Operación mundo: Plástica 6º Galicia (demo)

Page 1

PRIMARIA 6 Operaciónmundo
Galici a LICENZA 12 MESES INCLÚE PROXECTO DIXITAL mOstra
Plástica

1 Constrúe o teu futuro

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVA EN ACCIÓN • ODS

Reflexionar sobre por que é importante valorar a educación, que nos formará para desempeñar unha profesión de forma digna na idade adulta.

Traballo decente e crecemento económico

2 Explora o visible e o invisible

Tomar conciencia de que na historia da arte houbo moita mulleres artistas. Coñecemos esta realidade grazas a investigacións da situación da muller e a súa historia.

3 Desenvolve o teu talento artístico

Igualdade de xénero

Tomar conciencia de que aínda estamos a tempo de parar o cambio climático se todos e todas contribuímos con cambios no noso comportamento (reciclar, usar a bicicleta, etc.).

OBSERVA

1.1 Con moita precisión

• As estrelas no deseño xeométrico

• Rectas paralelas e perpendiculares

• O deseño no sistema diédrico

• O deseño de edificios en perspectiva cabaleira

1.2 Imos ao cine!

• Os personaxes do cine de animación

• Os planos no cine

• A escenografía

• Así crean: Brenda Chapman e Tim Burton

CREA CONSTRÚE E PINTA

• Un deseño con estrelas

• Unha composición con rectas paralelas e perpendiculares

• O deseño dun camión de bombeiros en diédrica

• O deseño dunha casa en perspectiva cabaleira

• Personaxes de animación

• Do plano xeral ao primeiro plano

• Escenografía para unha noite de lúa

• Crea ao teu xeito

2.1 Os xéneros e as súas técnicas

• A paisaxe e a perspectiva

• O bodegón e o volume dos obxectos

• O retrato e o seu contexto

• A figura humana e o canon

2.2 Do realismo á abstracción

• A realidade distorsionada

• Figuras fragmentadas por formas xeométricas

• A figura e o fondo

• A abstracción, pintura do invisible

• Así crean: Pablo Picasso e Hilma af Klint

3.1 Un estilo propio

• O sentido do tacto na arte

• A paleta do artista

• A simetría e o equilibrio compositivo

• A linguaxe artística do trazo

3.2 O meu autorretrato

• A representación do rostro de semiperfil

• O artista e os seus símbolos

• O retrato e a fotomontaxe

• As emocións no retrato escultórico

• Así crean: Frida Kahlo e Salvador Dalí

• Perspectiva con colaxe

• Luz e sombras en obxectos mediante raiado

• Un cabaleiro do século xxi

• A proporción do corpo humano

• Deformación sobre cuadrícula

• Un fondo mariño con figuras fragmentadas

• Un xogo visual co fondo e a figura

• Pasos do realismo á abstracción

• Crea ao teu xeito

• Unha composición con texturas

• As miñas cores defínenme

• Unha composición simétrica con colaxe

• A personalidade no trazo

• Un retrato de perfil a 3/4

• O encaixe para a representación de obxectos

• Un retrato con fotomontaxe

• O modelado das emocións

• Crea ao teu xeito

Constrúe:

• Un camión de bombeiros (páx. 65)

• Lámpada de Nadal (páx. 67)

Pinta:

• Unha casa de película (páx. 73)

Constrúe:

• Un xogo para descubrir mulleres artistas (páx. 69)

Pinta:

• Unha curuxa realista (páx. 75)

• A abstracción xeométrica (páx. 77)

Constrúe:

• Diaporama do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) (páx. 71)

Pinta:

• Tarxeta do Día do Libro (23 de abril) (páx. 79)

Que imos aprender?
PÁX. 25
Acción polo clima
PÁX. 45
PÁX. 7

1 Constrúe o teu futuro

Os nenos e as nenas teñen o dereito a non traballar. O traballo infantil, ademais de provocar problemas de saúde, priva os nenos e as nenas de tempo para xogar e para estudar.

Como

o ves?

En que che gustaría traballar cando sexas maior?

Sabes que tes que estudar para conseguilo?

O dato Segundo datos de UNICEF, calcúlase que hai máis de 150 millóns de nenas e nenos de entre 5 e 17 anos que traballan.

Obxectivo en acción

Reflexionar sobre por que é importante valorar a educación, que nos formará para desempeñar unha profesión de forma digna na idade adulta.

8
1 Con moita precisión 2 Imos ao cine!

Os deseños xeométricos

Os deseños xeométricos son característicos da arte islámica. Este tipo de decoración baséase na combinación de círculos, polígonos e estrelas de tres, seis e oito puntas.

A estrela de oito puntas fórmase con dous cadrados superpostos, un deles xirado 45°.

No seguinte azulexado de arte islámica aparecen tres tipos de estrelas poligonais. Rodea o número de puntas que presentan: 3 4 5 6 7 8 9

8 U1 1.1 Con moita precisión
OBSERVA As estrelas no deseño xeométrico
Fonte con lavabo en forma de estrela de oito puntas. Real Alcázar de Sevilla.

CREA

Un deseño con estrelas

Sigue os pasos e completa debuxando estrelas de oito puntas. Colorea como queiras.

4

9
1 Traza dúas circunferencias concéntricas e dous diámetros. 2 Traza dous cadrados unindo os extremos dos diámetros. 3 Traza outros dous diámetros que pasen polo centro dos lados dos cadrados. Une os extremos dos novos diámetros. 5 Borra así.
1 3 5 2 4 6
6 Colorea utilizando as cores que queiras.

Rectas paralelas e perpendiculares

Como trazar paralelas con escuadro e cartabón

1 Coloca o escuadro co ángulo recto cara a ti, fixa o cartabón como na imaxe e traza unha liña.

2 Despraza o escuadro cara a abaixo sen mover o cartabón e traza liñas paralelas.

Como trazar perpendiculares con escuadro e cartabón

1 Coloca o escuadro e o cartabón como no exemplo anterior e traza unha ou varias rectas horizontais.

2 Xira o escuadro no sentido das agullas do reloxo ata apoiar o outro cateto e traza unha ou varias rectas perpendiculares, desprazando o escuadro.

10 U1
OBSERVA 1.1 Con moita precisión
Composición en amarelo, azul e vermello (1937), de Piet Mondrian. Tate Modern (Londres. Reino Unido).
1 1 2 2
Na imaxe da dereita, repasa con rotulador vermello as rectas paralelas horizontais. Despois, repasa con rotulador azul as paralelas verticais.

Unha composición con rectas paralelas e perpendiculares

CREA Completa as marcas á distancia indicada e segue os pasos. Utiliza escuadro e cartabón, e as cores que queiras.

11
1 2 3

O deseño no sistema diédrico

Escribe o número que corresponda a cada vista.

Planta Alzado Perfil frontal Pefil posterior

A perspectiva diédrica

O primeiro paso ao deseñar un obxecto tridimensional é debuxalo sobre a superficie bidimensional do papel mediante métodos de representación chamados perspectivas; por exemplo, a perspectiva diédrica.

A perspectiva diédrica consiste en representar un obxecto debuxando as súas vistas: alzado, planta e perfil.

Faino virtualmente en anayaeducacion.es.

12 U1
OBSERVA 1.1 Con moita precisión
Alzado Planta Perfil frontal
1 3 2 4
Perfil posterior

CREA

O deseño dun camión de bombeiros en diédrica

Observa e completa o alzado, a planta e os perfís frontal e posterior. Colorea.

Tres dimensións

13
Alzado Planta Perfil frontal Perfil posterior Alzado Planta Perfil frontal Perfil posterior

O deseño de edificios en perspectiva cabaleira

A perspectiva cabaleira

Outro método para representar un obxecto sobre o papel é a perspectiva cabaleira.

Este método debuxa os obxectos tridimensionais coa axuda de tres eixes: z para a altura; x para a anchura; y para a profundidade.

En arquitectura, por exemplo, realízanse representacións en perspectiva cabaleira para ter unha idea global dos proxectos antes de desenvolvelos.

Nas seguintes figuras marca con rotulador vermello a anchura, con azul a profundidade e con verde a altura.

14 U1
OBSERVA 1.1 Con moita
precisión
Altura z y x Anchura Profundidade

O

deseño dunha casa en perspectiva cabaleira

Sigue os pasos e completa o deseño dunha casa en perspectiva cabaleira. Colorea.

15
CREA 1 2 3

Os personaxes do cine de animación

Os personaxes de animación

Moitos artistas encamiñan os seus pasos cara á creación de personaxes para contar historias en películas de debuxos animados. Un personaxe de animación moi famoso é Mickey Mouse. Creouno Walt Disney en 1927.

Calquera animal ou obxecto (froita, auto, xoguete, utensilio...) pode servir de inspiración para dar vida a un personaxe, sempre que se lle dote de identidade e personalidade ao representalo.

Observa o fotograma e rodea os elementos que serviron de punto de partida para crear os dous personaxes que aparecen.

dous cubos e un hámster unha vasoira e un rato un esquío e un cepillo

16 U1
Fotograma da película de animación Fantasía 2000 (1999), de Walt Disney.
OBSERVA
1.2 Imos ao cine!

CREA

Personaxes de animación

Observa e converte en personaxes o móbil, a cunca e a guitarra. Despois, crea o personaxe que ti queiras. Colorea.

17

Os planos no cine

Os planos cinematográficos

O cine utiliza diferentes planos para contar historias. Os principais son:

Plano xeral: os personaxes vense enteiros, da cabeza aos pés. Utilízase para situar o personaxe nun lugar e mostrar a súa relación con el ou con outros personaxes.

Plano medio: enmarca os personaxes desde a cintura cara a arriba. Dá importancia ao suxeito e ao mesmo tempo ao lugar. Emprégase para escenas de diálogo.

Primeiro plano: céntrase no rostro e os ombros dun personaxe. Utilízase para mostrar como se sente porque realza as súas emocións.

Observa as dúas fotos da esquerda e escribe debaixo o tipo de plano que aparece en cada unha.

Faino virtualmente en anayaeducacion.es

18 U1
OBSERVA 1.2 Imos ao cine!
Plano xeral de Os mundos de Coraline (2009), película de animación escrita e dirixida por Henry Selick; baseada na novela Coraline (2002), de Neil Gaiman.

De plano xeral ao primeiro plano CREA

Sobre o seguinte plano xeral, marca un plano medio e un primeiro plano. Despois, debúxaos. Colorea.

19
Plano xeral da película de animación A viaxe de Chihiro (2001), dirixida por Hayao Miyazaky. PLANO MEDIO PRIMEIRO PLANO

A escenografía

A escenografía

A escenografía é o conxunto de elementos visuais utilizados para ambientar e representar unha película, un musical ou unha obra de teatro. Os elementos escenográficos son o decorado, a iluminación, a caracterización dos personaxes (vestiario, maquillaxe), etc.

Describe co teu compañeiro ou compañeira os elementos escenográficos da imaxe de O Rei León (decorado, iluminación, cor, caracterización dos personaxes, etc.). Despues, contestade:

a) A que lugar nos transporta esta escenografía?

b) Con que elementos o consegue?

20
OBSERVA 1.2 Imos ao cine!
Representación do musical O rei León (2019), en Taipei (Taiwán).
U1

CREA

Escenografía para unha noite de lúa

Asemblea de ideas Sigue os pasos e crea unha escenografía nocturna cos elementos que ti queiras.

1 Reúne os seguintes materiais. Pinta o exterior da caixa de cor negra.

2 Forra o interior da caixa co papel azul. Pinta o chan de cor gris.

3 Engade salpicado branco para crear efecto estrelado.

Papel pinocho azul

Caixa de cartón de aproximadamente 45 x 35 x 20 cm

Cartolina negra

Papel de xornal

Cartolina branca

4 En cartolina negra, debuxa e recorta os edificios. Engade detalles.

5 En cartolina branca, debuxa, colorea e recorta o resto dos elementos.

6 Pega os elementos en dous planos: ao fondo, os edificios, a lúa e o gato; en primeiro plano, os demais.

21

O cine de animación de Brenda Chapman e Tim Burton

Brenda Chapman (1962) é unha directora, guionista e animadora estadounidense. Dirixiu a película O príncipe de Exipto (1998) dos estudos DreamWorks Animation, o que a converteu na primeira muller en dirixir unha película animada nun dos estudos de animación máis importantes.

Despois dirixiu outras películas como Brave (2012), para a que creou o personaxe dunha dama medieval que rompe con todos os estereotipos de princesas característicos das películas de Disney.

Tim Burton (1958) é un director de cine, escritor e debuxante estadounidense. As súas películas, inspiradas en grandes obras da literatura gótica, caracterízanse por un estilo moi orixinal, con personaxes únicos e atmosferas tenebrosas cargadas de detalles.

A súa técnica de animación favorita é o stop motion, que consiste en tomar fotos fixas a bonecos articulados en distintas posicións, para conseguir sensación de movemento. Utilizou esta técnica en películas como A noiva cadáver (2005).

22 U1
ASÍ CREAN
Brave (Indomable) (2012), película de animación dirixida por Brenda Chapman e Mark Andrews.
¡¡
A noiva cadáver (2005), película de animación dirixida por Tim Burton e Mike Johnson.

CREA AO TEU XEITO

Debuxa unha escena co personaxe de animación que creaches na

OBXECTIVO EN ACCIÓN

Nesta unidade tiveches a oportunidade de coñecer técnicas e recursos fundamentais na formación de moitas profesións: deseño, arquitectura, dirección de cine, animación, etc. Coa técnica de pensamento CTF (considerar todos os factores), expresa as razóns polas que é tan importante a educación e aproveitar as oportunidades que nos ofrece.

1 Ordena do 1 ao 4 os seguintes aspectos traballados, pensando cales se che dan ben e cales necesitas mellorar.

Comprendo os pasos para trazar unha estrela de oito puntas.

Son capaz de crear composicións con rectas paralelas e perpendiculares.

Identifico o alzado, a planta e o perfil dun obxecto.

Visualizo como se representa un obxecto tridimensional en perspectiva cabaleira.

2 Rodea como te sentiches.

• Dando vida a un obxecto para convertelo nun personaxe de animación.

• Xogando cos planos cinematográficos.

• Compoñendo unha escenografía para ambientar un espectáculo.

• Creando unha escena para unha película de animación.

24 U1
PORFOLIO PORTAFOLIO
Como aprendín?
3 1 2 4 6 5 7 10 9 8 Por que é importante a educación e a formación para desempeñar unha profesión? Consulta en anayaeducacion.es

© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.