ISDIN SUPERIOR Cuaderno Investigador 4o EP GALL

Page 1

NIVEL SUPERIOR

Caderno do investigador

4.º de Educación Primaria

FICHA 1

A pel ten memoria

Activa o que sabes. Responde a estas preguntas: 1

1 - A altitude é:

a) A distancia dende un punto ao ecuador

b) A distancia en vertical dende un punto ao nivel do mar

c) A distancia dende un punto ao Polo norte

2 - O movemento de translación provoca:

a) Os días e as noites

b) As estacións do ano

c) Os climas

3 - Se o sol incide sobre toda a Terra:

a) Debemos usar un fotoprotector todos os días do ano

b) Debemos ter en conta diferentes circunstancias como praia, neve, area, inverno, verán, mediodía, atardecer…

c) As dúas anteriores son correctas

4 - O sol:

a) Quenta por igual toda a Terra

b) Quenta de forma diferente a superficie terrestre

c) As dúas anteriores son falsas

5 - A pel está formada por:

a) A derme

b) A derme e a epiderme

c) A derme, a epiderme e a hipoderma

2 NIVEL SUPERIOR / 4.º EP Caderno do investigador

A pel ten memoria

2

Hipótese.

A memoria é unha función do cerebro, cres que algún outro órgano do corpo ten memoria?

Pasos.

Actividade 1:

Para poder contestar á pregunta imos realizar un pequeno experimento.

Para iso precisas:

- Plastilina

- Unha esponxa ou gomaespuma

Colle plastilina e a esponxa e marca os dedos da man en cada unha das dúas superficies, que ocorre?

Elixe a resposta correcta:

1 – A esponxa recupera a súa forma, pero a plastilina non xa que os dedos quedan marcados na superficie.

2 - A plastilina recupera a súa forma, pero a esponxa non xa que os dedos quedan marcados na superficie.

3 - Ambas recuperan a súa forma.

Efectivamente, a plastilina non recupera a súa forma, xa que os dedos quedan marcados. En cambio, a esponxa recupera a súa forma orixinal.

As células da túa pel son como a plastilina. A pel é o órgano máis extenso do noso corpo e, ademais, ten memoria: as pegadas que pouco a pouco os raios ultravioleta UVA e UVB do sol van deixando nela non se borran co paso do tempo, senón que se van acumulando ao longo de toda a nosa vida.

3 NIVEL SUPERIOR / 4.º EP Caderno do investigador FICHA 1
3

FICHA 1

A pel ten memoria

3 Pasos.

Activitat 2:

Como aprendestes no vídeo «Sol, pel e fotoprotección», existen seis tipos de pel, tamén chamados fototipos.

Observa ben a táboa de fototipos e pensa cal che corresponde. Formade seis grupos na clase seguindo as indicacións do voso profesor.

Escribe na seguinte táboa cantos alumnos hai de cada tipo e relaciona cunha frecha cada fototipo coas características da columna da dereita:

FOTOTIPO 1 Número de alumnos con este fototipo na clase

FOTOTIPO 2 Número de alumnos

Pel pigmentada, con cabelos e ollos escuros

Pel branca, con ollos e cabelos castaños

FOTOTIPO 3 Número de alumnos

Pel clara, ollos azuis e pelo louro

FOTOTIPO 4 Número de alumnos

Pel branca con pencas; cabelo rubio e ollos claros

FOTOTIPO 5 Número de alumnos

Pel profundamente pigmentada, raza negra

FOTOTIPO 6 Número de alumnos

Pel morena, raza suramericana e india

4 NIVEL SUPERIOR / 4.º EP Caderno do investigador

FICHA 1

A pel ten memoria

4 Conclusións.

Teño o cabelo , os ollos e a pel . Por iso o

máis probable é que pertenza ao fototipo . Antes de realizar calquera actividade ao aire libre, debo

fotoprotexerme do sol cun fotoprotector con Factor de Protección Solar (FPS) mínimo de 50.

Ademais, nunca debo esquecer levar , , e beber

moita .

5 NIVEL SUPERIOR / 4.º EP Caderno do investigador

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.