ISDIN SUPERIOR Cuaderno Investigador 6o EP GALL

Page 1

NIVEL SUPERIOR

Caderno do investigador

6.º de Educación Primaria

ACTIVIDADE 1

Que sabemos sobre fotoprotección?

Con todo o que aprendemos durante estes cursos, que tal se elaboramos un mural onde poidamos expoñer os nosos coñecementos e mostralo ao resto dos compañeiros do colexio? Para realizar esta actividade, debédesvos organizar en grupos seguindo as instrucións do profesor.

Activa o que sabes. No vídeo aprendiches moito sobre o sol, a pel e a fotoprotección.

Lembras estes conceptos?

Fotosíntese

Atmosfera

Raios ultravioleta

Epiderme

Melanina

Queimaduras solares

Radiación solar

Fotoprotector

Fototipo

Se non lembras algún concepto, busca a súa definición: serache de gran axuda para crear o mural.

2 NIVEL SUPERIOR / 6.º EP Caderno do investigador
1

ACTIVIDADE 1

Que sabemos sobre fotoprotección?

1

Apunta neste cadro todos aqueles conceptos que aprendiches e que cres que deberían saír no mural.

2

Estrutura as ideas que tiveches e redacta os contidos que queres que aparezan no mural.

Escribe frases curtas e sinxelas con mensaxes claras e comprensibles. Para que o mural sexa rechamante, utiliza mensaxes que teñan moita forza.

IDEA

Utiliza frases curtas e apegadizas. Mesmo, se queres, que teñan rima e que se graven facilmente na memoria.

3 NIVEL SUPERIOR / 6.º EP Caderno do investigador
2 Elabora o mural. Choiva de ideas Conceptos e contidos.

ACTIVIDADE 1

Que sabemos sobre fotoprotección?

A partir dos contidos que escolliches para o mural, pensa un título que sexa potente, fácil de entender e que resuma ben o que queres explicar.

Finalmente deseña o mural: podes utilizar tantos materiais como o profesor vos indique. Prepara un mural bonito, estrutura os contidos de maneira que se entenda e que transmita todo aquilo que desexas explicar.

AXUDA

As cores.

Branco: frescura, nitidez

Amarelo: luz, ledicia, enerxía

Laranxa: éxito, ánimo, prestixio

Vermello: fortaleza, paixón

Azul: intelixencia, lealdade

Verde: natureza, saúde

Negro: elegancia, sofisticación

4 NIVEL SUPERIOR / 6.º EP Caderno do investigador
2 Elabora o mural. 3 Creación do título 4 Deseño e maquetaxe

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.