
1 minute read
OBXECTIVO EN ACCIÓN
Nesta unidade tiveches a oportunidade de coñecer técnicas e recursos fundamentais na formación de moitas profesións: deseño, arquitectura, dirección de cine, animación, etc. Coa técnica de pensamento CTF (considerar todos os factores), expresa as razóns polas que é tan importante a educación e aproveitar as oportunidades que nos ofrece.
1 Ordena do 1 ao 4 os seguintes aspectos traballados, pensando cales se che dan ben e cales necesitas mellorar.
Comprendo os pasos para trazar unha estrela de oito puntas.
Son capaz de crear composicións con rectas paralelas e perpendiculares.
Identifico o alzado, a planta e o perfil dun obxecto.
Visualizo como se representa un obxecto tridimensional en perspectiva cabaleira.
2 Rodea como te sentiches.
• Dando vida a un obxecto para convertelo nun personaxe de animación.
• Xogando cos planos cinematográficos.
• Compoñendo unha escenografía para ambientar un espectáculo.
• Creando unha escena para unha película de animación.