ISDIN INFANTIL Guía Profe GALL

Page 1

NIVEL INFANTIL

Guía didáctica do mestre

Estes contidos didácticos foron elaborados por un equipo de pedagogos e revisados pola dermatóloga Dra. Asunción Vicente do Hospital Maternoinfantil de Sant Joan de Déu de Barcelona.

Presentación

En ISDIN estamos comprometidos coa prevención do dano solar e o cancro de pel.

A exposición aos raios ultravioleta e as queimaduras en idades temperás constitúen un factor de risco importante para o desenvolvemento de cancro de pel no futuro. Por isto, ensinar aos máis pequenos a protexerse do sol converteuse nunha das estratexias máis efectivas.

A Campaña escolar de fotoprotección busca sensibilizar acerca da importancia de protexernos adecuadamente do sol. Desta forma, unímonos aos colexios para concienciar a pais e alumnos sobre a eficacia dunha correcta protección solar.

Creado no 1995, a Campaña escolar de fotoprotección consolidouse como unha das campañas de concienciación máis relevantes en España.

Obxectivos didácticos

Os obxectivos xerais para esta etapa son os seguintes:

- Presentar os principais beneficios do sol para a vida na Terra

- Concienciar os nenos e nenas das consecuencias que ten unha exposición ao sol sen unha protección adecuada

- Establecer as principais condutas e hábitos saudables de fotoprotección responsable.

- Xerar consciencia sobre sostibilidade e reciclaxe.

Competencias

Neste proxecto traballaremos as áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural.

COMPETENCIAS PROPIAS DA ÁREA

Asumir a competencia de convivir e habitar o mundo implica, entre outros:

• Empregar o coñecemento científico para comprender situacións próximas relacionadas con problemáticas ambientais, a conservación da saúde ou o uso de obxectos tecnolóxicos e así tomar decisións coherentes a partir deste coñecemento.

Achegas da área ás competencias básicas:

Competencias comunicativas

· Expresar ideas e organizar informacións de maneira eficaz e intelixible sobre espazos, feitos, problemas e fenómenos xeográficos, históricos, sociais, naturais e tecnolóxicos.

· Comunicar ideas e información de maneira oral, escrita, visual e mediante as TIC para informar, convencer e dialogar.

· Identificar datos relevantes da área en textos que utilizan diferentes canles comunicativas e de procedencias diversas.

Competencias metodolóxicas

· Expoñer preguntas que poidan ser obxecto de investigación.

· Utilizar habilidades de planificación do traballo.

· Utilizar habilidades para a recompilación e o tratamento da información.

· Utilizar o pensamento crítico e creativo para a análise da información, a resolución de problemas e a toma de decisións.

Competencias persoais

· Aplicar coñecementos e habilidades en contextos familiares e da súa contorna.

· Deseñar e aplicar proxectos individuais e colectivos de maneira responsable e creativa.

Os contidos do medio natural

Os contidos do medio natural proceden de diversas disciplinas científicas, como son a

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 2

bioloxía, a física, a xeoloxía, a química e a tecnoloxía. Estes coñecementos deben permitir ao alumnado de Educación Primaria proporse preguntas sobre fenómenos do mundo natural e os efectos da actividade humana sobre o medio, así como elaborar explicacións racionais que teñan en conta as observacións e orienten a súa actuación.

As ciencias e a tecnoloxía deben permitir que o alumnado desta etapa constrúa:

· Coñecementos sobre:

Os seres vivos: que os caracteriza e como se interrelacionan entre eles e co medio. Desta forma, poderase comprender a necesidade de conservar a súa diversidade e os diferentes hábitats e a necesidade de que as persoas adopten formas de vivir que posibiliten o mantemento da saúde propia e colectiva.

· Habilidades e estratexias para buscar respostas ou solucións a problemas de tipo científico ou tecnolóxico a partir da formulación de preguntas e hipóteses investigables; deseñar en equipo procesos para darlles resposta; recoller datos e organizalos; identificar regularidades e deducir conclusións a partir das probas obtidas; construír modelos ou prototipos e describir e xustificar (oral, graficamente e por escrito) o proceso levado a cabo e os resultados obtidos.

En resumo, os coñecementos científicos e tecnolóxicos que se precisan adquirir durante a Educación Primaria deben permitir ao alumnado comezar a afrontar a procura de posibles respostas a problemas ou cuestións da súa contorna que sexan socialmente relevantes e posibiliten dar sentido ás súas actuacións. Ao mesmo tempo, os pequenos deben comezar a apreciar o pracer que comporta chegar a atopar explicacións racionais dos feitos e a utilidade da aplicación de procedementos e actitudes científicas.

Achega ás competencias básicas

· Utilizar diferentes linguaxes para expresar e comunicar os contidos da área de forma persoal e creativa, seleccionar e interpretar datos expresados por medio de distintos códigos (lingüísticos, numéricos e gráficos) e reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe.

· Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e hixiene persoal derivados do coñecemento do corpo humano, e mostrar unha actitude de aceptación crítica e de respecto polas diferenzas individuais (idade, xénero, características físicas e personalidade).

· Participar activamente no traballo de grupo; adoptar unha actitude responsable, solidaria, cooperativa e dialogante; argumentar as propias opinións e contrastalas coas dos demais; respectar os principios básicos do funcionamento democrático.

· Utilizar a lingua como ferramenta para construír coñecemento e para compartilo cos demais, sempre a partir do desenvolvemento das competencias propias da área (descrición, explicación, xustificación, interpretación e argumentación).

· Apreciar o gozo que implica atopar explicacións racionais a feitos e problemas que se identifican na nosa contorna e valorar a utilidade da aplicación de procedementos e actitudes científicas.

Contidos AS PERSOAS E A SAÚDE

· Identificación e xustificación de hábitos de hixiene, de descanso, de exercicio físico e de alimentación variada e equilibrada para unha vida saudable. Identificación de mensaxes e prácticas que non favorecen o bo desenvolvemento persoal e da saúde.

Criterios de avaliación:

· Valorar positivamente a práctica de determinados hábitos asociados á hixiene, a alimentación, o exercicio físico e o descanso que é recomendable manter e, ao mesmo tempo, discernir as actividades que prexudican a saúde.

Conexións con outras áreas:

· Comprensión e produción de mensaxes orais, escritas e audiovisuais.

· Aplicación de hábitos de saúde e hixiene.

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 3

Material didáctico

O material creado para o nivel infantil trabállase a partir do conto «O noso primeiro cross», que pretende motivar os pequenos e recalcar a importancia da fotoprotección entre os hábitos de coidado do neno/a, alén de integrar criterios de sostibilidade coa incorporación de consellos de reciclaxe.

O uso de contos na etapa de infantil é a mellor forma de traballar a adopción de hábitos de vida saudables e a aprendizaxe de rutinas diarias. Ao mesmo tempo, foméntase o desenvolvemento da comprensión lectora, xa que os alumnos aprenden estratexias de lectura, o que facilita a súa evolución na aprendizaxe.

O conto compleméntase cunhas fichas para traballar na aula. Estas fichas presentan, de forma amena e con tarefas ás que os alumnos xa están afeitos, as mensaxes clave para unha fotoprotección responsable: o sol (beneficios e perigos) e os hábitos saudables.

Para poñer en marcha estas actividades contades con esta guía didáctica que inclúe as pautas e suxestións necesarias. Pola súa banda, os alumnos/as dispoñen dun caderno do investigador no que atoparán as tarefas necesarias para desenvolver todas as actividades (pódese descargar en formato PDF en www.isdinsunlab.com).

Diploma de expertos en fotoprotección

Unha vez finalizadas todas as actividades, propoñemos que cada alumno/a leve a casa o diploma de experto en fotoprotección. Con isto, buscamos facer partícipe á súa familia para que, desta forma, asuma o compromiso de seguir hábitos saudables no futuro.

Propónselles que colguen o diploma nun lugar visible da casa (neveira, porta principal…). O diploma atópase na área privada de www.isdinsunlab.com.

ORIENTACIÓNS ESTRATÉXICAS PARA LEVAR A

CABO O PROGRAMA

As actividades propuxéronse para ser traballadas nos cursos de 3.º de Educación Infantil e 1.º de Educación Primaria.

Os dous cursos comparten o recurso do conto. A partir del, expóñense dúas actividades para cada curso, unha para traballar en papel e outra para traballar en taboleiro dixital ou pantalla táctil.

PROGRAMACIÓN DO TEMPO

As actividades de cada curso están previstas para desenvolverse en dúas sesións duns corenta minutos aproximadamente.

SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS E DESENVOLVEMENTO DO MATERIAL

Tras a lectura do conto, poderedes realizar preguntas sobre a narración para, ademais de comprobar o nivel de comprensión dos alumnos/as, coñecer os aspectos que foron capaces de memorizar e entender correctamente.

Con esta actividade preténdese que os alumnos/as traballen a memoria e sexan quen de almacenar a maior cantidade de información posible. Os alumnos/as deberán ser capaces de concluír que é necesario fotoprotexerse cando se vai pasar tempo ao aire libre e en contacto co sol.

MATERIAL EDUCATIVO 3.º EDUCACIÓN INFANTIL

Ficha 1 - Imos de excursión!

Nesta ficha, os alumnos/as deberán recortar cada un dos elementos que precisen para estar ben fotoprotexidos (gorra, camiseta, lentes de sol, fotoprotectores e cantimploras) e pegalos sobre os personaxes ou as súas mochilas. Previamente, estes elementos seleccionáronse a partir dun conxunto de obxectos onde non todos teñen a función de protexer do sol.

É un bo momento para coñecer que é o que aprenderon sobre o coidado da pel fronte ao sol cando realizan unha actividade ao aire libre (na praia, a piscina, de excursión na granxa escola...)

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 4

Ficha 2 - Condutas saudables

Nesta ficha compáranse as condutas adecuadas e inadecuadas fronte ao sol. Das catro condutas presentadas, os alumnos/as deberán ser capaces de diferenciar as dúas que son correctas e saudables fronte ás dúas que son de risco.

Viñetas con condutas correctas:

• Un neno aplícase fotoprotector na súa casa e, a través da porta, vese a praia. Un neno con lentes de sol, gorra e camiseta espérao cunha táboa de surf na man.

• Unha nena aplícase fotoprotector na súa casa e a través da porta vese o campo. Hai un neno con lentes de sol, gorra e camiseta.

Ficha 3 - Que aprendemos?

Esta ficha é unha pequena autoavaliación que os alumnos/as deben levar a cabo para coñecer canto aprenderon e lembralo. Na ficha aparecen dúas columnas: na primeira atopamos un sol contento que simboliza os beneficios do sol e un sol enfadado que simboliza os perigos; na segunda, aparecen os seguintes obxectos: lentes de sol, fotoprotector, gorra, neno con aspecto sedento e unha man coa pel queimada.

A actividade consiste en relacionar os obxectos das dúas columnas: o sol contento cos beneficios e o sol enfadado cos perigos.

Viñetas con condutas de risco:

• Un neno xoga na praia sen ningún tipo de protección cando o sol está no máis alto. Por outra banda, un neno toma o sol sen protección. Ambos teñen a pel arroibada porque se están queimando.

• Unha nena sen protección fai sendeirismo no campo cunha camiseta de tirantes; está a queimarse a pel e está sedenta.

Actividade en liña – Na praia

Esta actividade trabállase no taboleiro dixital ou pantalla táctil.

A través desta actividade, preténdese estimular a lóxica dos alumnos/as mediante a ordenación de catro viñetas que conforman unha historia. Desta forma, o alumno/a poderá identificar as consecuencias de dous comportamentos distintos fronte ao sol durante un día de praia.

Na clase mostraranse as catro viñetas desordenadas e os alumnos/as deberán identificalas e numeralas do 1 ao 4 en orde cronolóxica.

A secuencia correcta das viñetas é a seguinte:

1. O neno le un libro e a nena aplícase fotoprotector na casa.

Tras finalizar esta actividade, débese explicar ao alumnado os momentos nos que o sol é máis perigoso.

2. Preparan a mochila para ir á praia e ven todos os obxectos que a nena vai levar.

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 5

3. A nena volve aplicarse o fotoprotector mentres o neno xoga na auga (empeza a arroibarse).

4. Xogan na area. A nena leva lentes de sol e gorra e o neno (que non tomou ningún tipo de precaución fronte ao sol) está moi arroibado, atópase mal e non pode xogar. Tras ordenar as imaxes, podemos contar primeiro a historia da nena e logo a do neno. Durante a actividade, podemos observar e sinalar as diferenzas nas súas condutas e, por tanto, anotar as diferentes consecuencias.

MATERIAL EDUCATIVO 1.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Ficha 1 - Saída á vida

O sol, ademais de achegar moitos beneficios, entraña distintos perigos que os alumnos/as poderán descubrir con este labirinto. Os catro beneficios do sol expostos nesta ficha teñen como obxectivo aclarar que:

• O sol axuda a fortalecer os nosos ósos e dentes (representado por un esqueleto e uns dentes sans).

• Axuda a que as plantas medren.

• Axuda a que a nosa pel luza mellor e aumenta a sensación de benestar (reflectido cuns nenos riseiros).

• Non protexerse do sol pode causar queimaduras na pel (móstrase unha man queimada) ou deshidratación (representado por un neno sedento). Ademais, se as plantas non contan con luz solar, deixarán de medrar.

Unha vez concluída a ficha, poderase comentar cos alumnos/as que, aínda que o sol ten moitos beneficios, tamén pode ser perigoso. Despois, os alumnos/as deberán iniciar unha choiva de ideas para engadir exemplos das consecuencias negativas da exposición ao sol.

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 6
Inicio
1 3 2 4

Ficha 2 - Coidarse sempre

Ao completar esta ficha, repásanse os elementos precisos para fotoprotexernos e hidratarnos en distintas situacións cotiás que o requiren. Para cada unha das cinco viñetas que contén esta ficha, deberase seleccionar o elemento fotoprotector non incluído na ilustración de entre varios que se propoñen na parte inferior de cada viñeta.

É importante que, finalizada a ficha, fagamos un resumo dos elementos fotoprotectores e os lugares nos que é necesario fotoprotexerse. Debemos ensinar aos alumnos/as que, para unha fotoprotección completa, debemos usar un fotoprotector adecuado, lentes para coidar os ollos, gorra para evitar insolacións, ir con camiseta e levar unha cantimplora para estar sempre ben hidratados.

Ficha 3 - Que aprendemos?

Esta ficha é unha pequena autoavaliación que os alumnos/as deben levar a cabo para coñecer canto aprenderon e lembralo. Na ficha aparece unha secuencia de obxectos:

- Un sol contento que simboliza os beneficios do sol, uns ósos fortes, dous nenos contentos, unha planta sa.

- Un sol enfadado que simboliza os perigos, un neno con aspecto sedento, unha man coa pel queimada, unha planta murcha.

- Unhas lentes de sol, un fotoprotector, unha gorra, unha camiseta, unha cantimplora de auga.

A actividade consiste en identificar os beneficios do sol e agrupalos nun conxunto de cor verde, identificar os perigos do sol e agrupalos nun conxunto de cor vermella e identificar os obxectos que hai que levar na mochila cando se vai realizar unha actividade ao aire libre e agrupalos nun conxunto de cor azul.

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 7
11:11

Actividade en liña – Na montaña

Esta actividade trabállase no taboleiro dixital ou pantalla táctil.

A través desta actividade, preténdese estimular a lóxica dos alumnos/as mediante a ordenación de cinco viñetas que conforman unha historia. Desta forma, o alumno/a poderá identificar as consecuencias de dous comportamentos distintos fronte ao sol durante un día na montaña.

Na clase mostraranse as cinco viñetas desordenadas e os alumnos/as deberán identificalas e numeralas do 1 ao 5 en orde cronolóxica.

A secuencia correcta das viñetas é a seguinte:

1. O neno xoga cun xoguete e a nena aplícase fotoprotector na casa.

2. Preparan a mochila para ir á montaña e ven todos os obxectos que a nena vai levar.

3. A nena volve aplicar o fotoprotector, e o neno xoga á beira dun lago (empeza a arroibarse).

4. Xogan no campo. A nena leva lentes de sol e gorra e o neno, que non tomou ningún tipo de precaución fronte ao sol, está moi arroibado, atópase mal e non pode xogar.

5. Unha vez na casa, mentres que a nena pode xogar tranquilamente, o neno atópase dorido e débenlle aplicar aftersun

Tras ordenar as imaxes, podemos contar primeiro a historia da nena e logo a do neno. Durante a actividade, podemos observar e sinalar as diferenzas nas súas condutas e, por tanto, anotar as diferentes consecuencias.

Reciclaxe dos envases

Tan importante é aprender a protexerse adecuadamente do sol, como ser conscientes da necesidade da xestión responsable dos envases baleiros de fotoprotector.

O proxecto engade criterios de sostibilidade e incorpora a responsabilidade da reciclaxe. Lembra aos teus alumnos que reciclaren correctamente axuda a reducir o impacto no medio ambiente e facer que os residuos se convertan en novos recursos.

Avaliación

A seguinte táboa brinda as ferramentas para avaliar os alumnos/as en función dos obxectivos do proxecto. Os indicadores proporcionados permitiranvos valorar o grao de consecución dos diferentes obxectivos.

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 8
1 3 5 2 4

Obxectivos Presentar os principais beneficios do sol para a vida na Terra.

Indicadores O alumno sabe identificar os principais beneficios e perigos do sol.

Concienciar os nenos e nenas dos perigos que ten unha exposición ao sol sen unha protección adecuada.

O alumno comprende e identifica os perigos dunha exposición ao sol sen unha protección adecuada.

Establecer as principais condutas e hábitos saudables de fotoprotección responsable.

O alumno comprende e coñece os hábitos e condutas para unha fotoprotección responsable.

NIVEL INFANTIL Guía didáctica do mestre 9
Alumno Moito Bastante Pouco Nada Moito Bastante Pouco Nada Moito Bastante Pouco Nada

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.