugar, quero agradecer ao claustro de profesores o seu apoio incondicional, ás decenas de docentes que pasaron por este centro en todos estes anos, aos que levan xa connosco moitos cursos e aos que acaban de chegar. Facilitou moito as cousas contar cun claustro tan colaborador, tan permeable aos cambios, cunha valoración tal alta do traballo que desempeñamos e tan implicado no día a día educativo como nas actividades voluntarias e extraescolares. Os profesores foron, maioritariamente, o funicular que axudou aos alumnos a superar as montañas máis encrespadas. En cuarto lugar, o meu agradecemento ao persoal non docente, as imprescindibles conserxes, administrativas, limpadoras, auxiliares de conversa, intérpretes de lingua de signos etc., especialmente ás que están este curso escolar, Lucía e Laude; Agustina, Flora, Rosa, Teresa e Isabel; Taylor e Estela. O seu papel é básico na formación dos nosos escolares e no bo funcionamento e mantemento desde instituto.
En quinto lugar, agradezo sinceramente a colaboración do colectivo de pais, especialmente aos que participaron no máximo órgano do centro, o Consello escolar, tirando das súas horas libres para facilitar a boa marcha do Chivite. Os pais, en xeral, estiveron moi comprometidos en todo momento, entendendo os continuos cambios que as distintas leis educativas nos obrigaron a facer, empatizando cunha profesión docente non sempre ben valorada, apoiándonos en difíciles decisións que afectaban aos seus fillos e mostrando case sempre comprensión e afecto. E reservo o ultimo lugar dos meus agradecementos ao piar fundamental da educación, á nosa razón de ser, aos que espertan a nosa vocación de ensinantes, aos que nos manteñen sempre vivos e nos obrigan a unha reciclaxe continua, ao alumnado. Pasaron durante estes trece anos centos de alumnos polo noso centro, todos diferentes, cada un coas súas inquietudes, esperanzas e expectativas, alumnos con ansia de aprender, alumnos con ansia de aprobar e alumnos de paso esperando cumprir os dezaseis anos para non seguir estudando. A todos eles, aos motivados e non motivados, aos que titularon e non o fixeron, creo, sinceramente, que o seu paso polo IES Xesús Taboada Chivite lles serviu de moito para axudalos a converterse en cidadáns ben formados, sensibles e implicados, cun atesouramento de experiencias que van máis aló das estritamente académicas e que lles serven para desenvolverse con éxito na súa vida. A aceptación e colaboración coas normativas variables que lle ían afectando, foron sempre asumidas, independentemente da súa convulsa idade adolescente, con respecto e aceptación. Non sería de recibo, esquecerme de agradecer tamén o apoio e atención das autoridades municipais e mancomunais, encabezadas polos alcaldes Juan Manuel Jiménez Morán e Gerardo Seoane Fidalgo e o concelleiro Diego Lourenzo Moura, sempre atentos a cantas peticións lles fixen para mellorar o noso centro. Asemade aos inspectores e autoridades académicas, provinciais e
autonómicas, considerados, receptivos e respectuosos, especialmente á actual xefa territorial, Luz Fernández Quintas, exemplo de profesionalidade, atención, resolución e execución, a miña amiga. Non todo o fixen ben, cometín erros e defraudei a máis dunha persoa de todos os colectivos que formamos a nosa comunidade educativa. Opinións encontradas, distintos puntos de vista, discusións as veces tensas, non poder atender peticións que se me fixeron, non ser todo o resolutivo que se precisaba en ocasións concretas e outras eivas, foron actuacións que tiven e que, nalgún momento, non satisfixeron as expectativas postas en min. A todos os molestos e prexudicados quero dicirlles que primaron os intereses do instituto por riba dos deles e aproveito para desculparme, se non o fixen no seu momento e pedirlles perdón se se sentiron ofendidos. E volvo, para rematar, ao que dicía ao principio desta despedida, ao orgullo que para min supuxo dirixir durante tantos anos este centro, o meu centro, o voso centro. Foi unha honra inmensa, un gran privilexio polo que vos estou inmensamente agradecido. Vaime substituír un excelente profesional, unha excelente persoa, César Sánchez Pampín, profesor con anos de experiencia en distintos cargos no meu equipo directivo e cun ambicioso, ilusionante e moi traballado proxecto de dirección para desenvolver nos próximos cursos académicos. A última petición que vos fago é que o apoiedes ao máximo, que o respectedes e que remedes xunto a el para que este centro siga crecendo e sendo un referente de traballo ben feito, formación e resultados tanto no ámbito local coma provincial e autonómico. Eu continuarei traballando coa mesma ilusión coa que comecei esta magnífica profesión de ensinante hai xa trinta anos. A todos moitísimas grazas, a todos as miñas máis fortes e sentidas apertas. Foi un honor, foi un pracer. Juan Guerra. Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
E
A TECEDORA DE SOÑOS
A TECEDORA DE SOÑOS
S
NTRECULTURA IX EDICIÓN DO FESTIVAL DE TEATRO O
pasado venres 12 de outubro, ás 20:30, tivemos ocasión de ver actuar ao grupo de teatro do noso instituto, A Tecedora de Soños, no Auditorio de Verín, dentro da novena edición
M
ULLERE
MONÓLOGOS TEATRAIS
S
do Festival de Teatro Entreculturas, organizado por “La Caja de Pandora”, coa obra “Historia de una escalera” de Buero Vallejo.
O sábado 20 de outubro actuaron de novo no Auditorio de Verín, ofrecéndonos unha
tarde distinta, a partir das 20:30, coa representación de “Monólogos dramáticos da literatura e o cinema”.
Actividades co gallo do Día da Muller no IES Xesús Taboada Chivite. Representación dos monólogos teatrais “Mulleres” O luns 11 de marzo, ás 16:40, alumnado do noso instituto asistiu á representación dos monólogos teatrais “Mulleres”, por parte do grupo de teatro do noso instituto, “A tecedora de soños”. A continuación, aparece un breve resumo da representación: Belarmina marchou emigrada a Caracas. Jaya é unha nena que vive pobremente en Burkina Faso. Sonu deixou atrás a casa e, atravesando boques, camiños, chegou a El Raval, Barcelona. Jashmine vive en Bagdad, Irak, nunha cidade que xa non é o que foi antes da guerra. Luzmila xunta todos os cartos que pode para mandalos ó seu fillo, alá en Bolivia. Irina deixou Kiev, en Ucraína, atrás e agora acha tanto en falta o seu fillo e a súa nai... Fala con eles por teléfono, mais pouco, que non se pode gastar demasiado... O diñeiro hai que aforralo para envialo a nai e fillo... Estas son algunhas das mulleres e rapazas que o noso alumnado puido escoitar. Viñeron doutras partes do mundo, ou marcharon da nosa terra, sempre en busca dun futuro mellor. Algunhas delas ficaron nos seus países, estragados pola guerra. Porén, é posible que, na procura dunha vida sen medo e sen miseria, un día teñan que marchar.... Parabéns, Adara, Candela, Cecilia, María, Marta, Oumaima, Sabela, Siomara, Xiana... Nove, como as musas, fostes quen de dar vida sobre o escenario a mulleres cuxas verbas nos conmoveron e fixeron que viaxaramos a outras realidades, que sairamos do noso mundo coñecido e descubriramos o que é ser estranxeira, pobre, invisible, marxinada, diferente....
MONÓLOGOS DRAMÁTICOS DA LITERATURA E O CINEMA
Parabéns, Elisa, Sonia, Marita, Isabel, por facer que o talento agrome....
Chegou o 20 de outubro e, no Auditorio de Verín, Julio Alvar e Miguel Quintas convertíronse en Salvatore e Totó,
de “Cinema Paradiso”, Miguel
Alves en Rede, de “Cadea Perpetua “, Fernando Rodríguez no “Gran Ditador “, Miguel Alves (sustituíndo a Manuel Añel, que tivo un grave accidente) e Samuel Martínez en o principiño e o raposo, Miguel Quintas en Balbino, de “Memorias dun neno labrego”, María Justo en “Miranda”, Oumaima Fathaallah en “Medea”, Noa Méndez en Angélica Líddell e Helena Pousada en Laurencia, de “Fuenteovejuna”. E aínda que a transformación pareceu máxica, o certo é que a maxia tivo pouco que ver. Foi o resultado de tardes e tardes e tardes de traballo, de esforzo, de sobresaltos, de incidentes que por intres pareceron irresolubles mais finalmente tiveron solución. E aí estiveron sempre Sonia, Elisa e Marita ó pé do canón, traballando cos nosos grandes artistas, sentindo ás veces que “Historia de una escalera” e “Monólogos dramáticos da literatura e o cinema “ non chegarían a porto. Mais... Vaia se chegaron!!!! Cun enorme nivel, recoñecido polo aplauso unánime de todos os que o 12 e o 20 de outubro tiveron a sorte de asistir ó Auditorio de Verín. PARABÉNS!!!! Longa vida ó teatro na escola!!!I sabel Cota (EDLG)
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
O TEI
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
PROGRAMA TEI
P R E S E N TA C I Ó N D O P R O G R A M A T E I 2 01 8 - 2 01 9
O
Aín-
para min significa
PROGRAMA TEI
axudar e liberarse de todo aquilo que nos molesta. Saber
inclusión dos alumnos que acaban de chegar a
que sempre vas ter ao teu lado unha
un centro, debemos ter en conta tamén que grazas a
persoa, maior ca ti, que te vai axudar a
“PROGRAMA
Ao crear unha soa plataforma na que están incluídos alumnos
sación de calma moi satisfactoria.
16:40, púxose en marcha o
el se pode falar dunha convivencia escolar.
resolver os teus conflitos; dáme unha sen-
luns, 29 de outubro, ás TEI”
de diferentes cursos e profesores, engadíndolle que cada vez se suman novas persoas do ámbito educativo, indirectamente estase
Daniela Coelho Losada 1º ESO D
(Titoría Entre Iguais), por terceiro ano consecutivo, co acto de
a crear unha especie de cadea que relaciona a todos estes membros citados, polo que chegará un momento no que no centro no que se
Este
presentación das parellas alumno
imparte esta actividade darase unha órbita de convivencia.
foi o primeiro ano que
titor-alumno titorizado.
Un claro exemplo disto é, sen dúbida, o Chivite, no que xa se
experimentei este programa, consistiu
Este programa está deseñado
poden ver os froitos que dá o programa TEI.
nunha titoría entre iguais, para iso a principio de curso
como unha medida preventiva
formáronse parellas compostas por un alumno ou alumna de
contra a violencia e o acoso
3ºESO e outro ou outra de 1ºESO. Para que o titor e o titorizado se
escolar. Os alumnos de terceiro
coñecesen mellor, propuxéronse diversas actividades ao longo do curso.
curso de secundaria titorizaron
Noa Sobrino Lamas 3°ESO-C
Algúns exemplos son:
os de primeiro.
Durante unha semana tivemos que atoparnos titor/a e titorizado/a no recreo e cubrir
Previamente tiveron lugar varias sesións
da que o programa TEI sexa un proxecto creado para a
informativas
para
cada un/una un papel cunha serie de preguntas relacionadas cos nosos gustos: cor
o
preferida,data de aniversario…da outra persoa.
alumnado titorizado, o alumnado
Tamén algún luns pola tarde na hora de titoría reuniámonos entre as clases de primeiro e
titor e as familias. Nestas sesións
terceiro para facer fichas e iren coñecer o outro.
explicáronse as características
De todas as actividades que fixemos a que máis me gustou foi a dun luns pola tarde que
do programa, os obxectivos, o
consistía en quedar cos titores/as para levar o xersei da mesma cor, despois baixamos
procedemento de intervención e
ao patio e colocámonos os de 1º e 3º xuntos/as formando a palabra TEI en grande; e
o calendario de actividades. A miña opinión sobre o programa TEI é que é fantástico para relacionarse coa xente. Estamos acostumados a falar con persoas a través dunha pantalla, pero este plan rserve para mellorar, xa que os máis pequenos non coñecen o centro, teñen medos… Este programa o que fai é axudalos co apoio dun maior, de cursos superiores. Ao ter un titor ao teu lado sénteste alguén especial: unha persoa que te defenda dos que só che queren facer dano ou que che axude a superar o reto de pasar de curso. Eu, por sorte, non pasei pola etapa de que me fixeran dano, pero sabía que tiña un maior que me podería axudar cos meus problemas. Agora xa son titor e axudo o meu titorando a pasar as grandes probas do curso. Protexelo é un acto de madurez, tanto para o titor como para o titorando porque xa vai vendo como se ten que comportar no futuro, As actividades encántanme porque me fan meditar sobre moitas cuestións que comparto co meu titorando, falando e coñecendo máis cousas del. En definitiva, a programación TEI paréceme xenial. Osama Bounasla– 3º PMAR
Para
min, o TEI é unha actividade de aprendizaxe e reflexión na que nos ensinan valores non moi habituais, pero que debemos de respectar e tamén levalos a cabo para manter unha mellor convivencia a nivel social. Alex Vaamonde Ginzo 1º ESO D
N I P O
S N Ó I
DE S O N M U I L E A T O E R B SO
finalmente cando estivemos colocados, sacáronnos unhas fotos, tamén sentadas, coas mans no aire, con globos… Para min as actividades que me pareceron estupendas foron: “ Se eu fose…”, “Cadea de favores”, “Cordas”, e “Que debemos saber sobre a intelixencia emocional?”. Tamén considero que son moitas as sesións e poderiamos dedicarlle algunha menos.
Este ano tivemos a sorte de formar parte dun programa chamado Titoría Entre Iguais (TEI) . Nel puidemos levar a cabo actividades relacionadas co bullying, a autoestima…Unha das miñas favoritas foi que aprendemos a controlar as emocións.
miña experiencia
Neste programa asignáronnos a todo o alumnado de 1ºESO un titor
como titorizada non foi a mellor,
ou titora de 3ºESO ao que lle podiamos contar os nosos problemas
pero si moi divertida. Eu era moi tímida e
para que nos axudaran a resolvelos, elas e eles son os indicados para
iso dificultaba moito as cousas. Ese curso grazas
facelo, xa que pasaron polo mesmo. Aínda que eu non lle contei ningún
ao TEI cambiei moito. Coñecín a bastantes rapaces
problema á miña titora, pasámolo moi ben xuntas.
e rapazas de 3º e 4º curso de ESO e fixemos moita
Gustoume moito esta experiencia aínda que eu, cambiaría, elim-
actividades. Agora mesmo non manteño relación co meu
inaría a outra clase que temos os luns pola tarde, e mudaría
titor.
algunha das actividades para facela máis divertida, pois
Neste momento estou en 3º ESO e son titora dunha nena de
ensinan sempre algo importante.
podo e sempre falamos das actividades ou do instituto cando nos vemos fóra. Cando vimos dun colexio de Primaria, o instituto impresiona moito e ata asusta, asi que creo que o TEI é un programa que lles fai máis fácil o primeiro curso da ESO a eles, e a todos. Iria García Gil
de ser titorizados e agora titores, puidemos apreciar a actividade dende os dous puntos de vista. Os resultados que a actividade nos deu foron bos, tendo en conta que o seu desenvolvemento comezou só hai tres anos. Falando en nome de todos os da miña clase, estaría ben que se amplíen as horas para o desenvolvemento de actividades do programa co obxecto de aumentar a confianza entre as parellas. Polo resto, está actividade é perfecta para poder erradicar o acoso e para que os máis pequenos se sintan acollidos e non collan medos nin prexuízos. Sara Xing Moredo Martínez – 3º ESO B
Carla Blanco Álvarez – 1º ESO A
A
1º. Facemos bastantes actividades. Intento axudala no que
Despois
Estela Fdez. Teixeira 1ºESO A
Cando entrei por primeira vez ao instituto sentíame perdida, non sabía onde estaban as clases , como ían ser os meus profesores e compañeiros de clase. Todo iso desapareceu grazas a un programa chamado TEI (Titoría Entre Iguais) que foi iniciado no curso que eu entrei no instituto. Dixéronnos que iamos ser titorizados por alumnos de 3º de ESO, e eu a verdade é que ese día estaba nerviosa por saber quen ía ser o meu titor. E por fin chegou o día de saber quen era. Eu tiven sorte co meu titor xa que todos os días se preocupaba por min, preguntábame como estaba, se tiña exames… Faciamos moitas actividades xuntos os luns pola tarde que eran moi entretidas e divertidas. Grazas a este programa sentíame protexida. Agora vouvos contar como é a miña experiencia sendo titora dun alumno de 1º ESO que acaba de entrar no colexio. Ser titor dunha persoa non é unha tarefa fácil, hai que estar pendente del ou dela, axudarlle a que todo sexa máis fácil. A min persoalmente gústame ser titora porque aprendes, recordas aqueles tempos cando entraches no colexio e non sabías onde estaban as clases. Grazas a este programa estamos mellorando a convivencia entre os alumnos do colexio. Grazas TEI. inés André Borrajo Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
PROGRAMA TEI
PROGRAMA TEI
NO VOSO CENTRO TEDES O PROGRAMA TEI?
Cando na túa vida consideras que che gustaría ser docente
programa porque o que queremos é deixar claro todo o
e dedicarte a este fermoso mundo do ensino, no teu ser
que implica, todo o que supón e todo o que ofrece. Por
comezan a espertar inquedanzas e ideais dunha ensinanza
iso, a través deste artigo tentaremos resumilo mediante
chea de valores e principios: ensinar na igualdade, na
preguntas que nos fan estes marabillosos curiosos que
diversidade, na integración, na tolerancia e na educación en
entenden a tarefa de “educar” no seu sentido máis amplo.
valores. Todos estes ideais tan fermosos como abstractos quedan moitas veces no proceso de ensino nun ámbito
Que é o programa TEI?
máis teórico do que nos gustaría. Por sorte o Programa TEI dá aos docentes a gran oportunidade de traballar e
Seguindo a Andrés González Bellido é un programa de
promover estes ideais que fixeron que moitos de nós nos
convivencia institucional que implica a toda a comunidade
dedicaramos a esta intensa profesión. Por iso, é de recibo
educativa, pretende mellorar a integración escolar e traballar
salientar que é un privilexio poder traballar nun centro que
por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as
desenvolve o Programa TEI (Titoría entre Iguais).
relacións entre iguaissexan máis satisfactorias e interésase por mellorar ou modificar o clima e a cultura do centro
Extramuros ten unha difusión cada vez máis notoria xa
respecto á convivencia. Baséase na titorización emocional
que debido ao foco posto polos medios de masas no
entre iguais onde o respecto, a empatía e o compromiso
acoso escolar e nos problemas de convivencia nas escolas,
son os piares básicos do seu desenvolvemento nos centros
o TEI transmite confianza e seguridade na comunidade
educativos.
educativa. Sempre que explicamos a pais, nais, outros adultos ou incluso a adolescentes o programa TEI, todos e
Cal é a súa organización?
todas coinciden en que é unha boa iniciativa e sempre se interesan, preguntan e ata difunden.
A titorización entre estudantes é a base organizativa.
O mesmo pasa co profesorado doutros centros educativos,
Alumnos e alumnas de cursos superiores son formados
é un reclamo visto desde unha mirada de formación
para ser titores/as TEI do alumnado do primeiro curso que
docente. Máis dunha vez temos vivido a situación entre
acaba de chegarao instituto e que durante o curso escolar
colegas de profesión, que ao comentar que traballas no
será o seu titorizado/a.
IES Xesús Taboada Chivite de Verín, alguén di: - Ah! No voso
centro tedes o Programa TEI? E inmediatamente despois
ESO que titoriza ao de 1º de ESO. A través de actividades
se suceden as preguntas oportunas.Xa non falamos se
conxuntas van coñecéndose e en moitas ocasións
esta situación se dá entre orientadores ou orientadoras
establecendo canles de confianza e de amizade. Existen
porque o terceiro grao pode ser moi intenso: que é, como
actividades de formación, de información e de cohesión que
xurdiu, como vos organizades, quen o leva, que facedes,
favorecen esta relación entre a parella TEI. Estas actividades
que pensan os estudantes, de onde quitades o tempo… Si,
vanse mellorando, destacando como novidade deste curso
son moitas preguntas que moitas veces non sabemos como
as Actividades “Encóntrao” realizadas nos recreos e que
concretar para presentar o programa TEI extramuros.
posibilitan que os alumnos/as de 1º e de 3º teñan que
No noso centro concrétase no alumnado de 3º de
atoparse e falar. Por outra banda, se pensamos intramuros,o TEI é un programa moi flexible que despois da súa posta en
Como se desenvolve o programa?
marcha no noso centro no curso escolar 2016-17, foise
O programa está composto por diversos tipos de
enriquecendo tendo en conta as debilidades analizadas que
actividades que favorecen esa educación inclusiva e non
sempre se intentan mellorar e así seguirá sendo sempre que o profesorado o considere. Como diciamos, desde o punto de vista interno (intramuros) é unha iniciativa na que a maioría cremos, e iso fai que sexamos conscientes das oportunidades que ofrece xa que difunde a educación en valores, garante a atención á diversidade e promove os principios do noso sistema educativo: normalización, equidade, inclusión e igualdade de oportunidades. Cando alguén pregunta sobre o programa TEI no noso
violenta da que falabamos. O TEI consta de Actividades
dun coordinador TEI adicional no inicio do curso para dar
de Autoestima,actividades de Integración, actividades
parte da formación dos rapaces de 3º ESO.
de Avaliación e actividades de Cohesión. O propio
Os dous coordinadores TEI e o departamento de
programa de Andrés G. Bellido ofrece moitas actividades
orientación tamén teñen un importante labor de
que se foron facendo ao longo destes anos, pero debido
colaboración e coordinación xa que sonos encargados
a que o alumnado de 3º de ESO xa traballaran estas
de prestar apoio e soporte ao profesorado e alumnado
actividades cando estiveron en 1º de ESO e debido a
e encárganse de difundir previamente aos titores/as dos
outros motivos como que as actividades entraban na
grupos as actividades para realizar na data establecida
monotonía de ter sempre o mesmo formato, o centro
no Calendario TEI.
creou pequenos equipos de traballo para elaborar novas
Por suposto, o papel principal é desenvolvido polos
actividades. Aquí o centro levou unha grata sorpresa,
titores e titoras dos grupos de 1º e de 3º de ESO xaque
non só pola implicación do profesorado senón tamén
con moita implicación e profesionalidade realizan as
pola súa creatividade. Realizáronse actividades moi
actividades TEI co seu alumnado, achegando sempre
motivadoras para o alumnado e, ao seren elaboradas
a crítica construtiva para intentar mellorar durante o
polos propios profesores e profesoras, son actividades
propio desenvolvemento do programa.
altamente contextualizadas. Fomos creando actividades
Polo tanto, aínda que existen unhas cabezas visibles no
de diferentes temáticas que pasaron a formar parte dun
funcionamento do programa, hai que dicir que realmente
banco de actividades TEI do noso centro educativo.
existe unha coordinación múltiple que pode dividirse en
Onde e cando se desenvolve?
tres bloques: •
Bloque 1 (Orientación , xefatura de estudos,
Principalmente nas aulas dos grupos-clase durante
vicedirección
a hora de titoría. Aspecto que hai que ter en contan
Organización de parellas TEI, organización de espazos,
a organización dos horarios xa que a hora de titoría
organización e difusión de tarefas, xornadas de
de todos os cursos de 1º de ESO e de todos os cursos
formación e información son algunhas das competencias
de 3º de ESO deben coincidir para poder traballar os
asinadas.
mesmos aspectos e para poder facilitar as actividades
•
de cohesión, tan demandadas polas parellas TEI.
escoller e/ou crear novas actividades). Segundo o
Noutras ocasións utilizamos outros espazos e momentos
calendario TEI, este grupo, formado por equipos de
como pode ser o salón de actos, as pistas exteriores ou
dúas ou tres persoas son os encargados de xestionar as
fóra do centro nalgunha actividade complementaria
actividades que se farán. Está formado por un total de 13
organizada dentro do programa TEI.
docentes. •
Quenleva a coordinación?
e
coordinador
propiamente
dito).
Bloque 2 (grupo de docentes encargados de
Bloque 3 (profesores/as titores/as). Son un total
de 8 docentes encargados de levar a cabo nas súas horas de titoría as diferentes actividades TEI.
Aínda que todos os docentes achegan e suman, principalmente
o
programa
é
coordinado
polo
Para que realizar o programa TEI?
equipo directivo: xefatura de estudos e vicedirección,
Desde o noso punto de vista, o programa faise moi
establecendo un calendario TEI ao inicio de curso tanto
necesario porque é unha estratexia fundamental para
para o desenvolvemento das actividades coma para
favorecer a acollida do alumnado, principalmente do
a creación das actividades por parte dos diferentes
alumnado de 1º de ESO, é unha oportunidade para
profesores e profesoras. Tamén é importante a figura
mellorar a convivencia do centro escolar e das relacións entre os iguais baseadas no respecto e a comprensión mutua e é unha forma de darlle responsabilidade ao alumnado, que forme parte da organización do centro e da convivencia escolar. En definitiva, as siglas do programa TEI, titoría entre iguais, tamén poderían ser as siglas de Tolerancia, Equidade e Inclusión, principios educativos que a través deste programa se pretenden promover en prol da calidade educativa.
Lucía Rúa López (Orientadora)
centro, fáisenos moi complicado explicar de forma concreta e moito máis de forma resumida, todo o que supón este Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
O noso alumnado, consciente da lacra social da violencia de xénero, quixo erguer a súa máis enérxica voz contra ela a través destes manifestos, cheos de loita e rebeldía, e que recollen incluso vivenzas das nosas alumnas e alumnos que explicitan que nesta sociedade aínda quedan loitas que gañar, para que homes e mulleres convivan cos mesmos dereitos e liberdades. Cunha mocidade tan conciencidada, está feito!
Manifestos
contra a violencia de xénero Lucía González, 1º Bacharelato B
Yago Alonso, 1º de Bacharelato B
Eu pensaba que o medo á escuridade era algo que perdiamos ao superar a infancia.Que ao igual que deixamos atrás crenzas, costumes, recordos, e outras fobias, esa tamén quedaba atrás.Iso é o que supoñía, ata que toca volver soa á casa de noite. Todo vai ben, ata que noto a presenza de alguén que segue os meus pasos (non sei ben por que, pero sempre me espero o peor). Acelero o ritmo, e aceléraseme o pulso. Comezo a buscar no peto as chaves e cústame algo atopalas; póñome moi nerviosa cada vez que me atopo nesta situación. Non o entendo. E que nunca pasa nada, pero... e se esta vez si. Consigo atopalas, e o primeiro que fago é coller a chave que abre a porta principal. Non me resulta complicado localizala porque xa a teño marcada para cando pasa isto. Cólloa, e aprétoa ben forte. Chega un punto no que empeza a doerme a man, pero non lle dou importancia. Esta é a única forma que teño de descargar tensión. Acelero algo máis. Podo notar como de rápido me latexa o corazón no puño onde levo o chaveiro do que nestes momentos depende todo. Penso no que meus pais me din cada vez que quero saír cando xa é de noite: “Non vaias soa.Pídelle a algún amigo que te acompañe.O teléfono sempre con batería.Mándame unha mensaxe cada pouco, para que esteamos máis tranquilos”. Sempre penso que esaxeran, pero cada vez que me vexo así, paréceme insuficiente o que me din. Xa estou chegando. Acelero o paso por última vez. Nótase que estou nerviosa, pero dáme igua. Nestes momentos, o único que me preocupa é entrar na casa. Chego. Abro o máis rápido posible. Nótase que teño práctica, e o primeiro que sae de min nada máis cruzar a porta è un salouco de alivio que fai que os nervios e a presión que me estaban asfixiando hai menos dun minuto desaparezan. Que duro é vivir isto cada vez que saio de casa pola noite. Pero máis duro é que cada vez que o conto, case todas se sintan identificadas. Viviron en primeira persoa o que acabo de contar: a angustia,a dor na man de agarrar tan forte as chaves,o nó na gorxa que dificulta a respiración, o alivio de chegar á casa…Salta á vista que aínda nos queda un moi longo camiño por recorrer, pero tamén está claro que todas e todos nós decidimos como queremos que sexa. Somos nós quen podemos poñer un pouco de luz nestas situacións tan escuras, que non precisan de mulleres valentes. Precisan de mulleres libres!!
“El quéreme, sabes? Non lle gusta que fale con outros rapaces, porque me quere. Tampouco lle gusta que saia moito polas noites; nunca se sabe o que pode pasar. Protéxeme. Iso é que me quere. Cando paso moito tempo coas miñas amigas, enfádase, pero porque me quere, sabes? E quere pasar todo o tempo do mundo comigo. Gústalle que conteste rápido ás mensaxes, e... cando non o fago, tamén se enfada un pouco, pero é porque me quere, e quere falar comigo todo o tempo para sentir que estamos xuntos cando estamos separados. Ás veces mírame o móbil e pídeme os meus contrasinais, pero só para ver se me falou algún rapaz e protexerme. Todo porque me quere, sabes? Cando levo a saia moi curta, ou o escote moi baixo, mándame cambiar de roupa, porque me quere, e son súa, e ninguén máis pode mirarme. E un día que saio de casa coa saia moi curta, un día que me fala o meu compañeiro de clase para pedirme os apuntamentos, un día que vou de festa coas miñas amigas e non miro o móbil en toda a noite, un deses días o enfado sobrepasa o verbal. Pero... porque se puxo celoso? Porque me quere, porque se enfadou por saír coas miñas amigas porque quere estar comigo todo o tempo, porque son súa, e porque el, pase o que pase, quéreme”. Non!! El non te quere. O amor non se basea no control. O amor trata de respectar a outra persoa e apoiala en todo o que decida. Si, decida, ti mesma e sen que ninguén o faga por ti., porque tes dereito a saír coas túas amigas, a falar con rapaces, e a vestirte como queiras, porque te vistes para ti, e todo o que fagas, falo por ti. É hora de desmitificar o amor romántico, de anularnos e de anular por amor, de perder a nosa liberdade, de sacrificármonos ata de humillarnos, facendo que perdamos a nosa autoestima e provocando absoluta dependencia. O amor non é dependencia. O amor é ter a capacidade de ser libres estando xuntos, de ser un Nós, pero sabendo ser tamén un ti e mais un eu. Porque non fan falta golpes para falar de violencia machista.
A Muller e a Nena na Ciencia O luns 11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Desde o noso centro, quixemos contribuir a concienciar a sociedade sobre o potencial das rapazas no ámbito científico e tecnolóxico a través dun debuxo abstracto, dun “collage” e dunha biografía realizados por alumnos de 3º e 4º ESO. O debuxo que aparece a continuación, cuxo título é: "Enerxía", foi realizado por Aitana Arriba Pantaleón de 3º ESO A:
O seguinte collage, titulado "Sen nós a ciencia non sería o mesmo", fíxoo Lorena Rodríguez González de 4 ESO C:
Por último, Miguel Quintas Prada de 4º ESO C, escribiu a biografía de Olimpia Valencia, a primeira xinecóloga galega
Olimpia Valencia, a primeira xinecóloga galega. Baltar (Ourense), 14 de decembro de 1898 – Vigo, xullo de 1987. Foi a primeira xinecóloga galega. En 1910 múdase a Vigo, onde estuda Maxisterio na Academia de Minerva. Ao non ter habilidade na docencia, elixe facerse médica. Nove anos despois, marcha a Santiago para estudar Medicina. En 1925, consegue o título e unha matrícula de honra. Nese ano viaxa a Madrid para realizar a súa primeira tese: “La colesterinemia en la sangre en relación con la anestesia quirúrgica”. Na capital española, ponse en contacto con institucionistas apéndices e realiza tarefas para ganar unha bolsa na Residencia de Señoritas. Nos cursos 1926-1927 imparte clases de cultura xeral ás residentes. Un ano máis tarde é nomeada médica titular do Instituto Escola. En 1928 regresa a Vigo para por en marcha un consultorio de medicina xeral e xinecoloxía, facéndose coñecer cunha praca na portan e anuncios na prensa. Traballa ata xubilarse (con certas dificultades ao principio polo seu sexo). Olimpia mantén relación con investigadores e preocupase por informarse das técnicas e avances médicos do estranxeiro. No 29, solicita unha bolsa para ampliar coñecementos en clínicas xinecolóxicas de Alemaña e Suíza. Cofunda a Academia Médico Quirúrxica de Vigo, institución na que chegou a ser vicepresidenta. Presentou un relatorio na I Xornada de Médicas Galegas. En 1934, fixo unha comunicación na Academia de Vigo en homenaxe a Paz Pardo. Tamén foi membro fundador da Alianza Francesa de Vigo. Era unha persoa con inquedanzas culturais, vinculada a Galicia. Tivo relación con intelectuais e galeguistas coetáneos, como Paz Andrade e Fernández Mato. Encabezou un movemento de apoio a candidatos galeguistas de Pontevedra e do SI no Plebiscito polo Estatuto Galego, onde ambos documentos só foron firmados por mulleres. No 37, foi detida e pasou catro días no cuartel da Garda Civil por pertencer ao Partido Galeguista e ter trato con esquerdistas. Grazas ao seu limpo historial e a un “donativo” conseguiron que saíse en liberdade. Nos seguintes ano acusárona de “roja” e descendeu a súa clientela. Xubílase en 1960, tras vinte anos na Seguridade Social. Aínda con oitenta anos seguiu traballando no seu consultorio particular. Opinión persoal: Olimpia foi un gran exemplo de superación e loita contra os prexuizos machistas ou de considerar aos galegos, uns paletos. O seu desexo de saber máis conduciuna a un progreso dinámico e duradeiro.
Miguel Quintas Parada 4º ESO C
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
INFOGRAFÍAS V I T I C U LT U R A
CONCURSO DE FOTOS “A V E N D I M A 2 01 8 ”
Alumnado de 3º e 4º de ESO co profesor Javier Rodríguez, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, realizaron varias infografías relacionadas coa viticultura, que estiveron expostas no centro. A continuación, aparecen dúas delas:
Neste concurso, que se convocou no mes de setembro e que se resolveu en decembro, participaron 101 alumnos, que enviaron 215 fotos. Os gañadores do concurso fotográfico "A vendima 2018" foron:
1º premio da categoría de 1º e 2º ESO: Lucía Díaz Villarino 1º ESO B.
E N T R E V I S TA A N U R I A T R I G U E R O S , C ATA D O R A D E V I Ñ O . Por Coral Heredia, Natalia Mocho e Andrea Rocha Cando e por que empezaches a catar viño? A verdade é que foi unha cousa un pouco estraña. Unha vez fixéronme chegar a oportunidade de facer un curso de cata. Para min era unha afección e decidín facelo, e a partir de aí ofrecéronme a posibilidade de catar para a Denominación de Orixe Monterrei. E agora estou facendo catas de viños para eles.
Nalgunha ocasión cataches viño a desgusto? Non, porque cando vou catar é porque quero. Hai algún catador/a na túa familia? Non, eu son a primeira.
Canto tempo levas realizando esta actividade? Debo levar seis ou sete anos para a denominación de orixe...
1º premio da categoría de 3º e 4º ESO: Manuel Quintas Martínez 4º ESO C. “Doce solpor” “Doce solpor”. Ao rematar un día tan marabilloso como este, non hai nada mellor que despedir ao sol cun acio de uvas recollido coas túas propias mans.
Que utilidade ten catar viño? Na miña situación é considerar que un viño que presentan como Denominación de Orixe Monterrei é válido para beber ou non. De feito nós no panel de catas o que facemos é detectar defectos, e se un viño ten algún defecto temos que comunicalo e, daquela, non poderá levar a etiqueta da Denominación de Orixe Monterrei. Tería que ser corrixido para volver a pasar a cata e, no caso de estar ben, poder levar esa etiqueta.
Con que idade cres que se podería iniciar unha persoa como catadora de viño? A lexislación obriga a que sexa a partir de 18 anos, xa que con idade inferior non podedes beber alcol. Pero para aprender a catar, poderiades facelo a calquera idade, mais non o viño, senón outras cousas. Por exemplo, cando ti catas un viño tes que identificar que tipo de olores e gustos detectas. Daquela, ti podes empezar catando lambetadas, de diferentes sabores (sen saber de que sabor é) e dicir ao final “este é de piña, este é de mazá...” É unha boa forma de empezar a catar. Realmente o que vas buscando é distinguir sabores co padal, ou ben olores co nariz.
Son necesarias calidades especiais para ser catador de viño? Eu creo que a principal calidade é ser sistemático. A cata non é simplemente coller un viño e dicir se está bo ou malo. Tes que ir mirando a nivel visual, a nivel olfactivo, a nivel gustativo... describindo determinados parámetros. Cómpre ser sistemático, hai que practicar para poder adestrar eses aspectos que tes que valorar.
1º premio da categoría de 1º e 2º BAC: Inés García Nóvoa 1º BAC A. “89 vendimas” Por que se di que o viño mellora cós anos? O viño ao igual cás persoas vai sumando cos anos sabedoría, experiencia e paixón. Por iso, é nas engurras, onde se atopa o saber máis doce.
Onde se encontra o mellor viño? O mellor viño... de que? De España, de Galicia, de Europa, do mundo...? Non sei, porque ao final o mellor viño é o que máis che gusta. Cal é o mellor viño? Cada ano é un diferente. E o peor? Pois pasa exactamente o mesmo. O peor viño é aquel que está avinagrado, que non podes beber. Depende... Aos catadores/as tenlles que gustar o viño? Non necesariamente. Cando ti catas o único que fas e tomar un pequeno grolo, mover o líquido na boca para detectar os defectos que ten ou as súas calidades. Pero non ten por que ser algo que realmente che guste.
Cal foi o viño ao que lle puxeches a nota máis alta? Por que? Aquí debemos ter coidado. Porque poñer a nota máis alta quere dicir que é un mal viño. Eu cato no panel de cata da denominación de orixe, os viños que teñen maior puntuación son os peores viños porque teñen algún defecto. Daquela imaxino que a pregunta é ao revés: cal é o mellor viño. Non sabemos, porque catamos ás cegas. Nunca sei o viño que estou catando (non sei de que bodega é, de que bodegueiro). Simplemente é unha botella sen etiqueta. Entón ti tes que catar o líquido que hai dentro, pero non sabemos de quen é.
Que características debe ter un bo viño? A primeira de todas é que poida ser bebido. Se un viño ten algún tipo de defecto grave, ou ben porque cheira mal, ou ben porque sabe mal, porque está picado ou avinagrado, entón está claro que iso non podes bebelo. Ademais do teu padal, empregades algún outro instrumento? Empregamos a vista e o olfacto. E tamén, nalgunhas ocasións, o oído, porque, por exemplo, cando unha persoa abre unha botella, moitas veces o son pode permitirche saber cousas sobre o viño. E tamén cando botas o viño na copa. Ás veces o son pode indicarche se é un viño máis novo, máis vello...
Que opinas dos caldos da zona de Monterrei? Que son fantásticos, sobre todo os brancos. Os tintos teñen máis problemas. depende do ano. De feito o 70% da produción en denominación de orixe Monterrei é viño branco. É un viño moi bo, moi bo e apreciado fóra de Galicia, mesmo fóra de España (en Norteamérica). Os viños tintos? Tamén son bos, pero comparados con outros que hai en España, se cadra, carecen dalgunhas particularidades. Pero tamén son bos viños. De feito, o último viño catalogado como mellor viño de Galicia era Denominación de Orixe Monterrei. Entón, algo bo debe de ter. Moitas grazas polas respostas e pola túa atención.
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
O alumnado de Imaxe e Son participa no FIC
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
Na semana do 1 ao 9 de decembro tivo lugar o III Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) no que se visualizaron 68 curtas de 26 países diferentes, seleccionadas entre as 1261 curtas que recibiron os organizadores do certame. Paralelamente leváronse a cabo unha serie de actividades públicas co gallo de potenciar o festival. Entre elas estivo achegar o certame ao alumnado e dende este punto de vista o alumnado de Imaxe e Son elaborou unhas curtametraxes seguindo os mesmos pasos que se dan a nivel profesional (elaboración de guións literarios, técnicos, storyboard, plan de rodaxe, reparto de funcións, produción, edición, making of…) colaborando con Xosé Luis Santiago, “Pello”, xefe de produción do festival. De feito, estiveron a traballar en catro curtas con diferentes temáticas e esperan poder chegar a gravalas todas. Baixo esta liña de traballo, os alumnos de Imaxe e Son recibiron unhas acreditacións dos organizadores do evento que lles deron acceso ás curtas que se emitiron, ademais de poder contactar, coñecer e entrevistar profesionais que asistiron ao festival e embeber todo o relacionado co mundo audiovisual patente na semana do FIC. Tanto o alumnado como César Sánchez, que imparte a materia, estánlles moi agradecidos a Pello pola axuda amosada durante varias semanas de traballo coordinado e tamén por achegar o festival ao instituto e facer que os alumnos se interesasen polas seguintes proxeccións que puideron ver esa semana: ●“ A estación violeta”, filme dirixido pola pontevedresa Anxos Fazáns, sendo un dos intérpretes Alberto Rolán, actor de orixe verinesa. ●“Informe B´Tselem”. Organización independente non partidista que leva máis dun cuarto de século documentando e publicitando as violacións de dereitos que se viven na zona do conflito palestinoisraelí. Entre moitas das súas actividades, a organización regala cámaras aos cidadáns palestinos para que rexistren calquera situación conflitiva que poidan vivir e para poder amosar accións como a execución de civís, o cal levou varios soldados israelís ao cárcere. O alumnado interesouse pola presenza de Helen Yanovsky, cineasta e responsable do arquivo da organización e que a piques estivo de vir ao instituto aproveitando a súa presenza no festival. Un problema no seu visado fixo non poder contar con ela no día previsto, unha mágoa. Máis info en: https:// bit.ly/2Ph0xLP ● “Animacam”. Iniciativa nada en Ourense hai case oito anos caracterizada por ser o primeiro festival internacional online de curtas de animación.
O
E
bradoiro
de curtametraxes organizado polo FIC XIV
studantes de secundaria do IES Xesús Taboada Chivite e do IES Castro de Baronceli coñeceron as claves de produción dunha curtametraxe no marco dunha iniciativa piloto que promoveron os organizadores do FIC Vía XIV. A iniciativa foi presentada o día 17 de outubro nos centros polo director do certame, Carlos Montero, xunto a outros membros do comité organizador do certame, coma o xefe de Produción, Xosé Lois Santiago Pello, e pola concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza. O seu obxectivo foi implicar os verineses máis novos no discorrer do Festival a través da programación dunha actividade que os integrase e mesmo os fixese protagonistas do mesmo. Deste xeito, os alumnos participantes adquiriron a través de varias clases específicas, codirixidas polo equipo organizador do FIC Vía XIV xunto a docentes de ambos os centros, nocións sobre guión, narrativa audiovisual, rodaxe, preprodución e posprodución de curtametraxes. As clases desenvolvéronse durante os meses de outubro e novembro. Do noso centro participaron 16 alumnos, todos eles alumnos dunha materia (a de Imaxe e Son). O seu profesor, César Sánchez, valora como especialmente interesante a proposta do FIC para aqueles estudantes que queren enfocar os seus estudos superiores ás ramas de Comunicación Audiovisual, Xornalismo e mesmo Publicidade e RRPP.
REALIDAD POÉTICA
Alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES Taboada Chivite de Verín realizaron no mes de abril a súa propia curta dirixidos por membros do equipo do FIC Via XIV.
M
atria
M
atria é unha curtametraxe dirixida polo galego Álvaro Gago Díaz no ano 2017. En xaneiro de 2018 acadou o Premio do xurado no Festival de Cine de Sundance. Non foi este o seu único premio, xa que leva obtidos moitísimos recoñecementos desde a súa estrea. Incluso foi nominada este ano ós Premios Goya. Está baseada na vida de Francisca Iglesias Bouzón, actriz principal e amiga persoal do director. Moitos críticos teñen dito que esta peza pasará á historia do audiovisual galego. Polo que conta, por como o conta, polas súas protagonistas, polo seu percorrido en festivais e porque detrás está unha nova xeración de cineastas sensibles e comprometidos socialmente, con Álvaro Gago á fronte. Unha muller érguese cando aínda é noite para coller a bicicleta e saír a traballar á conserveira. Non está ben, desmáiase pero ten que atender o traballo igual. Ese día ten que lembrarse de mercar un agasallo para a súa neta. Tamén ten que ir facer de comer para o seu home. Despois ten que volver traballar e aturar os berros da xefa. Sen ter apenas ningún respiro, intuímos que os seus días son máis ou menos sempre así. En pouco máis de 20 minutos Matria fai un relato realista da vida de moitas mulleres galegas. Faino usando a ficción pero cun achegamento documental, no que a historia que se conta é moi parecida á vida real da súa protagonista, Ramona, interpretada por Francisca Iglesias Bouzón. Esta muller na realidade era a persoa encargada de coidar o avó do director Álvaro Gago, que deste xeito quixo facer un retrato das mulleres que se encargan de traballar na industria, na casa propia, nas casas alleas e no coidado dos demais. Puido ser unha ollada benintencionada e paternalista; mais aquí a ollada de Gago non pousa dozura nin nostalxia. É unha ollada dura, fría nas cores pero cercana no achegamento da cámara. Esta ollada, que é a nosa, acompaña a Ramona nas carreiras que fai dun lado a outro para termar das obrigas e da súa precaria saúde, ademais de aturar a pasividade do seu home ou a violencia verbal da súa xefa, Eulogia. Faino ademais sen erixir a protagonista en superheroína, como tan de moda está ultimamente retratar as mulleres do rural galego. Non gaba un matriarcado falso no que as mulleres teñen o poder. Na realidade as mulleres teñen as cargas. Claro que teñen moito mérito, e a película o que fai é, ante todo, recoñecer ese traballo. Pero esa morea de cargas coas que, malia todo, tiran para adiante (que remedio) non as convirte nas matriarcas que a sociedade ás veces idealiza. Fano con mal humor, con dor de ósos e con todo o dereito do mundo a non falar moito (tampouco lles deixan), a botar xuramentos cando o fan e a non sorrir ata que por fin atopan un momento de paz. E esa unha das principais preguntas que suxire a película: a que chamamos realmente matriarcado? Á pura supervivencia nunha sociedade capitalista na que os privilexios non recaeron precisamente á beira das mulleres? O caso é que esta historia tan local rodada en Cambados con xente real foi quen de cruzar o planeta e triunfar nunha chea de festivais, empezando por un dos máis importantes do mundo, o de Sundance, onde hai agora un ano Álvaro Gago recollía o Gran Premio do Xurado. Despois dese fito inédito no noso cine chegaron máis premios: na Seminci, en Aguilar de Campoo, no Indie Lisboa, no Alcine, no Holyshorts de Hollywood, en Sardinia, en Montpellier, en Serbia, en Texas… e tamén na casa. No Festival de Cans apañou case todos os premios: o do xurado, o do público, o dos veciños e o da mellor actriz. Tamén gañou o Mestre Mateo. E agora, xa case como fin de traxecto, nominada ó Goya. Álvaro Gago xa prepara unha nova curtametraxe titulada provisionalmente 16 de decembro, que se rodará en marzo en Vigo protagonizada pola actriz Cristina Iglesias (Fariña, Eroski Paraíso). Nela que o cineasta pretende continuar con esta liña de desmitificación dos estereotipos de xénero e abordar temas como a identidade e a liberdade sexual
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
Concurso Fotografico Samain 2018 Candela Pérez María Justo
Nerea Valentina
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
Almudena, Esther e Eliana
Estela Erika Juián González
Laura Seoane
Anabel e Adara A imaxe gañadora do concurso de fotos Samaín 2018, foi a realizada por Almudena Juncal, Esther Lorenzo e Eliana Reigada de 2º ESO B, cuxo título é: "Cando non houbese máis espazo no inferno, os mortos camiñarán pola Terra" Parabéns rapazas, por unha imaxe tan arrepiante!
Álvaro Barreal
Alejandra Losada
Aleia González
Lucía González
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
Promocion 2019
Fila 1: Nerea Fila 2: Adrian, Marta, David, Miguel, Pablo, Arancha, Miguel, Lucia, Nadia, Kike, Aida, Marcelo, Alex, Abel Fila 3: Pablo, Ignacio, Xabier, Marta, Iria, Sofía, Maria, Alejandra Maria, Nuria, Marta, Alfonso, Manuel, Jorge Fila 4: Thaina, Alicia, Teresa, Claudia, Uxia, Lorena, Noel, Cristofer, Fernando, Jorge, Gonzalo, Alejandro, Luis Fila 5: Carlos, Joel, Luis Ángel, Ivan, David, Axel, Rodrigo, Agustín, Ruben, Luis, Ramon, Cesar, Francisco Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
o l i d b ro a íd
, Saray Su_a_rez Mon_t_oya
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro con dúas actividades. A primeira foi organizada polo equipo da Biblioteca e a segunda propúxoa o Departamento de Lingua Castelá. Desde a Biblioteca do noso instituto déronnos a coñecer moitos libros sobranceiros que foron censurados ó longo da historia, algúns deles en galego. Ademais, profesoras e profesores do centro agasalláronse con libros os uns ós outros. Esta iniciativa do “amigo invisible lector” partiu dos membros do Departamento de Lingua e Literatura Castelá.
galardoada polo seu esforzo e superación persoal na ESO Saray Suárez, alumna do noso centro, que cursa 1º de Bacharelato, logrou no mes de decembro, un dos vinte premios, que a Consellería de Educación concede ao esforzo e a superación persoal do alumnado de ESO, superando as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural. Recibiu 750 euros, pero o principal obxectivo destes premios é que os alumnos galardoados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares. Nunha entrevista publicada o 12 de decembro no xornal “La Voz de Galicia”, Saray comentaba que non debería ser noticia que unha xitana aprobe a ESO e que o máis importante na vida, a base de todo, é a educación. A súa meta é chegar a graduarse en Maxisterio por Infantil.
Modelos do sistema sola
“O sistema solar”, polo alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
da Paz a í D
Alumnado de 1 ESO, guiado polo profesor de Plástica Javier Díaz , elaborou o símbolo da paz.
maquetas da celula
O alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González Porto, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, estudaron a célula durante o mes de marzo e fixeron estas vistosas maquetas.
O amor é..
Polo Día da Árbore, alumnado da profesora de galego Rosa Alonso deron nomes en galego a unha morea de árbores fantásticas, como as que aparecen nas fotos. Ademais, plantaron un carballo no patio do Taboada Chivite.
O amor é: perderse nun labirinto, camiñar xuntos da man, pureza, paixón, querer estar cunha persoa toda a vida, enamorarse todos os días da mesma persoa, mirar a esa persoa e que che produza sensación, arder como o lume, tremer de medo e felicidade, que che treman as pernas, anatomía, suicida, encontrar a unha persoa que te entenda e que te apoie, unha fervenza, morrer por unha persoa, eutanasia que non mata, incomprensible, respecto, compañía, alegría, etc. Varios alumnos de 1º da ESO deseñaron e montaron unha árbore cheíña de corazóns nun dos corredores do instituto, coa que quixeron amosarnos a súa visión sobre o sentimento do amor. Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
Concurso de Debuxo da ANPA Este é o segundo ano que a Anpa do IES apoia as artes plasticas no noso centro. O seu concurso de debuxo tivo aínda máis éxito que no curso anterior. Dende aquí agradecemos o patrocinio dos premios e dedicámoslles un lugar preferente na portada da nosa revista a todos eses pais que contan con nós na educación dos seus fillos. Os galardoados neste curso 2018/19 son: 1º premio: Noelia Gallego Campos 1º Bach 2º premio: María García Vázquez 4º ESO 3º premio: Sara Dobarrio Mao 1º bach E por último, temos que sinalar a elección do mellor traballo ós ollos do alumnado, que recaeu en Ismael Jiménez Heredia de 1º de ESO, quen soubo promocionar un debuxo simpático e divertido. Parabéns Ismael! Aínda che queda un pequeno treito para ser un artista pero estamos seguros de que poderás ser un estupendo marchante. Grazas a todos os participantes e unha especial noraboa ós gañadores.
Concurso de TARXETAS DE NADAL Premios: 1.- SAMUEL MARTINEZ 3º E3SO C 2.- LAURA DOS SANTOS GALLEGO 3º ESO A 3.- SHEILA MANSO 1º ESO D
Laura Dos Santos
Ismael Jiménez
Sara Dobarrio María García Samuel Martínez
Sheila Manso Noelia Gallego
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
Premios Ouff Escola, mención especial aos alumnos do Chivite pola calidade das curtas presentadas
F U O S O I M E PR O
día 3 de decembro celebrouse a gala de premios do concurso de curtametraxes Ouff Escola 2018, presentado polo actor Fernando González, no Auditorio Municicipal de Ourense. Esta edición contou
A L O C S FE
con 102 traballos a concurso. Os alumnos do noso centro recibiron unha mención especial pola calidade dos traballos presentados. Participaron con dezaseis curtametraxes, que coordinou a profesora de Lingua Galega Rosa Alonso. Parabéns rapaces!!!.
O n o s o ru r a l é v i ab l e
"E U QU ED O AQ U Í, E TI ?"
FOTONT ROIDO A alumna gañadora da VII edición do concurso Fotontroido 2019 foi: Ana Reigada de 4º ESO C con “Tradición”. Os outros catro finalistas foron: Daniel González de 1º BAC A con “Cando o cigarron sae a rúa o pobo da comarca sente a chegada do entroido”. María Barreira de 3º ESO B con “O corazón acelérase co sentir das chocas”. Sheila Alves de 4º ESO B con “O mellor é o cariño que lle ten o cigarrón ao meniño”. Esther Lorenzo 2º ESO B con: “Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou”.
Decidimos facer este proxecto ante o abandono tan acuciante que sofre o rural galego, especialmente o da provincia de Ourense, concretado aquí na comarca de Monterrei. De feito, esta problemática é ben coñecida polo noso alumnado que, maioritariamente, provén de aldeas, mais na actualidade viven na súa gran parte en Verín. E o problema non é só que se estea a producir ese abandono, senón que con el están a morrer os principais sinais de identidade do noso pobo: o idioma e toda a nosa idiosincrasia particular, e que configuran o eixe principal da nosa antropoloxía.
Ana Reigada
Quixemos mostrarlle ós alumnos e alumnas que é posible crear traballo nas aldeas, evitando a tan sangrante emigración, a pesar de que moitos consideran que o único porvir está fóra da nosa terra. XOR NADAS EN DEFENSA DO RURA L GA LEGO IES XE SÚS T ABOA DA C HIVI TE
Para todo o anteriormente comentado decidimos organizar unhas xornadas nas que participaron emprendedores que, despois de contar a súa experiencia, fixeron unha reflexión crítica da situación actual. Posterior mente, o alumnado, en grupo, levaron á práctica todo o escoitado nas xornadas, analizando cal é a situación das súas, e que proxectos poderían ser viables.
L u ns 1 2 d e no v em b r o , d e 1 6 . 4 0 a 1 8 . 2 0 - Se c t o r p ri m ar io ; g a nd eir ía e n e x t en s i vo : S a mu el Fo r m o s o S a l g a d o. - Se c tor s ervi z o s ; ám b it o c u lt ura l : No e m í V á zq u e z No g ue ir a s d e " A A r c a d a Noe". X o v e s 15 d e n ov em b r o , d e 1 3 . 0 0 a 1 4 . 2 0 - Sec to r s er v iz o s : Ta m a ra Ba lb o a e A n d r ea R o dr í g u e z, do s c en tr o s d e d e s env o lm en to rur al de V i l a r de vó s e L od o se lo . M a rt e s 8 d e x a ne i r o , d e 1 0 . 0 0 a 1 1 . 2 0 - Se ct or pri m a ri o : J. Ma nu e l G a r c í a , de " D a i q uí " , e J u a n A. Es t éve z. V e n re s 1 1 d e x an e i r o , d e 1 1 . 5 0 a 1 2 . 4 0 -S e ct o r p ri ma r io : J o sé L u í s V az d e " Bi o c oo p " . OR G AN I Z A O D E PA R T A M E NT O D E L ING UA G A L EG A CO LAB O R A O CO N CE L LO doce, D E V E RÍcontamos N, O IE S XE SÚ S T A Bclasificación O A D A , E O E NDLda gandería A pasada tarde do luns
Rosa Alonso (Departamento de Lingua Galega) Sheila Alves
Noelia Gallego Campos 1º Bach
Daniel González
O E IR
DA LIN
SITA O FIAD I V
do lustro, foi recoñecida e galardoada en categorías dominadas por empresas experimentadas e asentadas no sector. Así, demostrou que a iniciativa das xeracións nacentes tamén ten o seu lugar na verde Galicia. Ámbolos dous, cada un dende as súas vivencias e no referente a ámbitos concretos, recalcaron a importancia de novos empresarios e, máis importante, novos empresarios asentados en Galicia, explotando de forma sostible os abundantes recursos que nela se achan. Porque, como ben transmitiron, o rural aínda ten moito que ofrecer ó futuro.
María Barreira
Esther Lorenzo Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
G UA
entre as nosas catro paredes coa presenza de dous autónomos que nos achegaron ó mundo que respira e latexa cada vez con maior lentitude máis alá das portas do centro. Samuel e Noemí son os nomes de quen obraron a fazaña de abrírno-los ollos. Cada un ó seu xeito, mostraron -e demostrarona patente viabilidade do ámbito rural, lema que rexeu as charlas impartidas. El, encargado de romper o xeo, introduciunos no contexto agrario en que desenvolve os seus labores profesionais: a gandaría. Aludindo a si mesmo como exemplo, explicou a tradicional tarefa que antano mantivera a hexemonía nas actividades galegas. Diferenciou a
en intensiva e extensiva, posicionándose a favor da segunda apelando a argumentos animalistas e referentes á calidade final do produto. En canto a esta, gabouna fronte ás carnes foráneas e de explotacións intensivas, sempre con fundamento, pois a súa posición como dirixente de asociacións galeguistas e agrarias dálle un amplo acceso a información comercial, sanitaria e social relacionada co tema. O proxecto de Noemí achegou un matiz menos tradicional, dun trazo innovador, á xornada. Rexente dunha taberna que ocasionalmente se viste de sala de concertos e de centro lúdico, informounos sobre os beneficios do emprendemento: A arca da Noe, cuxa creación non transcende
,
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
Apagamos o lume coas nosas bagoas “Apagamos
o lume coas nosas bágoas ”
é o título que o alumnado do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén (guiados polo seu profesor Víctor Rodríguez, excompañeiro no
IES
Taboada
exposición
feita
Chivite) cos
deu
traballos
á
incrible
por
eles
elaborados a raíz dos lumes que asolaron a súa terra. Estudaron os efectos devastadores do lume, reflexionaron, expresaron os seus sentimientos e descubrimentos a través da arte...Tivemos a sorte de poder gozar dese marabilloso traballo durante o mes de abril na Casa da Cultura de Verín.
Entrevista aos alumnos de Tecnoloxía de 2º do CPI Curros Enríquez, de Pazos de Borbén, co gallo da exposición no Concello de Verín do traballo Incendios +1 “Apagamos o lume coas nosas bágoas” por mor dos incendios que asolaron aquelas terras hai dous anos. - Cal foi o obxectivo deste proxecto? Paula: O obxectivo principal foi demostrarlle á xente que os montes están indo moi mal, que pouco a pouco os estamos destrozando e que hai que facer algo para solucionar este problema. Esperamos que sirva para algo. - De que idades eran os/as alumnos/as implicados/as? Paula: Participaron nenos de infantil, primaria, e secundaria, así que rapaces e rapazas de entre 3-16 anos - Colaborou profesorado doutras materias? Noa: Si colaboraron algúns profes, xa que foron ao monte cos nenos e axudaron a preparar a exposición. - Que reaccións provocou este proxecto? Nuria: Penso que reaccións como que se nenos de entre 3 e 16 anos nos damos conta do importante que é conservar a natureza para futuras xeracións despois das nosas, os adultos tamén deberían.
María: O único que fixemos é limpar a metade da peza para que creara o contraste do queimado co limpo, utilizamos todo tipo de produtos da vida cotiá e algúns produtos de limpeza. En canto aos elementos, empregamos o que se coñece como “nanas”,cepillos de púas metálicas ,cincel ...
Hugo: Os alumnos participantes aprenderon a traballar en equipo como é debido xa que antes non o facían moi ben, ademais de valorar as cousas que temos. Os que non participaron aprenderon prácticamente o mesmo, hai que coidar os nosos montes. - Cales foron os obxectos máis sorprendentes que atopastes no monte queimado? Brais:O salpicadeiro dun coche, unhas latas que estaban queimadas (estaban antes do incendio) e outras que non estaban queimadas, xa que as tiraron despois do incendio, por iso digo que non apreciamos o que temos e por moitas cousas que pasen non nos daremos conta do que son os montes galegos.
- Hai algunha relación entre a ausencia de reciclaxe/mala xestión dos residuos e os incendios? Brais:Si, claro que sí, xa que o lixo que non nos serve, en vez de darlle unha nova utilidade, tirámolo sen pensar. - Eucaliptos, si ou non? Antía:Dado a que os eucaliptos son árbores que arden moi facilmente, eu creo que non os deberiamos ter nos nosos montes. En lugar de plantar eucaliptos, habería que plantar árbores autóctonas, como o carballo ou o castiñeiro, entre outros. Estes tardan máis en queimarse. - Que podemos facer cada un de nós para evitar os incendios? Xoga a educación un papel importante? Lucía: O que temos que facer é por todos da nosa parte, xa que se nos comportásemos como é debido e non tirásemos lixo ao chan, non pasarían estas desgrazas. que se dende pequeno che ensinan o bo que é reciclar e non contaminar, a sociedade aforraría unha grande cantidade de traballo e desgrazas. - Cres que a arte serve como instrumento de concienciación? Paula: Na miña opinión a arte é un medio de comunicación co que podemos transmitir ideas, opinións; podémola empregar para concienciar a xente dalgunha cousa, ou ata para defender os nosos principios. Para min a arte ten que utilizarse para transmitir algo, ten que significar algo. No noso proxecto empregámola para concienciar as persoas de que temos que loitar para salvar os nosos montes, e non podemos seguir destruíndo o planeta desta maneira. Moitas grazas por este magnífico traballo e por permitirnos gozar del en Verín, unha terra duramente golpeada polos
- Que técnicas empregastes para facer obras de arte a partir deses obxectos?
O outro día viñeron uns amigos do meu pai, eran de Moaña. Iamos paseando polo monte e preguntáronnos que tiña pasado. Eu contesteille: -Pois que ardeu todo. Poderíase dicir que foi un atentado. -Debéstelo ter pasado moi mal. e a miña nai contestoulle:
Si, a educación xoga un papel importantísimo, debido a - Que aprenderon os alumnos participantes? E os demais?
Antía narra o incendio.
lumes.
-Non o sabes ti ben! O meu pai e mais eu quedamos atrás, xa que os dous estabamos esgotados. Eu conteille que estabamos traballando a natureza en Plástica con Fran e Víctor, ao que me contestou: -Pois espero que tomes nota, para cando ti sexas maior, xa que queres ser mestra. Cando alcanzamos a outra parte da pandilla conteille a eses amigos, Belén e Rodrigo, a miña experiencia: -Démonos conta do incendio unha noite que viñeron a cear uns amigos, e ela díxonos: “Non vedes un reflexo?”. Ninguén lle fixo caso. Logo dun rato o reflexo comezou a expallarse e preocupámonos un pouco. Á mañá seguinte ainda seguía ardendo en Amoedo, ata teño fotos. Toda a mañá seguiu igual. Ao mediodía empiorou a cousa. Eu fun á casa da miña prima. Víase todo o lume. Viñéronme buscar os meus pais. Fomos a un bar, era de noite, e como o incendio se duplicara foi cando me enterei que ía vir un autobús con militares, pero o lume era o mesmo. Fun ao cole, xa que Tere, de limpeza, David, o conserxe, Ana, a directora e o seu marido son amigos dos meus pais. A iso das 12 da noite fun a casa da avoa de María, unha amiga, mentres os meus pais, Tere, David e outros intentaban que o lume non se achegase ao colexio. Viñeron os meus pais a buscarme e marchamos á casa da miña avoa, xa que o eido da miña veciña estaba ardendo. Durminme ás catro da mañá. Ao día seguinte estaba todo máis controlado. E o amigo Rodrigo díxome: -Que ben te explicas! Antía é unha alumna do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén. Cursaba cos seus compañeiros o ano pasado 4o de Primaria, curso no que se realizau una experiencia compartida cos profesores de Plástica de primaria e secundaria, onde a través desta materia tentamos analizar, expresar e compartir os sentimentos dos rapaces logo do tremendo incendio de Outubro de 2017. Estudamos as árbores, lemos contos nos que as árbores eran as protagonistas (como “a árbore da escola”) e aprendimos a representar as nosas sensacións, a estrutura das árbores, as sementes, as follas... Pero este proxecto non estaba completo, faltaba esa mensaxe de esperanza que o conto de “a árbore da escola” nos quería transmitir, e que nós un ano despois queriamos transmitir ás rapazas e rapaces de Verín. Dahí xurdiu esta árbore, realizada entre todos, composta con cen pezas de cartolina que queren representar cen sopros de esperanza. Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
estamos contigo
“Estamos contigo”: Canción contra o acoso escolar. Algúns alumnos e alumnas de 1°ESO do IES Xesús Taboada Chivite, concienciados co acoso escolar,quixeron erguer a súa voz contra este gran problema. Foi así como naceu a canción “Estamos contigo”, coa que quixeron transmitir que a vítima do maltrato sempre conta con axuda se denuncia o problema. Ademais,
concurso fotográfico sobre “saúde e bos hábitos” Co gallo do Día Mundial da Saúde (7 de abril), alumnado de 3º ESO e de 1º BAC, cos profesores do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía Javier Rodríguez e Celtia González, realizaron imaxes sobre hábitos saudables. Cada foto aparece acompañada dun lema relacionado cun hábito saudable. Con estas fotografías participaron no concurso fotográfico sobre “saúde e bos hábitos” organizado por Galiciencia.
animan a todo o alumnado a non ser cómplice do acoso,porque o silencio dos compañeir@s, covarde e cómplice, tamén é un xeito de acosar. A partir desta canción, gravaron un vídeo musical, que se pode visualizar no blog do equipo de dinamización da lingua galega no noso centro “O Fiadeiro da Lingua” Agradecen tamén a colaboración do noso vicedirector, Eduardo Cabido, que xenerosamente quixo colaborar na elaboración do guión, así como da súa profesora de Lingua Galega, Rosa Alonso, que coordinou e dirixiu esta actividade. A continuación podedes ler a letra da canción:
Sé valente.
Escóitame, levántate,
Non teñas medo,
sabes que es forte,
denuncia a esa xente.
que vales tanto coma eles.
Non te sintas ofendido,
Coma eles
nin tampouco deprimido
Coma eles.
porque estamos contigo. ESTAMOS CONTIGO
E ti, que ves todo en silencio,
ESTAMOS CONTIGO.
poxúcheste na súa pel?, por
que
consintes
Sei que te sentes humillado,
sufrimento.
que vives desanimado.
Non sexas covarde.
ese
ese
E non quedes mirando. Pero...encárate!
mentres o están maltratando.
porque ti es único,
Se te cruzas de brazos,
e vales tanto coma eles.
ti tamén serás acosador.
Se te humillan, é por sentírense importantes.
Sé valente. Non teñas medo, denuncia a esa xente.
e van en grupo
Non te sintas ofendido,
para poder avergoñarte.
nin tampouco deprimido porque estamos contigo.
o
ESTAMOS CONTIGO ESTAMOS CONTIGO.
tal ó B
eo!
le unh
a oll
da ó nos
víd
a
Pero son covardes,
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
SEXTO MUSICAL DO CHIVITE: “A BELA E A BESTA 2018-19”
A
o musical
Despois de ter interpretado os musicais Los miserables 2013, Moulin Rouge 2014, Mamma mia! 2015 (en galego), HNMPL 2016 e Grease 2017 (en galego), alumnos e profesores do IES Xesús Taboada Chivite (Verín) atrevéronse este ano a facer unha versión en galego de A Bela e a Besta, para cuxa montaxe foron precisos dous cursos consecutivos, dada a elevada esixencia de decorados, disfraces, etc. No primeiro curso, David Rodríguez (profesor de música e director do proxecto do musical) adaptou o guión orixinal e preparou as partituras orixinais para coro mixto e piano; Isabel Cota (Inglés) traduciu ó galego as letras orixinais en inglés; as profesoras Hortensia Arcos e Rosa Alonso (Lingua galega) asesoraron na corrección lingüística deses textos; o profesor Javier Díaz (Plástica) guiou varios grupos de alumnos os martes pola tarde (de 16:30 a 18:30h), para elaborar os 5 primeiros fondos (teas de 6 x 2 metros, a razón dunha por mes); Iria Otero (Educación física) ensaiou e preparou para a súa gravación as dúas primeiras coreografías do musical; Javier Rodríguez (Bioloxía) elaborou a vidreira do musical con pinturas acrílicas; familiares de alumnos/as do centro colaboraron na elaboración de disfraces, así como Ángeles García (PT), Lucía Gómez e Laude Escudero (bedeis). Grazas á colaboración de tres exalumnas do centro, Alba Rodríguez, Helena Pousada e Laura Guerra, puidemos gravar estas dúas primeiras coreografías, e empregalas como tráilers do musical:
N o segundo curso, comezamos xa desde setembro os ensaios do coro de profesores/as (os recreos de martes e venres), do coro mixto de alumnos/ as (os martes de 17:30 a 19h), de novas coreografías (mércores de 17:30 a 19h) e de teatro (xoves de 17:30 a 19h). Os recreos dos xoves repasamos as coreografías que se ían rematando, e que eran preparadas e ensaiadas por Iria Otero. Tamén elaboramos a iluminación (Javier Rodríguez, Bioloxía), o son (Marcos Domínguez, A Gramola) e outros aspectos relacionados coa tremoia. As antigas alumnas Iria Vieito e Xiana Rolán encargáronse de maquillaxe e perruquería. Como quixemos que o desenvolvemento desta actividade non prexudicase o rendemento académico do noso alumnado, procuramos adiantar todo o posible as funcións. A idea inicial era liberar totalmente a terceira avaliación, mais ó cadrar o Entroido e a Semana Santa nas datas que foron este ano, non puidemos adiantalo máis alá do 3 de maio. Debido ó elevado número de alumnos/
as participantes, tivemos que facer un mínimo de 5 funcións antes do verán para que, polo menos en 3 delas, puideran ir os seus familiares como público invitado. En setembro retomaremos o musical para facer unha pequena xira, tal e como fixemos cos anteriores. A nosa intención é ir ó Auditorio de Ourense, outra vez ó de Verín e facer unha ou dúas representacións noutros centros educativos de Galicia, como o noso xa tradicional intercambio co IES República Oriental do Uruguai (Vigo). Funcións: Gran estrea (venres 3 de maio ás 20:30h, con invitación, no instituto) e as catro funcións seguintes: martes 7 de maio e xoves 9 de maio (no instituto, con invitación, 20:30h), venres 10 de maio (entrada libre, no instituto, 20:30h, 170 prazas) e o sábado 11 de maio (20:30h, no Auditorio de Verín, entrada libre, 400 prazas). Para finais da tercera avaliación, preparamos unha versión de karaoke do tema principal do musical (Beauty and the Beast, na nosa versión “Bela e Besta
son”), traducido por profesorado do centro e colaboradores ós seguintes idiomas: latín clásico, grego clásico, francés, portugués, italiano, catalán, euskera, galego, así como as versións en inglés, castelán e lingua de signos. Tamén fixemos unha versión en canto gregoriano, en madrigal renacentista, en coral barroco e en estilo contemporáneo. A nosa intención con todo este proxecto foi traballar interdisciplinarmente, tratando temas transversais como a igualdade, o respecto, a arte como ferramenta de transformación social, a música como vehículo de emocións, de ideas e como unificadora dunha pluralidade moi diversa. Contamos co apoio de moitas persoas, do instituto (equipo directivo, profesorado e alumnado do centro, persoal non docente), e tamén de Verín (libraría Pica Pica, libraría Dasairas, Concello de Verín, Bruno Rúa, etc). MIRA O MUSICAL COMPLETO
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
ANTIGOS ALUMNOS
Yolanda Prezado Alonso olanda é unha veciña de Verín, a onde se achega sempre que llo permite o seu traballo, a visitar a súa familia e descansar. Antiga alumna do noso centro (1991-1995) , licenciouse en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en radiofísica hospitalaria, decidiu iniciar unha carreira científica que a levou a acadar praza como científico titular no Centro Nacional para a Investigación Científica en Francia (CNRS). Leva xa 12 anos en Francia e o seu historial é brillante. Dirixe un equipo de investigación de novas técnicas de radioterapia, a radioterapia con “minifeixes de protóns” (PMBRT): un tratamento máis seguro que a radioterapia convencional, xa que preserva o tecido san próximo á zona tumorada e ten resultados preclínicos exitosos xa en animais portadores de tumores cerebrais agresivos. Recentemente, a Unión Europea concedeulle unha beca que premia a excelencia do seu proxecto, e que lle permitirá avanzar nas súas investigacións para ofrecer unha maior esperanza nos casos de difícil prognóstico como o tumor cerebral en meniños. En recoñecemento ao seu labor e agradecéndolle a súa colaboración, os alumnos de 2º de Bacharelato realizáronlle unhas cuestións cuxas respostas recollemos nesta páxina.
Y
Por que decidiches estudar a carreira de Física? -Dende pequena quixen ser científica. As materias de ciencias sempre me gustaron,todas, pero foi no instituto cando decidín estudar Física. Gustábame facer observacións astronómicas dende a quinta da casa dos meus pais, sobre todo nas noites de verán. Tiña varios libros sobre este tema. Nun momento dado, merquei o libro Historias del tiempo, de Stephen Hawking. Neste manual, que vos recomendo, divulgábanse as teorías existentes sobre como xurdiu o cosmos, se houbo un principio no tempo, se o universo é infinito... Falaba tamén de como as estrelas evolucionan de xeito diferente segundo a súa masa, converténdose en ananas brancas ou buratos negros, por exemplo. É un libro
que me fascinou e léndoo decateime de que , en realidade, gustábame entender como funcionan as cousas, a natureza, o universo... Por iso me decantei pola Física, a pesar de que a Bioloxía tamén me agradaba moito. Cal é o experimento que máis che gusta? -Hai dous experimentos que me gustan particularmente. O primeiro é un experimento de Galileo Galilei (1589), co que demostrou que todos os obxectos caen coa mesma velocidade, contradicindo séculos de teorías aristotélicas que afirmaban que canto máis pesado fose un obxecto, máis rápida sería a súa caída. Galileo subiu á torre de Pisa e lanzou dende o alto varias bólas de distinto peso: todas as bólas chegaron ao chan ao mesmo tempo.
ANTIGOS ALUMNOS É este un experimento que me encanta, porque sendo tan simple, proporcionou coñecemento importantísimo sobre a gravidade. Móstranos que observando e empregando técnicas sinxelas podemos aprender moito da natureza e do universo. Ademais, aínda sendo tan simple, requeriu dunha gran coraxe por parte de Galileo para romper cos dogmas asentados da física aristotélica. É un bo exemplo do pensamento crítico necesario na ciencia. A obra de Galileo valeulle o seu enfrontamento coa Inquisición naquela época. Aínda hoxe hai científicos aos que queren silenciar, coma a Galileo no seu tempo, sobre temas tan importantes como o cambio climático, como é o caso da administración Trump en USA. O meu segundo experimento é máis moderno, de 1953, e gústame porque é un bo exemplo de como a Física pode ter unha interacción moi forte e axudar no avance doutras disciplinas, neste caso a Bioloxía. Trátase dun experimento da difracción dos raios X levado a cabo por Rosalind Franklin. Empregando esta técnica Franklin demostrou unha estrutura en forma de dobre hélice da cadea de ADN, molécula vital para a vida. Ademais, as imaxes permitiron xerar interferencias sobre detalles claves sobre o ADN. Que opinas das demais ciencias: Matemáticas, Química, Bioloxía ... -Gústanme todas as ramas da ciencia. Considero que todas están intimamente ligadas e a evolución científica vai facer que as fronteiras que hoxe se establecen entre esas disciplinas se esfumen cada vez máis. Cal é o teu científico favorito? -Difícil de dicir. Teñen existido moitos científicos de talento na historia. Stephen Hawking tivo, dende logo, unha influencia na miña adolescencia. A día de hoxe, concédolles máis mérito a todos os científicos anónimos, que malia contaren con poucos medios e pouca axuda institucional, seguen batallando cada día. Que opinas da foto do ano? (burato negro) -É a culminación de moitos anos de
traballo e a proba experimental das teorías de Hawking. Supón un maior avance na comprensión do universo. É tamén un exemplo de como o traballo científico adoita facerse en equipo. Neste caso foi un traballo coordinado de equipos de científicos de varios países. Que aplicacións da Física che parecen máis interesantes? -Persoalmente síntome máis atraída cara á fronteira entre a Física e a Bioloxía. Algunha vez fuches ao CERN? -Si. Fun varias veces. En particular, realicei alí os experimentos da miña tese doutoral. Física moderna ou clásica? -En realidade, Física só hai unha. A clásica está englobada, por así dicilo, na moderna. Por que decidiches realizar os experimentos en que traballaches? -Nun momento dado, principiei a me interesar polas aplicacións terapéuticas das radiacións -radioterapia- e dentro deste campo decidín dedicarme ao desenvolvemento de novas técnicas, rompendo cos métodos clásicos, para intentar atopar un tratamento eficaz a casos sen solución na actualidade. Por iso, co meu equipo, comezamos a desenvolver métodos diferentes de dar a radiación. Os experimentos en que traballo teñen como obxectivo demostrar que as técnicas que desenvolvemos non causan dano nos tecidos sans ao mesmo tempo que eliminamos os tumores. Pensas que o proxecto que estás desenvolvendo podería ser Premio Nobel? -O traballo científico é vocacional. Non pensamos se nos van dar un premio. Aos científicos, en xeral, preocúpanos máis que os gobernos nos proporcionen suficiente diñeiro para seguir coas nosas investigacións. A maior recompensa para os meus colaboradores e para min sería poder mellorar radicalmente o tratamento de pacientes con cancro coas novas técnicas nas que estamos traballando.
Maio 2019 Nº 13. Segunda Época
faiscas | IES Taboada Chivite 2019
Despedidas
É a primeira vez que me paro a pensar ata onde chegamos, todo o que pasamos dende ese 2012, cando uns ananos entramos pola porta do instituto. Era un cambio enorme vir do teu colexio a ese labirinto cheo de alumnos moito máis grandes que nós. E o máis sorprendente eran esos estraños da clase que non eran os compañeiros de toda a vida e todas esas caras novas de profesores que parecía imposible acordarse de todos os seus nomes.
Pasaron dous anos e xa nos perderamos mil veces por ese labirinto, eses estraños da clase convertéranse en compañeiros, colleramos cariño e confianza a eses profesores novos, e ben... algúns cantos partes tamén estiveron presentes. Foron unha chea de novas experiencias, como cando querías ir a plástica e recorrías as tres plantas, estar nas clases de Marisa, onde ninguén facía o menor ruído, morrer nesa horrorosa proba de resistencia de ximnasia ou abrazar no recreo os teus amigos, dos que te separaran, coma se non os tiveras visto dende había anos.
Seguiron pasando máis anos e desas clases de terceiro e cuarto só podo recordar risas. Un pouco de música entre clase e clase, máis papeis no aire que nas libretas e un moi bo rollo entre todos nós. Dous anos nos que tivemos uns titores memorables como Lamas, Natalí e Dani de historia, que se gañaron a nosa simpatía en nada e cos que botamos moitísimas risas. Tamén hai que dicir que os nosos profesores tiveron que ter algo de paciencia, pero como xa nos dicían, sabían que no fondo eramos bos nenos e ao final collíannos cariño. Porén, ás veces iso non nos chegaba para ter suficientes profesores para as excursións, cando o único valente era o profe Dani de ximnasia.
Hai dous anos, moitos sentimentos cruzaban a nosa mente. Entrar no instituto significaba saír de todo o coñecido, o que, por algunha razón, provocaba en nós unha emoción incontrolable. Quizais o medo aos novos horizontes, quizais o desacougo. Os comezos nunca son sinxelos. Pasou moito tempo ata que os novos deixamos de perdernos polos corredores descoñecidos do Taboada Chivite, pero ó final non resultou tan diferente. Unha clase, uns adolescentes inquedos e impacientes ocupando a cadeira dun pupitre e un profesor que loitaba contra ese cúmulo de emocións. Pero é que a aprendizaxe vai máis alá de tirarnos dos pelos por todos os temas de historia que nos temos que aprender. Máis alá de entender que o “logo” de Descartes equivale a “polo tanto” e non a “despois”, formando unha oración subordinada adverbial de consecuencia. Máis alá dos imposibles exames de física e dos interminables temas de bioloxía. Vai máis alá de Cunqueiro, de Fole, de Blanco Amor e de Neira Vilas; dos balances de situación de economía que nos perseguiron durante todo o curso. Bacharelato é máis da obra expresionista Munch e a mirada da Mona Lisa, os compases da Novena Sinfonía e a melodía das zarzuelas. Día tras día, subir unhas escaleiras traía consigo convivir co estrés, compartir apuntes; levantarnos ás oito da mañá cada día, malia quedar estudando ata as catro nesas semanas infinitas de maio; deixar atrás os nervios antes de entrar a un exame as 16:30; e sobre todo, comprender que o esforzo sempre, sempre merece a pena. Aprendemos a formarnos, máis que academicamente, persoalmente, a definir a nosa insistencia, a non rendernos e a levantarnos despois de cada golpe e decepción.
O bacharelato chegou e con el algo de cambio, agora tiñamos máis responsabilidade, máis traballo e claro, se non escoitas mínimo 100 veces na primeira semana: “Téndesvos que pór as pilas xa” ou “Na selectividade...”, non é bacharelato. Menos mal que tiñamos a Ana Iria coidándonos e preocupándose por nós coma se fósemos os seus fillos, e a Isa soportando as nosas faltas polos exames e animándonos a dar o mellor de nós mesmos neste último tramo, ás veces eterno e ás veces fugaz.
Porque é verdade que o instituto é máis que clases. É unha mestura de axitacións, unha loita pola madurez, un cúmulo de coñecementos. As pizarras eran escritas, os bolígrafos gastados e os pupitres ocupados. E xunto con eles, profesores e profesoras transmitindo a paixón polo seu. Toda verba conseguía cruzar as catro paredes. Elas foron quen escoitaron o ensino de valores, de respecto, de educación.
En resumo, pasamos seis anos neste instituto, e é normal que teña un lugar importante nas nosas vidas. Neste sitio crecemos, aprendemos, maduramos e formamos a nosa identidade.
E aínda que moitas veces cada tic-tac se nos fixo interminable… unímonos e creamos un grupo novo cada ano. Todo o que coñecemos hai dous anos son agora os nosos compañeiros, os nosos amigos, o noso respaldo en moitas situacións.
É curioso pensar nas veces que quixen que acabara xa e que agora me dá algo de mágoa pechar este ciclo. Lévome moi bos recordos que non serían posibles sen os meus compañeiros, os de toda a vida e os que o parecen, e tampouco sen eses profesores que nos animaron a loitar polo que queremos e que riron con nós coma se fosen un máis.
Foi incrible, grazas. Teresa Rodríguez. 2º de Bacharelato
Co edificio, un lugar de ensino, deixamos atrás as risas que nos acompañaron durante anos, e incluso discusións sobre que data é a mellor para pór un exame. Pero, coma el, sempre quedarán os recordos e as amizades que fixemos ó longo da nosa segunda casa. Chegados ó fin, podemos sentir admiración por nós mesmos, por conseguilo, desprendernos da agonía e seguir adiante, con moitos novos obxectivos e soños por cumprir. Grazas a todos e todas por facer que isto fose posible, grazas por crer en nós. Somos hoxe a imaxe dos vosos esforzos, do empeño e da dedicación. Lucía Álvarez García, Marta Caneiro Losada e Arancha Merodio Franco
querida Carmen
Querida Carmen, o sendeiro de baldosas amarelas polo que levas camiñando tanto tempo, agora desvíase e toma unha nova dirección na súa viaxe cara Oz, ese reino onde quen non o ten pode atopar o corazón ou o valor. Como corazón e valentía tes a mans cheas, o que ti atoparás será descanso, paz, tempo para a poesía... Botaremos moito de menos a ese excepcional ser que ti es, a esa grande amante do galego que tanto traballou por el no noso instituto, como coordinadora do EDLG primeiro, e despois como colaboradora desa mesma equipa, cousa que fixeches ata o mesmo día da túa xubilación. Botarémoste moito de menos, a túa compañía, o teu esforzo,os teus versos: (“ Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas.” ) Rosalía de Castro. Cantares Gallegos-1852 Querida Rosalía : Onte vin nos ollos puros dunha nena, un tempo novo; ao escoitar dos seus beizos este falar meloso e puiden albiscar un futuro preñado de esperanza, que sen ti, quizais ficaría baleiro. ¿Como esquecer os teus versos? Ese amor a Galicia que zumegan as túas letras, asolagando os ollos e encollendo as entrañas. dos que amamos esta terra. ¿Como non agradecerche que rescataras o noso idioma para que brille con luz propia? Cando todo estaba escurecido teimaches e teimaches en escribir na lingua máis fermosa; Ceibando camiños atuídos polas silvas que afogaban no esquecemento, a supervivencia nosa.
¿Como non loarte , muller galega que viviches as penurias desta xente? se fuches quen de ser muller, cando daquela era unha eiva, e aínda así facer poemas escribindo na lingua da pobreza. ¿Como non lembrar a túa andaina? Se fixeches que mulleres coma ti , prenderan o facho que deixaches honrando o sexo feminino, que nin é segundo nin é débil; e seguen a colocar pedras construíndo día a día este país senlleiro . ¿Como non bendicir o teu nome desexando que sigas a facer o que ben sabes? Dende o infindo lugar onde te atopes, non deixes que a túa pluma se volva preguiceira e segue , segue, querida musa, escribindo palabras fermosas nesta lingua meiga. Carmen Rivero Gallego . Do Poemario “Berce de peliqueiros”
DEBUXO: MARÍA GARCÍA VÁZQUEZ