1 minute read

COn moita arte

Levade a Boa Noticia

«Ide por todo o mundo e proclamade a Boa Noticia a toda criatura» (Mc 16, 15).

Xesús aparécese aos seus discípulos despois de resucitar e envíaos a levar a Boa Noticia a todo o mundo. Esta é unha tarefa que Xesús tamén nos encomenda a todos os cristiáns: a difusión da fe e da Boa Noticia.

A arte é un xeito precioso de comunicar a Boa Noticia ao mundo. A vida de Xesús e a súa mensaxe leváronse ao cine en moitas ocasións. Dende a súa orixe co cine mudo, Xesús estivo e está presente en películas animadas, superproducións de Hollywood e películas da actualidade.

The Chosen (‘Os elixidos’) é unha serie creada e dirixida polo estadounidense Dallas Jenkins. Trátase da primeira serie sobre a vida de Xesús. É unha produción impecable en fotografía, música e interpretación... e cun grande éxito mundial.

Dallas Jenkins comenta sobre The Chosen: «Queremos achegar a Boa Noticia a todos os espectadores». E conseguiuno. Mostra a Xesús próximo, alegre, amigo e real. E como cambia a vida dos que o coñecen e se achegan a El!

1. Coñeces a serie The Chosen? Viches algunha película sobre a vida de Xesús? Que che chamou máis a atención? Por que?

• Compartide os vosos coñecementos e ideas e dialogade en clase.

Que arte tes!

O fondo de The Chosen

Non só pola súa calidade cinematográfica, The Chosen é unha serie que conecta con millóns de persoas en todo o mundo; tamén conecta por como se produciu:

• A través dun gran crowdfunding que permitiu a creación dunha páxina web e unha app. Desta forma, pódese ver a serie de xeito gratuíto e colaborar economicamente para poder producir as sete tempadas previstas.

• Os guións están asesorados por un sacerdote católico, un rabino e un pastor protestante. E o resultado é exquisito, porque o importante é achegar a Xesús a calquera persoa.

Estas dúas claves tan importantes non se ven en pantalla, aínda que tamén comunican a Boa Noticia de Xesús. Fálannos de autenticidade, de xenerosidade e de unidade entre persoas de todo o mundo que non se coñecen e que pensan diferente, pero que están unidas polo amor: fálannos de fraternidade.

O tráiler

Formamos grupos de catro ou cinco persoas para realizar a nosa película ou serie sobre a Boa Noticia.

1. Pensa co teu grupo a idea do que queres contar.

2. Escribide un breve guión, que será a escena do avance da película ou serie.

3. Deseñade como realizala: espazo de gravación, vestiario, etcétera.

4. Gravade o vídeo e visionade a súa estrea en clase.

Rabino. Como os sacerdotes, é un guía espiritual para os xudeus.

Pastor. É o guía espiritual nas comunidades dos protestantes.

Axuda en anayaeducacion.es

This article is from: