faíscas I E S X E S Ú S TA B O A D A C H I V I T E - V E R Í N
© Javier Díaz. Diseño y Maquetación Verín - 2017
2017
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
EDITORIAL
Coa edición da Revista Faíscas, por décimo primeira vez dende que se volveu a editar, comezamos a albiscar a fin deste curso 2016-2017. Coma todos, foi este un curso moi especial, porque educar, ensinar, acompañar no seu crecemento e maduración persoal, a nenos e nenas, a adolescentes sempre o é.
Debuxo: Alba Sanín
Coma todos os anos chegan nenos e nenas a 1º da ESO, cargados de ilusión, e tamén de medo e inician o longo camiño que hoxe remata o alumnado de 2º de Bacharelato. É, foi e será o noso obxectivo, o dos docentes, que ese camiño sexa para eles unha travesía que lembren o resto da súa vida coma unha viaxe agradábel, proveitosa. Sempre agardamos que a súa mochila estea chea de coñecementos, si, pero tamén de experiencias, de amizades, de sentimentos positivos.
non se publicaron as instrucións para a realización das probas. Deste xeito, o profesorado tivo que orientar “a cegas” ao alumnado cuxo futuro académico depende do resultado desas probas. Poderiamos encher páxinas e páxinas cos nefastos resultados desta política de improvisación. No canto diso quero aproveitar estas liñas para demandar un Pacto pola Educación que teña en conta a experiencia da comunidade educativa convertendo por fin a Educación no noso país nunha política de estado. Pois dela depende o futuro
E ás veces non é fácil conseguilo. Este curso foi especialmente complicado. Como todos sabemos, a LOMCE é unha lei imposta contra a vontade da comunidade educativa que expresa o seu rexeitamento a ela en mobilizacións masivas. O cambio na paisaxe política española fixo que se paralizase a aplicación de algúns dos aspectos máis perniciosos desta lei o que non evitou que sigamos sufrindo as súas consecuencias. Algunhas vímolas arrastrando de cursos anteriores: redución da cadro de persoal, aumento de horario, aulas masificadas, eliminación dos reforzos… Pero este ano chegamos a vivir algunhas das situacións máis esperpénticas que se recordan. Comezamos o curso de segundo de Bacharelato sen ningunha información sobre como serían as novas probas de acceso a Universidade (ABAU). Ate o mes de ¡marzo!
De tódolos xeitos podemos afirmar fachendosos que, a pesares dos atrancos impostos, o persoal no noso IES volveu a dar unha vez máis o mellor de si. O programa de Titoría entre Iguais que comezamos este curso xa está a dar os seus froitos na convivencia no noso centro e convértenos nunha referencia de innovación. As seccións bilingües afianzáronse por segundo ano. A biblioteca do centro está a realizar unha insubstituíble labor de fomento da lectura. O proxecto de fomento do uso do galego do EDLG acadou por cuarto ano consecutivo a máxima valoración da provincia. E que podemos dicir do musical? A calidade na representación da adaptación de Grease en Galego acadou un nivel máis propio de profesionais que de unha representación escolar. O gran número de actividades
complementarias e extraescolares tamén dan boa conta do dinamismo do noso IES. O grupo de teatro, o traballo coas TIC ou a coordinación na formación do profesorado, a vitalidade da ANPA… Estas actividades, e outras máis, non serían posibles sen un claustro de profesorado coordinado e entregado vocacionalmente á súa labor docente. Pero non é algo que veña de agora. Os que somos, ou inxenuamente creemos ser aínda, novos, temos a sorte de poder traballar ao lado de compañeiras e compañeiros máis veteranos que o mellor consello que nos dan é o seu exemplo diario. Por iso, non podo deixar de nomear a catro compañeiros que nos deixaron na metade de este curso para acceder a súa merecida xubilación. Marita, Elisa, Conchita e Eloi. Ao longo das seguintes páxinas, atoparedes unha escolma de algunhas das actividades que realizamos ao longo deste curso 2016-17 que xa remata. Agardamos que vos guste. Que os que acabades aquí o voso camiño neste centro o lembredes sempre con agarimo. E aos que vos queda camiño por percorrer sabede que entre todos podemos facer que ese treito sexa extraordinario. Daniel Lorenzo Valdivieso
Despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato Cando entrei por primeira vez ao instituto estaba morta de medo e non quería ver nin en pintura a toda aquela xente adulta e descoñecida, probablemente coma todos os alumnos que comezabamos no 2011 aquel 1º da ESO que tan doado nos parece agora, pero que tan difícil nos resultou entón. Cargada de medos e de inseguridades comecei un camiño que quería rematar canto antes. Quería crecer e ser maior, ser unha adulta coma aqueles alumnos de 2º de bacharelato tan altos e tan ocupados que tanto impuñan cando ía polos corredores. Case sen que me dera conta, o tempo foi pasando, e o lugar onde pensei que ía a estar presa durante 6 anos converteuse en algo moi parecido a un fogar. Coñecín a moitas persoas que, aínda que naquel momento eran estraños, agora son amigos. E con cada clase, cada letra de xiz marcada na pizarra, atopei tamén a profesores marabillosos que, moi lonxe do que eu pensaba, me axudaron a superar os meus problemas, a medrar por dentro e por fóra, a ser todo o que hoxe en día vexo polas mañás no
espello, e sobre todo, a tuto, probablemente me dera a risa. Pero agora, ao atopar a miña vocación. estar a piques de cerrar unha etapa, cando decido pensar e facer balanNon sei moi ben como ce, doume conta do moito sentirme agora que todo que vou a estrañar ás súas está a piques de remaclases, os seus corredores, tar, se feliz porque eme sobre todo a xente que pezan os mellores anos houbo e hai neles. Quen da miña vida como todo puidera volver a aquel día o mundo di, ou triste por de setembro onde isto codeixar atrás tantos recormezaba con todo o que dos, tantos lugares e tanteño aprendido grazas a tas persoas que durante vós, quen puidera repetodo este tempo formaron tilo todo sabendo que un parte do meu día a día, me día estaría disposta a queapoiaron cando máis o nedarme para sempre con cesitaba, riron e choraron vós, quen puidera volver comigo. Todas as tardes de a ser esa Noa de 11 anos ensaios de teatro, aqueles que vía o mundo en brandías nos que me armei de co e negro ata que vós lle valor e decidín entrar nos quitastes as escuras lentes musicais, sen saber que que cubrían os seus ollos conseguirían sacar o mee empezou a ver o mundo llor de min e facerme comcheo de cores que se abría prender canto valía enriba ante ela. Quen puidera... dun escenario, baleiro ou repleto de xente. E no medio, esa gran cantidade de Noa Méndez 2º Bach partes que descansarán no meu expediente por falar cando non se debe e ser demasiado rebelde e inconformista, entre outras cousas que non quero mencionar.
Se hai seis anos me tivesen dito que un día ía a botar de menos o instiIES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
como seria a vida dentro de 20 anos?
O
señor J.Ramón Leis, fai pouco impartiu unha
e “plastilina”, a cal se lle faciamos un pequeno burato
charla a todo primeiro de Bacharelato e
amodo deformábase con facilidade, pero cando
algúns alumnos de 4ºESO, comezando cunha
aplicabamos un golpe máis forte e rapidamente,
pequena introdución de como sería noso
este non presentaba case deformacións, isto estase
o futuro ideal no ano 2044; xa que o mundo cambia
a empregar en badéns intelixentes, para o control
moito e moi rapidamente.
de velocidade,. Con isto seguiu con outros materias
Ramón falounos, de habitacións do futuro que se limpan
como o Klevar que funciona practicamente da mesma
soas, de lentes que se poden conectar a internet, de
maneira, pero é moito máis lixeiro, empregándose para
alimentos creados en laboratorios, dos adornos de
os chalecos antibalas, para que sexan máis lixeiros, e
Nadal que non fai falla nin sequera montalos, e dun
ofrezan unha maior protección.
transporte denominado Hyperloop, que vai conseguir
Outro material do futuro, son os aeroxeles de grafeno,
que viaxemos a 1300km/h. Xa se están fabricando as
que se tratan de absorbente de calor, e serven de
primeiras maquetas.
illantes térmicos, os ferrofluidos, que se atopan como
Con esta pequena introdución levounos a unha das
amortecedores de altofalantes, deixándonos ver unha
partes máis interesantes da charla, os experimentos
mostra de este ferrofluído. Tamén nos falou do gran
con materiais, que nos fixeron ter unha experiencia
problema que acontece co coltán, un material formado
máis realista.
por columbita e tantalita, que se emprega para as
Para fabricar todas as cousas do futuro, tense que
baterías dos móbiles, e esta sendo un dos problemas da
traballar con diferentes materiais, para iso púxonos
guerra do Congo, e tamén o gran problema que sucede
o experimento dun globo e dun pincho de barbacoa,
ca auga nos países subdesenvolvidos, a día de hoxe xa
cando Ramón introduciu o pincho polo globo e non
se contan con sobres que destilan a auga, pero para
explotou, todos quedamos abraiados, e díxonos que
a xente que habita alí, son de moito custe. Por último
para iso temos que coñecer os materiais; xa que
falou do nitinol, formado por niquel e titanio, que é
non rebentou porque sabía o lugar por onde tiña que
un material intelixente o cal se lle grava unha forma
atravesar o pincho, pola zona onde hai menos presión.
determinada, e este é capaz ao aplicarlle o simple calor
O segundo experimento consistía nunha barra de cobre
dun secador e obter esa forma.
pola que introducía un pequeno imán. Primeiro deixou
Con todo isto concluíu a charla de Ramón, para min
caer por separado o imán, observando o pouco que
foi unha charlo do máis entretida, e moi interesante,
tardaba en caer, mentres que ao introducilo pola barra
facéndome coñecedora do gran mundo que hai detrás
de cobre este tardaba máis en caer, isto sucedía pola
de estes materiais.
indución electromagnética..
ANDREA PÉREZ FERNÁNDEZ 1ºA BAC
O terceiro material tratábase dun fluído non newtoniano, que se trata dunha pequena bola como
conferencia sobre
viticultura
O
pasado xoves 6 de abril, o alumnado
varias: traballase a tempo real, mellora a calidade do
de ciencias de primeiro e segundo de
produto, predícense riscos como pragas, diminúese o
bacharelato asistimos a unha conferencia
impacto ambiental, prodúcese un aforro no consume de
que tiña como tema principal a viticultura.
enerxía,
Esta ía ser ofreciada por Julián, profesor de Enxeñería
optimízase o tempo de traballo e existe un control
Agrícola na USC, e por Ángeles, profesora en Xinzo de
sobre a trazabilidade. Pero como toda cousa tamén
Limia e colaboradora no doutorado de Julián.
ten inconvintes debido a que necesita unha elevada inversión e para a xente maior a tecnoloxía presentalle
En primeiro lugar comezou falando Julián, quen nos
dificultades. As técnicas empregadas son varias como o
fixo una introdución ao mundo vitivinícola. Ao longo da
emprego de GPS, SIG, sensores que captan a cantidade
historia, a viticultura foi cambiando e dende sempre a
de colorofila, humidade, temperatura, etc.; tamén
produción de viño foi moi importante e foise adaptando
se empregan sistemas de teledetección, dispositivos
as distintas circunstancias (gustos, lugares, aromas,
electrónicos, sensores lidar, redes de comunicación...
graduacións...). Ata fai unhos anos, a produción de viño estaba relegada a un ámbito máis rural e de autoconsumo, pero co aumento da globalización
Na miña opinión foi unha conferencia bastante
e o comezo dun incipiente mundo viticultor, a
interesante xa que nos introdución a un mundo que
producción do viño foi aumentando as súas fronteiras
aquí no val temos moi presente, pero que non somos
e actualmente consómese mesmo no Xapón e en
informados o suficiente sobre como funciona e grazas a
EEUU. Para adecuarse a este tipo de mercados hai que
esto agora sabemos algo máis do que nos rodea.
realizar estudos deste, coñecer as posibilidades que che brinda o lugar receptor, innovar en busca dunha mellor calidade e un montón de etcéteras. A búsqueda de novos mercados acarrea unha serie de problemas como: os novos destinos implican descubrir, en ocasión o traballo tense que levar só e eso acarrea dificultades, o tamaño importa (máis se é máis áxil), é preciso manexar ben a información, estar vixente ás mudanzas, e a máis importante, necesita unha boa cantidade de capital.
Tras rematar Julián, foi a quenda de Ángeles, a quen o tempo se lle botou enriba, xa que é un tema demasiado longo. Ela falounos sobre a agricultura de precisión e as técnicas e tecnoloxías empregadas. O mundo vitivinícola comezou a evolucionar cara o século XIX e acadou o seu máximo explendor no século XX. Antes de mecanizar una produción hai que realizar un estudo permenorizado das variables que afectan ao terreos e os cultivos, tendo en conta a heteroxeneidade espacial dos mesmos e buscar un rendemento máximo. Para realizar estes estudos sèguense tres pasos: tomar datos, procesalos e actuar en consecuencia. As vantaxes que aporta a agricultura mecanizada son
Miguel Alves Blanch 2º Bacherelato
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
Premios dos Certames do Día das Letras Galegas Non somos ninguén
Relato gañador Por Aitana de Arriba Pantaléon
que se di pensar, pensamos pouco. Bo, iso é o que cre ela, se soubese o moito que penso e o moito que lle dou voltas ás cousas, tanto que ata esquezo que é o que estaba a pensar para pensar o que penso agora.
Gústame saír a facer compras con mamá
Non somos ninguén. Entón?, quen somos? O outro
pero aquela tarde a verdade, quería quedar en
día escoitei na televisión nun programa destes da noite
casa facendo o vago. Ía uns pasos por detrás dela
que lle gustan aos meus pais, a un home cun gran bigote
pensando nas miñas cousas e fixándome nos
dicir que a adolescencia é algo así como un camiño ou
debuxos dos lastros da beirarrúa, tentado pisar
unha viaxe que debemos percorrer na procura da nosa
un si outro non, cando a miña nai por terceira vez
identidade. Non entendo. Buscamos a nosa identidade
e con menos paciencia que a primeira, volvíame a
para perdela de vellos?
pedir que fose andando ao seu lado. Díxome que
Vicente é o avó de Ana e Raquel. Coñézoo desde
a ese paso pecharíannos todas as tendas. Así que
sempre. Íaas buscar ao colexio, levábaas a inglés. No
para que non se enfadase púxenme ao seu carón
verán víalo pasar con elas en busca de grilos. Unha vez
poñendo a mesma cara de velocidade que ela.
levoume con eles. Eu non entendía moi ben como facía
Cruzamos polo paso de peóns, xusto o que está á
para sacar aos grilos, só con paciencia e unha palla
altura dun dos taboleiros da rúa onde se colocan
sentado no chan, pero lembro que ría como un neno e
as necrolóxicas das persoas falecidas. Eu como non
facíanos rir a nós tamén.
coñezo a ninguén con idade para morrer nin miro.
Leonor díxonos a que hora sería a misa e
Canto máis para pararme a lelas! Pero alí estaba
preguntoulle á miña nai se ía ir ata ó tanatorio para
Leonor, a nosa veciña de arriba, lendo con detalle
acompañar a Carmen e a Luis, que estarían feitos po,
unha das dúas necrolóxicas que había grampadas.
dixo movendo a cabeza dun lado a outro como negando
A miña nai saudouna e parouse a falar con
o que afirmaba. «Non somos ninguén». Volveu repetir
ela, a cal parecía contenta de poder contarlle a
despedíndose.
alguén o que acababa de ler. Aí a miña nai perdeu
Ninguén, non. Vicente era o avó de Ana e Raquel,
a cara de velocidade e as présas. Leonor contoulle,
viúvo desde hai moitos anos da súa muller Carmen, da
mentres eu me quedaba embobada mirando as
cal levaba unha foto na carteira. Xogador de grande
botas que levaba ata o xeonllo cun tacón altísimo;
porque sempre dicía que o xogador de chica perdedor
non sei canto podería medir ese tacón!, dez ou
de mus e domador de grilos.
vinte centímetros, dá igual. Eran moi altos! Agora non me custaría imaxinar a Leonor con eses tacóns cando polas mañás a oes corretear pola súa casa xusto antes de irse traballar. «Pois si muller, non era moi maior pero xa tiña os seus anos, agora que ninguén o esperaba, creo eu!». Oín que lle dicía Leonor á miña nai, ao que puxen atención para saber de quen falaba. «Unha pena, sinceramente, porque lle axudaba moito coas nenas, era o que se di un avó “exercente”». Isto último aínda acrecentou máis a miña curiosidade porque me daba a impresión de que coñeciamos ao avó do que falaba. «Ai, o bo de Vicente, vaise botar de menos!» Asegurou dúas ou tres veces. «Non somos ninguén, non somos ninguén» repetiu varias veces como para si; logo para a miña nai e logo unha vez máis para ela, outra vez, como para convencerse. «Non somos ninguén, non somos ninguén». Non somos ninguén? Aquilo fíxome pensar, cousa difícil porque son adolescente e como di a miña nai, estando na idade do pavo, pensar…, o
Ninguén, non. Vicente era Vicente.
Certame de relato curto Antonio Fernández Pérez Eivados da sorte Por Manuel Añel Prieto
Xa está todo preparado, esta noite marcho da casa. Xa non aturo máis as reprimendas dos meus pais cara min e entre eles. Non quero volver a ver como o meu pai lle pega a miña nai porque di que me ten moi consentido. Que aínda que suspenda os exames non me pon castigos, e que me segue deixando o móbil. E despois segue coa teima de que aínda non ten traballo e que, por riba, non fai ben as tarefas da casa. Entón e cando eu sempre me encerro na miña habitación e póñome a escoitar música cos cascos a todo volume para non escoitalos. Iso, cando meu pai non me quita o móbil... pero iso acabouse! Xa preparei unha mochila con roupa, metín tamén todos os meus aforros, un saco de durmir, o móbil, a Tablet e os cargadores. A primeira noite díxome Berto que fora á súa casa, claro que non ía acompañarme, xa que el non tiña ningún dos problemas que teño eu cos meus pais. Cando chegou a noite despedinme da miña nai; ela xa sabía que ía pasar a noite na casa de Berto.Non era a primeira vez, moitas veces no verán ía á súa casa e xogabamos a Xbox ata as tantas da mañá. O que non sabía a miña nai era que ao día seguinte xa non volvería á casa. Fun ao garaxe e collín a miña bicicleta, sería o meu medio de transporte. Cheguei pronto á casa de Berto que vivía dúas aldeas máis alá da miña. Falamos toda a noite, díxenlle que cando estivera suficientemente lonxe intentaría buscar un traballo. Xa tiña 16 anos e, aínda que fose un traballo co soldo mínimo, era moito máis do que se podía conseguir noutros países sendo de cor. Penso que non volo dixera pero a miña nai é do sur de África e meu pai é de Cataluña pero, por motivos de traballo, vivimos preto de Ourense. Á mañá seguinte, ben cedo, almorcei algo, despedinme de Berto e collín o meu camiño por vellas estradas cara a Lugo. Tiña pensado ir primeiro a Lugo e dende alí ir cara a Asturias, entón xa estaría suficientemente lonxe da miña casa. O primeiro día cheguei a unha vila chamada Baralla, busquei unha zona con árbores e trepei por unha. Saquei o saco de durmir e cunha corda que tamén levaba ateime a árbore. Dende dentro do saco intentei mandarlle unha mensaxe a Berto pero non tiña cobertura. Espertei co corpo todo dorido e cunha fame que me comería ata un elefante. Fun ata un bar e pedín un café con leite e tamén dúas roscas, entón o meu móbil comezou a vibrar, eran mensaxes de Berto. Dicíame que meus pais foran onda á garda civil denunciar que eu desaparecera e, despois diso, que volveran á casa por se eu voltaba. Xa na casa comezaran a rifar e o meu pai batéralle á miña nai. Entón chegaron os gardas e levaron ao meu pai detido. Agora a miña nai estaba na casa de Berto, pero que vai ir a algún tipo de casa para mulleres maltratadas. Entón xurdiume un dilema, eu marchara polo meu pai xa
que a miña nai, aínda que me rifara, tratábame ben. Sabía que me necesitaba e que se alegraría de que regresara, pero tamén marchara para procurar un traballo e un futuro... Paguei o café e as roscas e subín á bici. O camiño fixéraseme eterno, ata me atopara cun accidente e tivera que coller un desvío; tiven que esquivar varios rabaños de ovellas que ían polos camiños vellos, pero logo diso collín un boa estrada e fun bastante rápido. Cheguei á casa de Berto e a súa nai contoume que a miña nai estaba moi preocupada, que o meu pai estaba retido por baterlle. Nese intre saíu Berto e deume unha aperta e contoume que a miña nai marchara a declarar; que se quería que, me levaba nunha moto vella que tiña do seu pai. Mais, como non tiña carné, a súa nai sacou o coche e levounos ela. Chegamos ao xulgado , baixeime e Berto desexoume sorte. Entrei ao xulgado e sentei nunha das filas do fondo da sala, a escoitar. A miña nai contoulle ao xuíz que o meu pai non era a primeira vez que lle batía a ela ou a min, que estaba moi preocupada por min. Que nunca se atrevera a dicirlle a ninguén que meu pai a maltrataba porque, se el se daba conta, aínda sería peor. Funme achegando ata onda a miña nai. Cando me viu, botouse a chorar e abrazoume. Durante uns días tivemos que dar moitas aclaracións do que pasara: de por que fuxira, a onde fora, da nosa situación económica, de toda a nosa vida. Foron días moi intensos, pero tamén cheos de momentos únicos coa miña nai. Como non estaba o meu pai falamos de moitas cousas, compartimos as nosas inquedanzas, os nosos medos, e démonos conta de que, sen o meu pai por medio, podíamos ter unha vida máis feliz. Pero pouco nos durou a felicidade. Nunca esquecerei o xuíz que nos tocou, nin o día que saíu a sentenza. Ao meu pai caéronlle 9 anos por maltratarnos a miña nai e a min; pero tamén dixo que, aínda que a miña nai parecía boa persoa e era unha vítima do meu pai, non estaba en condicións de coidar de min; eu fuxira da casa, e ademais ela carecía de ingresos, así que eu tiña que ir a un centro de acollida para menores, mentres ela non puidera facerse cargo de min, ou ata que eu tivera dezaoito anos. Caeume a alma aos pés.... Agora vivo no centro de acollida e vexo a miña nai cada dúas semanas. A pobre anda a procura dun traballo, para que eu poida volver á casa, pero a cousa non pinta moi ben. Coido que mellor me fora ter seguido cara a Asturias... IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
Premios dos Certames do Día das Letras Galegas SERES MÁXICOS
Por Desirée Barreira Do Nascimento
podía confiar nel. Íalle contando a historia día por día, pero ao trasno estábaselle acabando o tempo, así que non dudou en pedirlle o que realmente tiña en mente. Unha das tardes, díxolle ao humano, que era a súa única
Hai 1200 anos, nunha aldea chamada Gómbrich, existían uns trasnos argalleiros que estaban sempre a facer trasnadas, era a súa forma de ser. Todo ía ben ata que un día se lles ocorreu entrar no castelo das tres meigas birollas, enfadáronas tanto coas súas bromas pesadas, que as tres bruxas botáronlles a todos os trasnos unha maldición. -Cafasín, cafasán só un trasno ficará, a roda pola noita ha de xirar, senón os seres máxicos desaparecerán. – Conxuraron as tres bruxas á vez. Foron pasando os anos e só quedaba o trasno chamado Guílsur, e a roda á que se referían as bruxas que tiña que xirar todas as noites era a dunha urna cunha flor púrpura no interior, que non debería secar, senón o seu mundo non existiría. Guílsur tiña unha tarefa moi importante, a de deixar a flor en boas mans. Levaba toda a súa vida viaxando para atopar a alguén de confianza a quen deixar o seu
esperanza porque estaba convencido de que ninguén do mundo máxico se atrevería a ir ao mundo dos humanos para destruír a flor. Abel aceptou gardar a flor púrpura ata a súa morte e coidala moi ben aínda que lle parecía a petición máis rara pero tamén a máis difícil que lle pediran ata a ese momento. Guílsur advertiulle que ese labor era moi importante. -Nunca, nunca xamais, amigo meu, deixes que a flor caia en malas mans. De ti depende que o mundo da fantasía siga existindo. – dixo Guílsur con bágoas nos ollos. Despois daquela conversación, Guílsur e Abel viviron momentos moi agradables porque aínda que o trasno nos últimos tempos non tivera nin tempo para sorrir era unha personiña moi simpática. O 25 de decembro, o humano estaba celebrando o Nadal coa súa familia, e a ninfa Faia foi avisalo, pois chegara a fin para o vello trasno. Polo menos morrera en paz. Xa cumprira a súa misión e os seres máxicos viviron tranquilos.
legado. Un día pola mañá, despois de almorzar uns bos cogomelos, o trasno, cruzando o río, esbarou. -Axuda! A flor! ¬– Berraba desesperado. De súpeto apareceron entre as árbores, unhas fermosas ninfas. Sacárono da auga con gran esforzo, xa que eran moi pequeniñas. El explicoulle que se non atopaban a flor, elas ían desaparecer. Entón as ninfas apresuráronse e foron río abaixo en busca da urna. Ao atopala, leváronlla. Guílsur agradeceu enormemente a súa axuda e pensou, – Se estas ninfas me axudaron e salvaron a flor, supoño que poderei confiar nelas -.
Collérono da man e levárono ata a
gran árbore onde vivía Faia, a súa raíña, contoulle a historia enteira, de cabo a rabo. -Coñezo a un humano desde hai moito tempo, somos moi amigos, chámase Abel. Creo que é a persoa ídonea para coidar da flor. – dixo Faia. Esperaron con gran impaciencia a que chegara o sábado pola tarde, porque é cando Faia se reunía co humano na gran fervenza. Chegou o gran día, xunto á fervenza, a ninfa
Poesía de outono
fixo un ruído coa boca que semellaba un asubío, e
Os alumnos de 1º ESO B e de 1º ESO D a petición da
apareceu de entre os arbustos, Abel. Guílsur quedou
profesora de Lingua e Literatura Galega, Marita Fernández e
pampo, nunca vira un humano, só coñecía os relatos
baixo a súa supervisión, escribiron poemas e reflexións sobre
dos seus ancestros. Falaron e fóronse coñecendo
o outono, acompañados de debuxos cunha presentación moi
pouco a pouco, pareceulle moi agradable e con cada
coidada.
sorriso de Abel, Guílsur sentía no seu interior que
Entre todos, destaca o poema:”Sensacións” de Pablo Villarino Rivero. Este poema denota unha gran sensibilidade por parte do autor.
Certame de relato curto Antonio Fernández Pérez Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA LITERATURA Sara Guerra Sandoval 1º BAC B A violencia de xénero é un tema que está moi presente, por desgraza, na nosa sociedade. Só no que levamos de ano, as cifras de feminicidios (asasinatos de mulleres por razóns de xénero) sobrepasan as 86 mortes en España. Máis de mil mulleres foron asasinadas nos últimos 15 anos e no 15.7 % dos casos xa existían denuncias previas.
Os datos son alarmantes, polo que este é un tema que nos afecta a todos tanto como sociedade coma a nós, como mulleres. Por este motivo, as alumnas de 1ºBACH de Literatura Universal do IES Xesús Taboada Chivite decidimos facer unha exposición sobre diferentes libros nos que a violencia de xénero ten un gran protagonismo. Logo de pescudar que obras nos poderían valer para tratar este tema, acabamos escollendo os seguintes títulos: La casa de Bernarda Alba, Casa de muñecas, Cometas en el Cielo, Otelo e Lolita. Cada unha de nós faremos unha presentación na que falaremos do libro e da figura da muller como vítima de maltrato para despois expoñelo nas clases de ESO e de bacharelato. Parécenos unha boa idea, xa que deste xeito todos os nosos compañeiros e compañeiras poderán descubrir como a violencia de xénero ten cabida na cultura popular da man de obras literarias tan recoñecidas como das que lles imos falar.
Esperamos que con este traballo os rapaces e rapazas do noso centro se decaten de como a literatura de diferentes épocas pode servir para concienciarnos da dura realidade que nos rodea.
NENOS E NENAS SOLDADO Saioa Zozaya Fernández 1º Bach A
O día 1 de decembro, os alumnos de bacharelato acudimos a una charla sobre os nenos e as nenas soldado, un tema moi grave na actualidade. A charla comezou cunha breve introdución sobre que eran os nenos e nenas soldado. Son nenos de menos de dezaoito anos que foron recrutados de forma violenta, sobre os que se abusa psicoloxicamente con ameazas para combater nas guerras. As persoas que os recrutan son soldados do exército que tamén combaten nas guerrillas e que adestran a eses nenos para que eles tamén loiten. Preto de 300.000 nenos e nenas están sendo obrigados a loitar en guerras actualmente, una cifra totalmente preocupante. Estes nenos e nenas forman o 10% dos ocupantes de moitos exércitos. O país máis afectado é África, e dentro dese continente son países como República do Congo, Chad e Sudán os que máis involucrados se ven neste problema social. A parte de África tamén hai outros países nos que hai nenos e nenas soldado, como son Afganistán e Colombia, entre outros. Na charla tamén se falou de Momar Badiane, un fotógrafo senegalés que realizou una exposición de fotografías sobre como se recrutan e se empregan ós nenos soldados. Posteriormente, proxectáronse una serie de vídeos sobre este tema. O primeiro vídeo trataba sobre varios testemuños de persoas que foran recrutadas cando eran moi cativos e sobre a parte máis difícil desa vida tan dura, que era a reintegración social. Cando eses nenos e nenas conseguían escapar desas guerras, a sociedade non adoitaba confiar neles, polo que era moi difícil a súa reinserción. Nese mesmo vídeo, fíxose una pregunta moi interesante: Cando se deixa de ser vítima e se comeza a ser vitimario? É dicir, en que momento deixan os nenos de ser vítimas dun recrutamento e en que momento comen a ser asasinos, xa que aínda que o fagan de maneira formada, eses nenos ,na guerra, matan persoas. En canto ao segundo vídeos, era un vídeo sobre unha historia concreta, a de un neno que non recordaba o seu verdadeiro nome, xa que cando estes soldados o recrutaron, asignáronlle un alcume de guerra. O terceiro vídeo trataba sobre unha serie de testemuños de nenos que foran soldados xa dende moi cativos. Por último, vimos un vídeo musical no que a canción trataba sobre os nenos e nenos soldados, e que foi composta por un famoso cantante español. En canto a miña opinión, está claro que estou en contra desta atrocidade. Paréceme surrealista que en pleno século XXI siga existindo isto, cando nunca tivo nin sequera que comezar. É moi triste o que lle fan a eses nenos, arrebatarlles os seus dereitos, obrigalos a empregar armas e ata matar xente, ás veces incluída a súa familia, con tan pouca idade, e aínda que tiveran moitos máis anos, seguiría sendo algo que non se podería consentir. Isto é un grave problema social que deixou máis de dous millóns de mortes, unha cifra extremadamente alta. Por sorte, a ONU programou un plan de axuda para baixar esa cifra de nenos e nenas recrutadas. Ao parecer está funcionando, pero non elimina de todo o problema. O máis grave de todo, é que isto non é unha situación actual, senón que sempre existiron nenos e nenas soldados, e parece mentira, que pasados tantos anos non se conseguirá rematar con isto.
IES Xesús Taboada Chivite. Verín
MODELOS DE CÉLULAS EUCARIOTAS ANIMAIS O alumnado de 3º ESO aprende a recoñecer a estrutura das células eucariotas
animais
mediante
a
realización de modelos celulares en cartulina
CAMPAÑA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS Os alumnos de 1º de Bacharelato, na materia de Anatomía, deseñaron e expuxeron carteis para concienciar a poboación sobre a importancia de doar órganos
IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
Chicas novas 24 h. charla con mabel lozano
Gustoume moito. Tiña oído falar dese tema, pero non tan a fondo, por iso abriume os ollos e ensinoume valores que non tiña en mente. É un tema realmente serio que debería pararse. Como muller ou nena, a calquera de nós, a calquera muller lle podería pasar, hoxe ou mañá, e por iso persoalmente moitas
veces
entendo medos
os
Nuevas 24 Horas_, como parte das actividades do IES X. Taboada Chivite no marco da conmemoración do Día Internacional
contra
a
que podemos realizar para erradicala. Ante situacións de inxustiza como esa, o alumnado de 3°A non dudou en unir as símbolo
a
contra todo tipo
ou
de
maltrato
e s e s
b a i x o
tipos d
de
apoio á loita
unha
filla
de
trata de mulleres e as actuacións
deixar soa a
Violencia
Xénero_,fíxonos reflexionar sobre a
súas mans como
das
nais
O visionado do documental _Chicas
o
e
lema
medos q u e non hai no caso dun Creo
fillo. que
o que vimos hoxe
debería
velo
todo
#NinUnhaMenos o
mundo e que todos axudaramos no que se puidera a parar isto. Katia Vidal de 3 ESO C
Helga
Inmersión Lingüística Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do Xesús Taboada Chivite asistimos toda a semana do 15 de novembro a unha inmersión lingüística nos Peares. Estaba situado nun lugar moi bonito con marabillosas estancias ao lado dun enorme embalse. O noso horario era moi simple,e dividíase en 3 seccións: -ALIMENTACIÓN: tiñamos 5 comidas ao día,o almorzo,as 9 aproximadamente;a media-mañá,as 12;a comida que era entre as 2 e as 3;a merenda,polas 6-7 da tarde e a cea as 9-10 da noite. -ACTIVIDADES E CLASE: pola mañá tiñamos todo clase agás o tempo da media-mañá,e despois íamos comer.Despois tiñamos actividades diarias pola tarde que cada día eran diferentes e clase pola tarde.E pola noite,despois de cear,tiñamos a actividade nocturna,que tamén era diferente cada día. -TEMPO LIBRE: tiñamos pouco tempo libre,pero tampouco o necesitabamos moito,despois de comer tiñamos media hora aproximadamente para ir a sala de xogos ou facer o que quixésemos de lecer. Fixemos milleiros de actividades,pero sempre utilizando o inglés para comunicarnos,diso se trataba,mellorar o inglés. As clases foron moi variadas,tratamos temas case todos referíndose a contaminación,tamén fixemos moitos xogos con iso.Despois tiñamos clases de cada país,porque estabamos divididos en países,e o último día teriamos que expoñer o noso país e os seus costumes diante de todos.Non só estivemos naquel recinto,senón que fomos a outros lugares para facer outras actividades como: ir a un pavillón a outro pobo camiñando para o día olímpico,dar paseos e ver onde se une o río Sil e o Támega, fomos a un museo de ferrocarril...Nas actividades ou xogos de todos os días tivemos moitas e moi diferentes,puidemos sentir o vicio de ir a un casino,xogar ao “Tuttifrutti” xigante,xogar a gran busca do tesouro… Ao final creo que foi unha semana bastante divertida,que serviu para mellorar a fala co inglés e,dalgunha forma,saír da rutina de instituto que estabamos acostumados.Foi unha experiencia moi boa e si se puidese repetir,repetiríaa sen dúbida. Alejandro Cid Pazos 3ºESO-A Nº10
A inmersión lingüística foi nos Peares , entre Ourense e Lugo. Era un monte, cunha presa, co río Miño e un terreo no que pasábamos os días. As habitacións eran de 4 camas, 2 liteiras, cunha cama arriba e outra abaixo, 1 baño, cunha ducha e 2 pilas para lavarnos os dentes. Polas mañás, erguíamonos as 8:00, dábannos 10 minutos para vestirnos e facer a cama, e logo subíamos todos a almorzar. A comida estaba rica e era sana. Respecto as clases, pola mañá tiñamos 2 horas de clase, na que faciamos una ficha e falabamos en Inglés. As 13:30 comiamos, despois de comer lavábamos os dentes e tiñamos 30 minutos de tempo libre, no que xogábamos ao futbolín ou o ping pong. Polas tardes, faciamos una actividade. A máis divertida foi cando fomos a un pavillón no que pasamos toda a tarde xogando a xogos como o fútbol, o rugby, saltar a comba, pero para chegar e volver camiñamos máis de 5 km. Outra tarde, camiñamos recorrendo os Peares, é un lugar moi fermoso. Vimos o encontro do río Miño e o Sil, debaixo dunha ponte moi grande e visitamos una casa do tren, con maquetas de trens moi antigos que pasaron por alí. Polas noites, despois de cear, tiñamos actividades coma casino; que para min foi a máis divertida, cine, discoteca… Estabamos organizados por grupos, cada grupo representaba a un país, eu era de Sudáfrica. Cada grupo tiña que preparar una presentación do seu país. Pasámolo moi ben organizándoo tanto como representándoo. O último día déronnos un diploma a cada un, cun nivel de Inglés. Isto foi a inmersión lingüística moi resumida, porque fixemos moitas cousas. Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Alejandro Domínguez Gonzàlez de 3 ESO B. IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
P ro m o c i
Primeira fila arriba :Alex P,Roque,Gonzalo ,Yasmín,I,Ana D,Marí
Segunda fila: Lúa,Iria P,Maika,Claudia,Iago,Javier,Javier A,Isabel
Terceira fila: Laura,Laura P,María P,Uxía,Tania L,Adrián,Blanca,
Cuarta fila: Julene,Andrés,David G,Avelino,Andrea,Pablo,Marcos
Quinta fila: Alex B,José Luis,Xurxo,Alberto D,Noelia,Camen,Caro
Sexta fila: Santiago,Christofer,Jose Manel,Alberto L,Pelayo,Albe
ón 2017
ía A,Pablo A,Tania C,Noa,Daniela,MªJosé
l A.,Belén A,Abel L,Manuel V
,Brais,Pablo G,Pablo D,Alfredo,Ivana,Ivan,J.Carlos.
s,José D,Javier B,Ana R,Mónica,Jose Manuel.
olina S,Aitana,Fátima,Carolina A,María Al,Iria R,Paula,Tania S.
erto R,Daniela,Noemi,Claudia V,Sara,Anxela,Miguel,Laura. IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
IMPACTO DO HOME
E SOBRE O MEDIO
IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
O profesor de tecnoloxía Enrique Álvarez tornou un piñeiro seco, nunha árbore branca, de ilusións e esperanzas. As pólas estanse enchendo de bolboretas de cores con desexos para o vindeiro ano. Ata o día 21 de decembro seguiranse pendurando lepidópteros cargados de soños para o 2017. Esperamos que todos estes desexos se fagan realidade. No taboleiro aparecen os propósitos do alumnado do instituto para o ano 2017. Os alumnos de 1º ESO reflexionan sobre o que significa o Nadal para eles.
Nadal : A árbore dos desexos
Rubén Veloso:
“O profesor de música que foi antes un triplista no COB” Rubén Veloso ofrécenos outro deses marabillosos relatos con cheiro a baloncesto de base: o soño cumprido dun neno ourensán que acaba xogando un partido na máxima categoría co equipo da súa cidade, na tempada 2000-01. “Xogo ao baloncesto desde que teño memoria, posto que o meu pai era árbitro e a miña nai axudaba na mesa. todos os fins de semana dedicábanos a pitar, polo que tiña un balón sempre nas miñas mans. Despois comecei a adestrar de forma seria aos 13 anos en Allariz (Ourense) e chegamos á liga galega, un fito para o club posto que lle quitamos ese posto ao infantil e filial do C.O.B. despois de xogar o campionato de España coa selección de Galicia cadete, fichei con 16 anos en Fuenlabrada, onde estiven catro marabillosos anos e comecei a ver como era o baloncesto de forma profesional. teño un grato recordo dos nosos partidos contra o estudantes cun tal Felipe Reyes (excelente persoa fóra da cancha) facéndonos moito dano. Despois desta etapa volvín ao cob onde se logrou o ascenso cun equipazo: Bernabé, Peñarroya, Sony, Héctor García, Jesús, Harstad, Mccann, Guillermo… cada adestramento era unha “guerra” da que aprendín moitísimas cousas. Quizá o máis grande non foi tanto o ascenso como o ambiente de equipo familiar que había. foi alucinante. pero ao ano seguinte foi o contrario: o descenso. e con non tan gratos recordos claro. pero estivemos a piques de salvarnos, foi unha pena. Ese verán adestrei durante tres semanas co Tau de Vitoria, adestrado por Ivanovic e con Scola, Oberto, Nocioni, Bennett…que foi unha experiencia incrible pero o máis duro como xogador. era como facer un maratón cada día!! Co xuvenil do Fuenlabrada en Allariz. Desde o filial do COB en EBA (adestrábanos Diego Ocampo) fun a Oviedo, onde compaxinei o baloncesto coa carreira de Musicoloxía. Foi un punto e aparte na miña vida profesional e persoal. Alí vi que
tiña que dedicarlle máis tempo aos estudos que ao baloncesto, xa que era unha saída profesional moito máis segura, polo que empecei a xogar en ligas non profesionais ata a actualidade. E foi alí onde coñecín a Eva a miña muller e nai das miñas xemelgas, que me ensinou que había vida máis aló do baloncesto. Quedan uns recordos marabillosos. Fixen moi bos amigos, xoguei e adestrei con “cracks” do baloncesto, aos que admiraba, vivín un ascenso a ACB cun “equipo” en todos os sentidos positivos da palabra, tiven adestradores dos que aprendín moitas cousas. Aínda que como todo xogador sabe, neste mundo do deporte tamén pasas cousas malas e sófrese moito, pero o bo compensa todo o malo. Como foi o meu debut en ACB? Agridoce cunha gran anécdota. Por unha banda era o último partido da tempada co Valladolid, e xa estabamos descendidos. Pero, claro, doutra banda unha felicidade inmensa posto que Pedro Martínez sacoume xa no terceiro cuarto ata o final do partido. E tiven a sorte que nada máis saír tirei un triplo e metina. En casa, a xente coreando o teu nome porque es un mozo da canteira, coa túa xente na bancada… Moi especial, a verdade. A anécdota foi que na miña camiseta non poñía o meu nome, senón a dun americano que se fichou por uns días e que non chegou nin a xogar. Apelidábase “FOX” e o adestrador do Valladolid botoulles unha rifa incrible nun tempo morto, chegando a dicir “Non defendemos nada. Ata nola mete ese Fox dos coj..”. Eu tiña esparadrapo na camiseta, pero ao saír, algún graciosillo do equipo quitouno sen darme conta. Eu era un escolta nun corpo de base. Á mínima tiraba de tres, con gran visión de xogo e facendo calquera cousa con tal de gañar. Era e sigo sendo moi competitivo, que ten o seu lado positivo pero… os días que perdes non te aguantas nin a ti mesmo! Unha cousa, que isto o lerá algún adestrador meu: custábame moito agacharme, jajaja. Sempre me gustou moito máis o ataque que a defensa. . Na época do ascenso do COB no ano 2000. Desde fai doce anos son profesor de Música e xefe de estudos no IES Xesús Taboada Chivite en Verín (Ourense). Sempre compaxinei a miña faceta musical co baloncesto, e este último axudoume moito á hora de aprobar unhas oposicións, diso estou seguro. Nunca deixei de xogar, aínda que si de forma profesional. Iso si, desde que naceron Ainara e Telma aínda non puiden nin tirar a canastra, pero en canto empecen o cole seguro que me deixan tirar uns tiros de 3. A ver como vai a cousa!. por Javier Ortiz 12 de maio, 2016
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
anik nandi: o galego é un mundo O pasado venres 17 de febreiro, o alumnado de 1º BACH tivemos a sorte de acudir á charla “O galego é un mundo”, a cargo de Anik Nandi. Nun galego tan fluído coma correcto, este sociolingüista de orixe bengalí amosounos a importancia da nosa lingua en diferentes facetas nas que non estamos acostumados a vela, como por exemplo o uso que podemos darlle en outros países e as facilidades que temos fronte a outros sendo bilingües. Un dos puntos da charla foi facernos ver a diversidade lingüística que existe no mundo e tentar que fixeramos todo o posible por normalizar o galego e tamén para erradicar os prexuízos que tivésemos sobre a nosa lingua autóctona. Nandi falou tamén dos estereotipos que se teñen das linguas, da importancia das que son minoritarias e fíxonos saber cal é a situación do seu país, facendo que todos nos interesaramos pola súa cultura e costumes. Ao final da charla respondeu moi amablemente a todas as nosas dúbidas e penso que falo por todos os meus compañeiros cando digo que grazas as súas palabras démonos conta de que aínda que ás veces pensemos que unha lingua é inferior por ter menos cantidade de falantes, iso é completamente falso. Sara Guerra Sandoval
O venres pasado, os alumnos de primeiro de
Quizais é momento de pensar neste apartado, que
Bacharelato asistimos a un discurso moi rechamante
o ámbito lingüístico ten máis que ver co mundo ético
presentado por un recoñecido doutor en Filoloxía,
que o matemático (poboación, densidade, número de
Anik Nandi, procedente da zona este da India,
linguas dun estado).
concretamente onde o idioma bengalí predomina. Foi
unha
exposición
dos
seus
amplísimos
coñecementos a tódolos niveis, ben sexan culturais, xeográficos e como non, lingüísticos.
Para que unha lingua sexa rexeitada, non só cómpre con que a deixemos desaparecer en perigo de extinción. É suficiente con que abandonemos a historia que traía consigo. É suficiente, con que ensinemos ós nosos
Que teñen en común todos estes conceptos?
futuros fillos e fillas un só idioma, esquecendo a ampla
A simple vista, pódese pensar que non teñen gran
capacidade de aprendizaxe que posúen nos primeiros
relación entre eles, porén, se pensamos un intre, e
anos de vida.
definimos mentalmente cada un deles, acabaremos
A educación, sexa no estado que sexa e en calquera
por decatarnos de que están aínda máis conectados
momento da historia do ser humano, foi o motor e a
que tódalas conexións neuronais no noso cerebro.
nai que decidía cando algo ía apagarse coma unha
Cultura, que é a cultura?
estrela no universo, para non volver a acenderse
Que é senón cultura, que falar de lingua?
nunca máis. Ou pola contra, os forza que conservaba
Para min, unha fonte inesgotable de cultura reside
os coñecementos que consideraba importante para o
no saber. E o saber, non se pode máis que pasar de
tempo e as circunstancias.
xeración en xeración mediante a fala, mediante a lingua, mediante o corazón.
A conclusión pois, de este apartado, é que non
Cando falamos de lingua, non só falamos do
importa o número de linguas que se dan nunha zona,
conxunto de letras que constrúen os seu alfabeto,
nin o extensa que esta sexa. Senón a conciencia
senón de recordos, antepasados, historia, sentimentos
implantada nos individuos desa sociedade ante o
e costumes.
aspecto lingüístico.
Cando falamos de lingua, non falamos só de normas gramaticais. Estamos a falar de paixón, de compromiso, de respecto.
Todo se reduce á conciencia, a querer o que nos representa. Sexa galego, bengalí, ou calquera das sete
Como ían a respectarnos se non respectamos a nosa
mil linguas que nacen e morren no noso planeta. Se
propia lingua? Aquilo que nos representa, aquilo que
cada unha delas, comparte algo entre si, porque non
nos da un nome. Aquilo que as nosas cordas vocais
íamos nós, os seres humanos, compartir tamén rasgos
entoan coa axuda da intención humana.
uns doutros?
Polo tanto, sería razoable renegar ó saber porque non respectamos a lingua que se nos presenta coma un regalo? Non. Imos coa xeografía.
Que mellor maneira, de dicilo coa palabra que máis merecen tódolos loitadores coma Anik Nandi. Dhanyabaad (bengalí), grazas. Esther Santiago
Día da muller t raballadora
IES Xesús Taboada Chivite. Verín
A RODA DOS ALIMENTOS
s de rupo tes g n e r eñen fe os di que t d s e a r t e o t sa di s sec na no res. O a o v t i c t e a l ss cia re ente ortan pond p s e ntes: m r i r s co mella be a i o e r s d c s s o e ñ ón tos d tama funci limen izan tinto l a s i a s e d o r eo ica. ue ad tos q diant erxét A rod e n n e e m , m n ó . un ali ntos funci stica dos c clúen alime n plá I con enta I ó s or in i e e c c r I n a . p lícita re ra sm pos n fu n exp a me ecen ulado : Gru IV co ó r g i a l a e e c e r p I n I r a I e ón ieta m s, os ama funci ádica Grup nha d unha r n : - Cor u e o o a r l ú c p l l e s I e c V at óns e verm ais, in sVe s par ocasi - Cor rupo Adem iente G n . c : e e fi e t u e d n e e 3º ss irs ver frecu nos d idade nsum o - Cor t m o n c u m l a u a c n s e s n e con or lo e deb uga e aos d das p erir a o os qu a t t x z i c n n l i e e a e sp de lim tos r ido re dade Os a limen educ ecesi a r n e o a d ñ e s tama roda físico s das rcicio e e x x a e ao as im recen able. a d p u a a s ción tinua A con ESO:
descubrindo as rochas que pisas O venres 25 de novembro, alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participaron nunha actividade organizada polos departamentos de “Xeografía e Historia” e de “Bioloxía e Xeoloxía”, a cargo do ponente Francisco Canosa. A actividade “Descubrindo as rochas que pisas”, incluiu unha breve e concisa charla sobre a xeoloxía xeral de Galicia, así como un obradoiro con rochas. RESUMO DA CHARLA: O tema principal da charla era a xeoloxía e as rochas que compoñían a paisaxe galega. Aínda sendo ese o tema principal a charla pódese considerar que estivo dividida en varias partes: - INTRODUCIÓN: O maior problema que ten a xeoloxía son as unidades nas que é medida, é dicir os millóns de anos, xa que non sabemos cuantificar moi ben o tempo ao que se refire, polo que debemos por como exemplo un ano, situando os eventos xeolóxicos en meses e días concretos. -ESTRUTURA E DINÁMICA TERRESTRE: O estudo da dinámica terrestre comezou cando Alfred Wegener estudou o posible movemento das placas tectónicas. Posteriormente comprobouse que tiña razón e coa axuda de estudos posteriores puidéronse diferenciar varios tipos de bordos de placas, xa que en cada un deses tipos producíanse diferentes movementos: Bordos diverxentes, converxentes e de fallas transformantes. O descubrimentos destes diferentes tipos de bordos permitiu establecer a teoría da Tectónica de Placas, onde se explicaba que o motivo polo que as placas cambian a súa posición son os movementos de convección que se producen no manto. Posteriormente estableceuse o Ciclo de Wilson.
-XEOLOXÍA DE GALICIA: A creación das rochas que conforman a paisaxe galega producíronse en varias etapas, e nunha posición diferente á actual a maioría delas: Fase oroxénica no Paleozoico, fase de Arrasamento no Mesozoico, e fase de Reactivación no Cenozoico. A evolución máis destacable destas rochas produciuse nesta última etapa, onde tamén se produciron notables cambios no nivel do mar. Segundo a posición desas rochas distínguense 3 zonas: Zona Asturoccidental Leonesa, Zona Galega Trasosmontes e Zona Centro Ibérica. -USOS DA XEOLOXÍA: A xeoloxía pódese aplicar en moitos aspectos da vida cotiá, como pode ser o seu uso para saber con antelación os posibles fenómenos e catástrofes naturais que poden suceder e protexer a poboación. Ademais moitas explotacións de petróleo e gas natural entre outros non poderían haberse feito sen axuda das sondaxes e mapas xeolóxicos. OPINIÓN PERSOAL: Foi unha charla interesante, aínda que algunhas partes puideron ser máis amenas e interesantes que outras. Na miña opinión a parte máis interesante foi na que falou das rochas que abundan en Galicia, xa que moitas veces ao estudar xeoloxía estudamos as rochas en xeral, e facelo das rochas que abundan na zona onde nos vivimos pode causar máis interese e curiosidade, e tamén cando ao rematar a charla fomos ao laboratorio a identificalas. Sofía Vivián Álvarez 1BACH-A
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
encontro luso-galaico Podo dicir que a experiencia que disfrutei este a no IES Xesús Taboada Chivite en Verín de enviarse cartas cada pouco tempo cos compañeiros de Chaves foi moi interesante A persoa que me escribía as cartas foi sempre moi atenta, agradábel e interesada polo tema e debo dicir que os meus compañeiros comparten a mesma opinión . Todos temos moitas ganas de coñecelos persoalmente na actividade que temos planificada o día 2 de xuño en Viseu Na miña opinión , enviarnos cartas axuda a mellorar o léxico portugués , moi necesario porque a realidade e que somos dous países moi unidos , con culturas diferentes , pero parecidas . Foi unha decisión moi acertada polo centro e agardo que poidamos repetir dentro dun tempo e así coñecer a máis xente nova que sempre é interesante . En canto o idioma , dicir que para nós aprender portugués é moi importante , xa que é moi necesario e útil. De feito o 16 de maio tivemos unha charla sobre como o galego nos abre as portas ao mundo lusófono. Espero que volva a haber algún tipo de actividade así , porque é un acerto .
Luis Sobrino. 4º ESO B
CON MOTIVO DO XI ENCONTRO LUSO-GALAICO Aínda cando había fronteiras vixiadas e réximes pechados a todo o que proviña do exterior, os veciños de ambas bisbarras mantivemos relacións comerciais, turísticas, institucionais e protocolarias nas distintas conmemoracións das dúas localidades. Hoxe tanto os habitantes de Chaves como os de Verín somos os mellores clientes no país veciño. Pola contra, case non tiña habido iniciativas a nivel educativo, os profesionais da ensinanza apenas nos coñeciamos. Ante esta evidencia, consideramos que estabamos perdendo polas dúas bandas unha gran-
de posibilidade de enriquecemento, tanto a nivel social como profesional. Nunha época en que a “Raia” é para os nosos alumnos case unha lenda, era un paradoxo estar máis lonxe que na antigüidade. Por todo isto, consideramos unha obriga comezar con xuntanzas e a ser posible que permaneceran no tempo. Ao comezo do curso escolar 2006/07, o Equipo de Normalización Lingüística e a dirección do centro do “IES Xesús Taboada Chivite” de Verín, consideraron que dada
a súa situación xeográfica, sería imprescindible programar unha actividade conxunta cos veciños de Chaves, xa que ata ese momento e a pesares de estar tan preto, a distancia era enorme se nos referimos a actos escolares mancomunados.
proceso, para iso, pensamos que antes de ter un primeiro contacto os alumnos manterían correspondencia epistolar durante todo o curso con outro colega elixido ao chou, deste xeito cando se celebra a xuntanza xa coñecen nalgún aspecto ao seu homólogo.
O primeiro paso para a pretendida tarefa foi presentala da forma máis atractiva para que tanto portugueses coma españois nos sentiramos enfeitizados por ela e así conseguir que a actividade fose unha realidade.
A actividade estaría dirixida aos alumnos portugueses de 10ª curso de secundaria e aos españois de 4º de ESO, sen esquecer ao profesorado que desexase participar de ambos países.
Dende o principio o IES “Xesús Taboada Chivite” pensou na “Escola Secundaria Fernão de Magalhães”, pois ao ser a máis antiga e estar situada no centro da cidade de Chaves para os verineses é a máis coñecida e recoñecida.
O encontro físico ata o curso 2008-09 tivo dúas fases:
Postos en contacto co seu director Fernando Félix de Almeida Castro, entregóuselle un proxecto inicial que podía ser modificado para que os dous centros fosen os artífices da común programación. Pola parte lusa aceptouse sen dilación a proposta e comezamos coa súa preparación. Decidimos que os obxectivos básicos serían: 1.- Ampliar o campo de observación do alumno e propiciar a formación do mesmo no respecto e coñecemento da pluralidade lingüística e cultural dos países da Unión Europea. 2.- Dar a coñecer aos alumnos a lingua e cultura portuguesa e española, como participación activa dunha educación intercultural e europeísta. 3.- Propiciar o coñecemento de Portugal e España aos alumnos. 4.- Coñecemento e valoración das culturas e tradicións dos dous países. 5.- Comunicación con estudantes doutra lingua e cultura. 6.- Fomentar a creación dunha cooperación máis estable e duradeira entre centros participantes. 7.- Facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal do alumnado, ofrecéndolle a oportunidade de vivir unha experiencia intercultural, aínda que sexa por un breve período de tempo, noutro país, inmerso nunha cultura distinta e traballando intensamente cos seus asociados estranxeiros. 8.- A aprendizaxe doutra lingua como elemento fundamental para o desenvolvemento integral dos alumnos. 9.- Fomentar unha actitude positiva e respectuosa cara á lingua e culturas de ámbolos dous pobos. 10.- Inculcar na mocidade a idea de que as linguas son unha forma de comunicación entre os pobos, que axuda a transmitir a súa cultura e tradicións.
a) Fase receptora b) Fase visitante Na fase receptora, un dos dous centros acolleu aos alumnos e profesores participantes do outro e programou a xornada de convivencia como considerou máis frutífera. As actividades deron comezo e finalizaron coa xornada lectiva de cada centro. A fase visitante tivo lugar un mes máis tarde con respecto da primeira. A partir do curso 2009-10 instaurouse un cambio consistente nun único encontro físico que rota anualmente entre os dous países. Distinguimos dúas actividades diferentes: a comunicación epistolar que se realiza durante todo o curso entre todos os alumnos participantes do encontro, nas linguas respectivas, e os encontros físicos que son o colofón do traballo de todo o ano. As actividades están pensadas dende unha perspectiva lúdica, divertida, integradora, motivadora e participativa. A comunicación epistolar está pensada, ademais de recuperar unha forma de relacionarse hoxe case perdida, para que os alumnos dos dous países veciños se vaian coñecendo pouco a pouco ata chegaren os días dos encontros. A correspondencia é totalmente libre e confidencial e nela tocan todos os asuntos que á mocidade actual lle interesan. A parte de coñecer a fondo, nos tres primeiros Encontros, as cidades de Chaves e Verín, visitamos a partir do curso 2009/10 as cidades de Santiago de Compostela, Guimarães, Lugo, Régua, Ourense, Oporto e Pontevedra. Este ano o encontro físico foi en Viseu, visitando ademais Lamego e Caramulo. Esperamos continuar nos próximos cursos con este Encontro Luso-Galaico pois nos parece unha forma moi interesante de coñecemento e convivencia entre escolares e centros de dous países veciños.
A metodoloxía sería activa e participativa, é dicir, serían os alumnos os que se implicasen activamente neste IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
Gañador: Ángel Rato
Imaxes do Fotoentroido 2017
3º Premio: Ana Reigada
2º Premio: Pablo Delgado
IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
Grease en Galego!!
“Grease en Galego”, o noso quinto musical! 115
Madrid da movida dos oitenta, con Mecano en “Hoy
alumnos sobre o escenario (24 do reparto teatral,
no me puedo levantar” (2016), este ano tocoulle
un coro de 40 alumnos e os demais en coreografías,
o turno ó rock dos 50 con “Grease” (2017), a nosa
na tremoia ou de solistas), outros 20 alumnos que
versión en galego das aventuras de Danny e Sandy.
se ocuparon dos decorados, ademais dun coro de 10
Comezamos con ensaios teatrais en outubro ( os
profesores e un equipo de profesores colaboradores
xoves de 17:30 a 19:00), o coro de alumnos e novembro
que prepararon: guión adaptado e dirección artística,
(os martes de 17 a 18:30h), coro de profes tamén en novembro (os martes no recreo), as
coreografías
en
xaneiro
(recreos e algún sábado pola tarde) e a banda en marzo. Non paramos de ensaiar ata a estrea. Para nós é un pracer poder interpretar na lingua de Rosalía os temas que desde finais dos 70 todos asociamos a Olivia Newton-John e Johnn Travolta;
sería
xenial
en Verín a xente Helena
Pousada
que
lembrara (Sandy)
e
Alfonso Seoane (Danny), os protagonistas
indiscutibles
deste musical, que cantan, actúan e bailan todo en directo, xunto cos seus compañeiros de reparto. Todo un reto que non tiñamos intentado ata este ano (e máis tendo en conta que o coro non se limita a dobrar a musical e teatral (David Rodríguez, profe de música),
melodía principal, senón que fai
tradución de letras do inglés ó galego (Isabel Cota,
outras voces, tal e como se facía no rock dos 50).
profe de inglés),
Fixemos algunhas gravacións en exteriores (no
decoración (Javier Díaz, profe
de debuxo), iluminación (Javier Rodríguez, profe
restaurante
de ciencias), efectos e son (Marcos “A gramola”),
Pontevella, Ourense; no pub Acrópolis, Verín; e no
coreografías (Iria Otero), atrezzo (Lucía Gómez,
pub Revólver, Verín). A estrea dalgúns números
conserxe), maquillaxe e peiteado
coreográficos foi no pub Trisquel, Verín.
(Alba Barreira),
unha gramola fabricada para a ocasión (Kike Álvarez, profe de tecnoloxía) etc. Despois de ter comezado o noso camiño no mundo dos
musicais con “Los
miserables” (2013), de ter “visitado” o París finisecular da bohemia e o cabaret con “Moulin Rouge” (2014), de ter bailado ó son da música dos 70 con ABBA en “Mamma mia!” (2015, tamén en galego) e de ter deambulado polo
Blue
Moon
do
centro
comercial
IES Xesús Taboada Chivite. Verín
Faíscas 2017. Época 2 Núm. 11
E
revista faíscas I E S
X E S Ú S
T A B O A D A
C H I V I T E