Skip to main content

Operación Mundo: Lingua 5º Primaria (demo)

Page 1

DEMO

INCLÚE

C

EN

S

LI

PROXECTO DIXITAL ZA 12 MES

E

5

PRIMARIA

Lingua

n

ió c a

r e p

O u

o d n

m


Que imos aprender?

AR ISCIPLIN INTERD

PÁX.

1

Sementar no futuro

8

2

Ter conta do mar

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVO EN ACCIÓN

ODS

Que diferenzas haberá entre a escola de antes e a de agora? Analiza datos e reflexiona sobre o acceso da muller á educación en Galicia.

Igualdade de xénero

24

Sabes que as rías galegas son un fenómeno xeolóxico singular? Pescuda por que as rías galegas son un enclave único e por que temos que velar pola súa conservación.

Acción polo clima

3

Elos da natureza

42

Sabes que nas últimas tres décadas, Europa perdeu o 60% dos seus pardais. Como podemos contribuír co noso gran area? Analizamos datos e creamos un comedeiro de paxaros para o patio.

Vida de ecosistemas terrestres

4

Agasalla con agarimo

56

Fixeches algunha vez un regalo para alguén especial? Faremos unha enquisa para saber cales son os tres «mellores» regalos para o alumnado de 5º curso.

Produción e consumo responsables

REPASO TRIMESTRE 1

5

A maxia do escenario

74

Sabes que o teatro naceu na antiga Grecia entre o século v e iv a. d. C.? Compara dous grandes espectáculos: Músicais e fútbol: diferenzas e semellanzas

Saúde e benestar

6

A poesía abre portas

90

Sabías que só un 1,2 % das persoas no noso país le poesía? Porén, entre a xente nova, cada día ten máis éxito. Analizamos as razóns e buscamos novas e novos poetas.

Educación de calidade

7

Non deixes rastro

106

Como te sentes cando chegas a un espazo público sucio? Elaborade unhas normas para o tratamento dos residuos no voso colexio.

Cidades e comunidades sostibles

8

Polo fondo dos mares

122

Sabes que 20 dos 100 libros máis vendidos en España son mangas xaponeses? Imos facer un libro recompilatorio dos cómics que fixemos nesta unidade

Vida submarina

REPASO TRIMESTRE 2

Noutros tempos…

140

Sabes que no confinamento aumentou o número de lectores habituais? Debate: libro ou peli… ou ambos. Analiza, extrae conclusións e expoñédeas nunha gráfica.

Educación de calidade

10

Refugallo cero

156

España está no posto 29 na clasificación mundial sobre liberdade de prensa. Analizade o impacto das fake new e creade un decálogo para aprender a diferencialas.

Paz, xustiza e institucións sólidas

11

Falemos de ciencia

172

Algúns científicos e científicas galegas ocupan altos postos entre os máis citados do mundo. Analiza as traxectorias destas persoas e elabora unha infografía sobre a ciencia en Galicia

Saúde e benestar

12

Viaxeiros aventureiros

188

O turismo é un recurso cada vez máis importante en Galicia. Reflexionade e elaborade un listado dos puntos fortes de promoción turística da vosa vila.

Vida de ecosistemas terrestres

9

REPASO TRIMESTRE 3


COMPRENDO

EXPRÉSOME

ENREDO COA CULTURA

COÑEZO A MIÑA LINGUA

• Leo: Ana, de Tellas Verdes • Escoito: A recensión persoal

• Vocabulario: Os libros • Falo: Preséntome • Escribo: O texto narrativo

• Mulleres no cerne da educación

• Ortografía: As sílabas e as palabras • Gramática: A comunicación

• Leo: Bala perdida • Escoito: Sabes de que lugar che falo?

• Vocabulario: Verbas de mar • Falo: Datos relevantes • Escribo: O texto descritivo

• A reserva mariña dos Miñarzos

• Ortografía: A acentuación • Gramática: O galego e as linguas de España

• Leo: A saramaganta e a pita do monte • Vexo: Animais singulares

• Vocabulario: O estudo dos animais • Falo: A comunicación por xestos • Escribo: O texto expositivo

• Fórmulas para falar os animais

• Ortografía: : O acento diacrítico • Gramática: A oración: suxeito e predicado

• Leo: Canción de Nadal • Escoito: Dúas vidas para moitas cousas

• Vocabulario: As feiras e o comercio • Falo: O debate • Escribo: O texto argumentativo

• As feiras tradicionais

• Ortografía: Os ditongos e os hiatos • Gramática: O nome

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · O noso cumio polo clima

• Leo: Somos os monstros • Vexo: Identifico personaxes

• Vocabulario: Os sentimentos e as emocións • Falo: A lectura dramatizada • Escribo: O texto dramático

• Artes inclusivas

• Ortografía: O punto e as maiúsculas • Gramática: O adxectivo

• Leo: Poemas diversos • Escoito: As adiviñas

• Vocabulario: Os xentilicios e os sinónimos • Falo: A lectura en voz alta • Escribo: O texto poético

• O Día de Rosalía

• Ortografía: A coma e os signos de interrogación e exclamación • Gramática: Os artigos e os demostrativos

• Leo: Instrucións para facer unha andaina • Escoito: A conversa e os rexistros

• Vocabulario: O excursionismo • Falo: O diálogo e as normas de convivencia • Escribo: O texto instrutivo

• O Camiño de Santiago

• Ortografía: Os dous puntos e as comiñas • Gramática: Os posesivos, os numerais e os indefinidos

• Leo: O primeiro avistamento • Vexo: Conversas submarinas

• Vocabulario: A fauna mariña • Falo: A improvisación • Escribo: O cómic

• Ángeles Alvariño, unha oceanógrafa pioneira

• Ortografía: As palabras con nh e con b e v • Gramática: Os adverbios e as preposicións

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · Facemos camiño

• Leo: O raposo e máis o lobo • Escoito: De quen me falas?

• Vocabulario: As frases feitas • Falo: O resumo • Escribo: O retrato

• Abril, mes dos libros

• Ortografía: As palabras con c, cc e ct • Gramática: Os pronomes persoais tónicos

• Leo: Refugallo cero • Escoito: Notas de prensa

• Vocabulario: A prensa • Falo: A argumentación • Escribo: Os titulares

• O Día da Liberdade de Prensa

• Ortografía: As palabras con s ex • Gramática: Os pronomes persoais átonos

• Leo: Científicas e cientificos en Galicia • Escoito: As variedades dialectais do galego

• Vocabulario: A medicina • Falo: A conferencia • Escribo: A entrevista

• A divulgación científica en Galicia

• Ortografía: As palabras con h e sen h • Gramática: O verbo

• Leo: Unha viaxe en familia • Escoito: Os trabalinguas

• Vocabulario: As viaxes • Falo: Os xogos de palabras • Escribo: Os textos publicitarios

• O Día Mundial do Medio Ambiente

• Ortografía: As palabras con ll e con i • Gramática: O verbo

PROXECTO INTERDISCIPLINAR · Un lugar para o noso recreo


1

Sementar no futuro

Os faiados son lugares cheos de segredos. O outro día atopei nunha maleta un libro vellísimo que se titulaba Enciclopedia, e un artefacto ben estraño: unha lousa cun pau de grafito para escribir. Miña avoa botouse a rir cando me viu baixar con eles. «Sabes o que é iso, Sabela? Pois éche a miña tableta. Con iso aprendín a ler e a escribir».

Como o ves? Que diferenzas haberá entre o ensino de hoxe e o de hai cen anos? Cres que nesa época as mulleres tiñan as mesmas posibilidades de acceder á educación?

O dato En 1860 sabían ler e escribir en Galicia 40 de cada 100 nenos, pero só 5 de cada 100 nenas.

Para esta unidade...

Obxectivo en acción Analiza datos e reflexiona sobre proceso de alfabetización en Galicia e, en especial, sobre o acceso da muller á educación.

8

Sigue o fío!

Ana, de Tellas Verdes

Os libros e os dicionarios

Sabes o que se estudaba nas escolas hai máis de cen anos?

Cales son os elementos básicos para estudar?


5

Mulleres no cerne da educación

Coñeces mulleres relevantes no ámbito da educación en Galicia?

A biografía persoal

Uns poucos datos pódennos dar moita información.

O texto narrativo

Que se di na lectura sobre os cambios na forma de escribir de Ana?

!

COÑEZO A M IÑ A L IN G

UA

As sílabas e as palab ras

A comunic ac

ión

9


COMPRENDO

Leo un relato Ana, de Tellas Verdes foi escrito por Lucy Maud Montgómery en 1908. Narra a vida da pequena orfa Ana, na aldea de Avonlea (Canadá), desde pequena ata facerse moza.

Antes de ler • Fíxate na ilustración, cal é a actitude da protagonista? • Que diferenzas atopas entre a súa escola e a túa?

Ana, de Tellas Verdes

Había outros cambios en Ana, non menos reais que os físicos. Para empezar, volvérase moito máis tranquila; quizais pensaba máis que nunca e soñaba tanto coma antes, pero o certo era que falaba menos. Marilla decatouse e tamén o comentou.

—Falas a metade do que falabas antes, Ana, e apenas empregas palabras importantes. Que che pasou? Ana púxose encarnada e sorriu, mentes deixaba o libro e miraba soñadoramente pola xanela, onde vermellos e grandes abrochos reventaban sobre a enredadeira, como resposta ao reclamo do sol de primavera. —Non sei. Non sinto desexos de falar tanto —dixo pensativamente—. Prefiro pensar nas cousas que me gustan e gardalas no corazón coma tesouros. Non me gusta que se rían ou dubiden delas. E, por algunha razón, xa non quero usar máis palabras rimbombantes. É unha pena, xa que agora case son o bastante maior como para dicilas se o desexara. É divertido crecer en certos sentidos, pero non é o tipo de diversión que eu agardaba, Marilla. Hai tanto que aprender e facer e pensar, que non hai tempo para palabras importantes. Ademais, a señora Stacy di que as simples son moito máis fortes e mellores. Fainos escribir todos os nosos traballos tan sinxelamente como sexa posible. Ao primeiro foi difícil. Estaba afeita a enchelo todo con canta palabra grande podía pensar, e eran moitas. Pero agora estoume afacendo e vexo que é moito mellor así.

10

Encarnada: de cor vermella. Abrocho: xema que sae nos vexetais e dá lugar a novas flores ou pólas. Rimbombante: que é moi rechamante.


U1

—E que foi do teu club de contos? Hai moito que non che escoito falar del. —O club de contos xa non existe. Non temos tempo e, de calquera xeito penso que xa nos estaba empezando a aburrir. Era algo parvo estar escribindo sobre amor, asasinatos, fugas e misterios. Por veces, a señora Stacey fainos escribir algo como práctica de composición, pero non nos deixa relatar nada que non puidera pasar en Avonlea, nas nosas propias vidas; xúlgao con dureza e fai que tamén nós fagamos a nosa propia crítica. Nunca pensei que as miñas composicións tiveran tantos erros, ata que empecei a corrixilas eu mesma. Sentín tanta vergoña que quisen desistir para sempre, pero a señora Stacey dixo que podía aprender a escribir ben só con que eu fose a miña xuíza. E niso estoume exercitando. —Faltan só dous meses para o exame de ingreso; cres que aprobarás? Ana tremeu. —Non sei. Ás veces penso que todo vai saír ben, e despois sinto un medo terrible. Estamos estudando forte e a señora Stacy exercítanos con teimosía pero aínda así podemos fracasar. Cada un de nós ten o seu punto débil. O meu é a xeometría, por suposto; o de Jane é o latín; o de Ruby e Charlie, a álxebra, e o de Josie a aritmética. Moody Spurgeon di que o leva dentro e que sabe que vai fallar en historia inglesa. A señorita Stacey vainos facer uns exames en xuño que serán tan difíciles como os da Academia, e vainos cualificar estritamente, para irnos dando unha idea. Quixera que todo terminase xa, Marilla; estou preocupada. Ás veces esperto no medio da noite e penso que vou facer se non aprobo. —Pois ir ao colexio.

Teimosía: tendencia a ser teimudo, obstinado. Xeometría: estudo matemático do espazo, das formas e das figuras. Latín: lingua da antiga Roma e da que derivan as linguas romances (galego, portugués, castelán, catalán, francés, italiano etc.). Álxebra: estudo matemático das cantidades usando letras ou signos. Aritmética: parte da matemática que estuda os números.

11


COMPRENDO

Leo un relato

1

Quen é a protagonista da lectura?

2 Quen é a persoa coa que fala Ana? 3 Que cambios observa Marilla en Ana? 4 Cal destes textos resume os cambios que se produciron na forma de escribir de Ana. A escritura de Ana era intimista e poética. Fala das propias emocións e do seu mundo interior. Gústanlle as palabras delicadas e amables.

A escritura de Ana e rápida e chea de acción. Imaxina mundos estraños onde os seus protagonistas viven aventuras.

A escritura de Ana é realista e cercana. Fala do seu mundo próximo con palabras adecuadas que describen a vida en Avonlea.

Hai moitos, moitos anos... As materias de estudo cambiaron ao longo do tempo. Desde a época medieval, e durante moitos séculos, estudouse o Trivium e o Quadrivium. Observa as materias propias de cada un deles e vincúlaas co seu obxecto de estudo.

• Cales delas se corresponden coas materias que estudas ti? •

Pescuda en internet o que significan as palabras Trivium e Quatrivium e en que lingua están escritas. Trivium

• Gramática

• Recursos e razoamentos para argumentar, discutir ou refutar ideas.

• Dialéctica

• Arte de falar e escribir de maneira adecuada.

• Retórica

• Conxunto de regras que se seguen para escribir e falar correctamente unha lingua.

Quatrivium

12

• Aritmética

• Parte das matemáticas que estuda o espazo e as formas.

• Xeometría

• Arte de combinar os sons harmónicamente segundo unhas regras.

• Astronomía

• Parte da matemática que estuda os números e as operacións.

• Música

• Ciencia que estuda os astros.


U1

Preséntome e falo sobre as miñas expectativas Ás veces hai que parar e observarse a un mesmo. Cales son os intereses, gustos, prioridades e expectativas que temos? 1

Escoita o audio con atención.

A presentación Cando nos presentamos debemos facer unha exposición breve sen esquecer os datos importantes: nome, idade, procedencia, gustos e intereses.

2 Preséntate á clase. Podes facelo a partir dunha ficha coma esta.

- O meu nome: ...................................................... - De onde son e onde vivo: ...................................................... - Que cousas me gustan? Comidas: ................................................................. Actividades: ........................................................................................ Cores: ........................................................................ Xogos: .................................................................................................... Deportes: ............................................................... Libros: ..................................................................................................... - De maior quero ser: ...................................... Porque: .................................................................................................. Pon en práctica Asemblea de ideas

Por parellas, elixide unha destas situacións e representádea. Tede en conta as recomendacións que vos dan. Chegou ao colexio unha rapaza nova que leva anos fóra do país. Preséntate e coméntalle o que debe saber sobre a vosa aula. Queres matricularte nun curso de pintura e necesitas información. Solicítaa. Preséntaste ao grupo de teatro do colexio porque queres participar na obra que preparan este curso.

Toma nota! Para falar ben temos que usar un ton adecuado: nin moi alto nin moi baixo. 13


EXPRÉSOME

Os libros Gardas algún libro dos teus primeiros anos? Quizais algún daqueles de cartón duro cos que aprendiches a nomear animais, plantas, formas, obxectos…

1

Ordena alfabeticamente estes libros segundo os autores.

2 Sabes como se chama cada unha das partes dun libro?

contratapa

tapa

sinopse

lombo

3 Que palabra terás que buscar no dicionario para coñecer o significado de cada unha destas? páxinas • escritora • lendo • escoitaba • lectores 4 Relaciona cada concepto coa definición correspondente.

No dicionario, as palabras aparecen ordenadas alfabeticamente. Para buscar unha entrada hai que ter en conta:

• Cando dúas palabras comezan pola mesma letra temos que fixarnos na seguinte.

• Os nomes aparecen en singular (páxina) e en masculino (libreiro), os adxectivos aparecen en singular masculino (divertido) e os verbos en infinitivo (ler).

– Palabra definida que aparece ordenada alfabeticamente.

acepción

– Indicación da clase de palabra (nome, verbo, etc.).

palabra guía

– Definición da palabra. Se ten máis de unha, atoparémolas numeradas.

entrada

As palabras guía de cada páxina axúdannos a encontrar unha palabra rapidamente.

abreviatura gramatical

Cada entrada pode ter máis dunha acepción. As acepcións son os significados das palabras.

– Primeira e última entrada de cada páxina do dicionario.

14

O dicionario


U1

A recensión persoal Uns poucos datos sobre a biografía dannos moita información sobre as persoas. 1

Escoita como se presentou esta rapaza e responde as preguntas.

• Como se chama a nena? • Onde vive: nunha aldea, nunha vila ou nunha cidade? • Onde pasou as vacacións? • Que é o que antes non lle gustaba e agora si? Explica as razóns deste cambio.

• Que quere aprender este curso? E cando sexa maior? 2

Escoita estas recensións e vincúlaas coas imaxes.

A recensión persoal Unha recensión persoal debe incluír datos persoais (lugar e data de nacemento, familia etc.), datos profesionais (estudos, formación etc.) e aspectos interesantes da vida da persoa (premios, logros, influencias etc.).

3 Debatede en pequenos grupos sobre estas cuestións. – Coñeces a expresión «facerse a si mesmo»? – Como os estudos cambiaron a vida destas persoas? – Que valor lle dás ao esforzo persoal?

• Expoñede as vosas conclusións ante toda a clase.

Desde o futuro Prepara unha recensión persoal futura e inclúe as túas expectativas de formación. Expona brevemente ante toda a clase.

Toma nota! Na recensión deben ir os datos máis relevantes. 15


O texto narrativo Que lle di a profesora a Ana sobre a redacción? Escribir é unha habilidade comunicativa que debemos perfeccionar de forma continua.

Os personaxes Sosteñen a acción. Poden ser principais (protagonistas) ou secundarios.

Elementos da narración

O narrador É a persoa que relata a historia.

O tempo Sitúa a acción nun momento determinado: pasado, presente ou futuro.

1

O espazo Lugar onde se desenvolve a historia: pode ser o mesmo, pode cambiar ou haber varios.

Elixe a opción adecuada para estas cuestións sobre a lectura. – A historia está narrada por: Un narrador que sabe todo

Ana

Marilla

– A historia sucede: No orfanato

No colexio

Na casa de Ana

– Hai personaxes que participan na acción e outros que só se nomean, identifícaos: Marilla

Señora Stacy

Moody Spurgeon

Ana

– A historia acontece: No presente

16

No pasado

A acción Consta de presentación (na que se introduce a historia e os personaxes), nó (onde pasan a maioría das accións) e desenlace (onde se resolve o conflito).

No futuro

A narración Unha narración é o relato duns feitos reais, inventados ou fantásticos que lles acontecen a uns personaxes, nun espazo e nun tempo determinados.


U1

2 Le o seguinte texto e localiza os conectores de causa.

Conectores de causa

Candela seguiu avanzando mentres a noite se lle botaba enriba. Nos seus pensamentos mesturábanse as ganas de chegar e a preocupación polo que dirían, xa que aquelas non eran horas de andar polo monte. Pero ela sabía ben porque agardara a que escurecera. Agora si que descubrira, dunha vez, quen durmía na cova de Esmelle. 3 Escribe un texto breve empregando algún conector de causa.

Para indicar causa ou motivo empréganse palabras como: porque, xa que, pois… «E, por algunha razón, xa non quero usar máis palabras rimbombantes. É unha pena, xa que agora case son o bastante maior como para dicilas se o desexara..»

Dálle a volta ao conto É hora de por en práctica o que aprendiches sobre os textos narrativos e escribir unha narración, neste caso, un conto… ou, quizais, darlle unha volta a un conto coñecido. Pensa nos contos que che contaron antes de que soubeses ler. Seguro que recordas ou che soan títulos como Peter Pan, Brancaneves, O xastre valente, Cincenta, Carapuchiña Vermella, O gato con botas… Pois ímoslle dar volta ao conto. 1

Antes de escribir, elixe un conto tradicional. Búscao na biblioteca, en internet ou na casa.

3 Elabora un borrador previo cun esquema dos elementos do conto que elixiches.

2 Leo de novo e fíxate nos elementos propios do texto narrativo que estudaches na páxina anterior:

4 Agora, escribe unha nova versión e modifica algún destes elementos. Cambia os roles e fai que as princesas salven aos príncipes, que os protagonistas sexan animais ou seres fantásticos; sitúaos no presente ou no futuro; cambia o espazo e colócaos en lugares sorprendentes (nunha estrela lonxana, nun mundo paralelo, nunha dimensión fantasmal, no fondo do mar…).

• Os personaxes: protagonistas e antagonistas; axudantes, animais, seres máxicos etc.

• • • •

O narrador en 1º persoa ou en 3º persoa. O espazo: real ou imaxinario. O tempo: presente, pasado ou futuro. A acción: introdución, nó e desenlace.

Lembra a importancia de empregar conectores para mellorar a calidade da túa escritura. Fíxate na información sobre os conectores de causa. 5 E para rematar, revísao e préstalle atención á redacción e á ortografía. 6 Cando o acabes podes ilustralo e mesmo xuntar as propostas dos demais compañeiros e compañeiras e facer un libro conxunto.

17


E N R E D O C O A C U LT U R A

Mulleres no cerne da educación Lembras algunha das túas profesoras ou profesores por algo especial? En Galicia, algunhas mestras cambiaron significativamente o rumbo da educación.

Antía Cal Antía Cal (A Habana, 1923). De Cuba, volveu a Galicia con nove anos. Estudou na universidade de Santiago e especializouse en Xeografía e Pedagoxía. Antía casou co oftalmólogo Antón Beiras, un relevante galeguista, e xuntos viaxaron por toda Europa. Nestas viaxes, Antía inicia os seus contactos con persoeiros relevantes no ámbito da pedagoxía e da ensinanza. En 1961 funda en Vigo o colexio Rosalía de Castro, o primeiro en Galicia, laico e con clases mixtas, onde o inglés foi lingua de ensino xunto castelán e, axiña tamén, o galego. Este colexio foi un centro innovador e fundamental no desenvolvemento de novas tendencias educativas en Galicia.

Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca Son dúas irmáns mestras de Educación Infantil e Primaria con experiencia en dirección de centros, na formación do profesorado e na administración educativa. Estas profesoras marcaron un importante cambio de tendencia a través do seu blog Innovarte Educación Infantil. Nesta ferramenta, amplamente visitada desde múltiples lugares de todo o mundo, propóñense actividades relacionadas coa arte, a literatura, a ciencia, as tic, a música… etc. Recibiron importantes premios educativos a nivel autonómico e nacional: o Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa (2012), o Marta Mata de Pedagoxía (2016) e o premio Mestre Mateo (2011) polas colaboracións educativas no ámbito audiovisual. O seus libros Os fíos de infantil e O latido dunha aula infantil. Eloxio do cotián están publicados galego, castelán, catalán e portugués brasileiro.

Buscando a palabra xusta Antía Cal propoñíalles un xogo aos seus alumnos e alumnas ao rematar a clase. Debían escribir nun papel «A palabra xusta», unha palabra que sintetizara o que aprenderan e como se sentiran aquel día na clase. Busca «a palabra xusta», para definir o traballo destas mestras. Pon o resultado en común co resto da aula e elaborade un Vocabulario emocional da educación.

18


U1

I Ñ A L I N G UA COÑEZO A M

As sílabas e as palabras 1

Le en voz alta estas palabras. Cantas sílabas ten cada unha? amigos

libros

club

lectura

trasno

Clasificación das palabras segundo o número de sílabas

2 Copia a táboa e clasifica as seguintes palabras. compartir

rapazada

paz

bico

deporte

colega

medo

voz

feliz

amizade

mal

sentimento

• Monosílabas, se teñen unha soa sílaba: chan.

• Bisílabas, se teñen dúas sílabas: roda.

• Trisílabas, se teñen tres sílabas: Monosílabas

Bisílabas

Trisílabas

Polisílabas

?

?

?

?

ciclista.

• Polisílabas, se teñen máis de tres sílabas: bicicleta.

3 Separa estas palabras en sílabas. transporte

chándal

diario

camión

subdirector

inquedanzas

horta

palmeira

4 Corrixe os erros de partición que hai neste texto.

Avestruz era un dos cinco pingüíns que chamaran á súa porta había uns días. Levara unha sorpresa enorme. Sobre todo porque no Polo Norte non hai pingüíns. Que facían entón eles alí? Apareceran sen previo aviso, como sucede coas cousas máis marabillosas. Todos viñan enfermos, cos dentes facendo cla-cla-cla-cla-cla. Bubble encargárase de darlles menciñas, aínda que o que en realidade precisaban era frío. Ao final, rematara por metelos no seu conxelador por quendas. Ledicia Costas, A señorita Bubble. Baixo cero

Partición de palabras ao final de liña Non se poden separar:

• As letras dunha mesma sílaba: li-bro, za-pa-to.

• As vogais que van seguidas: aire, ho-ra-rio (ditongos); fae-na, muí-ño (hiatos).

• Os dígrafos ch, ll, rr, qu, nh: mochi-la, u-nha, ca-rro. Pódese separar o grupo cc, porque cada c pertence a unha sílaba: direc-ción.

19

¡


I Ñ A L I N G UA COÑEZO A M

¡

A comunicación 1

Observa a imaxe e comenta as situacións de comunicación verbal oral, comunicación verbal escrita e comunicación non verbal.

2 Indica en cada situación se se produce comunicación verbal oral, comunicación verbal escrita ou comunicación non verbal.

1

2

3

4

Tipos de comunicación Cando transmitimos unha información, unha idea, unha orde, un desexo etc. a outra persoa, establecemos unha comunicación. Se usamos a lingua, oral ou escrita, dicimos que a comunicación é verbal; se o facemos con xestos, sinais, símbolos, sons, etc. dicimos que a comunicación é non verbal.

Emprega un xesto adecuado Como poderías comunicarte en cada caso sen usar as palabras? Para dar as grazas

20

Para pedir desculpas

Para pedir axuda


U1

3 Explica os elementos da comunicación en cada situación. – Un amigo cóntalle por teléfono a outro as súas vacacións. – Unha veciña vai á vosa casa e pídevos que baixedes o volume da radio.

Elementos da comunicación En toda situación de comunicación hai estes elementos:

• Emisor: que envía a mensaxe.

– O mestre pregúntame se sei o resultado dun problema.

• Receptor: que recibe a mensaxe.

– A mestra escribiulle unha nota á túa familia na túa axenda para dicirlle que non fixeches os deberes.

• Mensaxe: todo o que queremos

– O persoal de limpeza colocou un cartel cun debuxo que indica que o chan está húmido e podes esvarar.

• Código: linguaxe ou signos que

4 Explica se nestas situacións se produce comunicación.

1

comunicar. coñecen o emisor e o receptor.

• Canle: medio a través do cal se transmite a mensaxe.

2

Ruído na comunicación Algunhas veces, a comunicación vese alterada por distintos factores: erros de redacción e ortografía, descoñecemento da lingua, problemas auditivos ou visuais etc.

3

4

5 Inventa debuxos ou carteis para expresar as seguintes ideas:

• Promovamos os libros e o gozo da lectura. • Os luns, os mércores e os venres colocaremos as cadeiras riba das mesas para facer limpeza xeral.

21


P O R F O L I O

Que aprendín? 1

Que palabra de cada grupo vas atopar no dicionario? Rodéaa e di de que clase é. comería • comes • comer • comemos enfermeiros • enfermeiras • enfermeiro alto • altos • alta

2 Copia os enunciados no caderno e escribe V ou F segundo sexa verdadeiro ou falso. – As narracións sempre son relatos de feitos fantásticos. – Todas as personaxes que aparecen nun relato son secundarias. – O narrador pode ser unha personaxe que participa na acción ou non. – A historia só pode suceder no pasado. 3 Que mensaxe se transmite en cada unha destas situacións?

1

2

3

5 Le o texto e clasifica as palabras destacadas segundo sexan monosílabas, bisílabas, trisílabas ou polisílabas.

Ao escribir con présa, equivocámonos, por non fixarnos moito nas letras. Poñemos manzapan, cesnorria, mondarina, corquetas ou pontolón. Cando nos corrixen, baixamos a cabeza e vemos como cambian as palabras: mazapán, cenoria, mandarina, croquetas, pantalón. Manzapán podería ser unha maza para esmagar a masa do pan e que quedase tan fina coma unha folla de papel, ou un pan con forma de mazá para comer no Nadal. Paula Carballeira, Pan con chocolate. A merenda de Gianni.

DITADO Escoita o texto.

Cesnorria podería ser unha doenza que fai que te marees e vexas cousas raras, coma se subises ou baixases e xirases nunha nora, ou podería ser tamén unha peza clave do coche do futuro, a que evitaría accidentes e malos humores, por exemplo. Unha mondarina podería ser unha mandarina que te fixese rir ata escachar, ou unha monda bailarina, ou unha froita pequeniña cunha monda saltarica. Unhas corquetas poderían ser unhas trompetas especiais con forma de corno para avisar de que chegamos e de que se nos espere coas portas abertas. Paula Carballeira, Pan con chocolate. A merenda de Gianni.

6 Colorea segundo o fagas. O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: 4 Inventa un cartel para transmitir estas mensaxes. a) Apaguemos as luces ao rematar a clase. b) Depositemos o papel reutilizable nunha caixa.

22

se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder


U1 TIVO OBXEC IÓN EN ACC O acceso da muller á educación Observa os datos desta gráfica. Homes

Mulleres

1860

42 %

5%

1900

52 %

16 %

1920

65 %

36 %

1940

85 %

67 %

1960

93 %

82 %

1980

96 %

90 %

Fonte: Narciso de Gabriel, «El proceso de alfabetización en Galicia: un intento de explicación y comprensión», 2012

Observa na táboa a porcentaxe de persoas alfabetizadas no século xx e as diferenzas entre homes e mulleres no acceso á educación. Buscade razóns e intentade, en gran grupo, crear un organizador con todas as razóns propostas. Valorade as máis apropiadas a partir do debate e expoñédeas na aula.

Razón 1 Razón 6

Razón 5

Razón 2

Diferenzas no acceso á educación

Razón 3

Razón 4

Como aprendín? 1

Di como te sentiches en cada momento.

Que cousas che gustaron desta unidade?

?

?

?

Como te sentiches ao traballar en grupo?

?

?

?

23


© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Operación Mundo: Lingua 5º Primaria (demo) by Grupo Anaya, S.A. - Issuu