
1 minute read
...no mundo
En Nadal instalamos o belén na casa, na igrexa e ata na rúa. Hai beléns de moitos tipos e estilos: de xoguete, de barro, de luces, de papel, de tea, grandes, pequenos, tradicionais, modernos... Algúns son auténticas obras de arte. Unha variedade infinita, aínda que todos teñen en común o presebe, que é o lugar onde se lles pon a comida aos animais, e o berce onde colocamos ao neno Xesús.

Deus envía o seu Fillo para salvarnos. Chama a atención que non o fai de xeito grandioso ou poderoso. Xesús nace pobre e pequeniño nun presebe de animais. O feito non é ningunha loucura: é unha declaración de intencións, unha mensaxe clara de Deus para ensinarnos onde está o importante e a verdadeira felicidade.
O presebe fálanos do acollemento da vida e da grandeza de todas as persoas por igual, en especial das persoas máis necesitadas: emigrantes, refuxiadas, pobres ou persoas sen fogar que buscan un lugar para nacer de novo.
O anuncio do Nadal
1. Comenta e dialoga en clase:
• Na casa poñedes belén? Como é? Que é o que máis che gusta dos beléns?
2. Realiza un belén coa técnica que queiras, utilizando xornais ou noticias imprimidas. Así recordarás que Xesús nace hoxe en cada corazón, e, en especial, nas realidades máis complicadas. Expoñédeo en clase.